O alcalde, Abel Caballero, e o delegado da Zona Franca, David Regades, asinaron, esta mañá, un protocolo de colaboración entre ambas as institucións co obxecto de establecer as bases para o desenvolvemento da ampliación do Polígono de Balaídos.
Dun tempo a
este parte, un dos sectores produtivos máis importante da Cidade de Vigo (e
mais da súa área de influencia), como é o da automoción, veñen expoñendo ós
representantes do Concello e do Consorcio a urxente necesidade de ampliar o
Polígono Industrial de Balaídos de cara ó mantemento e, como non, á
consolidación do sector. Na práctica, as súas inquedanzas maniféstanse polo empuxe
da produción noutras zonas do mundo, o cal pode provocar a perda da competitividade
da automoción viguesa, tan importante na economía local.
A urxencia
desta necesidade, compartida pola Zona Franca e o Concello de Vigo, faise máis
evidente se temos en conta a imperiosa necesidade de dispor de espazos
suficientes para adaptar os seus procesos produtivos ás rapidísimas evolucións
ás que están sometidos (coche eléctrico, conectado e compartido). De non ser
así, corremos o risco da perda da súa competitividade na área de Vigo, cos
enormes pexuizos que elo suporía.
Así pois, ambas
institucións, conscientes da importancia de dita actuación no artellamento do
sistema produtivo da área urbana de Vigo e a súa zona de influencia, da
complexidade que leva aparellada a súa xestión, e da magnitude dos recursos
previstos para a súa consecución, consideran que resulta necesaria a súa
implicación no desenvolvemento da ampliación do Polígono lndustrialde Balaídos,
no termo municipal de Vigo.
De cara a
consecución dos obxectivos previstos, ámbalas dúas partes acordan a constitución
dun grupo de traballo paritario que decida, e previas consultas ás
administracións con competencias, o a seguir para a ampliación do Polígono
lndustrial de Balaídos.
Para que esto
sexa posible, formarán un grupo de traballo que estará integrado polas persoas
designadas, aos efectos, polo Concello de Vigo e polo Consorcio da Zona Franca.
Unha
vez se determine o procedemento a seguir para o desenvolvemento desta
actuación, as partes formalizarán un Convenio no que se determinen os
compromisos concretos. Este Convenio incorporará as previsións necesarias para
garantir viabilidade desta actuación, entre as que estarán que o documento no
se qu e plasmen as condicións urbanísticas do desenvolvemento.
O
alcalde sinalou “a importancia de xerar chan industrial na cidade porque non
podemos volver atoparnos coa situación de que haxa empresas que non
poidan quedar en Vigo por falta de
chan” . Ademáis, quiso agradecer
á Zona Franca, e especialmente o labor do seu Delegado, o traballo que está a
facer e polo seu compromiso coa cidade de Vigo.
Pola súa banda, David Regades manifestou que para Zona Franca e para Vigo “O polígono de Balaídos, onde está ubicada a factoría de Citroën é prioritario, por iso, hoxe estamos a dar un paso máis para a ampliación do mesmo”. Ademais, o Delegado sinalou que “o ser unha ampliación do existente, tamén será declarado libre de impostos”. Con este protocolo xa empezamos a facer o proxecto sectorial e a debuxar o futuro da man do Concello co reflexo que está no plan xeral.»