A Universidade de Vigo volverá ter un orzamento récord: 248,8 millóns de euros para 2024

0

Crece un 9,17% grazas ás maiores achegas do Plan de Financiamento e o éxito nas convocatorias de I+D

Un ano máis, a Universidade de Vigo volverá ter un orzamento récord, desta volta 248,8 millóns de euros para o 2024, o que supón un incremento do 9,17% respecto da cifra do actual exercicio, que foi de 227,9 millóns. Este incremento xustifícase na subida derivada da sinatura do novo plan de financiamento do SUG (PFSUG) e no incremento na captación de fondos por mor das novas convocatorias para a investigación e do fondo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e das convocatorias europeas.

As liñas xerais orzamentarias, xunto co teito de gasto de 180,7 millóns, foron presentadas pola xerenta, Yolanda Lesmes, este venres na que foi a derradeira sesión do Claustro deste 2023. Agora o documento deberá ser aprobado polo Consello de Goberno, nunha xuntanza que terá lugar o vindeiro martes 26 de decembro, e posteriormente pasar polo mesmo trámite no Consello Social, tamén a vindeira semana.

No Claustro deste venres, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, tamén presentou o seu informe anual, no que deu conta dos resultados acadados pola institución académica viguesa en temas tan relevantes como a captación de fondos de I+D, matrícula, aforro enerxético ou novas titulacións e centros para o vindeiro curso. Ademais, na sesión tamén se presentou o informe de seguimento e avaliación anual do Plan Estratéxico e o informe sobre a transparencia na Universidade de Vigo correspondente ao ano 2022.

O maior orzamento da historia da UVigo

O presentado este venres, con 248.822.967 euros, é o maior orzamento da historia da Universidade de Vigo, o que, segundo puntualizou a xerenta, Yolanda Lesmes, amosa un crecemento continuado e constante que permitirá seguir poñendo o foco nas políticas de persoal para facer fronte ao proceso de xubilación masivo que sufrirá a institución, “a sétima máis envellecida de España”, como recoñecía o reitor. Polo tanto, o capítulo I, de persoal, continuará a ser o de maior peso no orzamento de gasto, apostando pola consolidación e o rexuvenecemento do cadro persoal. Coa dotación deste capítulo, sinalaba Lesmes, “cóbrense os incrementos salariais anunciados ou aprobados polo Estado e as políticas de persoal desenvoltas polo goberno da Universidade a prol da estabilización, unificación dos réximes xurídicos, e retención do talento. Queda por diante o reto do relevo se atendemos a idade media do persoal”.

Respecto do incremento do orzamento, este responde, entre outros factores, á potencia investigadora da institución e dos seus grupos, xa que se rexistrou un importante crecemento na captación de proxectos, sobre todo nas convocatorias europeas. Isto permite obter recursos para o desenvolvemento da actividade investigadora e as súas infraestruturas, que representan arredor do 30% do total de ingresos. 

A xerenta tamén se referiu ao novo Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, que “supón unha mellora” e lembrou que, mentres noutras comunidades as institucións académicas non teñen claro as contías coas que van poder contar, no caso de Galicia, o feito de ter pechado un plan plurianual coa Xunta permite organizarse doutro xeito.

Rueda destaca que Galicia será pionera al facilitar que los mayores de 65 años viajen gratuitamente en el transporte público de la Xunta a partir de 1 de enero

0

La Xunta destinará 5 M€ a esta medida para ampliar la gratuidad de la que ya se benefician los menores de 21 años con la tarjeta Xente Nova

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, destacó hoy que Galicia va a ser pionera al facilitar que los mayores de 65 años viajen gratis en el transporte público autonómico a partir del próximo 1 de enero. “Queremos devolver a la gente mayor todo lo que aportaron durante tanto tiempo. Es de justicia”, indicó el titular del Gobierno autonómico.

