Luis López ilustra o impulso da Deputación ás zonas verdes ao investir case un millón de euros no Parque da Ramallosa de Nigrán

0

O presidente da Deputación recibiu este xoves no Pazo provincial ao alcalde Juan González para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Nigrán, Juan González, asinaron este xoves un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con case 770.000 euros, o 80 % do orzamento, o proxecto de mellora e remodelación do parque da Ramallosa. O Concello, pola súa banda, achega o 20 % do total, máis de 190.000 euros. A sinatura do protocolo tivo lugar este xoves no Pazo provincial nun acto no que Luis López destacou a importancia da colaboración entre ambas as administracións para levar a cabo proxectos que melloran a calidade dos espazos urbanos e os servizos dedicados á veciñanza.

A obra, valorada en preto dun millón de euros, servirá para acometer a remodelación integral do parque da Ramallosa. Unha intervención pensada para revitalizar un espazo deteriorado e central na vida social de Nigrán a través da recuperación do seu atractivo paisaxístico. Para logralo, o proxecto contempla a mellora da accesibilidade co redeseño dos itinerarios peonís e ciclistas; a renovación e actualización dos pavimentos, a mellora ambiental e novas zonas axardinadas, a ampliación do parque da Ramallosa e do parque infantil, a renovación do mobiliario urbano con aparcamento para bicicletas, o fomento da eficiencia enerxética e a xeración de espazos para a programación de actos culturais.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Nigrán realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

Despois de asinar o acordo, o presidente Luis López remarcou o compromiso da Deputación para colaborar cos concellos na reforma dos espazos urbanos para adaptalos aos novos tempos, mellorando a calidade de vida da cidadanía e contribuíndo á protección do medio ambiente a través da eficiencia enerxética e a aposta pola creación de novas zonas verdes.

La iniciativa ‘Cultura por alimentos’ recoge 18 toneladas de productos

0

Gracias a la colaboración suscrita con FESBAL, todas las personas que participan en las actividades de la Obra Social de Abanca pueden depositar sus donaciones en los contenedores destinados a este fin

Afundación, la Obra Social de ABANCA, superó, con las últimas entregas a los bancos de alimentos locales, las 18 toneladas de productos recaudados a través de la firme apuesta por su programa de innovación social «Cultura por alimentos». Esta semana se realizaron dos actos de entrega que contaron con la presencia del presidente del Banco Rías Altas, Manuel Mora Pita da Veiga, y el presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, y personas voluntarias en A Coruña y el presidente de la Fundación Provincial Banco de Alimentos, Iván Martínez, y una representación del voluntariado de Afundación en el caso de Vigo. En ambos se destacó el compromiso de ambas entidades con este programa de impulso social y que complementa las más diversas iniciativas que se desarrollan en las sedes de la Obra Social de ABANCA.

Gracias a una eficaz conjunción de cultura y compromiso social, desde el año 2021, Afundación asume su papel de referente también en este ámbito y anima a seguir colaborando con la donación de alimentos no perecederos a todas las personas participantes en las actividades que la Obra Social de ABANCA organiza en sus sedes y en otros espacios, como los enmarcados en «Corriente cultural». Así, en este Nadal, en las visitas a las exposiciones, a las actividades de Naturnova o a los itinerarios guiados por las muestras, Afundación alienta a continuar con la donación de productos no perecederos que se entregarán a los bancos de alimentos locales.

Otra modalidad de «Cultura por alimentos» consiste en cambiar la entrada a un evento determinado por la donación en alimentos. Así, Afundación programó durante 2023 algunas actividades diseñadas expresamente para servir al programa «Cultura por alimentos». Así, el ciclo musical de «Butaca de jazz», en A Coruña, las funciones familiares en las siete ciudades gallegas con motivo del Día de la Infancia, los ciclos de cine, las visitas guiadas a las exposiciones, las conferencias del ciclo «Educación siglo XXI», el acto de entrega del Premio de Poesía, o el programa «Quedamos en el palco. Quedamos con la clásica» son solo algunos de los eventos integrados en esta campaña, que contó con una extraordinaria respuesta del público solidario con esta causa.

A delegada da Xunta visita o tradicional belén elaborado polo persoal e usuarios de San Rafael de Vigo

0

Ana Ortiz fixo un percorrido polo mercado e o belén que dende hai máis de 70 anos organiza a institución Hogar e Clínica San Rafael

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, visitaron o tradicional belén que dende hai máis de 70 anos elaboran o persoal e os usuarios do Hogar e Clínica San Rafael de Vigo.

Durante o percorrido polas instalacións os representantes autonómicos puideron felicitar aos usuarios desta entidade pola súa participación nesta actividade do Nadal. Ademais, tamén coñeceron o mercado con productos realizados nos talleres do centro polos mesmos usuarios.

O belén, que permenecerá aberto ao público ata o vindeiro 6 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, ocupa unha superficie de 40 metros cadrados e conta con máis de 100 figuras que representan as esceas típicas do Nadal.

La Temporada de Clásica de Afundación en Vigo culmina hoy con un concierto de la Orquesta Sinfónica de Galicia

0

El repertorio incluye valses, polkas de zarzuela y opereta de compositores como Federico Chueca o Johann Strauss Jr

La Orquesta Sinfónica de Galicia actuará hoy, jueves 21 de diciembre, en el Teatro Afundación de Vigo. Bajo la batuta de la mano del director Cristóbal Soler, y con la participación de la solista-mezzosoprano Lorena Valero, el concierto culmina la Temporada de Abonos de Clásica de Afundación en Vigo. Las entradas, para las personas no abonadas, están disponibles en Ataquilla.com.

El repertorio incluye valses, polkas de zarzuela y opereta de compositores como Federico Chueca o Johann Strauss, Jr entre otros.

