Detienen en Tomiño un hombre al que le constaban al menos dos órdenes de busca y captura

0

El varón circulaba en una motocicleta por la zona centro de la localidad cuando, al ver una patrulla, realizó una maniobra evasiva e inició su huida

La Policía Local de Tomiño ha detenido en las últimas horas a un hombre al que le constaban al menos dos órdenes de búsqueda, captura e ingreso en prisión.

Según informa la propia policía, el varón circulaba en una motocicleta por la zona centro de la localidad cuando, al ver una patrulla, realizó una maniobra evasiva e inició su huida. Por ello, los agentes lo interceptaron a unos 900 metros del lugar, identificando al conductor, de 37 años y vecino de Gondomar.

Realizadas las oportunas comprobaciones se corroboró la vigencia de al menos dos órdenes de búsqueda y captura, siendo detenido y trasladado a dependencias policiales, para pasar previsiblemente este miércoles a disposición judicial. Además, los funcionarios instruyeron diligencias por un supuesto delito contra la seguridad vial al carecer de permiso de conducir.

O Concello validou xa 4.000 solicitudes para as bolsas de libros

0

O goberno municipal procederá a iniciar o abono das bolsas de libros en datas próximas, xa que o se está avanzando rápido no proceso de validación e tramitación das solicitudes

Así o confirmou este martes o alcalde ao lembrar que a subvención municipal a cada estudante ascende a 205 euros

Abel Caballero explicou que, tras pecharse o día 24 deste mes de xaneiro o prazo para demandar a axuda, o Concello rexistrou a presentación de preto de 19.000 solicitudes de bolsas de libros, das que o Concello validou preto de 4.000.

O rexedor indicou que a área de Educación se atopa “validando ao máximo de velocidade”, co que en datas próximas poderá procederse ao pago. “Advertirémolo e a algúns váiselles atrasar un pouco máis o pago porque hai que validar as case 19.000 peticións”, recalcou ao lembrar que o Concello conta cunha partida de preto de 6 millóns para afrontar o pago destas bolsas.

“En Vigo seguimos facendo atención ás familias e somos a única cidade de España que damos bolsas para a case gratuidade dos libros de texto», afirmou.

O BNG compromete 5 novas escolas infantís da Xunta en Vigo: “Hoxe 2 de cada 3 solicitudes quedan sen praza”

0

A fronte nacionalista avanza a ampliación da rede pública de escolas infantís de Galicia co compromiso de crear mil novas prazas no primeiro ano dun Goberno de Ana Pontón

Asegura o sostemento das 9 escolas infantís municipais en Vigo con financiamento do Goberno galego e a posta en marcha dun servizo de coidado de menores a domicilio

Brais Ruanova: “Este compromiso está avalado polos feitos, pois foi a acción de goberno do BNG desde a Xunta quen multiplicou por cinco a rede pública de escolas infantís”

O Bloque Nacionalista Galego compromete 5 novas escolas infantís públicas da Xunta en Vigo para poñer fin á “escasa oferta” que «deixou nos últimos anos 2 de cada 3 solicitudes sen praza na cidade». A fronte nacionalista avanza así a ampliación da rede pública de escolas infantís co compromiso de «crear mil novas prazas en Galicia no primeiro ano dun Goberno presidido Ana Pontón».

“As escolas infantís de 0 a 3 anos xogan un papel fundamental para permitir a conciliación laboral, sendo un recurso imprescindíbel para un cada vez maior número de familias da nosa cidade”, destacou o candidato vigués do BNG, Brais Ruanova, acompañado do portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, e do concelleiro, Filipe Abalde.

Ruanova garantiu que un novo Goberno galego iniciará este ano a elaboración dos proxectos para construír novas escolas infantís nos barrios de Travesas, Balaídos, Navia, Casco Vello e Travesía de Vigo, na liña das propostas realizadas polo BNG nas súas emendas aos Orzamentos galegos para este ano e que, «máis unha vez, foron rexeitadas polo PP».