La Xunta destinará 5 M€ en los presupuestos de 2024 a aplicar esta medida con la que amplía la gratuidad en el transporte autonómico de la que ya se beneficiaban los menores de 21 años con la tarjeta Xente Nova. De este modo, a partir de enero, todos los mayores de 65 años que tengan la Tarjeta de Movilidad de Galicia podrán viajar gratis en las más de 3.000 líneas de autobuses interurbanos de la comunidad, en el barco de la ría de Vigo y en el Feve de la comarca de Ferrol. La previsión es superar los 700.000 beneficiarios potenciales.

Tras una pequeña ruta en un autobús público de la Xunta, Rueda destacó la importancia de ofrecer a los mayores un sistema de transporte accesible y económico. “El autobús ayuda a que mucha gente mayor pueda desplazarse y sirve también para socializar”, indicó para asegurar que “es un gasto importante” en el día a día de muchas personas que ahora se va «a reducir la cero”.

Además, el presidente recordó la apuesta que desde hace años hace la Xunta por promover una movilidad sostenible entre el conjunto de la ciudadanía. Hace solo una semana, el Conselljo aprobó mantener en el 2024 los descuentos del 50% en el precio del billetes del transporte autonómico y además cuenta con otras medidas como permitir el uso de las plazas vacías en los autobuses escolares en las zonas que no cuentan con líneas regulares, el servicio de transporte a demanda con más de 22.000 paradas de este tipo o la construcción de estaciones intermodales para facilitar los trasbordos.

A Deputación avanza na aprobación das bases do plan +Provincia, que repartirá 48,2 millóns, a cifra máis alta da historia do ente provincial, entre os concellos

0

Os criterios que regularán o reparto de fondos do plan de obras e servizos da Deputación recibiron este venres a aprobación na Comisión Informativa do Servizo de Cooperación

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres as bases do programa +Provincia, o plan de obras e servizos máis alto da historia do organismo provincial, que repartirá entre os concellos un total de 48,2 millóns de euros. Un documento, que vén de recibir o visto bo na Comisión Informativa de Cooperación, que establece os criterios para o reparto destes fondos entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia en catro eixos de acción que pasan pola financiación de investimentos, de gasto corrente, de promoción do emprego e, como novidade, proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais ou urbanas. “O +Provincia é un plan de récord, supón o reforzo da autonomía dos concellos e unha mostra da sensibilidade da Deputación co reto demográfico e a perda de poboación que afecta o noso territorio”, sinalou o presidente Luis López.

No tocante ás catro liñas de financiamento, a primeira está dotada con 33.74 millóns de euros e vai destinada a investimentos, a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para activación do emprego e a cuarta e novidosa está dotada con 1,2 millóns para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

Estes fondos repartiranse entre os concellos seguindo uns criterios transparentes e obxectivos. O 45 % do orzamento é a parte fixa que se repartirá a partes iguais entre os beneficiarios. Mentres que o 55 % restante responde a variables como a poboación, a superficie, os núcleos e, por primeira vez, a incidencia do reto demográfico. Este criterio mídese tendo en conta os concellos que máis poboación perderon nos últimos dez anos (2013-2022) e os que maior índice de avellentamento presentan segundo a relación entre a poboación maior de 64 anos e a menor de 20. “Este goberno é sensible á perda de poboación, que é unha realidade en moitos concellos da provincia”, remarcou o mandatario provincial.

Con estes criterios, o reparto da histórica cifra de 48,2 millóns de euros quedará do seguinte xeito: o 43,57 % dos fondos, uns 21 millóns de euros, distribuirase entre os 36 concellos de menos 10.000 habitantes; o 33,71 %, arredor de 16,3 millóns, irán para os 15 concellos de entre 10.001 e 20.000 habitantes; mentres que o 22,75 % restante, 11 millóns, serán para os 8 concellos de entre 20..01 e 50.000 habitantes. “Preto do 80 % do orzamento do +Provincia destinarase a satisfacer as necesidades dos concellos de menos de 20.000 habitantes”, subliña Luis López remarcando o carácter municipalista da Deputación.

