Abel Caballero: «Continuamos no camiño de seguir facendo Vigo» coa aprobación provisional do PXOM

0

O pleno da coporación municipal de Vigo aprobou provisionalmente este xoves, con 17 votos a favor do grupo municipal socialista, 5 abstencións do PP e a negativa dos 3 concelleiros BNG, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM

O acordo que aluma o novo plan urbanístico de Vigo, que contempla a construción de 14.390 vivendas en réxime de protección para proporcionar pisos a prezos razoables aos vigueses, representa segundo Abel Caballero, a continuidade da senda marcada polo seu goberno para “seguir facendo Vigo”

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, destacou que fronte ás máis de 66.000 alegacións presentadas ao plan de 2008, o de 2023 contabilizou 4.502 das que o 77% foron incorporadas

Vigo asómase a 2024 cun novo PXOM que “que resolve problemas históricos da cidade, mellora a calidade de vida dos vigueses, garante o acceso á vivenda, e proporcionará unha urbe máis verde, con máis servizos e dotacións sendo respectuosa cos patrimonios cultural e natural». Así perfilou hoxe a cuarta tenente de alcaldía de Urbanismo e Vivenda, María Xosé Caride, o escenario da cidade tras a aprobación provisional dun plan diseñado para responder as necesidades de presente e que planifica o desarrollo futuro de Vigo, xa que contempla un crecemento “moderado e necesario” de chan residencial coa construción de 51.000 vivendas, fronte ás 150.000 que prevía o plan de 2008, e que planifica que o 37 por cento do chan residencial a desenvolver irá a vivendas en réxime de protección, co que se alumarán 14.290 pisos novos para atender a demanda actual dos 6.000 solicitantes, así como as futuras solicitudes.

Caride incidiu en o plan “fortalece” as contornas das parroquias, ademais de complementar as infraestruturas de comunicación e as verdes, propoñe solucións para resolver problemas como a integración da AP-9 ao seu paso por Teis; o acceso directo de Vigo coa 52 cunha autovía en túnel ao Porriño, e a conexión desta coa VG20.

A edil detallou que o PXOM tamén xerará novos e contínuos corredores verdes desde Teis a Samil, unindo a vía verde con Gran Vía e a Avenida de Castelao, completando o parque lineal ata a Avenida de Europa. A ésto sumarase un novo eixo verde entre Cabral e Samil polo Lagares, “o gran pulmón da cidade”. Reseñou que o planeamento prevé novos parques próximos ás novas infraestruturas verdes como os de Entrevías, Avenida de Europa, Sardoma, Lavadores ou A Salgueira. Tamén integra novos parques urbanos de máis de 20.000 metros cadrados como os da Leira Matías, o Ofimático, o de Oia ou o de Clara Campoamor. As zonas verdes aumentarán en 1,8 millóns de metros cadrados ata contar con 3,3 millóns.

A responsable de Urbanismo sinalou que o novo PXOM tamén facilita a implantación de actividades económicas de gran valor engadido ampliando polígonos,  desenvolvendo novos enclaves ben comunicados, ou recualificando espazos como o parque de Caramuxo ou o de Sárdoma. “Trátase de 1,1 millóns de metros cadrados adicionais de chan industrial e terciario, con independencia dos que se van a desenvolver en todas as áreas da cidade”, explicou.

Caride avanzou que as dotacións e equipamentos para a área Metropolitana increméntase en máis dun 50 por cento, o que permitirá duplicar as instalacións deportivas que facilitará a construción do Vigo Area nunha parcela de máis de 43.000 metros, de novos pavillóns deportivos, así como construír escolas de música en Oia ou Bembrive.

A edil detallou que o novo PXOM, ademais de ter informes sectoriais de 28 administracións, ten o fito histórico de contar coa Declaración Ambiental Estratéxica e, “por primeiro vez”, conta con o informe favorable condicionado de Patrimonio, situacións que non se deron no plan de 2008.

