Arden dos coches estacionados en Poio

0

Sobre las dos de la madrugada un particular se ponía en contacto con la central de emergencias para alertar de que le ardía el coche y de que había más coches estacionados a su lado que podrían verse afectados

Los servicios de emergencias tuvieron que extinguir durante la madrugada de este domingo un incendio que calcinó dos vehículos que estaban estacionados en la calle Oliveira de Poio.

Según informa el 112 Galicia, los hechos sucedieron sobre las 02.00 horas. Un particular se ponía en contacto con la central de emergencias para alertar de que le ardía el coche y de que había más coches estacionados a su lado que podrían verse afectados.

Desde el 112 Galicia pasaron aviso a los miembros del Servicio de Emergencias-GES de Sanxenxo, a la Guardia Civil y a los efectivos de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de la localidad.

Tras llegar al lugar y apagar el fuego, los miembros del GES indicaron que habían ardido dos vehículos en su totalidad y otros dos también resultaran afectados por las llamas

Rueda comprométese a duplicar o parque público de vivenda de Galicia ata chegar ás 8.000 vivendas públicas e as 20.000 vivendas protexidas en 2028

0

O líder dos populares galegos presenta un programa “realista e realizable” que fai súas as prioridades dos galegos e aspira a consolidar “a Galicia que funciona” a través de 870 medidas recollidas nun documento de más de 170 páxinas

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Lugo o programa electoral co que aspira a obter a súa primeira maioría absoluta a través dun total de 870 medidas baseadas nas prioridades dos galegos e pensadas para a que a nosa Comunidade siga sendo unha referencia de serenidade, apertura, sentidiño, fiabilidade, confianza, traballo e unión. “O programa da Galicia que funciona”, sintetizou.

Dese total de propostas recollidas nas 177 páxinas do documento programático dos populares galegos, o presidente quixo destacar o compromiso de que Galicia duplique o seu parque público de vivenda, pasando das 3.800 vivendas públicas actuais a 8.000 en 2028. E, nesta mesma liña, que para ese ano haxa tamén a disposición dos galegos, en réxime de alugueiro e a prezos accesibles, un total de 20.000 vivendas protexidas.

Un compromiso que quixo subliñar hoxe para exemplificar a diferenza entre aqueles que fan promesas irresponsables a pesar de saber que non se poden cumprir e aqueles que adquiren compromisos realistas e adaptados ás necesidades persoas contando cos recursos para materializalos.

“Eu preséntome ás eleccións consciente do feito ao longo deses anos e do moito que queda por facer, para mellorar, para seguir orientando as nosas políticas ao que demanda a xente que é destinataria delas e para seguir servindo ao pobo de Galicia con lealdade e sen outra dedicación que aos galegos e galegas. Para iso é o programa que presentamos”, explicou.

«A Galicia que queremos»

Alfonso Rueda indicou que o seu programa electoral é un documento onde se recolle a Galicia que quere e que é o resultado de analizar o que se fixo nestes e o que se quere facer a partir do 18 de febreiro. De aí que incidise na importancia de obter a credibilidade e a confianza da xente a través do cumprimento da palabra dada: “O primeiro desafío dun político é ter palabra, porque quen ten palabra xera confianza. E a confianza gáñase prometendo só aquilo que sabes que podes facer”.

“Nós non temos unha folla de ruta en branco. O que temos é un balance de xestión de 15 anos con acertos e erros, pero coa confianza de que cada vez que os galegos examinaron o feito e o que nos comprometemos a facer, outorgáronos a súa confianza”, afirmou para acto seguido referirse a aqueles que “prometen calquera cousa porque nunca gobernaron” e aos que “en canto gobernaron houbo que botalos”.

Ese balance é no que Rueda quere apoiarse “para que a xente crea que o que queremos vai ser unha realidade ao igual que o foi todo aquilo do que agora mesmo podemos presumir”. E puxo como exemplo disto o incremento das exportacións de Galicia, as baixadas de impostos, o aumento do investimento na sanidade pública, a implantación da gratuidade das escolas infantís, a redución da taxa de abandono escolar, o liderado na loita contra o cambio climático ou a creación de 30.000 novos postos de traballo nestes anos.

