La Valedora do Pobo pide explicaciones al Gobierno de Abel Caballero por negar el acceso a documentos públicos al Partido Popular de Vigo

0

María Dolores Fernández Galiño admite a trámite sendas quejas presentadas por el concejal Fernando G. Abeijón sobre los contratos menores de 2023 y el plan de emergencias de la Navidad

La representante del pueblo ya reprendió al Ejecutivo socialista por sus trabas al control político hace poco más de un año, a finales de 2022

El Gobierno de Abel Caballero ha vuelto a hacer gala de su “opacidad” y “falta de transparencia”, tal y como ha denunciado este miércoles el concejal Fernando G. Abeijón. El grupo municipal del Partido Popular ha tenido que recurrir nuevamente a la Valedora do Pobo para que el Ejecutivo local le facilite documentos públicos que los socialistas “parecen querer ocultar”. Documentos relativos a los contratos menores de 2023, y al nombramiento y posterior renuncia del director del plan de emergencias de la Navidad.

Ante el silencio municipal, el edil del PP de Vigo ha presentado dos quejas ante la Valedora do Pobo, que han sido admitidas a trámite. En su respuesta al concejal popular, esta representante ha informado de que pedirá explicaciones al Gobierno de Vigo para que intente argumentar por qué niega el acceso a estos documentos.

Por un lado, el Ejecutivo de Abel Caballero no ha proporcionado diferentes contratos menores firmados en 2023 con varias compañías, profesionales o entidades. “En algunos casos, encontramos más de 25 o 30 contratos concedidos a una misma empresa”, advierte Abeijón.

Por otro, “obstaculiza la labor de la oposición”, que quiere clarificar qué ocurrió con el nombramiento y posterior renuncia del responsable del plan de emergencias de la Navidad de Vigo. Una situación que ha suscitado polémica en los medios de comunicación. “Como siempre en estos casos, nos preguntamos qué oculta el Gobierno de Abel Caballero para impedir el acceso a esta documentación”, incide el edil popular. Fernando G. Abeijón recuerda que los socialistas vigueses son “reincidentes”. Ya fueron reprendidos hace poco más de un año por la Valedora do Pobo por el mismo motivo. Por aquel entonces, María Dolores Fernández Galiño avisaba, literalmente, de que la actitud del ejecutivo municipal no era “más que un pretexto para impedir el control político”. Algo que vuelve a suceder ahora.

O PPdeG expón un entramado de manipulación dixital vinculado á oposición que define como “botafumeiro de bulos e mentiras” e estuda levar á Fiscalía

0

“Mentres nós decidimos seguir investindo en medidas como a anunciada onte polo presidente Rueda de implantar a gratuidade das matrículas universitarias, hai quen decide gastar o seu tempo en manifestarse a favor da liberación dos presos de ETA e gastar o seu diñeiro nunha organización da mentira e a manipulación”, asegura

A secretaria xeral do PPdeG saca á luz unha rede nacional de perfís falsos “ocultos na covardía e traballando desde a mentira” radicados en lugares tan dispares como Rusia, Vietnam ou Uruguai e que “só falan mal de Galicia e do presidente Rueda e defenden todos eles á oposición galega”

Amósase rotunda ante estes feitos: “Por moito entramado que financien, a nosa prioridade é e seguirá sendo Galicia, sempre coa verdade por diante. Eles teñen os bots, nós temos os votos”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, desenmascarou hoxe as probas dun entramado de manipulación dixital vinculado á oposición que catalogou como “botafumeiro de bulos e mentiras” e que os servizos xurídicos do partido estudan poñer á disposición da Fiscalía.

“Trátase dunha operación organizada de desinformación, de mentira, de manipulación, de ataque despiadado coa vontade de confundir e enganar á poboación e de desvirtuar a realidade”, afirmou antes de dar paso ás evidencias desta campaña que hai detrás das críticas ao PPdeG e ao presidente Rueda e que, na súa opinión, supón “un ataque frontal a Galicia e aos galegos”.

