A UVigo recibe este curso 480 estudantes estranxeiros

0

“Agardamos que en 20 anos lembredes a experiencia como unha etapa chea de ledicia”, sinalou o reitor

A Universidade de Vigo deu a benvida este mércores ao alumnado estranxeiro que acaba de chegar aos campus de Vigo e Pontevedra para completar a súa formación durante o segundo cuadrimestre. En total, son 198 mozos e mozas de 32 países de Europa, América e Asia, que se suman aos 43 que chegaron en setembro pero elixiron a opción de quedarse durante o curso completo. Desde xeito, neste segundo cuadrimestre a UVigo contará nas súas aulas con 241 estudantes estranxeiros de programas de mobilidade que, sumados aos 228 que realizaron a súa estadía no primeiro cuadrimestre, deixa unha cifra global de 480 alumnos internacionais neste curso 2023/2024.

Os actos de benvida para as e os que acaban de chegar tiveron lugar hoxe en Vigo e en Pontevedra, e mañá será a quenda de Ourense. No campus de Vigo foron recibidos polo reitor, Manuel Reigosa, pola vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo, e polo decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, José Montero, centro anfitrión do acto. O reitor amosouse “orgulloso e feliz de tervos aquí, de que nos escollerades”, e lembroulles que a pesar de ser unha universidade pequena “somos fortes en investigación e estamos entre as 600 mellores do mundo segundo o ránking de Shanghai de 2023”. Reigosa tamén fixo fincapé no papel de “faro” que as universidades deben desenvolver na procura dunha “sociedade mellor” e convidou o alumnado a involucrarse neste proceso para crear unha sociedade baseada no coñecemento, igualitaria e comprometida co desenvolvemento sostible. Finalmente, animounos a aproveitar a súa estadía en Galicia en todos os eidos e a tecer redes que poden ser importantes no seu futuro. “Agardamos que dentro de 20 ou 30 anos lembredes esta experiencia en Vigo como unha etapa chea de ledicia”. Tamén a vicerreitora Maribel del Pozo se dirixiu ao estudantado para desexarlles que teñan “unha boa experiencia”, tanto académica como persoal, que “axudará a convertervos en mellores cidadáns” e que “cando volvades ás vosas casas, o fagades cunha mente nova, porque a experiencia internacional cambiará as vosas vidas, así que gozade de cada momento e aprendede. Será un tesouro nos vosos corazóns”. Finalmente, o decano da FFT, José Montero, aproveitou tamén para lembrarlles, en inglés, español e galego, que esta é unha terra bilingüe e culturalmente rica, e animounos a aprender unhas nocións básicas da “lingua de Rosalía, de Curros e dos trobadores da ría”.

Mentres, en Pontevedra deulles a benvida a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, quen felicitou ao alumnado internacional por ter feito “unha elección estupenda, xa que estades nunha das mellores universidades a nivel nacional”. No acto celebrado na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a vicerreitora desexoulles tamén que a súa estadía en Pontevedra lles servise tanto para “aprender moito” nas aulas como para “que gocedes da experiencia dun intercambio, que é moi importante para o desenvolvemento persoal”.

480 estudantes estranxeiros durante este curso

Durante este curso 2023/2024, serán 480 os estudantes estranxeiros que pasarán pola aulas da Universidade de Vigo. 228 fixérono no primeiro cuadrimestre e outros 241 estarán no segundo, incluíndo tanto os que acaban de chegar (198) como os que teñen unha estadía de curso completo (43). Para completar a cifra global, os que restan son estudantes con estadías de prácticas, cuxa duración está vinculada temporalmente coa súa formación en empresas. Esta cifra está na liña dos datos dos últimos tres cursos, nos que se foi, pouco a pouco, superando a caída de mobilidade derivada da pandemia. Con todo, a institución sigue traballando para retornar ás cifras previas á covid, cando os tres campus da UVigo recibían cada ano arredor de 650 estudantes estranxeiros.