O candidato nacionalista puxo como aval deste compromiso a «Rede de Galescolas (hoxe Galiñas Azuis) promovida durante a etapa de goberno do Bloque na Xunta cun total de 121 centros o que supuxo daquela multiplicar por 5 a rede pública existente”. Nese sentido, lembrou que hoxe na cidade a Xunta ten 9 escolas infantís, mentres as privadas son máis de 30. “A escasa oferta pública provocou que neste curso 2023-2024 preto de 300 crianzas viguesas que non obtiveron praza nas escolas infantís da Xunta”, afeou Ruanova.

A respecto das escolas infantís municipais, comprometeu tamén financiamento público desde o Goberno galego para o seu funcionamento e sostemento. Ademais, anunciou a posta en marcha dun servizo público de coidado de menores a domicilio para atender as necesidades de conciliación de natureza extraordinaria desde os 4 meses até os 12 anos. “Son propostas concretas e compromisos sólidos que deixan claro que unha Xunta de Galicia presidida por Ana Pontón fará dos coidados e da atención das nosas crianzas unha verdadeira prioridade pública”, salientou o candidato do BNG.

Enfraquecemento dos servizos públicos

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG de Vigo enmarcou este déficit de escolas infantís na política de “total abandono” da Xunta coa maior urbe galega durante os últimos 15 anos. “O PP dixo non durante a última lexislatura a aumentar en máis de 400 millóns de euros os investimentos na nosa cidade, como reclamamos o Bloque, o que se notou especialmente no enfraquecemento dos servizos públicos”, valorou.

Por contra, Igrexas garantiu que un Goberno galego presidido por Ana Pontón será un “grande aliado da cidade” con políticas que poñan as persoas e facendo dos coidados unha gran tarefa pública. “As viguesas e vigueses temos este 18 de febreiro a oportunidade de empurrarmos un Goberno galego que atenda as necesidades reais da nosa cidade e despregue enérxicas políticas públicas en favor da maioría social”, remachou. 

Los veterinarios realizan más del doble de análisis a perros que a gatos

0

Vithas Red Diagnóstica recomienda realizar, al menos, una analítica anual a nuestra mascota para prevenir enfermedades

Al igual que los humanos, las mascotas padecen enfermedades como obesidad, hipertensión, diabetes, patologías cardiacas, o articulares

La división de Veterinaria de Vithas Red Diagnóstica acaba de publicar su nuevo catálogo de pruebas de animales de compañía

Las mascotas también padecen enfermedades. Y al igual que los humanos, cuanto antes se les diagnostiquen, antes y mejor se puede tratar su patología. Por ello, desde la división de Veterinaria de Vithas Red Diagnóstica aconsejan realizar, al menos, una analítica anual para cerciorarse del buen estado de salud de nuestro animal de compañía.

En este sentido, la directora de Veterinaria de Vithas Red Diagnóstica, la doctora en Veterinaria Ana Pérez Creo asegura que “nuestras mascotas pueden padecer muchas de las enfermedades que los humanos también sufrimos: obesidad (con todo lo que ello conlleva), diabetes, enteritis, hipertensión, patologías cardiacas, catarros, conjuntivitis, patologías articulares… que tienen que ser diagnosticadas y tratadas”; y por eso, recomienda “realizar cada año una analítica general de control para adelantarnos a patologías subclínicas que con el tiempo se pueden hacer clínicas y para así tener siempre una analítica normal de base que nos permita comparar cuando nuestra mascota esté sufriendo cualquier enfermedad que desvíe su analítica de la normalidad”.

Pérez Creo hizo este llamamiento al hilo de la presentación del nuevo catálogo de pruebas que la división de Veterinaria de Vithas Red Diagnóstica acaba de presentar para los dos próximos años. En este documento, que está a disposición de todos los veterinarios que lo soliciten, recoge todas las pruebas que se le pueden realizar a perros, gatos, aves, reptiles, peces, caballos, pequeños mamíferos y bovino.