Apoio do 70 por cento do pleno

O portavoz do goberno, Carlos López Font, afrontou as críticas do PP e do BNG sobre a “falta de consenso” e de respostas ás alegacións, afirmando que o referendo maioritario ao PXOM constátase no apoio do 70 por cento dos concelleiros elixidos polos vigueses nos comicios de maio, así como na presentación de 4.502 alegacións fronte ás 66.000 de 2008 no mandato da popular Corina Porro. Afirmou que o plan “evidencia o castigo” do goberno da Xunta a Vigo.

Mos facilita o crecemento empresarial do municipio para seguir a xerar riqueza na localidade

0

O Pleno aprobou definitivamente o Plan Parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-06 en Veigadaña, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de solos urbanizables industriais para que Mos continúe crecendo empresarialmente

O Pleno da Corporación Municipal do Concello aprobou definitivamente na última sesión do ano por maioría dos seus membros o Plan Parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-06 en Veigadaña cos votos a favor do equipo de goberno e o grupo do PSOE e en contra do BNG.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, declararon a este respecto que o obxectivo do devandito Plan é “facilitar o desenvolvemento de solos urbanizables industriais no municipio para que poidamos seguir crecendo empresarialmente e que se siga a xerar riqueza na nosa localidade”.

Os representantes municipais, Arévalo e Ramilo, informaron así mesmo de que, tras desta aprobación definitiva en Pleno, o seguinte paso é a publicación no Boletín Oficial do Estado, BOE.

O SUDI-06 dispón dun total de preto de 13.000 metros cadrados (12.847 para ser exactos) na zona da Veigadaña, dos que case 9.000 metros cadrados (8.880) son de superficie edificable nos que se pode construír cunha altura máxima de 14 metros.

Rexedora local e edil de Urbanismo explicaron que “o desenvolvemento do SUDI-06 vai vencellado ao trazado do Camiño de Santiago que discorre por parte do perímetro do devandito solo industrial, de xeito que se levarán a cabo medidas de integración paisaxística como o apantallamento visual mediante un cordón verde de especies arbóreas e arbustivas”.

Ademais co desenvolvemento do SUDI-06 xeraranse 22 novas prazas de aparcamento e o promotor do solo industrial debe ceder polo prazo de 10 anos un espazo próximo aos 2.000 metros cadrados de superficie que obriga tamén a dito promotor ao mantemento da urbanización do SUDI-06.

O Consello Social ratifica o orzamento máis elevado na historia da UVigo

0

Ascende a 248,8 millóns de euros, un 9% máis que o de 2023

Tras o seu paso polo Claustro e polo Consello de Goberno, o Consello Social da Universidade de Vigo deu este xoves o seu visto e prace ao orzamento da institución académica para 2024, que será o máis elevado da súa historia, situándose nos 248,8 millóns de euros, o que supón un incremento do 9,17% con respecto ao do presente exercicio. A Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra acolleu nesta xornada o derradeiro pleno deste órgano no 2023, que tivo como punto central a ratificación dun orzamento que será remitido á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva. Así mesmo, o pleno do Consello Social tamén deu o seu visto e prace ao teito de gasto da UVigo para o vindeiro ano, que se sitúa nos 180,2 millóns de euros, e informou favorablemente das ofertas de emprego público para persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade.

Como “un orzamento de récord, un ano máis, que vai permitir avanzar nas políticas de desenvolvemento do programa de goberno, pero que ademais manifesta o enorme pulo que ten neste momento a investigación” na Universidade, definiu o reitor, Manuel Reigosa, o documento aprobado nesta xornada. Nese senso, o orzamento da UVigo para 2024 rexistra un aumento do 9,17% motivado pola sinatura do novo plan de financiamento do Sistema Universitario de Galicia e polo incremento na captación de fondos en convocatorias externas de carácter competitivo, aspecto no que fixo énfase o reitor, quen salientou que “os nosos grupos de investigación están a acadar moitísimos fondos externos en convocatorias de todo tipo, nomeadamente nas europeas, e iso tamén asegura a sustentabilidade de toda a institución”. A captación de fondos a través deste tipo de convocatorias foi tamén unha das cuestións destacadas polo presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, que definiu como un “fito” a ratificación do “orzamento máis elevado” na historia da institución, lembrando que este “pasou nuns poucos anos de 182 millóns a 248”. 