No global do ano, a distribución por campus segue mantendo o esquema de cursos anteriores, sendo Vigo o campus máis internacional, ao recibir a 362 mozos e mozas doutros países, seguido de Pontevedra, campus elixido por 69 estudantes internacionais, e Ourense por 49. En Vigo, a Facultade de Filoloxía e Tradución volve ser a que máis mobilidades recibe (115); en Pontevedra é a Facultade de Comunicación a máis solicitada polo alumnado internacional (27), mentres que en Ourense é a Facultade de Ciencias (19). Respecto dos programas de mobilidade, 362 estudantes chegan á UVigo ao abeiro de diferentes programas dentro da convocatoria Erasmus+, outros 105 mediante convenios bilaterais e o resto con outro tipo de iniciativas como ISEP. Do total, 436 son estudantes de grao, 35 de mestrado e os restantes de doutoramento ou de prácticas.

As mozas, maioría no segundo cuadrimestre

No que respecta ao alumnado que estará nos centros da UVigo neste segundo cuadrimestre, a presenza feminina é maioritaria: 157 mozas, 81 mozos, 1 estudante non binario e outros dous que non quixeron especificar o seu xénero. De todos eles e elas, 178 estudarán no campus de Vigo, 37 no de Pontevedra e 26 en Ourense. Analizando a súa procedencia, Italia segue a ser o país con máis representación (47), seguido de Francia (23) e de México (21). Respecto dos programas de mobilidade, 63 estudantes chegan á UVigo grazas a convenios bilaterais coa súa universidade de orixe, outros 158 dentro do programa Erasmus+ KA 131, 9 co programa Erasmus+ KA 171 e 11 co programa ISEP, procedentes principalmente de EEUU.

178 estudantes internacionais en Vigo no que resta de curso

Nesta segunda parte do curso no campus de Vigo haberá 178 estudantes internacionais (143 chegados neste segundo cuadrimestre), cuxo esquema de procedencia repite os datos globais dos tres campus, xa que 42 son de Italia, 17 de Francia e outros 17 de Alemaña, seguidos doutros 16 de Polonia. A facultade máis internacionalizada volve ser a de Filoloxía e Tradución, que recibe 115 estudantes, seguida de Ciencias Económicas e Empresariais (93) e a Escola de Enxeñería Industrial (61). Tras estes tres centros están a Facultade de Bioloxía con 12, a EE de Telecomunicación e a Facultade de Comercio, ambas con 10, e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo con 9. En maior ou menor medida, todos os centros do campus reciben alumnado estranxeiro este cuadrimestre.

37 estudantes de 15 países completan o curso en Pontevedra

México, con oito alumnos e alumnas, Portugal, con cinco, e a República Checa, con catro, encabezan a lista de 15 países dos que proceden os 37 estudantes internacionais que se formarán no campus pontevedrés o que resta de curso. Deles, 31 incorpóranse este cuadrimestre e seis permanecen na cidade ao longo de todo o curso. Un ano máis, a Facultade de Comunicación é o centro con máis alumnado internacional, con 13 alumnos e alumnas, seguida de Belas Artes, con dez, e Fisioterapia, con oito. Neste cuadrimestre, tamén reciben alumnado estranxeiro as facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Dirección e Xestión Pública.

A delegada da Xunta visita aos usuarios que participan nas actividades do centro sociocomunitario de Redondela

0

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores aos usuarios que participan nas actividades organizadas polo Centro Sociocomunitario de Redondela, un dos centros que o Goberno galego xestiona. O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do centro da vila e inclúe obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.

Luis López remarca o apoio da Deputación ao tecido deportivo da provincia na presentación da nova tempada do Club Ciclista Rías Baixas

0

O presidente provincial puxo en valor a traxectoria do club para impulsar o ciclismo e o deporte de base na provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse este mércores á concentración que o Club Ciclista Rías Baixas está levando a cabo no municipio de Mondariz Balneario para participar na presentación da nova tempada do equipo ciclista. Despois de recoñecer a traxectoria da entidade e do seu fundador, Jose Luis Chamorro, López remarcou o apoio do executivo da Deputación ao tecido deportivo e ao deporte de base da provincia como unha das liñas estratéxicas da súa acción de goberno.