Unha sensibilidade que queda demostrada coa inclusión dun criterio que dota de maior autonomía aos gobernos locais á hora de decidir a que destinar os fondos que lle corresponden do plan +Provincia. Os concellos poderán recorrer ata un 30 % —e con carácter excepcional e só no 2024 a ata un 50%— do crédito de investimento para atender gasto corrente como amortización de débedas de exercicios pasados, financiamento de  servizos municipais ou a sufragar obras non consideradas de investimento. “Na nosa escoita activa aos alcaldes e alcaldesas da provincia decatámonos da complicada situación das finanzas de moitos concellos. Por este motivo e polo noso compromiso de axudar en todo o que estea no nosa man, decidimos atender esa demanda dos alcaldes e aumentar, aínda máis, a súa autonomía para empregar os fondos do +Provincia”, argumentou o responsable do goberno provincial.

Finalmente, Luis López concluíu que “o plan +Provincia será a pedra de toque do municipalismo da Deputación, pensado para tender pontes coa administración local, transformar o noso territorio e facer que a provincia vaia a máis”, concluíu.

O BNG insta o Concello de Vigo a tomar o control de Vitrasa ante a “actitude pirata” da empresa

0

A fronte nacionalista pide designar unha Intervención Técnica municipal da concesión diante dos “graves e reiterados incumprimentos” que precarizaron o bus urbano

O Bloque Nacionalista Galego insta o Concello de Vigo a tomar o control da concesión de Vitrasa ante da “actitude pirata” da empresa. Así o demandou este venres o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, quen considerou que “é momento de poñer punto e final á situación límite” no servizo de autobús urbano, a poucos días de que se cumpra un mes de folga indefinida e camiño de tres anos de conflito.

“O problema non é só o convenio colectivo caducado dende 2020, senón os flagrantes e moi graves incumprimentos de Vitrasa tanto das súas obrigas laborais como do prego concesional”, denunciou Igrexas, asegurando que o Concello como titular deste servizo esencial non pode continuar “indiferente” diante da precarización e recortes no bus da cidade.

O portavoz nacionalista pediu desta maneira que se designe unha Intervención Técnica municipal que tome o control da concesión, activando os artigos 133 e 134 do Regulamento de Servizos de Corporacións Locais. Unha decisión que, a xuízo do Bloque, está motivada pola “posición de enroque da dirección de Vitrasa no conflitcto coa complicidade cada vez máis evidente do Goberno de Abel Caballero”.

Con esta medida, o Concello encargaríase do servizo utilizando o persoal, medios e material da empresa, durante o tempo necesario para poñer fin aos incumprimentos na concesión e garantir o correcto funcionamento do bus urbano. “Trátase dunha medida perfectamente legal que sería un paso previo a un eventual rescate definitivo da concesión”, subliñou Igrexas.

“O Concello de Vigo ten que enviar a mensaxe de que xa chegou, que non se pode tolerar por máis tempo esta situación nun servizo de titularidade municipal que é esencial”, remachou.

La Policía detiene en Vigo a un hombre por asaltar a dos octogenarios en los portales

0

El asaltante atacaba a los ancianos por la espalda, llegando incluso a causarles lesiones, y les quitaba sus pertenencias

Agentes de la Policía Nacional de Vigo han detenido a un hombre de mediana edad por asaltar a octogenarios en portales para quitarles sus pertenencias.

Según informan fuentes policiales, el sospechoso, presunto autor de dos robos con violencia, abordaba a las víctimas cuando acababan de entrar en el portal para acceder a sus viviendas y estaban solas. El asaltante atacaba a los ancianos por la espalda, llegando incluso a causarles lesiones, y les quitaba sus pertenencias.

Las víctimas pidieron auxilio y fueron socorridas por los vecinos, que colaboraron con la investigación para la identificación del presunto autor de los robos, que fue arrestado el pasado 7 de diciembre.

Tras completarse las diligencias policiales, el detenido pasó a disposición del juzgado, que decretó su ingreso en prisión.

El Puerto de Vigo se posiciona como un referente nacional en el sector de la automoción

0

La Terminal de coches de Bouzas escala hasta la segunda posición del ránking, al superar a Valencia en más de 5.200 unidades movidas hasta noviembre

A falta de los datos de cierre de año, que se darán a conocer en enero, el Puerto de Vigo continúa sumando noticias positivas este 2023 en lo que a movimientos de mercancías se refiere, como sucede en el caso del sector de la automoción.

