Rueda subliña que o PPdeG sae a gañar as autonómicas e conta coa experiencia, o equipo e as ganas da provincia de Pontevedra

0

O presidente manifesta o seu compromiso por seguir baixando impostos e apoiar máis que nunca aos dependentes e aos seus coidadores, ás familias e aos autónomos

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, subliñou esta última noite, en Vigo, que o PPdeG sae a gañar as eleccións autonómicas do 18 de febreiro e conta coa experiencia, o equipo e as ganas de toda a provincia de Pontevedra e, por enriba de todo, cun proxecto para construír unha Galicia mellor nos próximos anos.

Fíxoo no pincho de Nadal do PP provincial, no que lle agradeceu aos populares pontevedreses que sempre respondan por riba das expectativas. Aproveitando tamén para pedirlles que continúen amosando a súa fora no próximo ano e animándoos a explicar todo o feito ata agora e o moito que queda por facer.

Neste sentido remarcou que o Goberno galego nestes anos baixou os impostos aos galegos para que teñan máis cartos no seu peto ou que a día de hoxe os nenos e nenas na nosa Comunidade están protexidos co calendario de vacinación máis completo do mundo.

O presidente Rueda tamén quixo manifestar o seu compromiso por seguir apoiando máis que nunca aos dependentes e aos seus coidadores, ás familias e aos autónomos. Obxectivo cara o que van encamiñadas medidas que entrarán en vigor en 2024 como os bonos de 5.000 euros para dependentes que son coidados nas súas casas e de 1.200 euros para os que están nunha residencia, así como o Bono Deporte ou a cota cero para que os autónomos teñan facilidades no seu primeiro ano de actividade.

Todo isto, explicou, son feitos e non promesas que demostran que o PPdeG é un partido serio e de palabra, que entende a política co obxectivo de gobernar e non de perder o tempo en liortas coma o cuadripartito da oposición. De feito, remarcou que o seu partido sae a gañar tamén porque en fronte só hai coalicións imposibles e caos.

Todo listo en Vigo para la Cabalgata de los Reyes

0

La celebración de Reyes volverá a contar con dos citas importantes el día 5: la cabalgata estática de la mañana y la dinámica por la tarde

Vigo está listo para organizar la Cabalgata de Reyes Magos. Para ello, el gobierno local ha contratado por 297.721 euros todos los servicios necesarios para su organización.

Por partidas, para producción técnica se dedican 119.500 euros; para diseño y producción las cinco carrozas municipales un total de 78.071 euros y para animación y baile, con la participación de cerca de 200 animadores, 99.825 euros.

La celebración de Reyes volverá a contar con dos citas importantes el día 5: la cabalgata estática de la mañana y la dinámica por la tarde. La primera estará instalda en la Avenida de Castelao entre las 11 de la mañana y las 14.000 horas; y la de tarde arrancará a las 18.00 horas desde la Avenida de Castelao para discurrir por Plaza de América, calle Álvaro Cunqueiro, Camelias hasta la rotonda del Bicentenario.

Caballero detalló que habrá 9 carrozas ambientadas en el tema “Mar y fantasía”. A las 5 municipales -Policía Local, Cartero Real, Melchor, Gaspar y Baltasar- se suman otras y 4 en colaboración con empresas privadas. A partir de las 20,30 horas tendrá lugar recepción de los Reyes Magos en el árbol de Puerta del Sol.

El Ayuntamiento desplegará un dispositivo de seguridad integrado por más de 500 efectivos entre Policía Local, bomberos, Policía Nacional, ambulancias medicalizadas , voluntarios de Protección Civil, y la Oficina Municipal de Voluntariado.