O mandatario provincial, amante e practicante do deporte da bicicleta, dirixiuse aos integrantes do equipo que leva o nome das Rías Baixas polas estradas de todo o país para destacar o traballo da entidade por fomentar os valores do deporte e a práctica deportiva entre a mocidade. Finalmente, Luis López afirmou que o apoio ao deporte é un dos piares do goberno da Deputación. O mandatario provincial recordou que a Deputación destina este ano 9,5 millóns de euros para fomentar o deporte na provincia, así como o apoio na organización de eventos de primeiro nivel como O Gran Camiño, o paso de La Vuelta a España pola provincia ou a organización o próximo outono do Europeo de ciclocrós.

Multitudinario Entroido en Mos con máis de 1.100 persoas participantes no desfile

0

Repartiranse 10.000 euros de premios entre as 18 comparsas que desfilarán o 11 de febreiro en Sanguiñeda

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente, xunto con representantes das comparsas do municipio participantes no tradicional desfile pola Avenida de Sanguiñeda, presentaron esta mañá o cartel e a programación do Entroido 2024 en Mos.

As representantes municipais, Arévalo, Cebreiro e Loureiro, informaron de que o Desfile de Entroido celebrarase como cada ano pola Avenida de Sanguiñeda. Será o domingo 11 de febreiro desde as 17.00 horas e contará coa participación de 1.117 persoas distrubuídas em 18 comparsas entre as que se repartirán un total de 10.000 euros en premios tanto por participación como á mellor comparsa infantil e de adultos, mellor carroza, mellor vestiario e mellor animación. Participarán 14 comparsas de adultos e 4 infantís.

De entre elas 9 de estas comparsas son de Mos: A Cividade participa con 2 comparsas, ‘Chochonteros’ e ‘Trolsciclamos’; a comparsa do Centro Cultural de Torroso chámase ‘La Magia del Material Escolar’; a da AVV Nosa Terra de Pereiras é ‘Super Pereiras World’, a da ARC de Guizán ‘Os Enredos de Guizán’; a da ANPA co CEIP Mestre Mestre Valverde Mayo; 2 da ANPA do CEIP de Atín-Cela, ‘Os molladiños de Atín-Cela’ e ‘A Tormenta dos Molladiños’; e a do Colexio Pena de Francia, ‘Os catro elementos’. Das 9 comparsas mosenses, 4 son infantís e 5 de adultos.

As demais comparsas participantes, chegadas de fóra de Mos, proceden dos Municipios de Vigo, Tomiño, Gondomar, Soutomaior, Nigrán, e Ponteareas.

Por outra banda organízanse tamén as habituais Festa Infantil de Entroido, que este ano terá lugar o luns 12 de febreiro pola tarde no Centro Social e Recreativo de Guizán (en horario de 17 a 20 h con actividades de globoflexia, pintura de caras, talleres de máscaras de Entroido, photocall e música); e os Campamentos Infantís de Entroido, que se desenvolverán os días 12, 13 e 14 de febreiro en horario de mañá (de 9 a 14.30 h e aula matinal de 8 a 9 h) nas instalacións do CEIP de Petelos, dirixidos a nenos de 3 a 12 anos de idade e con prazo de inscrición do 1 ao 6 de febreiro.

A Reconquista despregaráse en marzo e abril con 70 actuacións, e ampliará o mercado cara a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso

0

O carácter de autoidentificación de Vigo e dos vigueses, que proporciona á Festa da Reconquista dun carácter distinto ao resto das celebracións festivas, é un dos factores do éxito da conmemoración que cada ano reúne no Casco Vello da cidade a miles de persoas que se animan a participar na “inmensa romaría urbana”. Deste xeito presentou o alcalde a nova edición da festa que conta co apoio económico e de organización do Concello.

Acompañado polos concelleiros Ángel Rivas, Patricia Rodríguez e Ana Laura Iglesias, así como polo autor do cartel, Rubén Suárez, e polos directivos da Asociación Veciñal Casco Vello, José Fumega e Fiz Axeitos, Abel Caballero, presentou a 30 edición da festa que este ano crece coa instalación de postos do mercadillo nas rúas Elduayen e Paseo de Alfonso.

José Fumega anticipou o despregamento este ano dun mercadillo con 200 postos, así como a actuación de 70 grupos e a participación de 1.750 escolares na “Reconquistiña” que terá o día 3 de abril, entre unha longa listaxe de actividades.