Según destacó en la rueda de prensa posterior al Consejo de Administración el máximo responsable portuario, Carlos Botana, el número de vehículos movidos durante el pasado mes de noviembre se incrementó un +62,4%. Un dato que calificó de muy relevante, ya que noviembre del año pasado ya fue un mes particularmente positivo, y que supuso el inicio del período de incremento en el que aún nos hallamos.

Lo mismo sucede en el caso del tráfico acumulado, donde se han movido un total de  171.706 unidades más que en el mismo periodo del ejercicio anterior, lo que se traduce en un incremento anual que alcanza el +40,6% y supone el mejor período acumulado a noviembre de la historia del Puerto, además de la escalada de la Terminal de Bouzas hasta el segundo cajón del podio a nivel nacional, al superar a Valencia en más de 5.200 unidades movidas hasta noviembre.

En lo que respecta a la pesca, otro de los tráficos referentes del Puerto de Vigo, el presidente portuario destacó la fortaleza de El Berbés que afianza su liderato a nivel estatal y coge distancia de sus principales competidores.

En este contexto, recordó que se está trabajando junto al sector en un Plan de Acción “consensuado y en el que todos estén de acuerdo”. Para ello, la APV ha lanzado una batería de iniciativas para entre todos, “afianzar esa hegemonía histórica que nos ha convertido en todo un referente a nivel mundial”.

Dentro de este paquete de propuestas, la APV apuesta por establecer alianzas con otros puertos, como sucede con la Administración Nacional de Puertos de la República Oriental del Uruguay, con quien, tras el visto bueno del Consejo hoy, se firmará un acuerdo de colaboración con el fin de fomentar la relación en los ámbitos portuario y de sostenibilidad, medioambiente y economía azul y así fortalecer vínculos que mejoren la situación de la flota gallega que faena en sus aguas territoriales e incorporar nuevos participantes en el desarrollo del proyecto “Iniciativa de Puertos Azules”.

Susana Rodríguez Gacio amadriña a biblioteca escolar da aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro

0

O espazo conta con 2000 volumes de literatura infantil e xuvenil

A médico e deportista de elite, Susana Rodríguez Gacio, amadriñou hoxe a Biblioteca Escolar da Aula Hospitalaria do servizo de Pediatría do Álvaro Cunqueiro.

O evento foi presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e contou  coa participación do xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares. No transcurso do acto descubriuse unha placa conmemorativa.

Esta iniciativa xurde a raíz da inclusión da Biblioteca da Aula Hospitalaria na Rede de Bibliotecas escolares da Xunta de Galicia. Segundo explica a coordinadora de Atención Educativa Domiciliaria, Chus Iglesias, “propuxémonos neste curso escolar afianzar un dos nosos obxectivos na Aula Hospitalaria: o fomento da lectura e a dinamización da Biblioteca como espazo de aprendizaxe, divertimento e crecemento para a nosa especial comunidade educativa.”

Nesta liña de dinamización decidiuse que a Biblioteca fose amadriñada por Susana Rodriguez Gacio.

Neste senso, o xerente da Área Sanitaria, Javier Puente dixo  que “non se me ocorre mellor madriña que Susana; é un modelo de diversidade, e a que mellor representa os valores que deben inspirarnos, destacando a súa capacidade de superación, fortaleza e valentía. A maiores, ten un fermoso vínculo co ámbito sanitario pola súa profesión médica e traballa no Chuvi”.

Susana é viguesa, médico especialista en Rehabilitación e deportista de élite. Foi Campiona paralímpica de tríatlon adaptado, e conta con varios títulos mundiais, entre eles o Ouro nos Juegos paralímpicos de Tokio 2020. 

O xerente, rematou agradecendo o apoio da Consellería de Educación a esta Biblioteca e a Aula Hospitalaria, e fixo mención especial ás docentes, a Chus Iglesias e Amalia Pérez,  “que lideraron esta iniciativa, e que son as verdadeiras artífices de que nosos  pequenos pacientes manteñan o nivel educativo durante a súa estadía hospitalaria e continúen coa súa aprendizaxe, non solo con actividades académicas, senón tamén lúdicas e recreativas”.