A UVigo aproba un orzamento récord de 248,8 millóns para 2024 e un límite de 5606 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

0

As contas contemplan iniciativas de alto interese como o Edificio de Ciencias Aeroespaciais, a transformación do antigo Hospital Provincial de Pontevedra e o proxecto da ETEA

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo celebrou este martes a súa derradeira sesión deste ano. Nela aprobouse por ampla maioría -38 votos a favor, tres en contra e dúas abstencións- a proposta de orzamentos da institución académica para 2024, que ascende á cifra récord de 248,8 millóns de euros, orzamentos que, de novo, se someterán a votación este mesmo xoves no pleno do Consello Social, para, posteriormente, ser enviados á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva. Xunto aos orzamentos, o Consello de Goberno tamén deu o seu visto e bo ao límite de prazas de novo ingreso en grao e mestrado para o curso académico 2024/2025, que nesta ocasión ascende a 5606 prazas, unha cifra moi similar á do actual curso, así como á Memoria de Responsabilidade Social Corporativa do ano 2022.

Foi unha sesión con marcado carácter económico na que tamén se aprobou -con 40 votos a favor, un en contra e dúas abstencións- o teito de gasto non financeiro para 2024 por importe total de 180,2 millóns de euros e na que o reitor, tras o debate acontecido no Claustro do pasado venres, se amosou “absolutamente tranquilo” cos orzamentos aprobados, insistindo na idea de que que “as contas están ben botadas” e que o seu equipo deixará “moi ben encamiñada a Universidade para o futuro”, pendentes, “iso si”, de mellorar o cadro de PAS e facer unha nova Relación de Postos de Traballo, “máis moderna e acaída cos tempos que corren”.

“Equilibrio orzamentario desde 2012”

Da presentación das liñas básicas do orzamento 2024 encargouse a xerente, Yolanda Lesmes, quen fixo fincapé no “mantemento do equilibrio orzamentario” mantido pola institución desde o ano 2012, así como na idea de que o Plan de Financiamento do SUG favorece a dotación da Universidade de Vigo, se ben, haberá que estar pendente da execución do compromiso de destinar o 1% do PIB ás universidades, algo no que a Xunta de Galicia xa se pronunciou de maneira positiva. A este aspecto tamén se referiu o reitor, quen adiantou que, de cumprirse este compromiso “a suficiencia financeira de todo o sistema universitario galego vai estar máis que asegurada”.

Segundo explicou Lesmes, o capítulo I supón o de maior peso nos conceptos do orzamento de gasto. Coa súa dotación cóbrese os incrementos salariais anunciados ou aprobados polo Estado, e as políticas de persoal desenvoltas polo goberno da Universidade a prol da estabilización, unificación dos réximes xurídicos, e retención do talento. “Queda por diante o reto do relevo se atendemos a idade media do persoal”, salientou Lesmes, quen tamén recordou que o orzamento contempla iniciativas de alto interese para a Universidade, caso, por exemplo, do Edificio de Ciencias Aeroespaciais, a transformación do antigo Hospital Provincial de Pontevedra e o proxecto da ETEA.

“A Universidade segue a dispoñer de recursos propios para atender o gasto estrutural non financiado por outros axentes, pero dito isto, deberán empregarse esforzos para adoitar medidas orientadas a consolidar os ingresos que garantan a estabilidade orzamentaria e a saúde financeira da Universidade, obtención de recursos e a racionalización do gasto”, recalcou a xerente na súa exposición.

Tras a presentación dos orzamentos realizada pola xerente e previo ás votacións, a docente e investigadora Coral del Río Otero, en nome de Nós Universidade, explicou o voto en contra deste colectivo a este proxecto de orzamentos en base a todas as ideas xa expostas o pasado venres no Claustro universitario. “Ano a ano temos uns gastos correntes que superan aos ingresos correntes, non se trata dunha situación conxuntural, senón que é algo que se vén dando sistematicamente e que nos preocupa seriamente”, recalcou a docente, ao tempo que lamentou que o debate xerado no Claustro  non servise para cambiar ningún aspecto da presentación dos orzamentos realizada pola xerente. “Economicamente estamos peor que fai cinco anos para acometer os grandes obxectivos que ten a UVigo, empezando polo reto da renovación do cadro de persoal”, explicou a voceira de Nós Universidade no Consello de Goberno. A maiores, contouse tamén coa intervención, desde o Persoal de Administración e Servizos, de Anabel G. Penín, quen lamentou a “falta de compromiso deste equipo de goberno coa política de PAS”, ademais de amosar moitas inquedanzas ao respecto dos orzamentos en base ao exposto polo profesor Juan Carlos Surís no Claustro. 

