La Favec pide al Concello que muestre el Plan Xeral  modificado antes de su aprobación provisional 

0

La presidenta, María Pérez, reclama que se abra un periodo de consulta e información  para que se les explique a los vecinos el resultado de sus alegaciones 

La Federación de Asociaciones Vecinales de Vigo Eduardo  Chao (Favec) reclama al Concello que ponga toda la documentación del nuevo Plan Xeral  de Ordenación Municipal (PXOM) modificado a consulta pública en la página web del  Ayuntamiento y en la sede de la Xerencia de Urbanismo para que exista verdadera  transparencia. 

La presidenta de la Favec, María Pérez, que participó ayer en la reunión del Consello  Económico e Social para abordar la revisión del Plan Xeral, lamenta que el Concello “está intentando aprobar el PXOM ocultándolo a la ciudadanía” y exige al gobierno de Abel  Caballero “que se abra un periodo de consulta e información para que se les explique a  los vecinos el resultado de sus alegaciones”. 

Pérez señala que, “en el informe de las alegaciones entregado, la mayor parte de las  contestaciones son modelos esquemáticos que se repiten para todo el mundo, sin dar  respuesta a las circunstancias concretas”. “Se está vulnerando el principio de igualdad,  puesto que, en la documentación, se aprecia que casos idénticos han recibido un  tratamiento muy diferente, sin ninguna explicación razonable”, advierte. 

La Federación critica que la revisión del Plan Xeral, al igual que ocurre con las luces de  Navidad y la política de Abel Caballero, deja de lado a las parroquias. “No se han tenido  en cuenta. El nuevo PXOM es el claro ejemplo de la forma de actuar del gobierno  municipal, sin escuchar a los vecinos y acusando de antiVigo a los que opinan en contra  de sus decisiones”, concluye Pérez.

Apoyo a los trabajadores de Vitrasa 

La Favec traslada su apoyo a los trabajadores de Vitrasa en su conflicto con la empresa  concesionaria, que pretende menoscabar sus derechos laborales, y critica la actitud  provocativa del alcalde, Abel Caballero, con empleados que reclaman la mediación del  Ayuntamiento. “Él es el responsable de la prórroga de la concesión del servicio de bus  urbano en 2020 a la compañía que da la espalda a los conductores”, sentenció.

Preto de 1.500 persoas da contorna de Vigo e do sur da provincia desfrutaron este ano do programa de termalismo da Deputación

0

Do total, 1.222 beneficiáronse da modalidade de pernoita, mentres que as outras 249 escolleron as saídas diúrnas

1471 persoas da contorna de Vigo e do sur da provincia de Pontevedra desfrutaron nestes últimos meses do 2023 do programa de termalismo e saúde da Deputación “Depotermal”. O programa, dirixido ás persoas maiores de 50 anos, xubiladas, pensionistas, cun recoñecemento de grao de diversidade igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditado un respiro familiar, ten como finalidade facilitarlle aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ademais, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

No caso da contorna de Vigo e do sur da provincia, 1.222 dos participantes beneficiáronse da modalidade de pernoita, a través da que se ofreceu unha estancia de seis días e cinco noites nos establecementos termais, mentres que 249 fixérono da diúrna, asistindo e desfrutando das instalacións durante cinco días consecutivos. En concreto, por concellos, foron beneficiarios do programa 871 persoas de Vigo, 101 de Redondela, 69 de Nigrán, 59 de Soutomaior, 57 do Porriño, 47 de Tui, 38 de Mos, 33 de Salceda de Caselas, 31 de Baiona, 27 de Salvaterra de Miño, 24 de Crecente, 19 de Covelo, 18 de Gondomar, 15 de Tomiño, 12 da Cañiza, 12 do Rosal, 11 de Ponteareas, 9 de Fornelos de Monte, 6 das Neves, 4 de Mondariz, 3 da Guarda, 2 de Arbo, 2 de Oia e 1 de Pazos de Borbén.

Ao longo da súa participación en Depotermal as persoas participantes puideron desfrutar de actividades de animación sociocultural e de tratamentos gratuítos como sesións monitorizadas de activación muscular e articular, tratamentos dixestivos con augas medicinais, piscina terapéutica, actividades para mellorar a mobilidade e a circulación, combater a dor e a inflamación e reducir o estrés, entre outros moitos. En total, no conxunto da provincia participaron 2.500 persoas das cales 1.800 gozaron de estancias con aloxamento e outras 700 aproveitaron a asistencia diúrna.