Explicou que, logo de realizar un estudo en profundidade, o PPdeG descubriu unha “rede nacional de perfís falsos, ocultos na covardía, traballando desde a mentira, ao servizo da oposición”. Unha rede operada “con fins electorais e vontade de engano só para gañar con mentiras e manipulación” e que actúa a través de “varios servidores instalados no estranxeiro e ocultos en varias VPN para protexer a identidade e actuar con total impunidade”.

Trátase de perfís radicados en lugares como os Estados Unidos, China, Rusia, Vietnam, Canadá, Italia, Filipinas, Polonia, Uruguai, Bolivia, Ecuador ou Colombia que teñen en común “falar mal de Galicia e do presidente Rueda e defender todos á oposición galega”.

Paula Prado amosou como exemplos unha conta que tuitea desde Nicaragua e “só para criticar a Rueda por todo o que faga”, outra radicada en México dedicada a “defender ao PSOE e a Pedro Sánchez nos seus chíos mentres critica a xestión da Xunta de Galicia”, un perfil de Haití “creado o pasado mes de decembro e moi preocupado polas praias de Galicia” ou outro que desde Polonia “pregunta en varias ocasións sobre a participación no debate electoral”.

“O que temos ante nós é un botafumeiro de bulos e mentiras, unha rede coordinada desde Madrid que traballa ao servizo da oposición e contra Galicia”, concluiu a secretaria xeral do PPdeG logo de expoñer estes e outros exemplos de publicacións que os servizos xurídicos do partido xa están estudando poñer á disposición da Fiscalía.

“GALICIA NON MERECE ESTAR EN MANS DESTA XENTE”

Paula Prado aproveitou a ocasión para recordar dous dos máis recentes bulos difundidos polos partidos da oposición, citando a foto dun peixe de Sri Lanka tomada en 2021 e difundida polo PSOE “para xerar o bulo de que non se poden consumir os produtos do mar galego” e os carteis sobre os pellets do BNG “con fotos feitas en Texas dispoñibles en banco de imaxes de Internet facéndoas pasar por pellets das praias galegas”.

“Mentres nós decidimos seguir investindo en medidas como a anunciada onte polo presidente Rueda de implantar a gratuidade das matrículas universitarias, hai quen decide gastar o seu tempo en manifestarse a favor da liberación dos presos de ETA e gastar o seu diñeiro nunha organización da mentira e a manipulación”, asegurou ao respecto.

Para a número dous dos populares galegos, Galicia “non merece estar en mans desta xente” porque “os perfís falsos non fan estradas, non melloran a saúde, non invisten no deporte das familias, nin axudan aos nosos maiores”. Algo que si fan o PPdeG e o seu presidente, Alfonso Rueda. “En Galicia podemos elixir entre a estabilidade e o barullo, entre a verdade e a mentira”, remataba a súa intervención non sen antes reafirmar: “Por moito entramado que financien, a nosa prioridade é e seguirá sendo Galicia, sempre coa verdade por diante. Eles teñen os bots, nós temos os votos”.

Comezan as obras de mellora da contorna da igrexa de Prado da Canda en Covelo

0

Executaranse obras de saneamento, recollida de augas pluviais e de embelecemento co cambio do asfalto por pedra diante da igrexa e a colocación de mobiliario urbano

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que comezaron as obras de mellora da contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda. Na súa aposta por unha vila máis amable o Concello avanza na remodelación de espazos públicos que son punto de encontro da veciñanza. Esta intervención ten un custo de 197.302€ que serán financiados con fondos propios a través do Plan Concellos 22/23 na actualidade +Provincia da Deputación de Pontevedra.

O Concello realizará unha intervención integral con traballos no subsolo e tamén en superficie transformando o espazo público para un maior desfrute da cidadanía. O actual asfalto será substituído por pedra co obxectivo de embelecer a zona e potenciar o seu atractivo. Ademais, as obras abordarán o saneamento en dous ramais da Aldea de Abaixo e a canalización das recollidas de auga pluviais. “Traballamos para que o día a día da nosa veciñanza sexa máis doado e agradable por iso a nosa prioridade é a mellora dos espazos e servizos públicos indispensables para desenvolvernos, para relacionarnos e mesmo para recibir ás persoas que nos visitan”.

