Abel Caballero: «Continuamos no camiño de seguir facendo Vigo» coa aprobación provisional do PXOM

O pleno da coporación municipal de Vigo aprobou provisionalmente este xoves, con 17 votos a favor do grupo municipal socialista, 5 abstencións do PP e a negativa dos 3 concelleiros BNG, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM

O acordo que aluma o novo plan urbanístico de Vigo, que contempla a construción de 14.390 vivendas en réxime de protección para proporcionar pisos a prezos razoables aos vigueses, representa segundo Abel Caballero, a continuidade da senda marcada polo seu goberno para “seguir facendo Vigo”

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, destacou que fronte ás máis de 66.000 alegacións presentadas ao plan de 2008, o de 2023 contabilizou 4.502 das que o 77% foron incorporadas

Vigo asómase a 2024 cun novo PXOM que “que resolve problemas históricos da cidade, mellora a calidade de vida dos vigueses, garante o acceso á vivenda, e proporcionará unha urbe máis verde, con máis servizos e dotacións sendo respectuosa cos patrimonios cultural e natural». Así perfilou hoxe a cuarta tenente de alcaldía de Urbanismo e Vivenda, María Xosé Caride, o escenario da cidade tras a aprobación provisional dun plan diseñado para responder as necesidades de presente e que planifica o desarrollo futuro de Vigo, xa que contempla un crecemento “moderado e necesario” de chan residencial coa construción de 51.000 vivendas, fronte ás 150.000 que prevía o plan de 2008, e que planifica que o 37 por cento do chan residencial a desenvolver irá a vivendas en réxime de protección, co que se alumarán 14.290 pisos novos para atender a demanda actual dos 6.000 solicitantes, así como as futuras solicitudes.

Caride incidiu en o plan “fortalece” as contornas das parroquias, ademais de complementar as infraestruturas de comunicación e as verdes, propoñe solucións para resolver problemas como a integración da AP-9 ao seu paso por Teis; o acceso directo de Vigo coa 52 cunha autovía en túnel ao Porriño, e a conexión desta coa VG20.

A edil detallou que o PXOM tamén xerará novos e contínuos corredores verdes desde Teis a Samil, unindo a vía verde con Gran Vía e a Avenida de Castelao, completando o parque lineal ata a Avenida de Europa. A ésto sumarase un novo eixo verde entre Cabral e Samil polo Lagares, “o gran pulmón da cidade”. Reseñou que o planeamento prevé novos parques próximos ás novas infraestruturas verdes como os de Entrevías, Avenida de Europa, Sardoma, Lavadores ou A Salgueira. Tamén integra novos parques urbanos de máis de 20.000 metros cadrados como os da Leira Matías, o Ofimático, o de Oia ou o de Clara Campoamor. As zonas verdes aumentarán en 1,8 millóns de metros cadrados ata contar con 3,3 millóns.

A responsable de Urbanismo sinalou que o novo PXOM tamén facilita a implantación de actividades económicas de gran valor engadido ampliando polígonos,  desenvolvendo novos enclaves ben comunicados, ou recualificando espazos como o parque de Caramuxo ou o de Sárdoma. “Trátase de 1,1 millóns de metros cadrados adicionais de chan industrial e terciario, con independencia dos que se van a desenvolver en todas as áreas da cidade”, explicou.

Caride avanzou que as dotacións e equipamentos para a área Metropolitana increméntase en máis dun 50 por cento, o que permitirá duplicar as instalacións deportivas que facilitará a construción do Vigo Area nunha parcela de máis de 43.000 metros, de novos pavillóns deportivos, así como construír escolas de música en Oia ou Bembrive.

A edil detallou que o novo PXOM, ademais de ter informes sectoriais de 28 administracións, ten o fito histórico de contar coa Declaración Ambiental Estratéxica e, “por primeiro vez”, conta con o informe favorable condicionado de Patrimonio, situacións que non se deron no plan de 2008.

Apoio do 70 por cento do pleno

O portavoz do goberno, Carlos López Font, afrontou as críticas do PP e do BNG sobre a “falta de consenso” e de respostas ás alegacións, afirmando que o referendo maioritario ao PXOM constátase no apoio do 70 por cento dos concelleiros elixidos polos vigueses nos comicios de maio, así como na presentación de 4.502 alegacións fronte ás 66.000 de 2008 no mandato da popular Corina Porro. Afirmou que o plan “evidencia o castigo” do goberno da Xunta a Vigo.