La mayoría de las pruebas que se analizan en el laboratorio de Veterinaria de Vithas Red Diagnóstica, situado en Vigo, corresponden a perros, y representan más de la mitad del total de pruebas de pequeños animales que se realizan anualmente en estas dependencias.

Como dato curioso, las muestras de perro son un 60 por ciento más que las que se realizan a gatos. Según Ana Pérez Creo esto se debe a que por una parte “hay más perros que gatos”, y por otra “los gatos no interactúan igual que los perros, son más independientes y por su fisionomía y su forma de ser e independencia la mayoría de las veces, un malestar pasa desapercibido por sus tutores. Cuando los humanos notan algo en el gato es que está ya muy molesto el animal”.  En cualquier caso, puntualiza que “enfermar, enferman por igual perros y gatos, e incluso comparten enfermedades”.

Pérez Creo cree que el predominio de muestras de perros también puede deberse al “nivel de estrés que los gatos sufren en el veterinario, por lo que se retarda mucho el llevarlo a que lo revisen; y, por eso, cada vez hay más veterinarios que van a casa a revisar a las mascotas”.

Las pruebas de ganado bovino (un 4 por ciento); de peces y de pequeños mamíferos (con un 1,5 por ciento cada una) y de equinos, reptiles y aves representan el resto de especies cuyas muestras se analizan en Vithas Red Diagnóstica.

O pleno da Deputación esixe ao Goberno central que palíe a suba das peaxes nas autoestradas da AP-53 e AP-9 e axilice a transferencia desta última a Galicia

0

A sesión plenaria serviu tamén para aprobar por unanimidade a adhesión de Baiona ao convenio para a inspección e vixilancia en materia de residuos e a transferencia da titularidade de dous treitos da EP-7001 e EP-7203 ao Concello de Forcarei

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este martes solicitarlle ao Goberno central a liberación da peaxe da AP-53, que une Santiago e Dozón, ao mesmo tempo que reitera o seu rexeitamento contra a suba das peaxes desta autoestrada e tamén da AP-9, así como avanzar na transferencia da titularidade desta última á Xunta de Galicia. Sesións plenarias que serviron tamén para aceptar a encomenda do Concello de Baiona para sumarse ao servizo de inspección e vixilancia en materia de residuos municipais, ademais de dar conta da renuncia ao seu cargo como deputado provincial do voceiro do grupo socialista, Carlos López Font.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, foi o encargado de defender a moción contra a suba das peaxes nas autoestradas que discorren pola provincia, a AP-9 e a AP-53. “Co inicio do 2024 confirmouse unha vez máis unha nova suba das peaxes na autoestrada estatal, a AP-9, que acada o 6,55 %. A esta suba súmase tamén a efectuada na AP-53 que chega ao aumento do 5,07 % nas tarifas entre Santiago de Compostela e Lalín”, lamentou o deputado, quen denuncia o “agravio comparativo” que están a padecer os galegos con respecto ao resto de autoestradas de competencia da administración central, “posto que a tendencia é rebaixar as peaxes, todo o contrario do que se está a aplicar en Galicia”. Neste sentido, desde o grupo provincial do PP instan o Goberno central a seguir o exemplo da Xunta, que conxelou por segundo ano consecutivo as autoestradas autonómicas entre Vigo e Baiona e entre A Coruña e Carballo ou que iguale o treito da AP-53 entre Dozón e Santiago co que une Ourense e Lalín, que o goberno autonómico mantén gratuíto.

Por estes motivos, propuxeron ao pleno unha proposta de acordo, que saíu adiante cos votos do grupo do PP e do BNG, consistente en expresar o rexeitamento da corporación provincial contra a suba de peaxes do Goberno central, esixirlle ao Goberno de España os correspondentes avances na transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada AP-9 e solicitarlle tamén a liberación da peaxe do treito da AP-53 entre Santiago e Dozón para igualala coa autoestrada autonómica que chega a Ourense.