En resposta a estas inquietudes de parte da comunidade universitaria o reitor explicou que no ano 2025 rematarase co pago dos empréstitos que se fixeran no seu día, “que nós herdamos e que forman parte do orzamento en cada un dos anos”. Así mesmo, lembrou que Vigo é unha das poucas universidades que cumpre co establecido na LOSU en canto ao financiamento que se dedica a investigación. “Por outra banda, penso que tamén podemos loarnos de que, incluso nestes dous anos nos que subiron moito os custes de persoal, aínda así, estamos aí, e, por outra banda, a enorme calidade do noso persoal investigador fai que teñamos un éxito impensable en todas as convocatorias, moi especialmente a nivel internacional, e isto tamén nos dá certo músculo”, recalcou Reigosa.

Proposta de límites de prazas

Ao marxe dos temas económicos, o Consello de Goberno aprobou por asentimento un límite de 5606 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso, 3837 para titulacións de grao (dúas menos ca este curso) e de 1769 para titulacións de mestrado (65 máis). Esta cifra está pendente da resolución da Secretaría Xeral de Universidades e de que o Ministerio de Defensa aprobe as prazas correspondes ao Grao en Enxeñería Mecánica e as do Mestrado en Dirección TIC para a Defensa. 

Entre as maiores novidades na proposta de oferta de prazas para o vindeiro curso, presentada no Consello de Goberno por Alfonso Lago, vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, está a implantación por primeira vez na UVigo de cinco Programas Académicos de Percorridos Sucesivos (PARS). Neles o alumnado que se matricule ten a oportunidade (que non reserva de praza) de poderse matricular nun mestrado antes de rematar o grao (sempre que non lle queden máis de 30 ECTS e cumpra as condicións correspondentes que se indican na normativa). Os PARS propostos para o curso 2024/2025 na UVigo son no Mestrado en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica (8 prazas); no Mestrado en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (10 prazas); no Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación vía Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (15 prazas); no Mestrado en Enxeñaría Informática vía Grao en Enxeñaría Informática (5 prazas) e no Mestrado en Enxeñaría Aeronáutica vía Grao en Enxeñaría Aeroespacial (5 prazas). As prazas deste programas retrotráense das prazas de novo ingreso correspondentes dos graos de entrada aos mesmos.

Como novidade en titulacións de grao, a UVigo propón a posta en marcha do Grao en Enxeñaría da Automoción con mención dual, adscrito á Escola de Enxeñería Industrial, estando aínda pendente de ter os informes favorables da Secretaria Xeral de Universidades e da Acsug. O título proposto ofertaría 20 prazas, contando coa colaboración do clúster da automoción, xa que o alumnado realizaría 48 créditos do último curso en empresas desta industria. Respecto á oferta de grao, tamén se aprobou a proposta de modificacións, co obxectivo de “axustar oferta e demanda”, no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos (pasando de 72 a 70 prazas) e no Grao de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (de 50 a 30 prazas). No Grao de Dirección e Xestión Pública, a proposta aprobada é manter o número de prazas (45) pasando cinco delas da modalidade presencial á virtual, quedando en 20 presenciais e 25 virtuais. O resto de graos manteñen a súa oferta de prazas de novo ingreso do curso 2023/2024, salvo os que participan nos PARS, que como se indicou retrotraen o número de prazas ofertadas en cada caso para estes programas. 