Durante los tres últimos meses el Teatro Afundación Vigo ha acogido conciertos de música clásica de la Real Filharmonía de Galicia, Al Ayre Español y la Orquesta Sinfónica de Galicia. Con el concierto de este 21 de diciembre, culmina la Temporada de Abono de Clásica Afundación, iniciada en septiembre.

El concierto, como todos los de la temporada, se encuadra en el programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. El público puede colaborar aportando alimentos no perecederos que se pueden depositar en el acceso al edificio y que serán destinados a los bancos de alimentos locales.

Deputación y concello de O Porriño pactan a reforma urbana da contorna do centro social cun investimento de 1,4 millóns de euros

0

O presidente da Deputación, Luis López, asina co alcalde Alejandro Lorenzo un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asinaron onte un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con  920.000 euros, o 67 % do orzamento, os traballos da humanización da rúa Pío XII e a súa contorna. O Concello, pola súa banda, achega o 33 % do total, preto de 460.000 euros.

A sinatura do protocolo tivo lugar este mércores nun acto que supuxo a primeira visita institucional a O Porriño de Luis López como presidente da Deputación, un encontro no que destacou a cooperación entre ambas as administracións para executar proxectos que transformen e melloren a calidade do espazo urbano.

A obra, valorada en case 1,4 millóns euros, forma parte dun plan máis amplo que se dividirá en tres fases e que ten o obxectivo de transformar e humanizar toda a mazá do centro social que está comprendida entre as rúas Antonio Palacios, Avenida Domingos Benos, Pío XII e Ramón González. Con todo, o obxecto deste convenio céntrase unicamente na primeira fase deste plan, que é a humanización da rúa Pío XII.

O proxecto consiste na creación  dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia as zonas verdes ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo está prevista a creación dun espazo continuo, accesible e verde no que se mellorará a comunicación peonil entre o centro urbano e a rúa Pío XII, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de novas especies arbóreas, buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque e executarase a renovación integral da zona de ocio infantil. Ao mesmo tempo, na calzada de Pío XII renovaranse todas as redes de servizos, dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde da contorna e reducirase o tráfico e a súa velocidade a 20km/h.

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello do Porriño realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

O presidente Luis López remarcou a importancia de levar a cabo proxectos transformadores que melloren a calidade de vida da veciñanza e sitúen o espazo público urbano da provincia nos estándares máis altos de calidade que promove a Unión Europea.

Los empresarios alzan la voz ante el retraso del AVE Vigo-Oporto

0

Consideran un «agravio y un perjuicio» intolerable que se posponga de nuevo la conexión

De la incredulidad a la indignación han pasado los integrantes del Comité Directivo de la Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), al conocer la decisión de postergar hasta el 2040 la ejecución de la línea de Alta Velocidad entre Vigo y Oporto, acordada entre la Comisión Europea, el Gobierno de España -que actualmente ocupa la Presidencia rotatoria de la UE- y el Europarlamento.

Los empresarios recuerdan que fue en la XIX Cumbre hispano-lusa, celebrada el 7 y 8 de noviembre de 2003 en Figueira da Foz (Portugal), cuando los jefes de gobierno español y portugués, José María Aznar y José Manuel Durão Barroso, respectivamente, acordaron impulsar la Alta Velocidad entre Vigo y Oporto, anunciando su inauguración en 2009. La conexión entre las dos capitales de la Eurorregión era la prioritaria de las cuatro que se acordaron durante el encuentro bilateral.

Formó parte del paquete de medidas para compensar a Galicia tras la tragedia del Prestige. Papel mojado, para los medios lusos, que reclaman que del lado de Portugal dos décadas después no se ha hecho nada, mientras que en el conjunto de España la red de alta velocidad ha crecido hasta los 4.000 kilómetros (ocho veces más de lo que tenía en 2003).

Para la Confederación Empresarial de Pontevedra el agravio supone «que se nos ignora y perjudica». «De la línea marcada como prioritaria en 2003 nada se ha avanzado, a pesar de crecer, año a año, en número de usuarios y demanda de viajeros. Esta provincia aún no tiene Salida Sur ni se ha ejecutado el Eje Atlántico. Pontevedra no está conectada con la Meseta. Han pasado 20 años y la Alta Velocidad llega hasta Orense. Lo demás, son cuentos», denuncian en un comunicado.

Este anuncio de la UE, que retrasa la conexión entre Vigo y Oporto hasta el 2040 implica, añaden, «la escalofriante cifra de 50 años de retraso socio económico, aislamiento y pérdida de competitividad».

O MARCO acolle no Nadal talleres infantís gratuítos

0

Os obradoiros «Entre fiestras anda ou xogo», organizados os días 2, 3 e 4 de xaneiro no espazo anexo do Museo de Arte Contemporánea, están destinados a nenos de 3 a 12 anos

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, organiza obradoiros de arte, durante os días 2,3 y 4 de xaneiro, para nenos con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. A obra de Juan Giralt, exposta no MARCO, é o eixo da iniciativa lúdico-didáctica titulada “Entre fiestras anda ou xogo”.

Os talleres, dirixidos por María José Martínez e persoal do MARCO, servirán para que os nenos ensaien diferentes perspectivas das obras, atopando varios cadros ou emparellando as creacións. O espazo anexo ao MARCO é escenario de 11,00  a 12.30 das actividades para nenos de 3 a 6 anos e de 12,30 a 14,00 horas para os menores de 7 a 12 anos. Todas as actividades son gratuítas ata completar o aforo.

Para participar é necesario realizar unha inscrición previa.

A Xunta apoia a nova liga Cíes-Rande que celebrará doce regatas na ría de Vigo durante 2024

0

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, presentaron este mércores o evento náutico

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participaron este mércores na presentación das doce regatas das ligas de Inverno-Primavera e Outono-Inverno Cíes-Rande que se celebrarán entre xaneiro e abril e entre outubro e decembro de 2024 na Ría de Vigo.