As contas da institución académica foron presentadas neste pleno pola xerenta, Yolanda Lesmes, que explicou que o capítulo de persoal continuará sendo o que teña maior peso no orzamento de gasto no vindeiro exercicio, representando un 58% do total, un 6,47% máis que no actual exercicio. “As políticas de persoal son sen dúbida as máis importantes e os orzamentos o que van a permitir é que continúen pola mesma liña”, destacou Reigosa. Ao mesmo tempo, lembrou o reitor, no orzamento para 2024 inclúense tamén “algunhas iniciativas” que contan co financiamento do plan de infraestruturas da Xunta de Galicia “que vannos permitir seguir avanzando” nesta materia e «estar presentes a todos os niveis» nos tres campus. Neste punto, Reigosa referiuse á construción do edificio de Ciencias Aeroespaciais en Ourense, que “imos poder sacar a concurso” en 2024, á realización dun estudo de posibles futuros usos do actual Hospital Provincial de Pontevedra e o proxecto de rehabilitación do edificio Siemens na ETEA, en Vigo.

Ratificación da oferta de emprego público

Nunha sesión “de contido basicamente eocnómico” da que Pedrosa destacou “a elevada asistencia”, ao contar coa participación de 29 dos 31 compoñentes deste órgano, procedeuse tamén á aprobación do orzamento do Consello Social para 2024, á vez que se ratificaron as ofertas de emprego público da Universidade para 2023, aprobadas en novembro polo Consello de Goberno. Trátase, por unha banda, dunha oferta para persoal docente e investigador (PDI) que ascende a 160 prazas, das que 50 corresponden a profesorado titular e 80 a profesorado permanente laboral, ás que hai que sumar 30 prazas de promoción interna de catedrático; e doutra de persoal e administración e servizos. Esta última comprende 14 prazas, oito do subgrupo A1, catro do subgrupo A2; unha do C1 e outra do C2; das que, en conxunto, catro corresponden á promoción interna, nove serán de acceso libre e unha última forma parte da cota de reserva para persoas con discapacidade.

Por outra banda, o pleno tamén informou favorablemente da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación, aprobada este luns polo Consello de Goberno, valorou as conclusións dunha auditoría operativa sobre procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo e aprobou a modificación dos prezos públicos polos servizos deportivos da Universidade para 2024.

O BNG oponse á aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por desoír as alegacións veciñais

0

A fronte nacionalista cualifica no Pleno como o “maior acto de irresponsabilidade política” do Goberno de Caballero a aprobación dun documento urbanístico que foi elaborado e tramitado “na escuridade dos despachos e sen dialogar con ninguén”

Xabier P. Igrexas: “A resposta do Goberno municipal diante das alegacións é facer oídos xordos porque este Plan Xeral o vai decidir Abel Caballero e solo el”

O Bloque Nacionalista Galego vén de opoñerse este xoves no Pleno municipal á aprobación provisional do novo PXOM de Vigo por desoír a maioría das alegacións veciñais. A fronte nacionalista cualifica como o “maior acto de irresponsabilidade política” do Goberno de Caballero a aprobación dun Plan Xeral que foi elaborado e tramitado “na escuridade dos despachos, sen dialogar con ninguén”.

Así o explicou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen lembrou que o voto nacionalista estaba condicionado á atención das demandas da veciñanza e dos colectivos sociais da cidade. “Veñen de dilapidar unha oportunidade histórica para aprobar un Plan Xeral de consenso, de toda a cidade e para toda a cidade”, lamentou, afeando que este documento, que vai definir o urbanismo da cidade durante máis de dúas décadas, sexa aprobado só cos votos favorábeis do PSOE.

Igrexas defendeu a necesidade dun PXOM que aposte por un modelo de cidade “racional, sustentábel, policéntrico e co urbanismo en favor do interese xeral e non da especulación”. Porén, criticou que o proxecto do Goberno local insista en reducir Vigo ao seu casco urbano mentres “condena ás parroquias a unha foto fixa”.

