Caballero destaca que o orzamento de 2024 conta con investimentos «excepcionais» de 50 millóns de euros

A corporación municipal ha aprobado definitivamente este mércores, con 18 votos a favor do grupo municipal socialista e 8 en contra dos concelleiros do PP e do BNG, os orzamentos municipais para 2024

Abel Caballero remarcou que os 316,6 millóns do orzamento de 2024, ademais de configurar unhas contas  moi sociais, contan con importantes bonificacións fiscais e con espírito investidor. Destacou que contemplan bonificacións fiscais e deducións de impostos por valor de máis de 15 millóns para familias numerosas, o IBI de centros educativos, ou o IAE de pemes. Sinalou que ademais, inclúe a bonificación da taxa do recibo da recollida de residuos, das instalacións deportivas, das escolas infantís, ademais da exención de impostos ás terrazas da hostalería.

O rexidor lembrou que a bonificación ao transporte urbano conta cunha partida de 16 millóns polo que os gobernos local e estatal financian 1 euro de cada billete da PassVigo e facilitan o uso gratuíto a 45.000 pensionistas da cidade.

Caballero destacou os 67 millóns que destinará o concello a Benestar Social Comunitario, así como os 23 millóns de benestar social, os 24 millóns de educación e os 1,5 millóns de Igualdade. Apuntou que a seguridade, tráfico e bombeiros destinaranse 14 milllones; que se engaden a outros 47 millóns para limpeza e a 33 millóns en vías e obras. Explicou que cultura contará con 17 millóns; medio ambiente terá 17 millóns; urbanismo dispoñerá de 12 millóns. Ademais, os sectores do comercio e do turismo accederán a 7,5 millóns. Para emprego destinaranse 5 millóns. “Isto significa que temos un orzamento centrado en xerar emprego, en humanizaciones e gastos de investimento, así como en deporte, en cultura e na limpeza e a actuación na cidade”.

O alcalde detallou que dos 50 millóns de investimento, máis de 7 destinaranse á obra da Avenida de Madrid, que arrincará este ano. O programa de Vigo Vertical contará con 6 millóns para as ramplas dos centros de saúde de Lavadores e de Teis, ademais da humanización desde o colexio Losada, o ascensor de Travesía de Vigo a Aragón. Entre os proxectos tamén figuran a primeira fase de mellora do parque de Navia, así como da rúa Val Miñor, ademais de instalacións deportivas, entre as que se atopa a construción da bancada de gol do estadio municipal de Balaídos, a nova pista de atletismo ou a reforma da piscina de Teis, ademais de culturais como a biblioteca de Teis que iniciará a súa actividade este ano.

O rexedor apuntou que o servizo de extinción de incendios contará cun novo parque de bombeiros que entrará en funcionamento en 2024, así como unha escaleira móbil que require máis de 1.000.000 de euros.

Presupostos «bos para toda a cidade»

Os orzamentos municipais de 2024 “son bos para toda a cidade porque son investidores, redistributivos, e satisfán todas as necesidades de barrio e parroquias”, ademais de atender ás propostas presentadas polos distintos colectivos sociais e veciñais de Vigo. Así argumentou este mércores o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, o aval do grupo municipal socialista a unhas contas que entre os seus eixos fundamentais atópanse, ademais de ser aprobados por décimo sétimo ano consecutivo, contar con débeda cero e unha baixa presión fiscal.

Jaime Aneiros incidiu en que os orzamentos, ademais de alcanzar o récord de sumar 316,6 millóns de euros, son “equilibrados, factibles, realizables, realistas e respectuosos coa legalidade” e continuan coa transformación que o goberno de Abel Caballero realiza en todos os barrios e parroquias da cidade, como se constata nos numerosos proxectos de mellora da mobilidade.

O concelleiro de Orzamentos recalcou que o incremento en 24,5 millóns de euros con respecto ás contas de 2023 “destínanse integramente á cidade”, e execútanse con recursos propios, e sen outra axuda que a da Admnistración do Estado, xa que a Xunta apenas achega 6 millóns de euros a estes orzamentos”.

O voto negativo dos cinco edís do PP e os 3 do BNG, que criticaron ao goberno o rexeitamento das súas emendas, foi contestado polo portavoz socialista Carlos López Font remarcando “a coincidencia das dúas formacións na falta de proxecto político para Vigo e no seu descoñecemento do que ocorre na cidade. Insisió en que os orzamentos aprobados “son os que necesitan a cidade e que en 2025 “chegará outro orzamento fabuloso”.