Unidade, certezas e responsabilidade

O presidente remarcou que o seu programa é “realizable” e que nel “non hai nada que non se poda sufragar cos cartos que hai no Orzamento deste ano ou dos anos vindeiros”. De feito, considera que precisamente esa capacidade de ser realizable é o que fai “ambicioso” a este conxunto de propostas.

“Se os galegos me dan a súa confianza, eu non vou ter que chamar á porta da Moncloa para preguntar que podo facer ou que non, nin vou ter que facer renuncias e escuras negociacións ou depender dos independentistas vascos e cataláns. Porque eu só estou disposto a pactar coa xente á que lle pido a confianza a través deste programa”, engadiu.

Un programa cuxas propostas están pensadas “para a Galicia das persoas que necesitan servizos públicos de calidade, para a Galicia que prospera e para a Galicia que avanza”. Un compromiso co avance para o que Rueda fixo un chamamento aos seus: “Temos que seguir avanzando apoiándonos no feito, con unidade, con certezas, con responsabilidade e sen prometer nada que non se poida facer”.

«Non quero que se nos negue aquilo ao que temos dereito»

O presidente e candidato do PPdeG quixo tamén referirse á visita de Pedro Sánchez hai uns días a Ferrol na que prometeu unha fragata que “hai uns meses o propio Goberno central dicía que non ía facer e sen que a propia Mariña Española tivese constancia deste anunciou”. Unha actitude ao que, engadiu, os galegos xa están tristemente acostumados.

“Cando o candidato socialista presume de ser o gran conseguidor, o que realmente está a mostrar é como funcionan realmente os partidos que prometen moito e non fan nada: e seis anos de Goberno socialista en España, nada para Galicia e todo agora a tres semanas das eleccións”, explicou.

Unha situación de incumprimento xeneralizado que fixo extensiva a outras cuestións de gran importancia para Galicia como as referidas á situación de empresas como Altri ou Alcoa, ou a situación de infraestruturas como a A-6.

“Non podemos tolerar que se lle dea aos de sempre o que se nos nega a todos os demais. Eu non quero que se lle negue nada a ninguén, pero non vou permitir que a nós se nos negue aquilo ao que temos dereito”, concluíu Rueda afeando ao nacionalismo galego a súa “complicidade necesaria” ao respecto destes agravios e a súa incapacidade para “non conseguir nada” de Pedro Sánchez “a costa de tomarlle o pelo aos galegos”.

Rescatan a dos personas atrapadas en el interior de un vehículo tras una colisión en Vigo

0

La central de emergencias ha dado aviso a al Servicio de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, a los Bomberos de Vigo y a la Policía Local

Los Bomberos de Vigo han rescatado a dos personas heridas y atrapadas en el interior de un vehículo tras una colisión entre dos turismos en la avenida de Buenos Aires, en Teis.

Según ha informado el 112, el accidente se ha registrado sobre las 16.30 horas de este sábado y han sido varios los particulares que han llamado para pedir ayuda.

La central de emergencias dio aviso a al Servicio de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, a los Bomberos de Vigo y a la Policía Local, que ya tenía constancia del suceso. En el punto, los Bomberos confirmaron la excarcelación de las dos personas y limpiaron la vía.

Alfonso Rueda comprométese a construír novas residencias xuvenís e a crear seis novos Espazos Xoves nas cidades galegas

0

A proposta de Novas Xeracións de Galicia, tamén estarán incluídas no programa electoral outras medidas como un plan de promoción da saúde mental entre a xuventude, un programa de primeira experiencia na empresa e novas axudas para que a mocidade alugue vivendas

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, comprometeuse coa mocidade galega a construír novas residencias xuvenís autonómicas e a crear seis novos Espazos Xoves nas cidades da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo —Ourense é a única que conta con un—.

Coa primeira medida incrementaríase o actual milleiro de prazas en residencias autonómicas, ás que habería que sumar as que xa teñen as universidades galegas. De xeito que máis estudantes universitarios e de Formación Profesional poderán ter na próxima lexislatura aloxamento e comida a tarifas económicas e, segundo apuntou Rueda, con toda a dignidade que merecen.

No que se refire aos Espazos Xoves, o presidente afirmou ser consciente da falta de espazo de encontro para pasar o tempo, aprender e divertirse co que a mocidade se atopa en moitas ocasións. De aí que, coa posta en marcha destes novos espazos, o PPdeG pretenda poñer o seu gran de area para solucionar esta situación. Estas instalacións sumaranse ás 12 existentes, un deles localizado na cidade de Ourense.