Para a execución das mesmas deberán realizarse traballos de demolición; preparación do terreo, colocación de drenaxe, tubaxes e colectores; preparación de cunetas con adoquín en granito silvestre, retiradas previamente as existentes de formigón, e apertura de cunetas onde exista arcén de terra. Ademais, instalaranse canaletas e rellas de fundición e renovarase o pavimento en todo o trazado tanto na Aldea de Abaixo como no ramal con tramos de formigón e espazos e accesos peonís con solados de granito silvestre ao igual que na contorna da igrexa de Santiago.

As obras complétanse coa instalación de novas barandas, pasamáns e rodapés. Tamén se contempla a colocación de bancos de granito silvestre e sinalización de limitación de velocidade a 30km/h.

Rueda destaca la nueva planta piloto de grafito para baterías de coches eléctricos de Resonac como ejemplo del atractivo industrial de Galicia

0

El presidente de la Xunta visita las instalaciones de esta electrointensiva en el polígono de A Grela

Asegura que va a consolidar a la comunidad “en el camino hacia las energías verdes y las industrias del futuro”

Destaca que este proyecto responde al “empleo industrial de calidad” y la apuesta por el I+ D +i que contribuye a seguir “construyendo una Galicia potente”

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, destacó hoy que proyectos como la nueva planta piloto de grafito de Resonac en A Coruña son una muestra del atractivo industrial de Galicia. El titular del Gobierno gallego puso a esta fábrica como ejemplo “del empleo industrial de calidad, del uso de alta tecnología” y de la apuesta por el I +D+ i que “le conviene a Galicia”.

Durante una visita las nuevas instalaciones, Rueda recordó que gracias a este proyecto -una fábrica de producción de grafito para baterías de vehículos eléctricos- la empresa nipona contribuye a consolidar “la Galicia potente e industrial que queremos seguir construyendo”.

Se trata de un proyecto empresarial pionero en España que va a situar A Coruña como referente en esta singular industria que apuesta por la producción sostenible y que incluirá una fábrica de hidrógeno verde para abastecerse en los antiguos terrenos ocupados por Alu Ibérica en el polígono coruñés de A Grela. “Va a consolidar esta zona en el camino hacia delante por las energías verdes y las industrias del futuro”, resaltó.

Por último, Rueda recordó que para atraer inversiones industriales a la comunidad es preciso dar certezas a las empresas. En esta línea, destacó la necesidad de que el Gobierno central garantice una modificación de la planificación eléctrica, tal y como demanda desde hace tiempo la Xunta, para que empresas como Resonac puedan llevar a cabo sus proyectos con plenas garantías.

A delegada da Xunta informa aos hostaleiros da provincia sobre o novo Centro de Asociacionismo de Vigo

0

Ana Ortiz mantivo unha xuntanza este mércores coa directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha reunión coa directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra. Na xuntanza a representante autonómica informou aos representantes dos hostaleiros de Vigo e a provincia dos avances do novo Centro de Asociacionismo de Vigo que se construirá no vello edificios dos xulgados da rúa Lalín.

O BNG urxe declarar Vigo como zona tensionada da vivenda para frear o grave encarecemento dos alugueiros

0

A fronte nacionalista pide ao Goberno municipal que solicite esta medida á Xunta para despregar as medidas que a nova lei de vivenda prevé para limitar os prezos

Demanda tamén a posta en marcha no Concello dun Observatorio Local da Vivenda que permita facer un seguimento da evolución dos custos dos alugueiros

Xabier P. Igrexas: “Son medidas concretas para comezar a corrixir as consecuencias da nefasta política de brazos caídos da Xunta do PP nos últimos 14 anos”

O Bloque Nacionalista Galego urxe declarar Vigo como zona tensionada da vivenda para frear o grave encarecemento dos alugueiros na cidade. A fronte nacionalista pide ao Goberno municipal que solicite esta medida á Xunta para despregar as medidas que a nova lei de vivenda prevé para limitar os prezos.