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos de investigación

0

A metade dos traballos están vinculados ao PDI do CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

5,5 millóns de euros para a posta en marcha de 40 proxectos de investigación. Este é o histórico resultado acadado pola Universidade de Vigo na última convocatoria das axudas Proxectos de Xeración de Coñecemento convocadas no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023. “Trátase da cifra máis alta acadada pola institución en captación do plan nacional”, explica Belén Rubio,  vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, quen se amosou “moi satisfeita” polos resultados acadados, xa que amosan “un moi bo progreso, tanto no número como na consecución de fondos”, un éxito que, ao se modo de ver, “deriva e susténtanse na creación e apoio a estruturas de maior dimensión como son os centros de investigación”.

Solicitáranse un total de 86 proxectos e concedéronse 40, o que sitúa a taxa de éxito no 46,5%. “Esta cifra foi medrando progresivamente desde o ano 2018, cando se situaba no 29%”, apunta Rubio, ao que engade que aproximadamente a metade dos proxectos foi conseguida polos investigadores e investigadoras pertencentes aos diferentes centros de investigación da institución académica viguesa, incluíndo os centros CIGUS (CIM, CINBIO e atlanTTic), o centro propio Cintecx e o centro interuniversitario Ecobas.

Esta convocatoria vén tamén marcada porque, pouco a pouco, se van equilibrando as solicitudes concedidas a investigadores (25) e investigadoras (15), o que, a xuízo da vicerreitora, podería comezar a relacionarse coas accións de apoio á investigación das mulleres que se fai na universidade, tales como a redución de docencia e a potenciación da investigación con posterioridade á maternidade que se iniciou no curso pasado. “Aínda que en número de solicitudes as mulleres seguen solicitando menos proxectos como IPs (aprox. o 40% do total de solicitudes), por primeira vez nesta convocatoria a taxa de éxito é similar entre homes e mulleres”, salientou Rubio.

O CIM, con seis proxectos, roza o millón de euros captados

A convocatoria do plan nacional deixa excelentes resultados para o CIM, o Centro de Investigación Mariña, desde onde se conseguiron seis proxectos, o que supón unha entrada de financiamento que roza o millón de euros: 997.500 €.  

O estudo que conta cunha maior cantidade de financiamento (282.500 euros) é o proxecto DEVELIFE, dirixido polos investigadores do grupo de Ecoloxía Animal Alberto Velando e Sin Yeon Kim, e que se insire dentro dos múltiples traballos que a comunidade científica está a pór en marcha para tratar de entender como os cambios ambientais que está a experimentar a sociedade afectan á persistencia das poboacións naturais. “Imos estudar como as condicións de desenvolvemento afectan á flexibilidade e á persistencia de características durante a vida, estudando diferentes poboacións naturais do peixe espiñoso e da gaivota patiamarela, dous vertebrados singulares que poden actuar como sentinelas das respostas a estes cambios ambientais”, explica Velando. Nos catro anos que durará o proxecto estudarán os mecanismos que subxacen á evolución da programación fenotípica durante o desenvolvemento, como cambios na metilación do ADN, na expresión xénica e nos niveis de glucocorticoides e que condicionan a supervivencia e a reprodución na etapa adulta.

A este estudo súmanse outros cinco traballos dirixidos desde o CIM: un proxecto coordinado polo profesor José Luis Soengas, do grupo Fisioloxía de Peixes, PHYStoFISH, financiado con 256.000 euros; un de Juan Galindo, do grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética, con 207.500 €; un de Guillermo Velo, do grupo de Ecoloxía Animal, con 170.000 euros; un de Ricardo Beiras, de Ecoloxía e Zooloxía, con 163.750 €, e outro de Carlos Bendicho, do grupo de Química Analítica Ambiental e Espectroscopia, financiado con 131.000 euros.

900.000 euros para o CINBIO e 800.000 para Cintecx

No caso do CINBIO concedéronse cinco propostas financiados con 900.000 euros. O proxecto que acadou un maior financiamento é PLASMOFSERS, liderado polos investigadores Isabel Pastoriza Santos e Jorge Pérez Juste, do  grupo de Nanobiomateriais Funcionais. Financiado con 250.000 euros, o estudo ten como obxectivo principal o deseño e fabricación de plataformas sensoras ultrasensibles para a detección de substancias de interese como gases de escape ou biomarcadores gaseosos asociados a enfermidades e a discriminación de enantiómeros en fase líquida, polo que, tal e como subliñan os seus coordinadores,  “contribuirá  o desenvolvemento de estratexias de (bio)detección e diagnóstico médico máis eficaces”.