En mestrado, a oferta increméntase coa proposta de tres novos títulos interuniversitarios, actualmente en proceso de verificación na Acsug: de Biofabricación (7 prazas na UVigo e adscrito ao Centro de Posgrao e Formación Permanente); Ensinanza do Español como Segunda Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua (8 prazas na UVigo e adscrito á Facultade de Filoloxía e Tradución) e Internet das Cousas IoT (20 prazas na UVigo e adscrito á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación). Ademais, para o curso 2024/2025 ofértase o Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca, mestrado bianual adscrito á Facultade de Química. Entre outras modificacións, tamén está a solicitude do incremento en dúas prazas do Mestrado de Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario), e a adaptación do número de prazas en Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría Industrial, que ofertarán respectivamente 25 e 50 prazas. Non se impartirá o vindeiro curso o Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible.  

Na última sesión do Consello de Goberno deste ano tamén se aprobou a tramitación da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación, que pasa a ter como centro de impartición responsable o Centro de Posgrao e de Formación Permanente. Igualmente, aprobouse por asentimento a programación docente anual de titulacións de grao e mestrado para o curso 2024/2025. Ademais, aprobouse a tramitación das modificacións non substanciais das titulacións de grao, mestrado e programas de doutoramento para a súa adaptación ao RD 822/2021.

Afundación y la Xunta invitan a descubrir a los más pequeños el origen de Vigo en los talleres de la muestra «Vigo no tempo»

0

Más de 5000 personas han visitado ya la muestra, comisariada por Manuel Gago con el apoyo de Manuel Bragado, que presenta una combinación única de objetos con gran simbolismo, documentos históricos, obras de arte, recreaciones virtuales o fotografías

Afundación y la Xunta de Galicia, a través de la Fundación Cidade da Cultura presentan para estas vacaciones navideñas un taller alrededor de la muestra «Vigo no tempo», que se puede visitar actualmente en la Sede Afundación de Vigo, dirigido a niñas y niños de 5 a 10 años. Esta propuesta, que se desarrollará mañana miércoles, 27 de diciembre y este jueves 28 de diciembre y los próximos 2, 3 y 4 de enero, en horario de 11.00 a 13.00 h, les permitirá explorar la rica historia y cultura de Vigo. Las entradas están disponibles en Ataquilla.com.

Los participantes harán una visita guiada a la exposición, adaptada a público infantil, en la que explorarán Vigo desde sus orígenes hasta la actualidad a través de una combinación única de objetos históricos, obras de arte, documentos, fotografías y recreaciones virtuales.  Después de la visita, comenzará un taller de creación de juguetes sostenibles en el que las niñas y niños aprenderán a diseñar y fabricar sus propios juguetes utilizando materiales reciclados y respetuosos con el medioambiente.

Más de 5000 personas han visitado ya la muestra «Vigo no tempo», que permanecerá abierta en la Sede de la Obra Social de ABANCA hasta el 20 de enero de 2024, en horario de lunes a domingos de 11.00 a 14.00 h y 17.30 a 20.30 h (excepto las tardes del 31 de diciembre y 5 de enero).

«Vigo no tempo» es la quinta de las siete muestras que componen el proyecto «Cidades no tempo», iniciado en 2022 con el objetivo de reivindicar la identidad urbana de Galicia. La propuesta pone ahora el foco en una de las urbes más destacadas a nivel cultural e industrial de la Comunidad. El relato expositivo explora la ciudad desde sus orígenes hasta la actualidad con una combinación única de objetos de alta cultura y cotidianos, obras de arte, documentos históricos, mapas y planos, recreaciones virtuales, fotografías y publicaciones. Una oportunidad de ahondar en el Vigo más conocido y de descubrir los aspectos más desconocidos desde muy diversas perspectivas: los hitos históricos y los mitos, el desarrollo urbanístico, la economía y la industria, el ocio o la cultura.

La muestra parte de una visión de Vigo como un lugar con una profunda voluntad de constituirse como una gran ciudad. Así, hace un recorrido por la realidad de una urbe que creció en un territorio ya intensamente habitado incluso antes de la propia idea de ciudad. El trayecto abarca las infraestructuras más relevantes a nivel comercial, cultural y de comunicaciones, e incluso los proyectos que no salieron adelante. Un camino que repasa, además, piezas arqueológicas de grande importancia, los documentos fundacionales, algunas de las imágenes más antiguas de la ciudad o los referentes de la renovación pictórica y musical.