Así o demandou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen trasladará esta proposta na vindeira Comisión Informativa de Política Social. “Vigo seguimos batendo todos os récords en encarecemento da vivenda”, lamentou, lembrando que na última década o prezo medio dun alugueiro na cidade aumentou en case un 50%, segundo datos do Observatorio Galego da Vivenda, sendo hoxe un 22% máis caro que a media galega.

Un incremento que, subliñou Igrexas, provoca que “practicamente ningunha viguesa ou vigués” poida solicitar as axudas ao alugueiro anunciadas pola Xunta de Galiza, limitadas a alugueiros de 600 euros cando na cidade o prezo medio é xa de 611,2 euros. “Unha situación insoportábel que fai que Vigo sexa a cidade con maior número de zonas tensionadas, un total de 15 barrios, segundo recoñece o Instituto Galego de Vivenda e Solo”, engadiu.

Fronte a esta situación, o portavoz nacionalista considerou urxente reaccionar dende o Concello con esta declaración de Vigo como mercado tensionado da vivenda, seguindo a liña de cidades como na Coruña que, a proposta do BNG, foi solicitada o pasado outubro. “Tendo en conta que na nosa cidade hai o triplo de demandantes de vivenda protexida que os existentes na urbe herculina”, destacou Igrexas.

Observatorio Local dos prezos da vivenda

Na mesma liña, dende o Bloque consideraron “imprescindíbel” a posta en marcha dun Observatorio Local da Vivenda que permita realizar un seguimento da evolución dos prezos para “adecuar as políticas públicas que permitan que as viguesas e vigueses poidan exercer o primeiro dereito que teñen como cidadanía: o de poder habitar a cidade”.

“Son medidas concretas para comezar a corrixir as consecuencias da nefasta política de vivenda da Xunta do Partido Popular que, nos últimos 14 anos, estivo de brazos caídos mentres cada vez máis familias traballadoras e mocidade non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo polos prezos imposíbeis da vivenda”, defendeu o portavoz municipal do BNG.

El Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra ofrece un curso gratuito de primeros auxilios para toda la población

0

El Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra lanza un nuevo curso online en el que se enseñará cómo actuar ante una emergencia sanitaria, incluyendo el atragantamiento y la parada cardiorrespiratoria

La formación, que se ofrecerá a través de la plataforma Saluslife, estará basada en contenidos audiovisuales y el alumno obtendrá un certificado de superación emitido por el Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra

Según la Sociedad Española de Cardiología, en España se producen unas 52.300 paradas cardiacas al año, de las cuales 30.000 se producen fuera de un centro sanitario. Por cada minuto que pasa tras una parada cardiorrespiratoria, la probabilidad de supervivencia disminuye en un 10%. Es decir, que al cabo de diez minutos dichas posibilidades son mínimas.

Teniendo esto en cuenta, el Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra pondrá en marcha, el día 22 de enero, el curso online gratuito ‘Primeros Auxilios’, impartido por el enfermero de emergencias José María Cepeda Díez.

El objetivo de esta acción formativa, dirigida a toda la población, es formar al mayor número de personas para tengan conocimientos básicos de primeros auxilios, incluyendo la reanimación cardiopulmonar.

Tal y como explica María Sol Montenegro, vicepresidenta del Colegio Oficial de Enfermería de Pontevedra, “contribuir a la formación de la población en temas relacionados con el cuidado de la salud es uno de los objetivos del colegio, por ello consideramos que es indispensable facilitar a los ciudadanos las herramientas necesarias para poder reaccionar ante emergencias sanitarias”.