A listaxe de propostas concedidas complétase  cun proxecto do profesor Ángel Rodríguez de Lera, do grupo de Química Orgánica (231.000 €); un de Susana Magadán, do grupo de Inmunoloxía (218.750€); Laura Salonem, de Nanomateriais Híbridos (118.750€), e José Antonio Lamas, Fisioloxía Endocrina e Neurofisioloxía (81.250 €).

A convocatoria nacional deixa tamén excelentes resultados para o CINTECX, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo. Ao igual ca no CINBIO conseguíronse cinco proxectos, dotados con 800.000 euros e dirixidos por Pedro Arias, Mª Mercedes Solla, Xosé Ramón Novoa, Rafael Comesaña e Jesús Doval.

Catro proxectos para Ecobas e dous para atlanTTic

Para o centro interuniversitario Ecobas, Economic and Business Administration for Society, esta convocatoria permitiu acadar algo máis de 350.000 euros de financiamento para a posta en marcha de catro proxectos na Universidade de Vigo, dirixidos neste caso por Xosé Henrique Vázquez Vicente, Ernesto López Valeiras, Coral del Río Otero e Santiago Lago Peñas.

No caso de atlanTTic o resultado foi de dous proxectos aprobados por valor de 226.125 euros que correrán a cargo de Roberto López Valcarce e Fermín Navarro.

Múltiples proxectos para os ámbitos xurídico e humanístico

Xunto a todos estes proxectos que se porán en marcha desde os diferentes centros de investigación da Universidade de Vigo, a convocatoria contempla tamén axudas para a posta en marcha de múltiples estudos dirixidos por docentes que non están adscritos a ningún centro de investigación, tanto do ámbito científico-técnico como dos eidos xurídico-social e humanístico. Son proxectos dirixidos por investigadores e investigadoras de facultades como Ciencias, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Comunicación, Dereito, Educación e Traballo Social, Enxeñaría Forestal, Filoloxía e Tradución ou Historia. “Nestes ámbitos tamén temos moita canteira e, en breve, a creación de novos institutos potenciará tamén a investigación nestes eidos na UVigo”, recalca a vicerreitora de Investigación.

A Deputación destina 4 millóns aos concellos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos

0

O presidente Luis López explicou que este plan, do que se poderán beneficiar 59 concellos da provincia, reafirma a aposta estratéxica do goberno polo deporte e o municipalismo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López detallou o contido das bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con catro millóns de euros, que se aprobou este venres na Xunta de Goberno. Trátase dun programa de apoio aos concellos pensado para a construción de novas instalacións deportivas, a mellora das existentes, a adquisición de terreos para uso deportivo ou a compra de equipamentos ou material. “Hoxe presentamos as bases dun plan que fala da aposta estratéxica deste goberno polo deporte, polas súas instalacións e polo fomento de hábitos de vida saudable; un plan que reafirma o noso compromiso para mellorar e renovar as infraestruturas deportivas da provincia; e un plan que deixa claro o carácter municipalista deste goberno, que dota de recursos aos concellos”, argumentou o mandatario provincial antes de debullar os requisitos deste plan extraordinario.

As bases “rexidas pola transparencia e igualdade” abren a porta a beneficiarse deste programa aos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Deste plan quedan excluídas as cidades, Vigo e Pontevedra, que se rexen por convenios específicos e o procedemento de participación será por concorrencia non competitiva. O reparto de fondos estará rexido por dous criterios. Por un lado, haberá unha porcentaxe fixa dotada con 1,2 millóns de euros que se repartirá entre todos os beneficiarios. Por outro lado, unha parte variable dotada con 2,8 millóns de euros que se repartirá en función da poboación de cada concello solicitante. Os beneficiarios deste plan deberán presentar proxectos de orzamentos superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros.

Catro liñas de actuación

Deste xeito, o plan queda estruturado en catro liñas de actuación e os concellos poderán aspirar á que máis se adapte o seu proxecto. O primeiro punto está relacionado coa construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; o segundo céntrase na modernización, remodelación e mellora de instalacións deportivas; o terceiro destínase a dotación de equipamento ou material deportivo para este tipo de instalacións; mentres que o cuarto está pensado para a adquisición de terreos destinados a uso deportivo.