Alfonso Rueda anunciou ademais que no programa electoral que se presentará mañá irán incluídas tamén tres peticións que lle trasladou a presidenta de Novas Xeracións de Galicia en nome desta organización xuvenil: un plan de promoción da saúde mental entre a xuventude, un programa de primeira experiencia na empresa e novas axudas para que a mocidade alugue vivendas.

Deste xeito, o proxecto do PPdeG levará o selo da mocidade galega e, se revalida a confianza maioritaria de Galicia, velará para que as súas prioridades sexan tamén as do Goberno galego. Porque, segundo subliñou o líder dos populares galegos, o gran desafío de Galicia é ser capaz de crear novas oportunidades para unha mocidade que chega pisando forte.

Selo da mocidade

Ante unha audiencia de medio millar de mozos e mozas, Alfonso Rueda dirixiuse a todos eles como pai de dúas representantes da “xeración Z” que é consciente das diferencias que separan a esta xeración da dos “boomers”, pero tamén dos elementos de unión entre ambas. Xa que, na súa opinión, as inquedanzas duns e outros son igual de lexítimas, as súas ideas igual de debatibles e as súas preocupacións igualmente importantes á hora de ser atendidas.

Unha actitude que contrasta coa de aqueles partidos aos que lles gustaría que toda a xente nova pensase o mesmo e votase o mesmo. “Equivócanse”, asegurou o presidente e candidato do PPdeG reivindicando a orgullosa liberdade da mocidade galega que fala no idioma que quere, ama como quere, ten as ideas que quere e confía no partido que quere.

Nesta liña pediu a todos os asistentes ao acto que desconfíen de todos os políticos que queiran converterse nos representantes únicos da mocidade, que pretendan ter a autoridade para decidir que se pode ou non pensar, e que se apropien da voz da xuventude en lugar de escoitala. Porque, concluíu Rueda, non respecta máis á mocidade quen máis fala no seu nome, senón quen mellor comprende a diversidade que os fai únicos.

O líder dos populares galegos é consciente dos moitos atrancos que a xuventude se atopa para prosperar, emanciparse e vivir a súa propia vida; por iso reivindicou o orgullo de que Galicia estea no bo camiño no que se refire á equidade do seu sistema educativo, á redución do abandono escolar e o incremento do número de mozas e mozas menores de 30 que atopan traballo. Tamén puxo en valor iniciativas como o Xuventude Mentoring ou o Mentoring na Empresa que facilitan a inserción laboral e o acceso ao primeiro emprego de mozas e mozos con estudos superiores.

Datos esperanzadores polos que, explicou, hai que seguir traballando e de aí o seu compromiso de implantar a gratuidade das primeiras matrículas universitarias en todos os cursos e graos. Así como ofrecer máis apoios ao emprendemento e a quen queira formar unha familia, ademais de axudas para acceder a un fogar digno.

Rueda rematou a súa intervención subliñando que, fronte ao multipartito do ‘non’ a todo, a mocidade galega poderá sempre contar cun PPdeG que quere construír de xeito conxunto un futuro mellor no que os protagonistas sexan os mozos e mozas galegos e para que ninguén roube a voz de Galicia e da súa xuventude.

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na segunda ruta ornitolóxica de “Voando nas Rías Baixas”

0

A ruta, impulsada pola institución provincial da man de SEO/BirdLife, terá lugar o 11 de febreiro e permitirá coñecer as aves da contorna do río Lérez e o Complexo Intermareal Combarro-Lourido

Dende este luns 29 de xaneiro e ata o 9 de febreiro poderase formalizar a inscrición para participar na segunda das rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra deste 2024. A segunda proposta do ano do programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial da man de Seo/BirdLife, terá lugar o domingo 11 de febreiro cunha ruta polo Estuario do río Lérez e o Intermareal Combarro-Lourido (Pontevedra e Poio).

O Lérez verte as súas augas sobre o mar ao fondo da ría de Pontevedra e apórtalle ricos sedimentos a un interesante intermareal no que as áreas de lodo e area atraen a unha grande diversidade de aves. Neste espazo destacan as limícolas, coma o pilro común, a píllara cincenta, a píllara real, o mazarico chiador, o virapedras, o bilurico patirrubio, a gaivota ou o bilurico das rochas. Non faltan as aves mariñas coma o mourelo, o carolo, o carrán cristado ou o corvo mariño grande; os ardeidos como a garza real ou a garzota e incluso é posible atopar algún cullereiro.