El Parque Nacional de las Illas Atlánticas oferta 130 plazas para realizar visitas guiadas en los cuatro archipiélagos esta primavera

0

A través del programa Descubriendo el Parque Nacional, la Xunta ofrece un total de siete rutas de temática histórica y ambiental durante los meses de febrero, marzo y abril

El Parque Nacional marítimo-terrestre de las Illas Atlánticas de Galicia oferta cerca de 130 plazas para realizar visitas guiadas a los archipiélagos de Cíes, Ons, Sálvora y Cortegada esta primavera.

En el marco del programa Descubriendo el Parque Nacional, la Xunta ofrece un total de siete rutas de temática histórica y ambiental durante los meses de febrero, marzo y abril con el objetivo de dar a conocer los principales valores y singularidades de este espacio natural protegido en una época del año distinta al verano.

Las rutas, con guía gratuito para los participantes, se desarrollarán en grupos reducidos para ofrecer una mejor calidad de la visita a los espacios protegidos. Al mismo tiempo, para garantizar la participación del mayor número de interesados, se limita la inscripción a una actividad por persona. Con todo, se habilitará un listado de espera con la que cubrir posibles bajas.

Las personas interesadas en participar en el programa Descubriendo el Parque Nacional deberán reservar su plaza en el apartado de las Illas Atlánticas de la central en línea del Organismo Autónomo de Parques Nacionales o directamente en las oficinas del Parque Nacional gallego, en el edificio Cambón de Vigo. Las inscripciones se podrán realizar desde mañana, jueves, 1 de febrero, y el último día para anotarse la cada una de las rutas será cuatro jornadas antes de la realización de la misma.

En cuanto al transporte a las islas, se hará a través de las distintas embarcaciones que se ofrecen, en función de la isla a visitar, y el coste deberá ser sufragado por los participantes. El importe se abonará a la empresa de transporte con anticipación, una vez el parque le envíe un correo electrónico con los datos de pago.

La temática de las rutas es muy diversa; desde el carácter histórico y botánico de la isla de Cortegada con El secreto de un bosque en el mar, pasando por las rocas de Sálvora con sus Esculturas y leyendas y por los lugares poco conocidos de Ons con la ruta La isla y el mar, hasta llegar a la historia de las Cíes a través de la visita propuesta bajo el título Viaje en el tiempo. En todos los casos, son itinerarios recomendados para mayores de 12 años.

A continuación, se indican el calendario, puertos de salidas y número de plazas por cada actividad:

IslaFechaRutaPortoPlazas
Ons13 de abrilLa isla y el marBueu20
20 de abrilLa isla y el marBueu20
Cíes17 de febreroUn viaje en el tiempoVigo20
Sálvora24 de febreroUna isla de esculturas y leyendasO Grove20
17 de marzoUna isla de esculturas y leyendasO Grove20
Cortegada3 de marzoEl secreto de un bosque en el marCarril15
7 de marzoEl secreto de un bosque en el marVilagarcía12

Una discusión por una plaza de aparcamiento acaba con una agresión y un hombre detenido

0

A las 13:35 horas del día 30, se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo, informando sobre una pelea en la Calle Pizarro. A consecuencia de la misma uno de los implicados sangraba por la cara.

A la llegada de una Unidad policial, comprobaron que un varón de 62 años de edad, se encontraba herido, presentando un corte en su pómulo derecho. Este explicó a los agentes que había tenido una discusión de tráfico debido a una plaza de estacionamiento y que había sido agredido por otro conductor que optaba a la misma plaza. Los actuantes dieron aviso a los servicios sanitarios, quienes se personaron en el lugar y tras una primera valoración, decidieron su traslado a un centro hospitalario, siendo necesaria la aplicación de varios puntos de sutura.

Por estos hechos se procedió a la detención de J.R.M.H varón de 47 años de edad, siendo investigado por un Delito de Lesiones. El aludido asumió que, sí le había agredido, alegando que lo había hecho tras recibir insultos racistas por parte del otro conductor.