Vial PO-010 e pelotazo en Cabo Estai

Dende o BNG afearon tamén que o Goberno de Caballero mantén proxectos que van tronzar o rural vigués, como o vial PO-010, malia a ampla oposición veciñal nas parroquias afectadas. “Un vial que vostedes mesmos pretenden executar en 18 anos, case o mesmo tempo de vixencia previsto deste Plan”, reprochou, reiterando a esixencia de que se retire.

En termos de sustentabilidade, o portavoz nacionalista subliñou que este PXOM renuncia á recuperación integral de Samil, e denunciou o “escándalo” de que o Goberno de Caballero queira legalizar pola porta de atrás o “pelotazo urbanístico” en Cabo Estai para a construción de chalés VIP a pé de mar. Cuestionou ademais que se insista en ampliar os solos industriais en zonas habitadas como Matamá e Valadares.

Igrexas lamentou que este Plan Xeral tampouco vaia dar solucións ao grave problema de acceso á vivenda en Vigo, proxectando vivendas de protección pública que non se van executar “como as 6 mil vivendas prometidas por Abel Caballero en 2007 das que non fixo ningunha” así como renunciando a mobilizar as 22 mil desocupadas na cidade. En termos de mobilidade, tachou de “obsoleto” o modelo do Goberno local por desviar o tráfico rodado en lugar de apostar pola mobilidade colectiva para reducir a utilización do coche privado.

O PSOE tomba a moción do BNG pola sanidade

Durante o Pleno ordinario de decembro, celebrado tamén este xoves, o BNG defendeu unha moción para reclamar o punto e final dos recortes e privatizacións do PP na sanidade pública da cidade. Unha batería de 13 medidas para esixir máis medios económicos, materiais e humanos e para reverter o “negocio” do Hospital Álvaro Cunqueiro e do concerto con Povisa.

A moción resultou rexeitada polos votos en contra do grupo municipal do PP e pola abstención do grupo socialista. “O PSOE nunca votará a prol dunha moción que poña en cuestión o modelo de concerto singular de Povisa, non vaia ser que lle pechen a porta xiratoria”, reprochou Igrexas, en alusión a algún coñecido ex cargo do PSOE que exerce de destacado colaborador da dirección da empresa.

Veciñanza vetada no Pleno

Dende o BNG denunciaron que veciñas e veciños afectados non puideron acceder á sesión malia existir cadeiras baleiras no salón de Plenos e tamén a existencia de “listas negras” nas que se vetou de maneira arbitraria o acceso á sesión. Lembraron, ademais, a petición realizada polas nacionalistas para que o debate da aprobación provisional do novo Plan Xeral se celebrase no Auditorio municipal, en horario de tarde, precisamente para favorecer a asistencia do maior número de persoas.

A nova unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil xa está operativa

0

O novo dispositivo hospitalario, dirixido ao ingreso dos menores con problemas de saúde mental, iniciou hoxe o seu funcionamento con 3 pacientes hospitalizados

A Xunta realizou un investimento de 1,3 millóns de euros nas novas dependencias, que contan cun espazo de 740 m2 

A Unidade, a segunda de Galicia, é referencia para as provincias de Pontevedra e Ourense

Conta cun equipo de 20 profesionais: 2 psiquiatras,1 psicóloga clínica, 1 traballadora social, 1 terapeuta ocupacional, 7 enfermeiras e 8 técnicos en coidados auxiliares de enfermería

A nova Unidade de Hospitalización de Saúde Mental Infanto-Xuvenil iniciou hoxe o seu funcionamento no Hospital Álvaro Cunqueiro. Así, as novas dependencias xa acolleron aos 3 primeiros pacientes, menores con problemas de saúde mental.

A Xunta de Galicia realizou un investimento de 1,3 millóns de euros nas novas instalacións que contan cun espazo de 740 metros cadrados.