As persoas interesadas en participar poderán facelo a través do formulario publicado xa na páxina web da Deputación de Pontevedra. Ofértanse 25 prazas e poderase anotar na actividade a persoa solicitante xunto con tres acompañantes máis. O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento coma para a visita da zona na que ten lugar a actividade e recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle unha guía de aves.

O programa “Voando nas Rías Baixas” contempla no 2024, ademais deste percorrido polo Estuario do río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido, outras cinco rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000. Deste xeito, en abril polas Ribeiras do río Umia (Ribadumia e Cambados), en maio pola Serra do Suído (A Lama, Fornelos de Montes e Covelo), en xuño pola praia da Lanzada (O Grove), en setembro polas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro polo esteiro do río Miño (A Guarda).

El PP de Vigo cifra en 14.658 los vigueses que se han beneficiado hasta ahora del Bono Deporte de la Xunta con un ayuda que se acerca a los 2M€

0

Este programa apoya a las familias con jóvenes de entre 6 y 16 años, federados o inscritos en Xogade, sufragando el 80% de las compras de material y equipación o la asistencia a clases de actividades deportivas

Los candidatos vigueses del PPdeG que integran la lista por Pontevedra a las próximas elecciones autonómicas aprovecharon su participación en la tarde noche de ayer en el I Trofeo de Atletismo, +Deporte Atlántico-Celta Atletismo para destacar el impacto que está teniendo entre las familias viguesas el Bono Deporte, de 120 euros, que la Xunta de Galicia activó el pasado 8 de enero y que aún puede descargarse hasta el 29 de febrero.

Durante la competición, celebrada en el recinto ferial de Vigo (Ifevi), y que contó con la asistencia entre otras autoridades de la vicepresidenta primera de la Diputación y presidenta local del PP, Marta Fernández-Tapias, la número dos de la candidatura, Patricia García, cifró en 14.658 los vigueses que se han beneficiado hasta ahora de esta bonificación. Una ayuda que en el conjunto de la ciudad suma ya la cantidad de 1.758.960 euros, con 77 establecimientos adheridos entre clubes, federaciones y comercios.

Se trata de un programa apoyo a las familias con jóvenes de entre 6 y 16 años, federados o inscritos en Xogade, a los que se les sufraga el 80% de las compras de material y equipación o la asistencia a clases de actividades deportivas.

“Creemos que es una medida que favorece las condiciones necesarias para la práctica deportiva, sin duda uno de los mejores vehículos de trasmisión de valores y de hábitos saludables”, aseguró García, que asistió a la prueba deportiva junto a los también miembros de la candidatura Marta Mariño y Miguel Fidalgo.

Pontón compromete máis solo industrial na área de Vigo para facilitar a captación de investimentos e novas empresas

0

Avanza que traballará como aliada de Vigo, prescindido da confrontación estéril, para que a cidade e toda a súa área sigan sendo un motor económico de Galicia

A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, participou en Vigo nun xantar-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios no que avanzou as liñas estratéxicas do seu programa económico. Diante dunha ampla representación do empresariado. Pontón fixo unha clara aposta pola reindustrialización de Galicia e polo impulso do sector da ciencia e da tecnoloxía como dous dos piares da súa acción de goberno se os galegos lle dan a confianza o 18-F.

A candidata nacionalista garantiu que será unha presidenta “aliada” de Vigo e comprometeuse a non escatimar esforzos para que a cidade e toda a súa área sigan sendo “motor económico” de Galicia cunha industria máis forte e mellores comunicacións que permitan aumentar a súa competitividade.

Defendeu, entre outras cuestións, unha maior dotación de solo empresarial para a captación de novas empresas e o impulso as comunicacións con Portugal. Neste punto, aludiu á alta velocidade entre Vigo e Lisboa e a gratuidade da AP-9 como unha das cuestións estratéxicas que defenderá dende a presidencia da Xunta para impulsar a competitividade do tecido empresarial da comarca.      