2000 libros na Biblioteca Escolar

A Biblioteca Escolar da Aula Hospitalaria dispón de máis de 2000 volumes de literatura infantil e xuvenil, para consultas e préstamos.

A Aula Hospitalaria conta con dúas profesoras, cuxo traballo consiste en que os nenos e nenas ingresados perdan a menor actividade escolar posible durante súa estadia hospitalaria.  Atenden unha media diaria de 20 alumnos e alumnas, tanto na aula como nas súas habitacións.

Ademais, coordinan un programa  da Consellería de Educación, a través do que 4 profesores desprázanse semanalmente aos domicilios dos escolares que deben permanecer nos seus domicilios por un período de tempo, por prescrición facultativa.

A Deputación reforza a xestión do CAAN e do servizo de recollida de animais abandonados para axudar aos concellos

0

A institución provincial investirá 1,4M€ na prestación deste servizo do que se benefician 52 concellos da provincia e que executará Tragsatec ata finais de 2025

A Deputación de Pontevedra reforzará a xestión do servizo de recollida de animais abandonados na provincia e do Centro de Acollida e Protección de Animais de Armenteira (CAAN) para axudar aos concellos da provincia. O presidente Luis López informou que a Xunta de Goberno acaba de aprobar destinar 1,4 M€ nos próximos dous anos á prestación deste servizo, que afecta ao interese xeral e a aspectos esenciais de sanidade, orde pública e medio ambiente, do que se benefician 52 concellos da provincia e que executará Tragsatec.

Ao detalle, a Deputación de Pontevedra encargarase dende a recollida de animais abandonados e/ou vagabundos as 24 horas dos 365 días do ano, ata a recollida de animais con propietario que, por causas xustificadas, non poden ser atendidos; a localización de propietarios; a colaboración con diferentes autoridades competentes no comiso e retirada de cans; a xestión da entrega de animais; así como as actividades de esterilización de gatos procedentes das colonias felinas dos concellos da provincia de Pontevedra, con menos de 20.000 habitantes, que conten xa cun sistema de xestión destas colonias.

Ademais, no CAAN levaranse a cabo tarefas de mantemento e coidado dos animais recollidos;  limpeza e desinfección das instalacións; identificación dos animais non identificados e/ou adoptados, previo á súa saída do centro; revisión e tratamento sanitario de animais abandonados nas primeiras 24 horas dende a súa entrada; asistencia veterinaria; esterilizacións e xestión de adopcións e cesións de animais declarados abandonados a particulares.

Tamén se contempla a colaboración no deseño e desenvolvemento de campañas de adopción; a formación e asesoramento de técnicos e autoridades municipais para o exercicio das súas competencias; os controis, a vixilancia e a argumentación dos expedientes administrativos; o inicio e seguimento de expedientes de protección animal e en materia de animais potencialmente perigosos; a realización de estudos e informes solicitados por diferentes concellos sobre as actuacións realizadas e sobre a valoración das condicións de mantemento dos animais e a colaboración en investigación sobre saúde e benestar animal.

A Deputación de Pontevedra atende a través do CAAN unha media de entre 230 e 250 animais nas instalacións de Armenteira. Desenvolve  tamén un esforzo para fomentar as adopcións e previr o abandono animal, con campañas de concienciación e actuacións de colaboración que implicaron, tal e como explicou o presidente Luis López,  que neste ano 2023 se teñan superado as 585 adopcións.

El PP de Vigo lleva a pleno el conflicto de Vitrasa e incluye la reprobación del alcalde por su “soberbia y chulería” en los enfrentamientos con los trabajadores

0

El Grupo municipal buscará el apoyo de la Corporación a la plantilla de la concesionaria pública en su defensa de los derechos laborales e, insistirá, en la mediación del Gobierno local en el conflicto  

El PP de Vigo llevará al pleno del próximo 28 de diciembre el conflicto que desde hace más de dos años mantiene enfrentados a la plantilla y la dirección de la concesionaria pública del transporte en la ciudad. Una moción en la que los populares vigueses incluyen la reprobación del alcalde por su “soberbia y chulería” en los enfrentamientos con los trabajadores.