La exposición está comisariada por el periodista y miembro del Consello da Cultura Galega Manuel Gago, que contó con el apoyo del que había sido editor de Ediciones Generales desde 1994 a 2018, Manuel Bragado. En ella colaboran cerca de 50 cedentes entre instituciones de gran relevancia dentro y fuera de la ciudad, colecciones particulares y reconocidas entidades empresariales. Entre otros, figuran el Archivo Municipal de Vigo, el Archivo Histórico Provincial de Pontevedra, el Museo Quiñones de León, el Museo Massó, el Museo del Mar de Vigo, la Biblioteca Pública Juan Compañel, la Fundación Penzol, la colección ABANCA, Stellantis Vigo, Editorial Galaxia o Edicións Xerais.

La Xunta somete a información pública el nuevo documento de delimitación de espacios y usos portuarios de Sanxenxo

0

El Diario Oficial de Galicia recoge hoy la resolución de Portos de Galicia por la que se inicia el procedimiento que contempla un plazo de dos meses para la presentación de alegatos por las personas interesadas

El Diario Oficial de Galicia recoge hoy la resolución de Portos de Galicia por la que se somete a información pública la modificación sustancial del documento de Delimitación de Espacios y Usos Portuarios (DEUP), el llamado Plan de Usos, del puerto de Sanxenxo. Este documento, que modifica sustancialmente la normativa anterior, permitirá una mejor planificación y explotación del suelo portuario.

Durante este trámite administrativo, el documento se somete a información pública para que todas las personas interesadas puedan examinarlo y presentar por escrito las reclamaciones o alegatos que consideren oportunas. Para esto disponen de un plazo de dos meses que se contará a partir de mañana. El documento está disponible para su consulta en la página web de Portos de Galicia, en la dirección https://portosdegalicia.gal/gl/web/puertos-de-galicia/delimitacion-espacios.

En esta fase de información pública, además de recoger los alegatos que puedan presentar las personas físicas o jurídicas interesadas, Portos de Galicia acaba de solicitar informes en relación a sus competencias al Ayuntamiento de Sanxenxo, Consellería de Medio Ambiente, Consellería do Mar, Dirección General de espaldas del Ministerio de Transición Ecológica y Capitanía Marítima.

El DEUP recoge el ordenamiento del suelo y la distribución de las actividades que se desarrollan en el dominio público portuario. De este modo, define los usos y actividades que se desarrollan de hecho en cada caso y zonifica el suelo portuario para el desarrollo futuro de las distintas actividades que conviven en los muelles.

La Delimitación de Espacios y Usos Portuarios es una actuación encaminada a mejorar la relación entre los puertos y las villas que los acogen, una de las líneas de trabajo permanente de Portos de Galicia, que a día de hoy ha aprobado más de medio centenar de planes para cerca de setenta puertos autonómicos. De este modo, el ente público avanza en la cohesión entre el tejido urbano y las infraestructuras portuarias, de modo que puedan beneficiar no solo a los usuarios directos, sino también al conjunto de la ciudadanía. Asimismo, establece una planificación y zonificación de las diferentes actividades que conviven en el muelle, a medio y largo plazo.

A Deputación destina ata 350.000€ do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a Bueu, Moaña e Cangas

0

O programa permitirá que estes concellos destinen recursos a construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos

A Deputación de Pontevedra destinará 350.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a Bueu, Moaña e Cangas. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a máis de 58.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende a 4 millóns de euros aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan, que veñen de ser publicadas o pasado 22 de decembro no Boletín Oficial da Provincia, establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (1,2 millóns de euros)  e noutra variable en función da poboación (2,8 millóns de euros). Deste xeito, o concello de Cangas pode beneficiarse de preto de 153.000€, Moaña de máis de 116.000€ e Bueu de máis de 79.000€ para construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo. As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que os concellos terán tres meses dende a publicación da convocatoria para presentar os proxectos de orzamentos destas actuacións deportivas, que deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