“Galicia está quedando atrás desde o punto de vista económico e por iso precisamos un goberno capaz de impulsar grandes transformacións”, expuxo, comprometéndose a continuación a impulsar un plan de fomento da actividade tecnolóxica e industrial co obxectivo de incrementar en 8 puntos o peso deste sector no PIB -que hoxe supón menos dun 16 %- e xerar en torno a 12.000 empregos até o 2030.

Un plan que, segundo detallou, busca dar  pulo ao “enorme potencial” en sectores como o naval, a automoción ou a cadea mar-industria, pero tamén abrir novas oportunidades en sectores emerxentes  como a biotecnoloxía, a cadea monte-madeira,ou a bioeconomía circular.  Pechar ciclos produtivos e incrementar as cadeas de valor serán tamén obxectivos no programa de goberno do BNG, subliñou.

Pontón avanzou, por outra banda, que impulsará como presidenta un pacto pola ciencia e a innovación ciencia xunto a universidades, centros tecnolóxicos e clústeres co obxectivo de destinar o 3 % do PIB a este sector no horizonte de 2030, sumando iniciativa pública e privada. Co BNG liderando o Goberno galego, explicou aos empresarios de Vigo, crearase tamén o Innogal, un instituto similar ao Ikerbasque ou o Icrea para captar financiación destinada a grandes proxectos que innoven e aporten coñecemento.

No que se refire ao modelo enerxético, o programa que Pontón expuxo ante os empresarios inclúe a creación dunha empresa pública de enerxía e a tarifa eléctrica galega.  Trátase dun modelo posto ao servizo do País, da súa clase traballadora e as súas empresas, porque “non é aceptable un modelo deseñado a medida do lobby eléctrico, pensado para que unha presa de multinacionais teñan uns beneficios obscenos, mentres as nosas empresas pagan cada día máis pola enerxía lastrando a súa competitividade”, advertiu.

Fronte ao actual espolio dos recursos, no modelo enerxético do BNG a eólica será compatible co medio ambiente e co rural, e os novos parques estarán ligados a proxectos industriais para crear emprego, con participación pública e das comunidades locais.

A revitalización do medio rural e o sector do mar como outro dos eixos de acción dun goberno liderado polo BNG. Neste eido, Pontón comprometeuse a mobilizar 100.000 hectáreas de terra agraria e un plan de recuperación e rexeneración das rías para recuperar a produtividade do sector mar-industria.

Ademais da confianza na potencialidade do País e o fortalecemento do autogoberno, Pontón expuxo como prioridades do BNG para a transformación económica a dispoñibilidade de máis recursos financeiros posto que, segundo explicou, a taxa de investimento en Galicia está hoxe “en niveis mínimos”. Para iso, adiantou a posta en marcha dunha estratexia de captación de investimento privado, á “mobilización produtiva” do aforro galego e á creación dun Instituto Galego de Crédito.

O proxecto nacionalista para modernizar a economía galega fixa ademais como obxectivos a transformación tecnolóxica e dixital, e unha reforma na educación para adaptar a capacitación profesional ás demandas do mercado de traballo, avanzou Pontón,  que advertiu de que “o noso País está quedando atrás, moi por debaixo do lugar que lle corresponde” e “moi lonxe da illa de estabilidade e de bonanza que nos pretende vender a propaganda oficial do PP”.

Fronte a esa propaganda, están os datos da evolución socioeconómica de Galicia nos últimos quince anos, argumentou, aludido por exemplo á perda de poboación (105.000 persoas menos) ou aos 200.000 mozos e mozas que se viron obrigados a emigrar. Desde 2009, afondou, Galicia des-converxe coa UE e soporta unha evolución negativa do mercado laboral, perdeu máis de 23.000 autónomos e viu como se reduciu a taxa de investimento até situarse no 2022 6,5 puntos por debaixo da española e cada dez puntos por debaixo da europea.

“O balance destes últimos anos demostra que o goberno do PP non acertou nas decisións e que desde o goberno central e Europa se impuxeron medidas que xogaron en contra de Galicia”, concluíu Pontón nunha chamada a emprender a partir do 18-F un “cambio de rumbo” que, no plano económico,  permita a Galicia “avanzar, modernizarse e medrar”.

