As vestimentas de Cobres lucen nunha exposición temática do entroido galego no Corte Inglés de Vigo

Está aberta ao público na cuarta planta das instalacións de El Corte Inglés en Vigo ata o 6 de febreiro

Os traxes típicos de madamas e galáns participarán ata o 6 de febreiro na exposición temporal que sobre o Entroido Galego organiza El Corte Inglés na cuarta planta das súas instalacións en Vigo.

As persoas que se acheguen observarán con detalle o artesanal traballo de preparación das roupas, con especial atención aos complementos de xoeiría.

Trátase dun Entroido que desbotou as máscaras e antifaces e mantivo intacto o esmero e a pulcritude en cada un dos detalles dos traxes, nos que cintas, abalorios e reloxes son elementos que dan vestosidade ao conxunto no que o verdadeiro protagonista é o suntuoso sombreiro, verdadeira xoia artesanal, concebida para a relaxación visual grazas á policromía e perfecta harmonía das múltiples pezas que o compoñen: multitude de brillantes e pequenos adornos, flores, trozos de espellos, bonecos pequenos e prolongándose pola espalda cintas que estilizan a figura da rapaza. Arredor da base do sombreiro, hai plumas que con outros adornos recubren o armazón de palla, chegando a pesar cada peza sobre 7 kilos. Logo, as mellores xoias de ouro sobre o gorro e o peto subraian a grandeza do insólito ropaxe. Tamén os galáns lucen un sombreiro similar, ainda que máis lixeiro e a súa vestimenta, ainda que con moitas similitudes coas da madama, limítase a unha camisa branca con adornos de cintas de cores, garavata, pano de seda que cubre a cintura ata as rodillas, pantalón branco con liña lateral de cor vivo e zapato negro.