A Deputación destina máis de 1,6 M€ do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas aos concellos da comarca de Vigo e do sur da provincia

0

O programa permitirá que estes concellos destinen recursos a construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos

A Deputación de Pontevedra destinará máis de 1,6 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui. Con este novo programa estes concellos, cuxa poboación conxunta ascende a máis de 236.000 habitantes, poderán destinar recursos a construír e mellorar instalacións deportivas, adquirir terreos para uso deportivo ou mercar equipamentos ou material.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende a 4 millóns de euros aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan, que veñen de ser publicadas o pasado 22 de decembro no Boletín Oficial da Provincia, establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (1,2 millóns de euros)  e noutra variable en función da poboación (2,8 millóns de euros).

Deste xeito, o concello de Arbo pode beneficiarse de máis de 33.000€, Baiona de máis de 81.000 €, A Cañiza de 45.500€, Covelo de 32.500€, Crecente de preto de 30.000€, Fornelos de Montes de máis de 28.000€, Gondomar de máis de 94.000€, A Guarda de preto de 70.000€, Mondariz-Balneario de preto de 24.000€, Mondariz de máis de 42.000€, Mos de máis de 95.000€, As Neves de preto de 39.000€, Nigrán de máis de 109.000€, Oia de 35.500€, Pazos de Borbén de 35.000€, Ponteareas de preto de 134.000€, O Porriño de preto de 121.000€,  Redondela de preto de 164.000€, O Rosal de máis de 52.000€, Salceda de Caselas de máis de 66.000€, Salvaterra de Miño de 70.000€, Soutomaior de 57.500€, Tomiño de máis de 88.000€ e Tui de máis 106.000 €. Con estes recursos estes concellos poderán construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.

As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que os concellos terán tres meses dende a publicación da convocatoria para presentar os proxectos de orzamentos destas actuacións deportivas, que deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

A unidade multidisciplinar de atención á hipertensión  pulmonar desenvolve un programa de anxioplastias

0

Trátase da única Unidade de Galicia que, en colaboración cos hemodinamistas, realiza anxioplastias de arterias pulmonares para o tratamento dos pacientes con hipertensión tromboembólica crónica

A Unidade Multidisciplinar de Atención á Hipertensión Pulmonar do Álvaro Cunqueiro é a única de Galicia que desenvolve un programa de  Anxioplastias para o tratamento de HTP tromboembólica crónica.

A Hipertensión Pulmonar, incremento de presión nas arteiras pulmonares, é unha patoloxía pouco frecuente, unha das chamadas “enfermidades raras”, polo que a súa atención require dun traballo multisdiciplinar. Neste senso, a Unidade Multidisciplinar de Atención á Hipertensión Pulmonar está coordinada por especialistas en pneumoloxía e cardioloxía, e tamén conta coa colaboración dos servizos de medicina interna, reumatoloxía, hemodinámica, farmacia, radioloxía e médicos de atención primaria xunto co persoal de enfermaría.

Nesta consulta atenden a 150 pacientes anuais, das áreas sanitarias de Vigo e Ourense. O síntoma máis común que presentan os pacientes e a dispnea (falta de aire).

A HTP Está producida por múltiples causas, aínda que as máis frecuentes son as patoloxías cardíacas e pulmonares. Aínda que existe un tipo de HTP que é curable, na maioría dos casos é unha enfermidade crónica. Sen embargo, a día de hoxe existen moitos tratamentos farmacolóxicos que melloran  a calidade de vida e a supervivencia destes pacientes.

Anxioplastia, técnica hemodinámica

A Unidade de Hemodinámica do servizo de Cardioloxía do Álvaro Cunqueiro é a única en Galicia, e unha das poucas de España, que está empregando unha técnica, Anxioplastia con balón das arterias pulmonares, nos pacientes con HTP tromboembólica crónica, para o tratamento desta enfermidade.