Una empresa de Vigo firma con el Colegio de Administradores de Fincas de Galicia un acuerdo para simplificar la gestión de las comunidades de vecinos

0

La herramienta de Coordino ofrece a los administradores de cada inmueble toda la información en un solo click, hacer más fácil la gestión de la documentación preventiva y laboral que se debe solicitar a todas las empresas

El Colegio de Administradores de Fincas de Galicia ha firmado con Coordino, una innovadora empresa de Vigo, un acuerdo que busca simplificar los trámites y la burocracia de las comunidades de vecinos.

En este sentido, Coordino ha creado una herramienta de coordinación que busca hacer más fácil la gestión de la documentación preventiva y laboral que se debe solicitar a todas las empresas.

Para ello, la aplicación integra diversas funciones, entre ellas, la prestación de servicios a las comunidades de propietarios, directamente o a través de sus administradores, para coordinar la actividad de las diferentes empresas que desarrollan sus servicios en el inmueble, con el objetivo de simplificar la gestión y garantizar que cumplan las exigencias legales.

Así, desde esta herramienta, los responsables de cada comunidad pueden acceder a toda la información relativa a qué empresas están al corriente en dichas obligaciones, ofreciendo de este modo la adecuada seguridad jurídica.

A través de este acuerdo, que han formalizado Teresa Suáreaz Agrasar, presidenta del Colegio, y Enrique Montes Lomba, admnistrador de Coordino, las comunidades de propietarios integradas en el Colegio de Administradores de Fincas de Galicia podrán conocer de primera mano la herramienta, teniendo la posibilidad de acceder a ella para facilitar su día a día, simplificar trámites y reducir burocracia.

De este modo, las comunidades que empleen la herramienta podrán simplificar la gestión y coordinación, teniendo la información del inmueble en un solo click. Además, la aplicación les recordará puntualmente las obligaciones a las empresas implicadas, y ofrece también la posibilidad de personalizarla y adaptarla a las necesidades de la administración de cada inmueble.

Un incendio en una nave en Salceda calcina dos máquinas y un coche

0

Los Bomberos de O Baixo Miño se hicieron cargo de las tareas de extinción, controlando el incendio rápidamente y comunicando que, además de los elementos que ardieron, el techo se vio afectado por el calor

Un incendio en una nave en el municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra) ha calcinado dos máquinas y un coche en la mañana de este viernes. Según informan desde el 112 Galicia, la rápida actuación de los servicios de extinción evitó que los daños materiales fueran mayores en este incendio.

Los hechos tuvieron lugar sobre las 10.15 horas, cuando se tuvo constancia de una nave que estaba ardiendo en el lugar de Montecelo, en la parroquia de San Xurxo de Salceda. Fue a través de la llamada de un particular, que alertaba sobre la presencia de elementos como bombonas o botes de pintura. El fuego, que comenzó en un vehículo, parecía descontrolarse y se propagó por otros puntos de las instalaciones.

Los Bomberos de O Baixo Miño se hicieron cargo de las tareas de extinción. Controlaron el incendio rápidamente y comunicaron que, además de los elementos que ardieron, el techo se vio afectado por el calor.

También colaboraron el personal del 061 de modo preventivo, los agentes de la Policía Local y los miembros de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas.

Excarcelan a un hombre y lo evacúan en helicóptero tras una colisión frontal de dos furgonetas en Ponteareas

0

Los profesionales sanitarios movilizaron el helicóptero medicalizado con base en Ourense en el que fue trasladada la víctima al centro hospitalario de referencia una vez que los efectivos del GES-SPEIS de Ponteareas lograron excarcelarla

Una persona tuvo que ser excarcelada y evacuada en helicóptero tras colisionar frontalmente su furgoneta con otro vehículo de transporte en Ponteareas (Pontevedra).

El accidente se produjo en el kilómetro 3 de la PO-254, en la parroquia de Prado, unos minutos antes de las 13:00 horas, según informa el 112 Galicia.

Tras recibir aviso del choque y de que una persona necesitaba ser liberada del vehículo, los gestores del Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron la acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, el GES-SPEIS de Ponteareas, la Guardia Civil de Tráfico y los servicios de mantenimiento de la carretera.

Los profesionales sanitarios movilizaron el helicóptero medicalizado con base en Ourense en el que fue trasladada la víctima al centro hospitalario de referencia una vez que los efectivos del GES-SPEIS de Ponteareas lograron excarcelarla.

Los servicios de emergencias procedieron a la limpieza de la vía para restablecer las condiciones seguras de circulación en la vía.