A nova Unidade, que dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas agudos saúde mental, é a segunda de Galicia (existe outra en Santiago). De feito, funcionará como referencia para todo o sur da comunidade galega  (incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e o Salnés, e a área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras), e permitirá facer fronte ao incremento da demanda que se observa nestas patoloxías, especialmente intentos de suicidio, trastornos de conduta alimentaria ou trastorno psicóticos.

O equipo de persoal que presta asistencia nestas dependencias está integrado por 20 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicóloga clínica, 1 traballadora social, 1 terapeuta ocupacional, 7 enfermeiras e 8 técnicos en coidados auxiliares de enfermería.

Este ano, o servizo de Psiquiatría leva rexistrados 70 ingresos de menores con patoloxías psiquiátricas, que ben eran hospitalizados en Pediatría ou tiñan que ser derivados á Unidade especializada de Santiago. A partir de hoxe, estes pacientes xa dispoñen dunha hospitalización específica e especializada para esta atención no Álvaro Cunqueiro.

Unha  área “humanizada”

A nova Unidade conta con entrada propia pola zoa sur do edificio hospitalario e dispón dunha área asistencial con seis habitacións que poden facerse dobres; área de terapia; e área de estar –con aula, sala de xogos, despacho docente, e sala de espera de familiares-. Conta tamén cunha zoa de consultas, de investigación e docencia.

Trátase dun espazo humanizado, construído con madeira e cristal, cunha estética moi coidada que ofrece un entorno acolledor e confortable, no que prima a relación co exterior, a luminosidade, a claridade nos accesos e circulacións, a discreción e a privacidade. Incluso dispón dun pequeno xardín con céspede artificial, plantas e flores.

Importantes melloras

Con esta nova dotación, a Consellería de Sanidade da cumprimento ao previsto no Plan de Saúde Mental de Galicia, que contempla un importante incremento de recursos para mellorar a asistencia ás patoloxías psiquiátricas, con especial atención á infancia e mocidade.

Neste contexto, nos últimos tempos na Área de Vigo púxose en marcha un Hospital de Día Infanto-Xuvenil no Nicolás Peña, servizo que desenvolve terapias intensivas e evita ingresos de rapaces e rapazas con problemas de saúde mental, e que conta cun comedor terapéutico. Ademais, tamén abriuse unha segunda unidade ambulatoria dirixida a menores no Cunqueiro.

En xeral, experimentouse un incremento moi significativo de todos os recursos dirixidos  á saúde mental, xa que ademais dos destinados á atención infantil, tamén dotouse de máis medios á atención de adultos, como a creación das Unidades de Saúde Mental de Ponteareas e Tui; a Unidade de Prevención do Suicidio; a Unidade de Multidisciplinar de Demencias; ou o Programa de Atención Sociosanitaria a Residencias, entre outras actuacións.

Incremento de profesionais

Todas estas novas dotacións supuxeron reforzar o cadro de persoal para a atención a sáude mental na Área Sanitaria de Vigo con 22 psiquiatras máis (un 78%)  ao pasar de 28 a 50; e 12 psicólogos máis (un 75%), ao pasar de 16 a 28; así como novas prazas de traballadoras sociais, persoal de enfermaría, TCAES e terapeutas ocupacionais.

A Deputación concede axudas a medio cento de mulleres da provincia por valor de 18.000 euros para impulsar a súa formación como adestradoras, xuízas e árbitras

0

Son profesionais dunha vintena de concellos da provincia vinculadas a deportes como o piragüismo, a ximnasia, o fútbol, o baloncesto ou o ciclismo, entre outros

Un total de 46 mulleres da provincia recibirán este ano as axudas da Deputación de Pontevedra para a súa formación como técnicas adestradoras, xuízas ou árbitras en distintas modalidades deportivas.

En total, son 18.098 euros que buscan paliar a escasa presenza feminina nestes ámbitos, sufragando os gastos de matrícula dos títulos oficiais, impartidos polas federacións deportivas autonómicas ou estatais ou nos centros de ensinanzas deportivas de réxime especial, que dan acceso a estes postos.