Trátase na introdución, a través dun catéter, dun balón para romper e eliminar  os trombos das arterias. Este procedemento solo está indicado naqueles pacientes cun tipo determinado de HTP, a  tromboembólica crónica.

Desde que se puxera en marcha este programa, hai un ano, levan realizado 26 procedementos deste tipo a 6 pacientes,  cuns resultados moi satisfactorios.

I Xornada no Álvaro Cunqueiro

Precisamente, os servizos de Pneumoloxía e Cardioloxía acaban de organizar unha xornada científica no Álvaro Cunqueiro para realizar unha posta en común da abordaxe integral e atención a esta enfermidade que se realiza na Área Sanitaria de Vigo, desde  o punto de vista epidemiolóxico, de tratamento e da xestión da atención ao paciente.

Nesta xornada, a pneumóloga  María Castro e  o cardiólogo David Dobarro presentaron un balance de actividade da Unidade e das posibilidades de desenvolvemento da mesma.

Profesionales de Vithas Cadarso recomiendan no mirar a ninguna fuente de luz a menos de 20 centímetros de distancia 

0

El Dr. Javier Moreno Manresa explica que la excesiva exposición a la luz puede producir desde la dolorosa queratoconjuntivitis, hasta las molestas cataratas, entre otras patologías

El punto en que una luz pasa a ser molesta varía de una persona a otra; pero entre un 5 y un 20 por ciento de la población padece fotofobia, o gran sensibilidad a la luz. Expertos de la Clínica Vithas Cadarso, de Vigo, recomiendan no mirar a ninguna fuente de luz, natural o artificial, a menos de 20 centímetros de distancia, tal y como sostiene el Dr. Javier Moreno Manresa, oftalmólogo especialista en retina y vítreo.  

La luz es necesaria para la vista. Permite que la imagen de los objetos se refleje sobre la retina y transmita esta información al cerebro para que los identifique con formas y colores conocidos. La luz actúa sobre la retina estimulando los fotoreceptores que, ante la presencia lumínica, liberan una gran cantidad de sustancias químicas. El doctor Moreno Manresa explica que si hay un exceso de estas sustancias químicas “se puede producir un daño en los mismos fotoreceptores que dejarán de funcionar adecuadamente y, por tanto, se producirá una disminución de la visión”.  

Un ejemplo de esta excesiva exposición a la luz es la que se produce cuando miramos directamente al sol, lo que “genera un daño irreversible en la mácula (la parte central de la retina).  Además de en la mácula, la luz ultravioleta del sol o de su reflejo en el agua o la nieve, o la que procede de los equipos de soldadura, por ejemplo, “puede producir quemaduras superficiales en la córnea y en la conjuntiva, llamadas queratoconjuntivitis actínica, que es bastante dolorosa”.  

De hecho, cualquier fuente de luz tiene la capacidad de causar daño en la vista. Este daño dependerá de la intensidad de la luz y del tiempo de exposición y la distancia a la que el ojo se encuentre de la fuente de luz. “Como regla general, no es sano observar directamente una fuente de luz, especialmente si se trata de luz intensa de alta potencia”, afirma el Dr. Javier Moreno de la Clínica Vithas Cadarso.  

El cristalino también puede verse afectado por el exceso de exposición a la luz, ya que puede desarrollar opacidades (cataratas) que disminuyen la visión y requieren de cirugía para su extracción.  

Una misma fuente de luz puede producir distintas reacciones en distintas personas, ya que la sensibilidad a la luz varía de una persona a otra y está determinada, en gran medida, por la genética individual. Por tanto, “no hay una cantidad específica de luz, pero en todo caso, las luces artificiales que se utilizan para el alumbrado emiten una intensidad de luz que se encuentra dentro de un rango seguro para la salud visual”.  

“De todas maneras –advierte el especialista de la Clínica Vithas Cadarso- como medida de precaución, no es conveniente observar directamente ninguna fuente de luz a menos de 20 centímetros de distancia”.  

Clasificación de las lámparas 

Para garantizar la seguridad de los ojos y la piel –que también se puede ver afectada por la exposición a la luz-, las lámparas se prueban basándose en el peor de los casos, que sería la lámpara a una distancia de solo 20 centímetros.  