Respecto a este último punto, el texto profundiza sobre los “gestos despreciativos” con los que el regidor vigués despachó a un grupo de trabajadores que le reprocharon en la calle su inacción y complicidad con los dirección de la compañía. “Una provocación totalmente rechazable, innecesaria y evitable”, recoge el documento sobre el signo de victoria que les regaló el munícipe vigués a la salida de sendos actos los días 14 de noviembre y 5 de diciembre, e “impropia de un dirigente público”.

Según argumentan los populares de Vigo, este conflicto en el que Caballero se “limita a echar balones fuera, acusando a los trabajadores de hacer una huelga política y desoyendo las llamadas a las mediación realizadas por el comité de empresa”, está afectando de manera considerable a un servicio público per se muy deficiente. Se muestran así muy críticos con que los usuarios sean los principales perjudicados de un enfrentamiento en el que el Ejecutivo local ha evitado involucrarse, “pese a ser su obligación” por tratarse de una contrata municipal.

Prosigue el texto que el origen de este conflicto viene marcado por la prórroga de cinco años que el equipo de Caballero firmó con Vitrasa en plena pandemia, incumpliendo su propia palabra. Una extensión del contrato que, aún siendo legal, no era obligada, tal y como apuntan la moción popular, y que provocó, según argumenta la propia compañía, el desequilibrio financiero que arrastra desde entonces.

Los populares hacen así alusión al cobro de una indemnización previa satisfecha por el Estado de 5,6 millones de euros y a la nueva que se prepara a nivel municipal para exigir al Gobierno local información sobre este último cálculo y los plazos de pago, documentación que se le negó a los grupos de la oposición. Sospecha el PP, y así lo hace constar en el escrito, que el alcalde mintió cuando dijo que este expediente estaba ultimado hace un mes, pues “su único objetivo era evitar que los trabajadores boicoteasen el encendido de las luces de Navidad”.

Asimismo, a través de esta moción, el PP buscará el apoyo plenario para instar a la empresa a recuperar todos los autobuses, frecuencias y líneas suprimidas desde el 2019 y retomar así un servicio de transporte público acorde a las necesidades de los vigueses. También para la convocatoria con carácter de urgencia del Consello Sectorial de Transportes del Concello de Vigo.  

Stellantis Vigo cierra 2023 con 531.000 vehículos producidos

0

La producción aumenta un 31,5 % respecto al año anterior, siendo un 13% del total de vehículos producidos en la planta de la ciudad 100% eléctricos

Stellantis Vigo ha cerrado 2023 con la producción de 531.732 vehículos.

Esto supone un incremento de la producción de la planta de Vigo de un 31,5% respecto a 2022.

En línea con el plan estratégico Dare Forward 2030, la producción de eléctricos en Stellantis Vigo se incrementó un 21% respecto al año anterior. El 13% de los vehículos producidos fueron 100% eléctricos.

A estas cifras ha contribuido el liderazgo del Grupo en vehículos comerciales y la alta demanda del Peugeot 2008 en los principales mercados europeos.

Precisamente, el SUV compacto de la marca del León es el vehículo más producido por Stellantis en la fábrica gallega.

Junto a este modelo, en 2023 se produjeron en la planta de Vigo los comerciales y polivalentes Citroën Berlingo/Berlingo VAN, Fiat Doblò/Doblò Van, Opel Combo Life/Combo Cargo y Peugeot Rifter/Partner y las versiones 100% eléctricas de todos ellos. En Vigo también se produjeron en 2023 los Citroën C-Elysèe y Peugeot 301.

Stellantis Vigo desarrolla una estrategia Carbon Net Zero 360 para eliminar totalmente la huella de carbono en 2038 y en este camino ha puesto en marcha en 2023 la primera fase de su planta fotovoltaica sobre cubierta. Esta instalación, que cubrirá el 14% de las necesidades de electricidad de la planta, es la mayor instalación de autoconsumo solar fotovoltaico sobre cubierta en España.