“Falamos dunha tripla inxección: económica e de emprego, deportiva e municipalista. Iso é que conseguimos con este Plan de Infraestruturas Deportivas de 4 millóns de euros, un dos primeiros programas que anunciamos como goberno”, afirmou o presidente da Deputación.

Tres meses para presentar solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para as subvencións é de tres meses desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida. Esta é outra das novidades que introduciu o goberno provincial ás poucas semanas de tomar posesión.

O BNG de Vigo cuestiona a humanización de Samil por insistir en «cementar» a praia

0

A fronte nacionalista lamenta a decisión do Goberno local de iniciar as obras na avenida cando aínda están por resolver as alegacións ao proxecto de reforma do paseo, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica

O Bloque Nacionalista Galego cuestiona a humanización de Samil por insistir en “cementar” a praia viguesa. A fronte nacionalista advirte de que as présas de Abel Caballero para o inicio das obras na avenida, que veñen de ser aprobadas pola Xunta de Goberno local, poden comprometer a recuperación do areal cando aínda están por resolver as alegacións formuladas polo Bloque e colectivos veciñais e ecoloxistas ao proxecto de reforma do paseo, a cargo do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO)

“Carece de sentido avanzar nesta fase do proxecto, que é competencia do Concello, sen estar definida polo momento a obra de maior alcance para a reforma do paseo, que depende do Goberno español”, valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen alertou de que as alegacións poderían modificar parcial ou totalmente o proxecto do MITECO e, polo tanto, afectar as obras proxectadas a nivel municipal.

Nese sentido, Igrexas anunciou a presentación dunha batería de iniciativas no Congreso, a través do deputado nacionalista Néstor Rego, para esixir unha rectificación e reformular este proxecto para lograr a recuperación integral do areal de Samil, diante da falla de resposta do Executivo central.

“A proposta do Goberno español teima nun modelo fracasado que vai limitar o alcance da recuperación dunar”, denunciou o voceiro municipal do BNG. “Se insisten en cementar de novo a praia de Samil estaremos diante dunha grande oportunidade perdida para recuperar este ecosistema tan valioso”, engadiu.

Alternativas ao cemento

Dende a fronte nacionalista reiteraron que existen alternativas moito máis sustentábeis en termos ambientais, como as despregadas con éxito na recuperación da praia do Vao, que pasan por substituír o paseo por un sistema de pasarelas de madeira pivotadas. “A solución non pasa por recuar apenas 25 metros o actual paseo para construír un novo molote de cemento sobre a area como propón o Goberno central.”, dixo.

O portavoz municipal do BNG asegurou que aínda que Samil sexa unha praia urbana “o reto que temos como cidade é que deixe de ser unha praia urbanizada”. Así, rexeitou a pretensión de converter o paseo “nunha especie de rúa do Príncipe sen comercios e a pleno sol”.

O Sergas publica a relación de 72 médicos de familia seleccionados para incorporarse nas vindeiras semanas a centros de saúde de difícil cobertura

0

Na área sanitaria de Vigo ofértanse 7 prazas fixas

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición de hoxe, publica a relación de 72 persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de facultativo especialista de atención primaria. Ademais, publícanse as súas puntuacións para proceder á elección de prazas de difícil cobertura desde o vindeiro luns 18 de decembro.

Desta forma, nas próximas semanas incorporaranse 72 profesionais de medicina familiar e comunitaria, dos cales oito non traballaban previamente no Servizo Galego de Saúde.

A oferta de postos de difícil cobertura distribúese en 23 prazas na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; 15 en Santiago de Compostela e A Barbanza; 11 en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 en Ferrol, 7 en Vigo; 5 na área de Pontevedra e O Salnés e 3 na Coruña e Cee).

En concreto, na área de Vigo, ofrécese prazas fixas no centro de saúde de Aldán-O Hío; Arbo; Covelo; Pazos de Borbén-Fornelos; Ponteareas e 2 en Redondela.

Co fin de axilizar a adxudicación de prazas, todos os aspirantes (incluídos os que non teñen a condición de seleccionados) poderán elixir as prazas da súa preferencia nun acto de elección telemático, para que, no suposto de quedar prazas sen adxudicar entre as médicas e médicos seleccionados, se poida realizar a selección dun novo aspirante pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que teñan elixido os destinos non adxudicados.

Cómpre remarcar que o persoal MIR desta especialidade que terminou no mes de maio puido optar a estas prazas, sendo Galicia a única comunidade autónoma cun sistema de provisión de persoal sanitario que permite a un especialista médico rematar a residencia e ser persoal fixo nese mesmo ano. Ao respecto, hai tres facultativos especialistas de atención primaria que resultan adxudicatarios e remataron o período de residencia en 2023.