A partir de los resultados de estas pruebas estándar, las lámparas se clasifican en cuatro grupos de riesgo: “exentas de riesgo” (RG0), “bajo riesgo” (RG1), “riesgo medio” (RG2) y “alto riesgo” (RG3). Sin embargo, esta categorización de riesgo solo contempla los peligros derivados de exposiciones breves. 

Como norma general, la gran mayoría de lámparas pertenecen al grupo de “exentas de riesgo” y algunas excepciones se encuadran dentro de las de “bajo riesgo”. Los tipos de lámparas clasificadas como de “riesgo medio” o “riesgo alto” se destinan normalmente a usos profesionales en lugares controlados donde no representen ningún peligro. El uso indebido de las lámparas que se encuentran en los grupos de riesgo de 1 a 3 podría causar daños en los ojos y la piel evitables con las medidas adecuadas. Por ejemplo, las lámparas de halogenuros metálicos empleadas en la iluminación de estadios deportivos pueden suponer un riesgo si se utilizan a una distancia de 20 cm, pero su uso normal no conlleva ningún peligro. 

El Dr. Moreno Manresa también señala que “no está demostrado, a través de los estudios realizados hasta la fecha, que estos filtros tengan un efecto beneficioso sobre la salud visual, aunque cabe la posibilidad de que a largo plazo se puedan encontrar hallazgos que apoyen su uso, pues debemos recordar que nuestra exposición a estas pantallas tiene unos 30 años aproximadamente y el uso de estos filtros es relativamente reciente”. 

La fotofobia se trata reduciendo el uso de gafas oscuras 

La fotofobia se define como intolerancia dolorosa a las condiciones de luz normales, no representa en sí misma una enfermedad pero sí puede ser síntoma de múltiples enfermedades tanto oculares como neurológicas[ii]

Esta patología afecta entre el 5 y el 20 por ciento de la población general. Esta enfermedad tiene, en muchas ocasiones, un componente neurológico, por lo que es necesario en primer lugar determinar si se trata de un síntoma secundario o de una inflamación ocular (como la queratitis, o la uveítis), o de un trastorno neurológico.  

En el caso de que se trate de una enfermedad ocular, el principal tratamiento pasaría por disminuir el tiempo de adaptación a la oscuridad del paciente. De hecho, las personas con fotofobia severa que usan gafas oscuras “deben reducir su uso, ya que la oscuridad crónica aumenta la percepción del dolor y de la sensibilidad a la luz”, explica el Dr. Javier Moreno, que recuera que “hay algunos filtros especiales que, en estudios recientes, muestran una reducción de la fotosensibilidad en algunos pacientes con fotofobia”, aunque todavía es pronto para considerarlos como una solución efectiva y eficaz. 

Herido tras colisionar de madrugada con su coche contra una farola en Pontevedra

0

Un particular se encontró con el accidente y alertó a los servicios de emergencias de que el coche siniestrado estaba muy dañado en medio de la carretera, habiendo una persona herida

Un conductor ha resultado herido esta madrugada en Pontevedra tras colisionar con su coche contra una farola. Los hechos, apuntan desde la Central de Emergencias, tuvieron lugar sobre las las seis y media de la mañana en la carretera PO-542.

Fue un particular el que se encontró con el accidente y alertó a los servicios de emergencias de que el coche siniestrado estaba muy dañado en medio de la carretera. En su interior, según este testigo, había una persona herida.

Hasta el lugar se desplazaron una ambulancia de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, bomberos de Pontevedra, voluntarios de Protección Civil y agentes de la Guardia Civil de Tráfico.

Al llegar, los servicios de emergencias comprobaron que, a pesar del estado en el que se encontraba el vehículo, podían acceder al herido sin tener que excarcelarlo, tras lo cual fue trasladado al hospital. Operarios de mantenimiento de carreteras se encargaron de despejar la vía para retirar los restos del accidente de la calzada.