Neste sentido e grazas ao apoio da Xunta de Galicia a vela galega conta cun novo evento desestacionalizado como é a Liga Cíes-Rande.  “O acordo permitirá navegar e competir os 365 días do ano en Galicia, ampliando a oferta, xa abundante, coa que conta a vela galega, nomeadamente na Ría de Vigo”, sinalou a representante autonómica.

Os clubs participantes serán o Monte Real Club de Yates de Bayona, Real Club Náutico de Vigo, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Club Náutico San Adrián de Cobres, el Club Social Moaña Mar e Liceo Marítimo de Bouzas ademais de contar coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, o Club Marítimo de Canido e ARIVEN (Asociación de Entidades Náuticas Ría de Vigo).

A mandataria galega sinalou a importancia de que a vela galega conte cos mellores eventos deportivos do verán -como o Mundial J80 de Baiona, a Copa de España 420 e o Campionato de España Feminino por Autonomías da clase Elliot en Vilagarcía, neste 2023- pero ademais, coas mellores regatas do outono, do inverno e da primavera.

Neste sentido destacou o apoio da Xunta de Galicia á vela galega cun investimento de preto de 6 millóns de euros desde 2009 e que o ano que vén seguirá incrementándose co convenio de colaboración aprobado a semana pasada polo Consello da Xunta, que no conxunto de todas as federacións aumentan un 3% con respecto ao presente ano. Todo isto, dixo, posibilita que as licenzas federativas de vela sobrepasen as 2.300, a cifra máis alta dos últimos dez anos.

Liga Inverno-Primavera e liga Outono-Inverno

A Liga de Inverno-Primavera Cíes-Rande contará cunha primeira cita no calendario de competición no Club San Adrián de Cobres, o próximo 13 de xaneiro. A continuación será o Real Club Náutico Rodeira de Cangas o organizador, o 27 de xaneiro. O Real Club Náutico de Vigo acollerá a terceira proba o 10 de febreiro. A cuarta será para o Club Social Moaña Mar, o 17 de febreiro. O Liceo Marítimo de Bouzas encargarase da quinta, o vindeiro 16 de Marzo. A última regata será o 20 de abril con base nas instalacións do Monte Real Club de Iates de Bayona (MRCYB), onde tamén se celebrará a entrega de premios final da liga.

Tras a época estival a Liga Cíes-Rande volverá coa competición Outono-Inverno. O 14 de setembro o MRCYB  será o anfitrión da primeira regata. O 5 de outubro o protagonismo será para o Liceo Marítimo de Bouzas. O 26 de outubro será a quenda do Real Club Náutico Rodeira de Cangas. O 16 de novembro será para o Club Náutico San Adrián de Cobres. O 30 de novembro tocaralle ao Club Social Moaña Mar e pecha o ano o Real Club Náutico de Vigo, coa regata e entrega de premios do 14 de decembro.

Universidade e Porto de Vigo fomentarán a cultura oceánica entre a sociedade a través da fusión de arte urbana e ciencia

0

O artista Delio Rodríguez realizou un mural sobre a observación oceánica no Real Club Náutico

A Universidade e a Autoridade Portuaria de Vigo unirán as súas capacidades e recursos para promover a cultura oceánica entre toda a sociedade mediante a fusión da arte urbana e a ciencia. Así se recolle no convenio de colaboración asinado este mércores polo reitor da Universidade, Manuel Reigosa e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, que senta as bases e articula a colaboración de ambas institucións para a realización conxunta da terceira edición do programa Scientists Meet Artists, unha iniciativa impulsada e liderada pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar, creada como un lugar de encontro e diálogo ciencia e arte.

Reigosa e Botana, acompañados polo director do Campus do Mar, Daniel Rey; o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, e a directora da Autoridade Portuaria de Vigo, Beatriz Colunga, presentaron aos medios de comunicación un dos primeiros froitos desta colaboración, o mural elaborado polo artista urbano Delio Rodríguez nun lateral do edificio do Real Club Náutico de Vigo. Alí explicaron que o convenio ten como finalidade artellar actividades que permitan transmitir coñecementos específicos centrados na observación do océano e organizar eventos para poñer en valor a importancia dos océanos no medio portuario, aproveitando as posibilidades que ofrece o visor submarino Nautilus. 

O reitor agradeceu a implicación da APV e lembrou que Vigo “naceu do mar, naceu da ría pero, aínda que o mar segue sendo moi importante para a cidade, temos unhas capacidades tecnolóxicas e de investigación que son moi salientables”. Reigosa puxo en valor do traballo desenvolvido pola “nosa comunidade investigadora” integrada nun “centro de excelencia recoñecido pola Xunta como é o CIM” e apostou por unir estas potencialidades coas do resto de actores, como os centros do CSIC, na ETEA. Precisamente a este respecto e respondendo ás preguntas dos medios, Reigosa asegurou que “estamos esperando, aínda hai algúns atrancos, pero estamos dando pasos moi fortes e contamos coa complicidade de Zona Franca e do Concello e tamén da Xunta de Galicia, para que poidamos levar á ETEA o CIM e agardo que tamén a Facultade de Ciencias do Mar”.

Pola súa banda, Carlos Botana expresou a súa satisfacción polo acordo asinado este mércores xa que, como lembrou, é oceanógrafo de formación titulado pola Universidade de Vigo. O presidente da APV salientou a importancia de poñer en valor as ciencias do mar e as actividades de divulgación científica e explicou que as actividades que se organicen ao abeiro do convenio tamén axudarán a captar talento e novas vocacións científicas.