Galicia segue a dar, pois, resposta á necesidade de minimizar o déficit de persoal en atención primaria, namentres o Goberno central non reforma a lexislación do Estatuto Marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, tal e como acordou por unanimidade o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en abril de 2018.

A través da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario do Sergas, a sanidade pública galega contará con 178 novos médicos de familia con praza en propiedade en postos de difícil cobertura e que terán atención ordinaria en centros de saúde e dúas gardas ao mes nos Puntos de atención continuada (PAC) de referencia, cun cun compromiso mínimo de permanecer nese posto durante dous anos.

Novas prazas por concurso-oposición

Ademais, a Consellería de Sanidade ampliará en próximas datas o prazo de convocatoria do concurso-oposición de médico de familia para incluír as prazas da oferta de emprego público de 2023 aprobada o pasado mes polo Consello da Xunta. Polo tanto, ás 150 prazas xa convocadas, sumaranse 121, facendo un total de 271 prazas ofertadas polo sistema de concurso-oposición nesta categoría.

A Xunta continuará a materializar o seu compromiso de estabilización de emprego e desenvolverá os exames desta convocatoria no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

Detienen a un vecino de Cangas por tráfico de drogas

0

En el registro se intervinieron 44 gramos de cocaína, sustancias de corte, y más de 9.000 euros en efectivo

El equipo EBIO de la Guardia Civil de Cangas ha detenido a un vecino de Cangas do Morrazo de 55 años, e investiga a su pareja, de 56 años, por un supuesto delito de tráfico de drogas.

Tal y como informan desde el Instituto Armado, en el marco de este operativo, se desplegó un dispositivo de vigilancia y se comprobó que este hombre se dedicaba a vender estupefacientes en las inmediaciones de un parque infantil. Con la autorización del juzgado se realizó un registro en el domicilio de la pareja, en el que, además de efectivos del Cuartel cangués, participaron miembros de la USECIC y el Servicio Cinológico.

Cuando los agentes llegaron y golpearon la puerta para franquear la entrada al domicilio, el hombre que estaba en el interior arrojó por la ventana 14 envoltorios plásticos con cocaína y un monedero con una sustancia en su interior, que también resultó ser cocaína.

En el registro se intervinieron un total de 44 gramos de cocaína, sustancias de corte, y más de 9.000 euros en efectivo. La Guardia Civil también se incautó de un turismo y una motocicleta que el hombre, con numerosos antecedentes, utilizaba en su actividad delictiva.

La Policía Local de Vigo cierra el año con casi 2.400 intervenciones de carácter humanitario en 2023

0

Los agentes se han encontrado con ancianos que vivían en condiciones infrahumanas, dando inmediatamente cuenta de estas situaciones a los servicios sociales del Ayuntamiento de Vigo

La Policía Local de Vigo ha realizado casi 2.400 intervenciones de carácter humanitario en 2023, de las que 428 servicios consistieron en alertas debido a caídas accidentales en el interior de viviendas.

En este sentido, y como detallan fuentes policiales a través de un comunicado, en numerosas ocasiones son otros residentes del edificio los que dan aviso a las fuerzas del orden, debido a que no ven a sus vecinos por la zona o incluso han escuchado pedir ayuda. También otras veces son familiares los que dan la llamada de alerta, al ser incapaces de levantar del suelo a una persona.

De este modo, apuntan, los policía se convierten en agentes humanitarios, enfrentándose frecuentemente a problemas que afectan a mayores, tales como las mencionadas caídas, desorientación en la vía pública o situaciones que ponen en riesgo su vida o integridad física, sin olvidar casos de demencia o enfermedades neurodegenerativas.

Además de ayudar a incorporarse al accidentado, también proporcionan tranquilidad al resto de personas del hogar, tal como destaca la Policía Local. En caso de ser necesaria asistencia médica, solicitan servicios sanitarios.

Los operativos con personas de avanzada edad que viven solas se multiplican cada año en la ciudad. Los agentes se han encontrado con ancianos que vivían en condiciones infrahumanas, dando inmediatamente cuenta de estas situaciones a los servicios sociales del Ayuntamiento de Vigo.