Máis polo miúdo, as 46 mulleres que reciben as axudas son de 19 concellos da provincia, a maior parte de Pontevedra (10) e Vigo (9), aínda que destacan tamén as de Poio (5), O Porriño (3), Tomiño (3), Cambados (2) ou Vilagarcía de Arousa (2). Outras solicitudes son de veciñas de Marín, Moraña, Nigrán, O Grove, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilaboa. En total, cada unha delas recibe entre 60 e 600 euros de axuda para facer fronte aos gastos dos diferentes cursos de formación.

No que atinxe ás modalidades deportivas, as peticións foron para cursos de formación de piragüismo, fútbol, baloncesto, ximnasia, natación, ciclismo, vela, surf, balonmán, patinaxe, karate ou montañismo.

Galicia revalida su liderazgo como la comunidad autónoma con más senderos azules, con un total de 49 itinerarios reconocidos, 14 más que en 2023

0

Ángeles Vázquez explica que este galardón, concedido por Adeac, busca poner en valor el papel de las sendas y caminos como recurso para disfrutar de la naturaleza, realizar actividades deportivas y de ocio al aire libre y aprender a interpretar ambientalmente el entorno

Galicia revalida su liderazgo como la Comunidad Autónoma con más senderos azules, con un total de 49 itinerarios reconocidos, 14 más que en 2023, según destacaba en las últimas horas la vicepresidenta segunda y conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Durante una visita a la ruta del monte Penizas, en el ayuntamiento de Marín, que acaba de ser reconocido con este distintivo, Ángeles Vázquez explicó que el galardón bandera sendero azul, concedido por la Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac), busca poner en valor el papel de las sendas y caminos como recurso valioso para disfrutar de la naturaleza, realizar actividades deportivas y de ocio al aire libre y aprender a interpretar ambientalmente el entorno.

A mayores, la vicepresidenta segunda, que estuvo acompañada del delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, subrayó que los 49 senderos azules con los que contará Galicia en 2024 pertenecen a 26 ayuntamientos, de los que 8 están en la provincia de A Coruña, 4 en la de Lugo y 13 en la de Pontevedra. Ángeles Vázquez puso en valor que la provincia de Ourense consiguió este año su primer sendero azul al ser reconocida con este distintivo la ruta de la Aceveda, en el Parque Natural do Invernadeiro, en el ayuntamiento de Vilariño de Conso.

Después de hacer hincapié en que Sanxenxo, con 8 itinerarios reconocidos, es el municipio español con más galardones, la vicepresidenta segunda detalló que en lo que alcanza a la comparativa a nivel nacional, por detrás de Galicia se sitúa la Comunidad Valenciana, con 22 itinerarios azules, y Andalucía, en la que reciben este reconocimiento 16 rutas.

El mejor presidente de la historia de la democracia

0

«No sé si hubo alguien mejor en una época pretérita. Quién sabe. Si alguien se da por aludido bastará con despacharlo con una V vanidosa»

Se ha acostumbrado Caballero a vivir en una hipérbole, hasta el punto de transformar un personaje gris y anodino en una exageración humorística y perpetua, capaz de espetar los dos dedos de la V -índice y corazón- de Vigo, de victoria o de vendetta, para celebrar, para atacar, incluso para humillar a los disidentes que no piensan como él.

Léase trabajadores de Vitrasa o enfadados por la amnistía, esa que hace a un ciudadano de Girona distinto a uno de Vigo, sin ir más lejos. Aquí, prevaricar tiene consecuencias. Allí, si eres independista, no.

Da igual. Con esa V de vergüenza Caballero los despacha a todos, sin diferencias, entre risas impúdicas de soberbia desmedida. La misma que ahora le lleva a poder afirmar, y no es una inocentada del 28 de diciembre -la frase la dijo ayer por la noche-, que Sánchez es para Vigo “el mejor presidente de la historia de la democracia”.

No sé si hubo alguien mejor en una época pretérita. Quién sabe. Si alguien se da por aludido bastará con despacharlo con una V vanidosa.