Scientists Meet Artists como marco de actuación

A colaboración entre UVigo e APV artellarase arredor do programa Scientists Meet Artists, cuxa primeira edición tivo lugar en 2021, e que pretende establecer unha colaboración entre investigadores do Campus do Mar e do Centro de Investigación da Mariña da Universidade de Vigo, e ilustradores que desenvolven o seu traballo en España e Portugal. As ilustracións creadas reflicten a visión compartida entre o persoal investigador e artístico, sen perder o rigor científico e co foco na difusión da cultura oceánica e na creación de recursos educativos para a cidadanía e, en particular, para as comunidades docentes de primaria e secundaria. Estas ilustracións agora cambian de soporte, facendo máis atractiva esta iniciativa para a cidadanía e aumentando o seu impacto e visibilidade, ao tempo que se mellora a interacción entre o porto e a cidade.
O mural presentado hoxe foi elaborado ao longo das últimas semanas no lateral do edificio do Real Club Náutico de Vigo polo artista Delio Rodríguez, unha obra de arte urbana sobre a observación do océano que visualiza e difunde aspectos relacionados co mundo mariño.

Como se recolle no panel explicativo que acompaña á obra, “coñecer e comprender a influencia do océano en nós, e a nosa influencia no océano é crucial para vivir e actuar de forma sostible”. Así, o mural representa, como detallaba Daniel Rey, a variedade de técnicas, métodos e datos que o persoal investigador emprega para “recoller esta información sobre os nosos mares e océanos” e na pintura están representadas as catro esferas de observación fundamentais en oceanografía: a litosfera, a hidrosfera, co seu contido biolóxico, que é a biosfera, a atmosfera e a exosfera. É que como se explica no panel informativo “só entendendo a complexa interconexión destes elementos podemos avanzar significativamente no coñecemento e coidado dos océanos e o seu impacto no medio ambiente global”. Neste sentido, o director do CIM e do Campus do Mar lembrou que “moita desta información que se obtén permítenos observar o cambio climático e facer modelos preditivos para asesorar ás organizacións e gobernos e que estean ben informados para facer políticas tanto paliativas como de cambios na xestión de recursos”. 

516 metros cadrados de mural

No acto desta mañá tamén estivo presente o creador do mural, Delio Rodríguez, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Debuxo–Creación, Produción e Difusión pola Universidade de Granada, que conta cunha ampla experiencia en intervención mural, polo que xa ten recibido varios premios. O artista relatou a experiencia de crear este mural de 43×12 metros cunha superficie de 516 metros cadrados, un proceso marcado tanto pola curiosidade da cidadanía como polas malas condicións meteorolóxicas durante as semanas de traballo.

A obra é froito da súa colaboración creativa co persoal investigador do Centro de Investigación Mariña, que achegou a este proxecto a súa ampla experiencia en oceanografía e observación oceánica, o que permitiu que Rodríguez reflectise no mural “unha imaxe bastante científica do que é o mar, non baleas e peixes nadando”. Situado nun lugar con moita visibilidade e tránsito, o artista agarda que sexa apreciado pola cidadanía, que o poidan desfrutar e se informen, tanto a través do panel informativo como do código QR no que se pode acceder a unha fotomontaxe do mural con puntos interactivos con información complementaria que axudan á súa interpretación. “Quen sabe, igual de aquí sae algún científico novo!”.

Rebajan de 12 a 7 años de cárcel la pena impuesta a un condenado por violar a su pareja en A Estrada

0

Entre la legislación aplicada por el tribunal de instancia, que es la vigente en el momento de ocurrir los hechos, y la vigente en el momento de dictar la sentencia, «se interpone la redacción de la LO 10/22, de la que se desprende un catálogo penológico distinto, y más favorable al reo»

La Sala de lo Civil y Penal del TSXG ha rebajado, en aplicación de la LO 10/22, de garantía integral de la libertad sexual, de 12 a 7 años de cárcel, la pena impuesta por la Audiencia Provincial de Pontevedra a un vecino de A Estrada por cometer un delito de violación con actos particularmente degradantes o vejatorios para su pareja, con la agravante de parentesco y la atenuante de alteración psíquica por consumo de droga y alcohol. El alto tribunal gallego explica que la procedencia de aplicar la LO 10/22 está avalada por las alegaciones del Ministerio Fiscal y la defensa.

Así, indica que, en este caso, se da la circunstancia de que, entre la legislación aplicada por el tribunal de instancia, que es la vigente en el momento de ocurrir los hechos, y la vigente en el momento de dictar la sentencia, “se interpone la redacción de la LO 10/22, de la que se desprende un catálogo penológico distinto, y más favorable al reo, del que ha sido aplicado en la sentencia”. De acuerdo con la nueva ley, la pena a imponer por el delito que ha sido condenado el procesado oscila entre 7 y 15 años de prisión, siendo 7 años el mínimo, que se corresponde con la mínima (12 años) también aplicada por el tribunal de instancia.

El alto tribunal ha rechazado el resto de las alegaciones planteadas por el condenado. De esta forma, subraya que “nada hay en las actuaciones” que lleve a concluir la falta de credibilidad de la víctima, tal y como sostiene el condenado en su recurso, “ni quiebras de la verosimilitud, ni defectos de la persistencia”.

Por ello, los magistrados no comparten “la tesis del recurso en cuanto a los términos en que se había producido la agresión sexual y en el planteamiento de que, a lo sumo, existiría un delito intentado”. Además, indican que en el informe médico forense “se expresa con claridad que se han detectado signos de violencia en la superficie corporal, abundantes, y compatibles con lo que relata la persona explorada, y, lo que es más importante, se han detectado lesiones en la región paragenital, equimosis en la raíz del muslo derecho, muy significativas porque pueden indicar un forcejeo para separar los muslos”. A mayor abundamiento, según señalan los jueces en la sentencia, en el informe se describen “las múltiples lesiones sufridas por la víctima”, al tiempo que recalcan que es evidente “que la agresión se ha producido con una importante brutalidad”.