Afundación programa para su nueva temporada de abono en Vigo 8 conciertos con la Real Filharmonía de Galicia, la OSG y el Coro Fundación Princesa de Asturias

0

La pianista Judith Jáuregui, el intérprete chino de sheng Wu Wei, y el solista de viola Joaquín Riquelme se presentarán en el Teatro Afundación junto a las grandes formaciones musicales gallegas

Un concierto de la Real Filharmonía de Galicia inaugura el próximo 11 de enero la temporada de abonos de música clásica de Afundación en Vigo. La otra gran orquesta gallega, la Sinfónica de Galicia (OSG), clausurará la primera parte de la temporada el 30 de mayo. Entre ambas citas mediarán otros 6 conciertos. En dos de ellos, la directora portuguesa Rita Castro Blanco y la alemana Johanna Malagré llevarán la batuta de la Real Filharmonía. El director Juanjo Mena, que colabora habitualmente con las mejores formaciones orquestales de Europa, estará al frente de la OSG en su concierto del mes de mayo. 

La venta de los abonos para toda la temporada, solo a través de Ataquilla.com, comienza mañana 15 de diciembre y terminará el día 31 de este mes. La venta de entradas sueltas se realizará a partir del 2 de enero tanto a través de Ataquilla.com como en la Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26). Los jóvenes, personas mayores de 65 años y personas desempleadas tendrán descuentos especiales en el precio de los abonos.

«Viaxe de volta» con Baldur Brönnimann

La Real Filharmonía, con su director titular Baldur Brönnimann al frente, presentará en Viaxe de volta, el concierto que abre la temporada de abono de la Obra Social de ABANCA en Vigo, un repertorio con temas de Roberto Gerhard, uno de los grandes compositores españoles del siglo pasado. Será el 11 de enero.

Quince días después, el 26 de enero, será el turno de la directora Rita Castro Blanco. Esta joven promesa portuguesa será la encargada de dirigir a la Real Filarmonía de Galicia en Percorrendo a felicidade, con composiciones de Mozart, Arthur Honegger y Bohuslav Martinu en el programa.

Del piano al sheng chino

La pianista Judith Jáuregui ―piano―, y la joven y reconocida directora alemana Johanna Malagré tocarán como solistas junto a la Real Filharmonía en los dos conciertos programados para el 23 de febrero y el 7 de marzo.

El 17 de abril, el público podrá disfrutar de los sonidos chinos del sheng, un instrumento de viento milenario. Llegarán a la temporada al Teatro Afundación de la mano del solista Wu Wei, quien acompaña a la Real Filharmonía. En su dilatada carrera, Wu Wei ha colaborado con algunas de las mejores orquestas del mundo. El director titular de la formación compostelana, Baldur Brönnimann, llevará la batuta.

Un mayo intenso

Tres son los conciertos programados para el mes de mayo por Afundación en Vigo. Primero será el turno del Coro Fundación Princesa de Asturias. Interpretarán un repertorio que incluye temas clásicos, música clásica o música popular. Será el 2 mayo.

El 23 se producirá el estreno en España de Herdanza africana, una propuesta de la Real Filharmonía con temas de tres compositoras contemporáneas: la británica Hannah Kendall, la estadounidense Missy Mazzoli y la afroamericana Florence Prince.

La Sinfónica de Galicia, bajo la batuta de Juanjo Mena y acompañada por el solista de viola Joaquín Riquelme, cierra el 30 de mayo la primera parte de la temporada de abono de Afundación en Vigo. En su concierto interpretarán composiciones de Béla Bartók y Johan Halvorsen. La temporada de abono de Afundación forma parte del programa solidario «Cultura por alimentos», desarrollado por Afundación en colaboración con la Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Los asistentes a los conciertos podrán colaborar depositando alimentos no perecederos en los contenedores dispuestos para tal fin en el Teatro Afundación de Vigo.

La luz repunta hoy un 11% hasta los 75 euros/MWh

0

En lo que va de diciembre, el coste medio ronda los 72 euros/MWh, frente los 96,95 euros/MWh del mismo mes de 2022

El precio medio de la luz para los clientes de tarifa regulada vinculados al mercado mayorista sube hoy un 11,3% con respecto a los datos de ayer, situándose de este modo en los 74,86 euros por megavatio hora (MWh).

El precio máximo, de 90,98 euros/MWh, se registrará entre las 14.00 y las 15.00 horas, mientras que el precio mínimo, de 50,24 euros/MWh, se dará entre las 14.00 y las 15.00 horas, según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

En lo que va de diciembre, el precio medio del ‘pool’ eléctrico se sitúa casi en los 72 euros/MWh, frente los 96,95 euros/MWh que marcó de media en el mismo mes de 2022.