O con una V de vacío. El mismo vacío que ha dejado el túnel a O Porriño, comprometido por Rajoy hace ya casi 6 años. Un proyecto que no gustó al mejor presidente de la democracia para Vigo ante la previsión de ser acometido a través de un plan de inversión público-privada. ¿Habrase visto tal osadía del sector privado? Para eso están los presupuestos del Estado, que son gratis, ¿verdad?

El mismo mejor presidente que, con la misma V de vacío, despacha la salida sur ferroviaria con un estudio informativo, el tercero, aprobado, qué casualidad, antes de las elecciones generales de verano.

O el mismo mejor presidente que, con esa misma V de vacío, sigue jugando al gato y al ratón con el Perte del Vehículo Eléctrico, donde Stellantis Vigo recibe menos de 7 millones en la segunda convocatoria frente a los 56 para la misma factoría en Zaragoza.

Pero da igual. Porque todo da igual mientras siga gobernándonos una hipérbole. La misma que observa en Balaídos uno de los mejores estadios de Europa, que ve el reflejo de las luces de la ciudad desde la Estación Espacial Internacional, o que considera, claro está, a Pedro Sánchez el mejor presidente de la historia de la Democracia para Vigo. Faltaría más, o faltaría menos.

Vigocultura oferta 27 espectáculos no primeiro semestre de 2024

0

O Concello deseñou unha programación para tódolos públicos coa presenza de compañías galegas e nacionais que se desenvolverá desde o 3 de febreiro e ata o 28 de abril de 2024

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a programación cultural municipal do programa Vigocultura para o vindeiro semestre de 2024. Inclúe 27 actuacións, que se celebrarán entre o 3 de febreiro e o 28 de abril. Haberá 17 obras para adultos, 9 representacións para nenos e 1 interpretación para todos os públicos.

Abel Caballero valorou o programa como “actuacións de desenvolvemento cultural que teñen un éxito excepcional” e que abranguen diferentes disciplinas: teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo, entre outras. Participarán compañías galegas e nacionais, tanto emerxentes como cunha ampla experiencia.

A rúa do Príncipe será o escenario das actuacións ao aire libre e o Auditorio Municipal acollerá aquelas que se configuran en espazos pechados.

Programación:

▪ Sábado 3 de febreiro. Serán Producións: “O Bosque Vivinte”. Teatro de rúa

▪ Venres 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvania Suite”. Música

▪ Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias

▪ Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual

▪ Venres 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, Monólogo de Xosé Antonio Touriñán

▪ Sábado 17 de febreiro. Contraproduccións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia

▪ Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés ▪ Venres 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia

▪ Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia

▪ Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Só”. Marionetas

▪ Venres 1 de marzo. Iago Regueiro: “Grazas por vir, homenaxe a Lina Morgan”. Comedia

▪ Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia

▪ Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “Ou rapto de Befana”. Comedia de máscara

▪ Sábado 9 de marzo. Chévere Produccións: “Heller Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 10 de marzo. A meiga Fani: “Igualdade, onde estás?”. Maxia

▪ Venres 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo

▪ Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 17 de marzo. A coxa Dansa: “O conto de Persépolis”. Danza

▪ Venres 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4×4”. Comedia

▪ Sábado 13 de abril. Lembranza: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 14 de abril. Aina Marabillas&Portal71: “As Cotton”. Marionetas

▪ Venres 19 de abril. Deste Xeito Produccións: “Neura”. Estrea. Comedia

▪ Sábado 20 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “A punta do meu nariz”. Circo

▪ Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo ▪ Venres 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantes”. Danza ▪ Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza ▪ Domingo 28 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “361” da Compañía Proxecto de Tránsito. Híbrido de circo e danza

Caballero destaca que o orzamento de 2024 conta con investimentos «excepcionais» de 50 millóns de euros

0

A corporación municipal ha aprobado definitivamente este mércores, con 18 votos a favor do grupo municipal socialista e 8 en contra dos concelleiros do PP e do BNG, os orzamentos municipais para 2024

Abel Caballero remarcou que os 316,6 millóns do orzamento de 2024, ademais de configurar unhas contas  moi sociais, contan con importantes bonificacións fiscais e con espírito investidor. Destacou que contemplan bonificacións fiscais e deducións de impostos por valor de máis de 15 millóns para familias numerosas, o IBI de centros educativos, ou o IAE de pemes. Sinalou que ademais, inclúe a bonificación da taxa do recibo da recollida de residuos, das instalacións deportivas, das escolas infantís, ademais da exención de impostos ás terrazas da hostalería.