“En nuestro modo de ver la cuestión, lo que acontece no solo es una agresión sexual, sino, añadidamente, una completa degradación y vejación de la persona, una absoluta humillación a través de insultos y de actos, que encaja completamente en el tipo aplicado por la sentencia apelada”, inciden los magistrados en la resolución, contra la que cabe presentar recurso de casación ante el Tribunal Supremo.

A Xunta finaliza as obras da nova senda de Salvaterra de Miño tras un investimento de 1,5 millóns

0

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou xunto á alcaldesa, Marta Valcárcel, varios dos treitos de senda xa finalizados na estrada PO-402

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, fixo un percorrido este mércores xunto á alcaldesa de Salvaterra, Marta Válcarcel, pola nova senda xa rematada da estrada PO-402 entre Oleiros e Leirado, que supón un investimento de 1,5 millóns de euros por parte do Goberno galego.

Segundo explicou a represetante autonómica, o obxectivo da actuación levada a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi mellorar a mobilidade a pé e o reforzo da seguridade, especialmente dos usuarios máis vulnerables das estradas, peóns e ciclistas. Ana Ortiz indicou que se trata dun itinerario mixto, fundamentalmente de uso peonil, que dará continuidade aos treitos de senda xa executados a través de distintas actuacións levadas a cabo nos últimos anos.

O proxecto supón unha actuación de 4,6 km de estrada, coincidindo cos treitos con vivendas que se atopan entre as parroquias de Oleiros e de Leirado, e mellorando o acceso a zonas de equipamentos como a igrexa e establecementos hostaleiros e de alimentación.

A actuación completa outras obras de mellora da mobilidade peonil executadas con anterioridade para unir Oleiros con Salvaterra a través da PO-400 e da PO-402. A intervención conta con financiamento comunitario dos fondos REACT-EU, de resposta da Unión Europea fronte á pandemia da covid-19.

El proyecto europeo HI_MOV impulsará el hidrógeno para contribuir a una movilidad sostenible basada en fuentes renovables

0

“HI_MOV Corredor Tecnológico Transfronterizo de Movilidad con Hidrógeno Renovable” tiene como objetivo articular un ecosistema transfronterizo que impulse en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal una cadena de valor en torno al hidrógeno

El proyecto europeo “HI_MOV Corredor Tecnológico Transfronterizo de Movilidad con Hidrógeno Renovable” tiene como objetivo articular un ecosistema transfronterizo que impulse en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal una cadena de valor en torno al hidrógeno, contribuyendo a una movilidad sostenible basada en fuentes renovables.

Los objetivos del proyecto, de 36 meses de duración, se centran en analizar las potencialidades del hidrógeno renovable como vector de movilidad en el eje Galicia-Norte de Portugal, mejorar la capacitación y el posicionamiento tecnológico de las entidades de la Eurorregión en la industria emergente alrededor del hidrógeno, desarrollar conjuntamente soluciones tecnológicas de hidrógeno y demostrar la viabilidad de su uso en el espacio transfronterizo mediante pruebas piloto.

El consorcio del proyecto está formado por 10 entidades de Galicia y norte de Portugal: los Centros Tecnológicos (CTAG, ENERGYLAB, PIEP, CEiiA), universidades (UMINHO, UPORTO, USC), agrupaciones territoriales (AECT-GNP), empresas (Petrotec) y administraciones públicas (INEGA-Xunta de Galicia). CTAG es la entidad responsable de liderar HI_MOV.

El proyecto contará con 4 áreas de trabajo principales para desarrollar sus objetivos: Observatorio Tecnológico para analizar las potencialidades del H2 renovable como vector de movilidad y modelar la red de H2 en el eje Galicia-Norte de Portugal, Fortalecimiento del Ecosistema y Capacitación para crear una red de conocimiento y el posicionamiento tecnológico de las entidades de la Eurorregión, Desarrollo de soluciones tecnológicas en los ámbitos de almacenamiento, distribución y uso en movilidad y Pilotos demostrativos para demostrar la viabilidad de las tecnologías de suministro, distribución y logística de última milla con H2 en el espacio transfronterizo, aparte de numerosas acciones de Comunicación y Difusión de los desarrollos del proyecto.

El acto de lanzamiento de HI_MOV tuvo lugar esta mañana en las instalaciones de CTAG y contó con la presencia de Pablo Fernández Vila, Director General de Planificación Energética y Recursos Naturales de la Xunta de Galicia; Luis Moreno, Director General de CTAG; Xosé Lago, Coordinador Regional de POCTEP, Subdirector General de Acción Exterior y de Cooperación Transfronteriza, y Nuno Almeida, Director de la AECT-GNP.

El director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais de la Xunta, Pablo Fernández Vila, aseguró que Galicia y el norte de Portugal tienen potencial, por lo que deben aprovechar esta oportunidad para posicionarse como región referente en cuanto a generación, almacenamiento, consumo y tecnologías relacionadas con el hidrógeno verde.

Luis Moreno, Director General de CTAG, señaló que “en el contexto de la movilidad, se identifica al hidrógeno como la mejor solución para el caso de uso de vehículos donde el uso de baterías es menos conveniente, como vehículos semipesados, furgonetas, maquinaria pesada, autobuses, flotas cautivas y también vehículos convencionales, dado que ofrece una autonomía equivalente y una recarga muy rápida. También se está estudiando su implantación en movilidad marítimo-portuaria, ferrocarril, maquinaria especial y otras aplicaciones de movilidad”.