Unanimidade houbo para aprobar a unión do Concello de Baiona ao convenio para que a Deputación de Pontevedra asuma a prestación do servizo de vixilancia e inspección en materia de residuos. Un acordo que busca mellorar as cifras de separación de residuos para cumprir coa normativa europea do que xa forman parte quince concellos da provincia e que dispón dun orzamento de preto de medio millón de euros. Tamén votaron a favor os deputados dos tres grupos da corporación provincial para o cambio de titularidade en favor do Concello de Forcarei de catro treitos, dous antigos da EP-7001 e outros dous da EP-7203.

Antes, o presidente da Deputación, Luis López, deu conta da renuncia ao seu cargo de deputado provincial do voceiro do PSOE, Carlos López Font, que deixa o seu posto pola súa presentación como candidato ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. Unha renuncia que suscitou palabras de recoñecemento dos voceiros do resto de grupos, Jorge Cubela (PP); e César Mosquera (BNG). A nova voceira do grupo socialista será a viguesa Ana Laura Iglesias, mentres que o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, será o substituto de López Font na corporación. A xornada rematou coa celebración dun segundo pleno extraordinario no que se debateron dúas mocións presentadas polo grupo socialista que non saíron adiante. Unha na que esixían a licitación inmediata da primeira fase das obras da EP-2702 entre Amoedo e Os Valos, no concello de Pazos de Borbén; e outra relacionada coa vertedura de microplásticos no litoral galego para que a Deputación de Pontevedra aprobe un plan específico de axudas para os concellos afectados pola chegada dos pellets.

Mos aproba por unanimidade unha moción para instar a Transportes a solucionar a problemática das infraestruturas viarias que atravesan o concello

0

O óptimo mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e a liberación da peaxe da AP9 en O Porriño, son algunhas das reclamacións que se acordou realizar ao Ministerio durante o Pleno de onte

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou onte por unanimidade dos seus membros unha moción proposta polo goberno local para solicitar de forma urxente ao Ministerio de Transportes a solución para o mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e liberación da peaxe da AP-9 en O Porriño.

Mediante a aprobación unánime desta moción acordouse instar ao Ministerio de Transportes, o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Mos, concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos, con rehabilitación total do firme de todo o vial, dende Vigo a Porriño, con asfalto antirruido (Fonoabsorvente) e asfalto antideslizante.

Instar ao Ministerio de Transportes, ao arranxo e mantemento os carrís de incorporación  e servizo a mencionada autovía A-55, os taludes e as vías de servicio paralelas (roza, limpeza, mantemento, beirarrúas,etc…), manter a súa iluminación,  así como a construción das rotondas necesarias na antiga N-120 na zona de Ramilo e a rotonda ao nó de confluencia de entrada e saída a Mos por Puxeiros e arranxo do paso inferior á altura de A Rans (P.K. 10+000).

Instar ao Ministerio de Transportes ao estudo e execución dun acceso á A55 dende a N550 o seu paso por Amieirolongo, que desvíe o tráfico pesado da zona urbana de Sanguiñeda, solicitando que de xeito inmediato se realice o desvío pola A52 e posterior incorporación a A55 deste tráfico.

Solicitar ao Ministerio de Transportes, a liberación total da peaxe do tramo da AP-9, dende Puxeiros a Porriño, co fin de liberar de tráfico rodado da A-55 a maior brevidade posible. Instar a que se execute tamén en Mos o Plan de Acción contra o ruído do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruído na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda, etc. E solicitar ao Ministerio a modificación da estrada nacional 550 (Estrada Porriño a Redondela) a travesía urbana nos tramos que discorren dende o cruce do camiño vello de Santiago (Amieirolongo) ata o vial municipal do mesmo nome e o tramo do cruce de entrada ao Pazo de Mos, chamado cruce de Torroso.