Durante el curso, que se podrá realizar a través de la plataforma SalusLife, entre el 22 de enero y el 22 de febrero, se profundizará en casos como la pérdida de consciencia, muerte súbita, golpes de calor, ahogamientos, crisis de ansiedad o hipoglucemias, entre otros. Todas las personas interesadas en realizar esta formación podrán inscribirse a través del siguiente enlace: https://www.saluslife.app/pontevedra

A vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que acollerá Ponteareas o vindeiro fin de semana

0

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de participar no Castelo de Sobroso no acto de presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno 2024 que acollerá Ponteareas o vindeiro fin de semana. No acto, no que tamén interviñeron a alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro, o coordinador do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Freire, o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e o presidente e director técnico do CN Ponteareas, Andrés Carrera, a vicepresidenta amosou o orgullo de que “Pontevedra sexa unha vez máis a provincia anfitrioa dunha proba deportiva de primeiro nivel, na que se darán cita os mellores nadadores de Galicia”.

Fernández-Tapias aproveitou a ocasión para poñer en valor o esforzo  da Federación Galega de Natación e do Club de Natación de Ponteareas, que leva xa 25 anos “apostando pola natación desde a base”, na organización desta proba na que se darán cita preto de 400 nadadores de 28 clubs. Tamén remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “eixo prioritario deste mandato”, “unha disciplina que contribúe como ningunha outra a estender hábitos saudables na sociedade, a enchela de valores positivos e é xa unha ferramenta de promoción turística fundamental para a nosa provincia”.

Detienen a dos jóvenes y buscan a otros dos en Vigo tras sorprenderlos en un coche con material robado

0

En el presunto lugar del hurto había aparecido rota la ventana de acceso a la cantina y el interior estaba completamente revuelto, con la caja de caudales violentada, la despensa desordenada y varios productos de alimentación tirados por el suelo

La Policía Local de Vigo ha detenido a dos varones, de 20 y 21 años, y busca a otros dos, por su presunta implicación en un robo con fuerza en Nigrán, tras interceptarlos en un vehículo en el que transportaban el material supuestamente sustraído.

Según informan fuentes policiales, los hechos tuvieron lugar en la madrugada del martes, cuando una dotación observó un vehículo con cuatro personas dentro circulando por calle Mestra Emérita-Camposancos, con una luz trasera fundida y con el sistema de amortiguación más bajo de lo normal.

Al darle indicaciones al conductor para que se detuviera, éste aceleró y trató de huir, pero acabó saliéndose de la vía. Cuando el coche se detuvo, el piloto y el copiloto huyeron a la carrera hacia una zona forestal, y otros dos varones que viajaban en la parte posterior intentaron hacer lo mismo, aunque fueron atrapados por los policías.

Al inspeccionar el interior del vehículo, los agentes encontaron varias herramientas, guantes, un altavoz de grandes dimensiones, un proyector, y bolsas y mochilas cargadas con productos alimentarios. Al ser preguntados por la procedencia de esos objetos, los dos ocupantes del coche respondieron de forma dubitativa y dando explicaciones poco creíbles.

La Policía inició pesquisas para averiguar si los objetos podrían proceder de algún hecho delictivo y la Policía Local de Nigrán confirmó que, momentos antes, se había producido un robo con fuerza en las instalaciones deportivas de Condomínguez, que son utilizadas por la Escuela Deportiva Valmiñor de Nigrán.

Allí había aparecido rota la ventana de acceso a la cantina y el interior estaba completamente revuelto, con la caja de caudales violentada, la despensa desordenada y varios productos de alimentación tirados por el suelo.

A la vista de estos hechos, se procedió a la detención de los dos varones interceptados, como supuestos autores de un delito de robo con fuerza, mientras que se sigue buscando a los otros dos sospechosos que también iban en el coche.

Arde un galpón en Cangas sin causar daños personales

0

También ardió una pequeña caldera que se encontraba en el interior del galpón y resultó dañado un muro de carga que cayó hacia el jardín

Un galpón con aperos de labranza se incendió en Cangas sin que se registraran daños personales.

Según informa el 112 Galicia, los bomberos de O Morrazo extinguieron el fuego que calcinó por completo el cobertizo y los utensilios que estaban en su interior.

Además, ardió una pequeña caldera que se encontraba en el interior del galpón y resultó dañado un muro de carga que cayó hacia el jardín de la casa que está situada junto al cobertizo.