Xosé Lago, coordinador regional de POCTEP, ha destacado la importancia estratégica de este proyecto dentro de los aprobados en la última convocatoria, tanto por su importancia económica y por la relevancia del partenariado como por su alineación con los objetivos estratégicos, de la Eurorregión y del propio programa POCTEP.

Según Nuno Almeida, Director de la AECT-GNP, “en el caso de la cadena de valor del hidrógeno verde, y más allá de las grandes cifras de producción energética, nuestro objetivo, como Eurorregión, debe ser trabajar para que estas oportunidades abiertas por la descarbonización se aprovechen al máximo en nuestro propio territorio. Para lograrlo, es imprescindible avanzar de manera coordinada a todos los niveles, desde las entidades generadoras de conocimiento hasta los responsables de las políticas energéticas, industriales y de desarrollo, pasando por el propio sector empresarial”.

El evento contó con una mesa redonda en la que se habló sobre “El Hidrógeno como oportunidad para la Eurorregión” en la que participaron Ricardo Simões, Director de Investigación, CCDR-NORTE; Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, Director de Energía de INEGA; Luis Varela, Catedrático de Física de Partículas y Materia Condensada de la USC; José Carlos F. Teixeira del Departamento de Energía Mecánica de la Universidade do Minho; Joaquín Grassi, Investigador del área Tecnologías de la Energía en ENERGYLAB y Alexandra Pinto, Prof. Catedrática de la Facultad de Ingeniería de la Universidade do Porto.

Hidrógeno, fuente de energía renovable

El hidrógeno se está convirtiendo en una opción muy relevante en la transición hacia una movilidad cero emisiones, para cumplir los objetivos de descarbonización marcados por el Acuerdo de París, el Pacto Verde Europeo y contribuir al objetivo de la UE de neutralidad climática en 2050. En el ámbito de la movilidad, el hidrógeno se posiciona como una solución idónea en algunos segmentos de transporte, aportando ventajas frente al uso de baterías y con un gran potencial hacia la descarbonización del transporte.

Sin embargo, quedan retos importantes por abordar tanto en el conocimiento como en el desarrollo de la tecnología de producción, almacenamiento, transporte, dispensación y uso vehicular, como en la infraestructura de recarga necesaria, retos que afronta el proyecto HIMOV para su despliegue en la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal.

Sorprenden a dos varones hurtando una barandilla de acero inoxidable de un parque de Vigo

0

Al inspeccionar el coche, los policías encontraron una pata de cabra, un taladro eléctrico inalámbrico con un disco de radial, una cizalla, un hacha, dos navajas, un cuchillo, tornillería, varias llaves y otras herramientas

La Policía Local de Vigo ha denunciado a dos varones, de 52 y 54 años de edad, como presuntos autores del hurto de una barandilla de acero inoxidable de un parque de la ciudad. Los hombres fueron sorprendidos cuando trataban de llevarse la estructura metálica en el maletero de un coche.

Los hechos, detallan fuentes policiales, ocurrieron en la tarde de este martes, cuando un testigo alertó al 092 al presenciar cómo dos individuos estaban desatornillando del suelo una barandilla de un parque en la calle Canicouva.

Inmediatamente, dos patrullas se trasladaron a la zona y observaron un vehículo, tratando de abandonar el lugar, con el maletero abierto y una barandilla de acero en su interior. Los agentes comprobaron que en un parque cercano había sido desatornillada la barandilla de unas escaleras.

Al preguntar a los dos ocupantes del coche interceptado, los varones no ofrecieron una explicación coherente, por lo que fueron denunciados por un presunto hurto. Además, al inspeccionar el coche, los policías encontraron una pata de cabra, un taladro eléctrico inalámbrico con un disco de radial, una cizalla, un hacha, dos navajas, un cuchillo, tornillería, varias llaves y otras herramientas.

A Deputación de Pontevedra retoma na súa sede de Vigo o ciclo “A Movida Literaria” cunha homenaxe ao Hematocrítico

0

O segundo coloquio literario deste programa, posposto pola repentina morte de Miguel López, O Hematocrítico, terá lugar o xoves 28 de decembro ás 19.30 horas e contará coa participación de María Reimóndez, Marcos Calveiro e Manuel Esteban

A Deputación de Pontevedra retoma o vindeiro xoves 28 de decembro ás 19:30 horas na súa sede de Vigo o ciclo “A Movida Literaria” cunha homenaxe ao Hematocrítico. Trátase do segundo coloquio literario deste programa, que ía ter lugar o pasado 27 de novembro e que foi posposto pola repentina morte de Miguel López, O Hematocrítico, e contará coa participación de María Reimóndez, Marcos Calveiro e Manuel Esteban.

Inicialmente estaba previsto que o segundo coloquio do ciclo “A Movida Literaria” se centrase na literatura infantil e xuvenil en Galicia, coa participación, entre outros escritores, da parella de Miguel López, Ledicia Costas. Deste xeito, sen deixar de poñer o foco na literatura infantil e xuvenil, os escritores María Reimóndez, Marcos Calveiro e Manuel Esteban renderán o xoves 28 de decembro unha homenaxe ao Hematocrítico reconstruíndo o seu universo a través dos seus enxeñosos textos, nun sentido acto que servirá para pechar un “tróspido” 2023.

Con este segundo coloquio literario péchase a oferta cultural que a vicepresidenta primeira e delegada da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, deseñou para a sede viguesa en colaboración con colectivos culturais da provincia para os últimos meses do ano. Un programa que naceu coa vontade, en palabras da vicepresidenta, “de recuperar o papel da cidade como referente cultural, facendo valer a súa calidade artística e a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España”.

Ademais de “A Movida Literaria”, a programación deseñada para a sede da Deputación en Vigo contemplou outras dúas iniciativas: a proposta de literatura, poesía e música da man de Culturgal, que tivo lugar a finais de novembro, e a experiencia artística “Ultraluz” que tivo lugar esta mesma semana.