As vestimentas de Cobres lucen nunha exposición temática do entroido galego no Corte Inglés de Vigo

0

Está aberta ao público na cuarta planta das instalacións de El Corte Inglés en Vigo ata o 6 de febreiro

Os traxes típicos de madamas e galáns participarán ata o 6 de febreiro na exposición temporal que sobre o Entroido Galego organiza El Corte Inglés na cuarta planta das súas instalacións en Vigo.

As persoas que se acheguen observarán con detalle o artesanal traballo de preparación das roupas, con especial atención aos complementos de xoeiría.

Trátase dun Entroido que desbotou as máscaras e antifaces e mantivo intacto o esmero e a pulcritude en cada un dos detalles dos traxes, nos que cintas, abalorios e reloxes son elementos que dan vestosidade ao conxunto no que o verdadeiro protagonista é o suntuoso sombreiro, verdadeira xoia artesanal, concebida para a relaxación visual grazas á policromía e perfecta harmonía das múltiples pezas que o compoñen: multitude de brillantes e pequenos adornos, flores, trozos de espellos, bonecos pequenos e prolongándose pola espalda cintas que estilizan a figura da rapaza. Arredor da base do sombreiro, hai plumas que con outros adornos recubren o armazón de palla, chegando a pesar cada peza sobre 7 kilos. Logo, as mellores xoias de ouro sobre o gorro e o peto subraian a grandeza do insólito ropaxe. Tamén os galáns lucen un sombreiro similar, ainda que máis lixeiro e a súa vestimenta, ainda que con moitas similitudes coas da madama, limítase a unha camisa branca con adornos de cintas de cores, garavata, pano de seda que cubre a cintura ata as rodillas, pantalón branco con liña lateral de cor vivo e zapato negro.

A Deputación apoia a proba ciclista “O Gran Camiño”, que chegará á provincia de Pontevedra o 25 de febreiro

0

“Viviremos un espectáculo 100% Rías Baixas” asegurou o presidente Luis López quen detallou que o goberno provincial destinará máis de 130.000 € a esta proba na súa aposta por “atraer a organización de grandes eventos deportivos no noso territorio”

O goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar o patrocinio deportivo de “O Gran Camiño”, ao que destinará ata 133.000 euros. Esta proba ciclista chegará á provincia o vindeiro 25 de febreiro, co desenvolvemento da cuarta e última das etapas que percorrerán as catro provinciais galegas e que está incluída no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).

“O Gran Camiño” é un dos eventos internacionais máis relevantes da provincia, que acollerá entre o 22 e o 25 de febreiro a máis de 120 ciclistas de diferentes países e dos grandes equipos do circuíto internacional: Visma, Ineos, Movistar, Cofidis, EF Education, Groupama e Arkea estarán presentes nunha proba na que se poderá desfrutar da presencia de ciclistas internacionais como Jonas Vingegaard, actual campión da edición de 2023 e do Tour de Francia A través deste patrocinio, a Deputación levará a cabo accións de promoción e publicidade en diferentes medios: a web do evento, as súas redes sociais, nas presentacións a medios, nas roldas e notas de prensa, na retransmisión da carreira, en diferentes soportes publicitarios físicos e no vídeo oficial. “Para nós é fundamental apostar por captar, impulsar e colaborar coa organización de grandes eventos deportivos no noso territorio, que son unha panca para a proxección do turismo deportivo e da nosa marca como provincia”, explicou o presidente da Deputación, Luis López, ao tempo que asegurou que grazas a “O Gran Camiño”, “viviremos un espectáculo 100% Rías Baixas”.

A Deputación aproba o novo convenio de colaboración coa Xunta e a FEGAMP para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais

0

A institución aporta para o 2024 máis dun millón de euros, o 40% do orzamento total. A Xunta de Galicia achega o 52,5% e os concellos o 7,5% restante

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a prórroga do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) da provincia. En concreto, a Deputación aportará para o 2024 o 40% do orzamento total, que supón 1.088.000 euros, mentres que a Xunta aportará o 52,5% e os municipios o 7,4% restante.