O rexidor lembrou que a bonificación ao transporte urbano conta cunha partida de 16 millóns polo que os gobernos local e estatal financian 1 euro de cada billete da PassVigo e facilitan o uso gratuíto a 45.000 pensionistas da cidade.

Caballero destacou os 67 millóns que destinará o concello a Benestar Social Comunitario, así como os 23 millóns de benestar social, os 24 millóns de educación e os 1,5 millóns de Igualdade. Apuntou que a seguridade, tráfico e bombeiros destinaranse 14 milllones; que se engaden a outros 47 millóns para limpeza e a 33 millóns en vías e obras. Explicou que cultura contará con 17 millóns; medio ambiente terá 17 millóns; urbanismo dispoñerá de 12 millóns. Ademais, os sectores do comercio e do turismo accederán a 7,5 millóns. Para emprego destinaranse 5 millóns. “Isto significa que temos un orzamento centrado en xerar emprego, en humanizaciones e gastos de investimento, así como en deporte, en cultura e na limpeza e a actuación na cidade”.

O alcalde detallou que dos 50 millóns de investimento, máis de 7 destinaranse á obra da Avenida de Madrid, que arrincará este ano. O programa de Vigo Vertical contará con 6 millóns para as ramplas dos centros de saúde de Lavadores e de Teis, ademais da humanización desde o colexio Losada, o ascensor de Travesía de Vigo a Aragón. Entre os proxectos tamén figuran a primeira fase de mellora do parque de Navia, así como da rúa Val Miñor, ademais de instalacións deportivas, entre as que se atopa a construción da bancada de gol do estadio municipal de Balaídos, a nova pista de atletismo ou a reforma da piscina de Teis, ademais de culturais como a biblioteca de Teis que iniciará a súa actividade este ano.

O rexedor apuntou que o servizo de extinción de incendios contará cun novo parque de bombeiros que entrará en funcionamento en 2024, así como unha escaleira móbil que require máis de 1.000.000 de euros.

Presupostos «bos para toda a cidade»

Os orzamentos municipais de 2024 “son bos para toda a cidade porque son investidores, redistributivos, e satisfán todas as necesidades de barrio e parroquias”, ademais de atender ás propostas presentadas polos distintos colectivos sociais e veciñais de Vigo. Así argumentou este mércores o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, o aval do grupo municipal socialista a unhas contas que entre os seus eixos fundamentais atópanse, ademais de ser aprobados por décimo sétimo ano consecutivo, contar con débeda cero e unha baixa presión fiscal.

Jaime Aneiros incidiu en que os orzamentos, ademais de alcanzar o récord de sumar 316,6 millóns de euros, son “equilibrados, factibles, realizables, realistas e respectuosos coa legalidade” e continuan coa transformación que o goberno de Abel Caballero realiza en todos os barrios e parroquias da cidade, como se constata nos numerosos proxectos de mellora da mobilidade.

O concelleiro de Orzamentos recalcou que o incremento en 24,5 millóns de euros con respecto ás contas de 2023 “destínanse integramente á cidade”, e execútanse con recursos propios, e sen outra axuda que a da Admnistración do Estado, xa que a Xunta apenas achega 6 millóns de euros a estes orzamentos”.

O voto negativo dos cinco edís do PP e os 3 do BNG, que criticaron ao goberno o rexeitamento das súas emendas, foi contestado polo portavoz socialista Carlos López Font remarcando “a coincidencia das dúas formacións na falta de proxecto político para Vigo e no seu descoñecemento do que ocorre na cidade. Insisió en que os orzamentos aprobados “son os que necesitan a cidade e que en 2025 “chegará outro orzamento fabuloso”.