La Gran Recogida recauda 325.000 kilos de alimentos

0

La cifra incluye las donaciones físicas entregadas a voluntarios, así como las aportaciones económicas recibidas al pasar por la caja de los establecimientos adheridos a la campaña y también online

La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ha recaudado unos 325.000 kilos de comida durante la Gran Recogida celebrada a finales de noviembre, resultado obtenido después de contabilizar tanto las donaciones físicas a pie de supermercado como las aportaciones económicas realizadas al pasar por caja o de manera online, mediante los distintos canales operativos con los que contamos.

Se trata de 25.000 kilos de alimentos por debajo del objetivo más que ambicioso marcado por la ONG, aunque suficiente para cubrir las necesidades de 20.000 personas vulnerables en la provincia. Todo apunta a que las estanterías de los almacenes de Vigo y Pontevedra estarán abastecidas durante los primeros meses de 2024.

Desde la ONG hacen «mención especial» a la marea azul solidaria conformada por unos 1.800 voluntarios que estuvieron presentes en más de 130 supermercados de toda la provincia. “Sois un ejemplo de entrega, compromiso y generosidad en mayúsculas”, destaca el presidente del Banco de Alimentos, Iván Martínez.

Colegios e institutos, todos a una

Asimismo, Martínez destaca el reconocimiento a todos y cada uno de los más de 40 centros educativos que participaron en esta acción en la provincia, “un alumnado y profesorado que fuisteis los mejores transmisores de esos valores de empatía, solidaridad y justicia social que compartimos todos los que formamos parte del Banco de Alimentos”.

Contar con el apoyo, cada vez más consolidado de la comunidad educativa, “nos hace sentirnos muy orgullosos”, señaló Martínez, quien confirmo, además, que la entidad ya trabaja para “poder llevar a cabo nuevas iniciativas solidarias en las que se pedirá la implicación de las distintas direcciones de los centros”.

Iago Aspas, padrino

Esta Gran Recogida tuvo como padrino al Real Club Celta de Vigo, personalizado, como no podía ser de otra manera, en su capitán, Iago Aspas. El jugador recibió físicamente el peto que lo acreditaba como embajador el pasado 15 de noviembre en nuestra nave, durante un acto cargado de emoción y de expectación por parte de los medios de comunicación.

La Fundación Provincial Banco de Alimentos atiende actualmente a unas 20.000 personas en situación de vulnerabilidad, a través de las más de 150 ONG y entidades homologadas con las que trabajamos. Durante 2022, repartimos unos 2 millones de kilos de alimentos. Con un claro carácter apolítico y aconfesional, todos nuestros esfuerzos van encaminados a velar por el cumplimiento de uno de los derechos humanos más fundamentales: el acceso a una alimentación suficiente, segura y saludable.

Luis López salienta a aposta estratéxica polo deporte na provincia coa etapa entre Ponteareas e Baiona de La Vuelta 2024

0

O presidente provincial destaca a importancia de formar parte destes eventos para a promoción do destino turístico, que permitirá ter presencia mediática nuns 190 países 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, aplaude a presencia da provincia de Pontevedra no percorrido da próxima edición de La Vuelta. O pelotón dunha das tres grandes carreiras ciclistas do mundo volverá pasar polas estradas da provincia despois de tres anos de ausencia cunha etapa de 160 quilómetros entre Ponteareas e Baiona, na que os ciclistas escalarán catro portos de montaña, dous deles de primeira categoría como son o Alto da Fontiña e o Alto de Mougás.

Esta carreira foi retransmitida por televisión na edición do 2022 en 190 países, polo que supón unha útil ferramenta para a promoción turística do destino Rías Baixas. “É un espectáculo que reflicte a aposta do goberno da Deputación polo deporte e pola promoción do noso destino turístico a través dos eventos deportivos. Milleiros de persoas poderán contemplar en televisión a nosa riqueza paisaxística. En definitiva, o mundo verá que, co deporte, Pontevedra é desfrutar”, destacou o mandatario provincial.

Acompañado polos deputados e rexedores de Ponteareas e Baiona, Nava Castro e Jesús Vázquez Almuíña; o presidente da Deputación asistiu este martes en Madrid á presentación oficial do percorrido da edición do 2024 de La Vuelta. Unha cerimonia na que Luis López puido comprobar o interese que a provincia de Pontevedra e as Rías Baixas seguen xerando como destino deportivo de primeiro nivel.

Coa inclusión da provincia no percorrido oficial de La Vuelta 2024, a Deputación demostra a súa aposta polo deporte e o turismo como áreas estratéxicas da acción de goberno. Ademais, a conxugación destes dous ámbitos permite dar un dobre impulso á dinamización da economía e a promoción do destino Rías Baixas. Por un lado, polo aumento do consumo que supón albergar a todas as persoas que se ocupan da loxística dunha proba deste tipo na provincia. E por outro lado, pola potencial captación de novos visitantes que descubrirán na televisión ou noutros medios de enorme cobertura mediática desta carreira un destino atractivo para visitar.

A celebración da etapa pontevedresa, que será a número 10 da carreira, está prevista para o vindeiro 27 de agosto. A proba caracterizarase pola coñecida esixencia da orografía da provincia con continuas subidas e baixadas,  que porán unha nota extra de emoción a unha etapa pensada para que os especialistas de montaña exhiban todo o seu potencial. A proba entre Ponteareas e Baiona será a primeira das catro etapas que discorrerán por Galicia, seguiranlle unha en Padrón, outra con saída desde Ourense a Manzaneda e, por último, outra desde Lugo ata os Ancares.