Entre as principais novidades, tal e como explicou o presidente da Deputación Luis López, o convenio recolle o incremento do financiamento, xa que este ano cada un dos GES recibirá 40.000 euros máis que o pasado, pasando dos 280.000 € do 2023 aos 320.000 €. Ademais, crearase un subgrupo de emerxencias de seis membros no Grove. “Unha petición que o Concello levaba tempo facendo, que vimos de facer realidade”, explicou o presidente provincial, Luis López, e que contará cun financiamento anual de 160.000 euros. Ademais, este ano iguálase a financiación dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo ao dos GES, pasando cada un deles dos 155.000 aos 320.000 euros. Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais existentes na provincia de Pontevedra na actualidade son os da Estada, Lalín, Mos, A Guarda, a Mancomunidade Val Miñor, Ponteareas e Sanxenxo, aos que se une este ano o subgrupo do Grove.

Marta Fernández-Tapias resalta a importancia da comunicación estratéxica “como garantía de éxito das organizacións” na apertura do I Foro DIRCOM Galicia

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra destacou a necesidade destas xornadas para “reciclarnos, formarmos e intercambiar experiencias e boas prácticas así como debater sobre cuestións relacionadas coa comunicación neste momento que vivimos”

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández- Tapias, participou este martes no Círculo de Empresarios de Galicia na apertura do “I Foro DIRCOM Galicia. La Comunicación estratégica” xunto á presidenta de DIRCOM Galicia, Tesa Díaz-Faes e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.  “Trátase dun foro moi necesario, que nos permite reciclarnos, formarnos e intercambiar experiencias e boas prácticas” así como “debater e reflexionar sobre cuestións relacionadas coa comunicación que necesitan unha atención especial neste momento que vivimos”, asegurou a vicepresidente na apertura do encontro.

Fernández-Tapias, que comezou a súa intervención resaltando o papel estratéxico de Vigo no ámbito empresarial e da comunicación, incidiu na importancia da comunicación estratéxica “como garantía de éxito de toda organización, xa que repercute positiva nos resultados das empresas e institucións e en como se vai construíndo e afianzando a reputación corporativa”. Tamén tivo oportunidade de reflexionar sobre o impacto das novas tecnoloxías, da dixitalización, Internet e as redes sociais na comunicación estratéxica,  que obriga aos seus profesionais a enfrontarse a novos retos como o aumento da confianza, a necesidade de dirixir e motivar equipos de comunicación cada vez máis cualificados e preparados, o uso de datos, o desenvolvemento de novos roles profesionais, así como a importancia de chegar á audiencia nun mundo hiperconectado ou  de construír relacións en tempos de desinformación.

O “I Foro DIRCOM Galicia. La Comunicación estratégica”, impulsado pola asociación DIRCOM Galicia que está integrada por máis de 40 directivos e profesionais da comunicación que exercen en Galicia, naceu para concienciar ao tecido empresarial galego sobre o valor engadido que aporta ás compañías unha boa xestión da Comunicación Corporativa. Deste xeito nesta primeira xornada, que acolleu o Círculo de Empresarios de Vigo, afondouse na reputación, no propósito corporativo e liderado, na comunicación interna e na atracción de talento, nos asuntos públicos e as relacións institucionais, na sostibilidade e na comunicación externa e a xestión de crises. Neste primeiro encontro participaron como conferenciantes Yago de la Cierva, profesor do IESE Business School; José Manuel Velasco, coach e formador en Comunicación e liderado; Carmen Lence, CEO de Lence-Grupo Leche Río; Federica Pirovano, de Comunicación interna de INDITEX; Beatriz Mato, directora de Asuntos Corporativos de Greenalia; José Fernández- Alva, director xeral de DIRCOM; María Victoria Sánchez, directora de Comunicación de Nauterra; Margarita Hermo, directora de Comunicación de Jealsa; María Canle, directora de Comunicación global de El Pulpo; e Patricia Forteza, directora de Comunicación de Quirón Salud en Galicia.