La Favec exige a Vitrasa que presente una oferta digna a los trabajadores para poner fin al conflicto

0

La entidad seguirá recogiendo firmas para mostrar el descontento de los ciudadanos ante la subida de las tarifas del Vitrasa y la pérdida de calidad del servicio

Convocará una concentración si la compañía y el Concello no son capaces de llegar a un acuerdo con los empleados

La Federación de Asociaciones Vecinales de Vigo Eduardo Chao (Favec) exige a Vitrasa, la empresa concesionaria del autobús urbano de la ciudad, que, en la reunión con el comité del próximo lunes, presente una oferta de renovación de convenio digna que permita poner fin al conflicto por el bien de los trabajadores y los ciudadanos.

La presidenta de la Favec, María Pérez, urge una solución por parte de la compañía o el Concello de Vigo tras más de dos meses de huelga indefinida. “Si Vitrasa o el Ayuntamiento no son capaces de arreglar este problema, convocaremos una concentración ciudadana en febrero. Hay mucha gente afectada, que no puede ir a trabajar, a estudiar o al hospital en condiciones”, advierte.

Pérez añade que la Favec, además, continuará la campaña de recogida de firmas por las parroquias del municipio para mostrar el descontento de los ciudadanos ante la subida de las tarifas del Vitrasa tanto para viajeros con billete ordinario como usuarios de la tarjeta PassVigo, de más de un 8% de media. “Mucha gente se queja. La situación es insostenible desde hace un tiempo”, critica.

Esta acción reivindicativa también sirve para denunciar el mal estado del servicio municipal, deteriorado por la concesionaria desde 2019. “Es una vergüenza que se suban los precios del bus urbano con el beneplácito del Concello cuando la empresa lleva más de tres años sin renovar el convenio colectivo y recorta líneas y frecuencias”, denuncia.

Acepta 2 años de cárcel por quedarse con 140.000 euros de la empresa en la que trabaja como contable en Vigo

0

Además de la pena de prisión, se le ha impuesto una multa de 1.080 euros y el pago de las costas

Una exempleada de una empresa de tiendas de ropa, calzado y complementos ha aceptado hoy 2 años de prisión tras reconcer que se había quedado con casi 140.000 euros de la sociedad. Por estos hechos, se declara autora de un delito continuado de estafa agravada, en concurso con un delito de falsedad en documento mercantil.

La vista de conformidad se ha celebrado en la sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, reconociéndose las atenuantes de reparación del daño y reconocimiento de los hechos. Además de la pena de prisión, se le ha impuesto una multa de 1.080 euros y el pago de las costas.

El tribunal ha accedido a la suspensión de la pena por un período de 2 años, con la condición de que, en ese tiempo, la procesada no vuelva a cometer ningún delito.

La Fiscalía pedía hasta seis años de cárcel en un escrito en el que afirmaba que la mujer prestó servicio como administrativa y contable durante 10 años en una empresa que tiene tiendas de moda, calzado y complementos en Vigo.

Además de alterar fraudulentamente el importe de sus nóminas, durante ese tiempo realizaba tareas como ingresar la recaudación por las ventas o pagar a los proveedores y, según el ministerio público, se dedicaba a fingir la firma del propietario de la empresa para ordenar transferencias desde la cuenta de su jefe o desde las cuentas de la empresa a sus propias cuentas o a la de su madre.

Arde la buhardilla de una vivienda en Redondela

0

El fuego afectó también al techo, que acabó colapsando

Un incendio que no ha causado daños personales ha calcinado este martes la buhardilla de una vivienda en Redondela.

Según informa el 112, cinco minutos antes de la medianoche, un particular llamó al servicio para alertar de que estaba ardiendo el desván de una casa ubicada en la calle de O Mouro.

Se dio aviso a los Bomberos de O Porriño, de O Morrazo y de Vigo, a la Policía Nacional y Local y a la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

Los bomberos comprobaron cuando llegaron al lugar que el incendio había alcanzado una dimensión considerable. Se trata de una vivienda de varios niveles y la presencia de una nave en la que había neumáticos almacenados amenazaba las tareas de extinción.

No obstante, controlaron rápidamente las llamas y consiguieron apagarlas sin que se propagaran la otras zonas. Al finalizar su intervención indicaron que había ardido la totalidad de la buhardilla y los electrodomésticos en él almacenados. El fuego afectó también al techo, que acabó colapsando.