El IEO revisa la información sobre mareas rojas para mejorar su seguimiento

0

Un equipo del IEO ha analizado un total de 112 observaciones de mareas rojas a través de múltiples fuentes desde principios del siglo XX hasta la fecha

Personal investigador del Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC), del Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Marinas (EURLMB, AESAN) y del Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) acaba de publicar un estudio que revisa la literatura científica sobre las mareas rojas en Galicia desde principios del siglo XX hasta la fecha.

Esta revisión, publicada en la revista Environmental Science: Processes & Impacts, recopila el conocimiento disponible sobre estos eventos desde los primeros registros históricos de mareas rojas en las rías gallegas.

“Las mareas rojas son fenómenos naturales observables a simple vista porque alteran el color habitual de la superficie del mar”, señala Francisco Rodríguez, investigador del Centro Oceanográfico de Vigo del IEO, director científico-técnico del EURLMB y primer autor del artículo. “En Galicia la regla general es que los organismos que las producen no sean tóxicos ni dañinos para el medio marino. Sin embargo, en los últimos años se han producido llamativas excepciones, como las mareas rojas del dinoflagelado Alexandrium minutum en las Rías Baixas, la última en 2023”, apunta el científico.

En este nuevo trabajo se describen los tipos de coloración, los organismos responsables, la ocurrencia estacional y geográfica y su asociación con otras características como especies nocivas, toxicidad y biolominiscencia y también se incluyen sus efectos, que pueden ser generalizables a otras zonas similares del mundo. Además, se abordan los retos sociales y propuestas para mejorar el seguimiento de las mareas rojas en el futuro.

En las últimas cuatro décadas, el número de observaciones ha permanecido bastante constante, pero este estudio muestra un ligero aumento en las mareas rojas causadas por dinoflagelados (principalmente N. scintillans), que se ven favorecidos por las condiciones de calma en las rías que resultan en una mayor estratificación y temperaturas más altas. “Dado que es posible que los períodos de aumento de temperatura en las rías se vuelvan más frecuentes y prolongados bajo el escenario actual de cambio climático, las mareas rojas podrían ir en aumento”, apunta Rodríguez.

Este nuevo estudio muestra también un aumento en el número de mareas rojas tóxicas excepcionales debido a A. minutum en los últimos años, “lo que podría desafiar el paradigma que sostiene que las mareas rojas en Galicia suelen ser de naturaleza no tóxica y, por lo tanto, debería intensificarse su monitoreo”, según apuntan los autores.

‘Esfínter, un espectáculo para pechar o ano’ inicia esta semana su gira gallega de Navidad

0

El espectáculo de Javier Veiga, Rober Bodegas y David Amor vuelve por tercer año consecutivo, llegando a Vigo el próximo día 30

Esfínter, un espectáculo para pechar o ano vuelve con más fuerza que nunca en lo que ya es una tradición de los últimos días del año. El show de los cómicos gallegos Javier Veiga, Rober Bodegas y David Amor vuelve el próximo 23 de diciembre al Auditorio Gustavo Freire de Lugo, el 26 al Auditorio Municial de Ourense, el 27 al Auditorio de Ferrol, el 28 al Auditorio Abanca de Santiago de Compostela y el 30 llegará a Vigo en el Teatro Afundación. Las entradas están disponibles en Ataquilla.

Una vez más, llega el maridaje más especial para la llegada de la Navidad. Los gallegos  Javier Veiga, Rober Bodegas y  David Amor se vuelven a juntar por tercer año consecutivo para esta cena de navidad producida por Etiqueta Negra. Los cómicos, son tan distintos y a la vez tan compatibles sobre el escenario como el melón con jamón o la pizza con piña. Siempre encontrarás a personas que les fascinen a pesar de sus contrastes..

En esta tercera edición de “Esfínter, un espectáculo para pechar o ano”, promete lo mismo que en años anteriores con el poso que da el tiempo y la experiencia. Estos tres artistas gallegos se reúnen de nuevo de iimanera exclusiva en la cena de Navidad más especial de todas. Un show que es 100% algodón, 20% de zumo natural pero sobre todo, más risas que nunca.

La luz baja hoy más de un 30%

0

En lo que va de mes, el coste medio de la electrecidad se sitúa en los 74,02 euros/MWh, frente los 128,12 euros/MWh del mismo período de 2022

El precio medio de la luz para los clientes de tarifa regulada vinculados al mercado mayorista bajará hoy algo más de un 30% con respecto a la jornada precedente, situándose de este modo en los 60,3 euros por megavatio hora (MWh).

El precio máximo, de 88,06 euros/MWh, se registrará entre las 18.00 y las 19.00 horas, mientras que el precio mínimo, de 33,88 euros/MWh, se dará entre las 04.00 y las 05.00 horas, según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

En lo que va de mes de diciembre, el coste medio se sitúa en los 74,02 euros/MWh, frente los 128,12 euros/MWh que marcó de media en el mismo mes de 2022.

El Trail Adventure Muíños de Folón abre las incripciones

0

Se celebrará tan sólo tres semanas después del Trail do Aloia y será valedera para la Pontevedra Trail League 2024

La comarca del Baixo Miño volverá a acoger el próximo 3 de marzo una nueva edición del Trail Adventure Muíños do Folón. 500 corredores podrán disfrutar de los paisajes y lugares etnográficos declarados como Bienes de Interés Cultural por la Xunta de Galicia.

La prueba contará con dos modalidades, la Advance de 21 kilómetros y 950 metros de desnivel y la Adventure de 12 kilómetros con 450 metros de desnivel. Los corredores podrán elegir la modalidad que mejor se adapte a sus preferencias y condición física.

Las inscripciones de la que será la séptima edición de este trail se encuentran ya disponibles a precio reducido hasta el próximo 31 de diciembre en la página web del evento: www.traildofolon.com