Trátase dunha técnica extracorpórea de lavado de CO2, un sistema de soporte respiratorio que realiza a función do pulmón
O Álvaro Cunqueiro é o primeiro hospital galego en utilizalo en pacientes con enfermidade inflamatoria respiratoria producida polo novo coronavirus
O obxectivo é que o pulmón se recupere da súa lesións a través do repouso mentres unha máquina realiza algunha das súas funcións
Polo de agora a levan utilizando en dous pacientes graves nos que tiñan fracasado as manobras respiratorias convencionais; o primeiro está dado de alta e ao outro paciente implementóuselle o pasado luns
O
Servizo de Medicina Intensiva do Chuvi
ven de por en marcha unha nova terapia para pacientes ingresados na UCI con
infección respiratoria aguda producida polo Covid-19. Trátase duna técnica
extracorpórea de lavado de dióxido de carbono (CO2), coñecida como ECCOR2, un
sistema de soporte respiratorio que é capaz de mimetizar o funcionamento do
pulmón.
O Álvaro
Cunqueiro é o primeiro hospital galego en empregar este sistema neste tipo de pacientes, cun pronóstico moi
grave, con compromiso vital, e cando teñen fracasado as técnicas respiratorias
convencionais.
“Na nosa UCI
levamos
utilizando esta técnica hai xa un par de anos, en pacientes con enfermidade
pulmonar crónica. Os bos resultados acadados fixeron que estudásemos o seu
emprego con pacientes Covid. Polo de agora levamos utilizando esta técnica en
dous pacientes, un que evolucionou moi favorablemente e xa foi dado de alta
hospitalaria hai uns meses, e outro ao que precisamente se a implementamos o
pasado luns, e continúa ingresado con este tratamento na UCI”, explica o
intensivista Nacho Chico.
Manifestacións diferentes do Covid
O
obxectivo é que o pulmón se recupere das lesións a través do repouso da súaactividade,
e que sexa unha máquina quen lle
substitúa na realización desas funcións.
En concreto, o ECCOR2 realiza a
función respiratoria de depurar ou “lavar” o sangue do paciente, e a través
dunha cánula introducida no corpo do enfermo extraese a sangue para eliminar o exceso de dióxido de carbono.
“Ten unhas indicacións moi concretas.
Cando o resto de manobras de protección pulmonar
convencionais teñen fracasado, nos plantexamos deixar os pulmóns en repouso, co
paciente sedado; isto é, a máquina en si mesma non cura pero posibilita deixar
o pulmón en descanso, e o seu proceso inflamatorio, ao igual que calquera
outro, necesita tempo para recuperar”.
A
infección por Covid-19 produce un cadro chamado distrés respiratorio agudo
severo. Trátase dunha reacción do sistema inmune fronte ao virus, polo que os
pulmóns se enchen de líquido que impide o seu correcta funcionamento. Nos
alvéolos se realiza a transferencia vital nun dobre circuíto: por un lado,
achegan o aire que osixena a sangue e o resto dos órganos do corpo, e por
outro, recollen o dióxido de carbono da sangue que tense que eliminar a través
da respiración.
Os
especialistas en medicina intensiva teñen constatando que o comportamento do
novo coronavirus nos pulmóns, a reacción inflamatoria que provocan, é en
ocasións diferente ao distrés clásico xa que, en xeral, os enfermos presentan
unha osixenación aceptable pero teñen incapacidade para eliminar o dióxido de
carbono do sangue. Unha elevada concentración de CO2 é un factor de moi mal
prognóstico, asociado a unha maior
mortalidade.
“Temos
visto que nestes pacientes o problema non é solo que o aire non chegue ao
alvéolo, senón que eliminan mal o CO2. Isto leva a pensar que puidera existir
tamén complicacións de índole
circulatoria, relacionadas cunha doenza tromboembólica pulmonar, é dicir, de
coágulos nos vasos sanguíneos nos pulmóns.”
Técnica menos invasiva
A
Unidade de Coidados Intensivos do Álvaro Cunqueiro ven empregando desde hai
tempo un sistema similar, o ECMO (circulación por membrana extracorpórea), que
basicamente tamén realiza as funcións do pulmón. A través de dúas cánulas
extraen todo o sangue do corpo para osixenala e logo retornala ao
organismo. No Cunqueiro realizan esta
terapia a unha trintena de pacientes ao ano.
A
diferencia fundamental coa nova técnica ECCOR é que esta última busca unha
finalidade diferente -eliminar o CO2 e non osixenar- polo que necesita menos fluxo de sangue e, en
consecuencia, as membranas utilizadas son máis pequenas, empregando unha sola
cánula extractora, tamén máis estreita, e diminuíndo así a necesidade de
anticoagulación. En xeral, é una técnica
menos invasiva que o ECMO, e diminúe considerablemente o risco de
complicacións.
Sen
embargo -conclúe o doutor Chico- “aínda que estamos moi expectantes ante este
novo uso da técnica, aínda é pronto para obter conclusións, e non se ten
realizado ningún estudo sobre a súa eficacia. Necesitamos seguir
investigando e aprendendo sobre novas terapias e o comportamento clínico deste
virus e das enfermidades que provoca”