Tres heridos en un accidente múltiple en la A-55 en Mos

0

Los servicios de emergencia comprobaron en el lugar del accidente que el acceso a los ocupantes de los vehículos era posible sin elementos de excarcelación

La A-55 registraba en la tarde de ayer un nuevo accidente que se cobraba tres heridos en el término municipal de Mos.

Según informan desde el 112 Galicia, aunque en un primer momentó se pensó en la posibilidad de que hubiese personas atrapadas, por lo que se activaron los recursos del parque de bomberos de O Porriño y de los miembros del GES de Mos, finalmente, los servicios de emergencia comprobaron en el lugar del accidente que el acceso a los ocupantes de los vehículos era posible sin elementos de excarcelación.

La colisión, en la que se vieron implicados dos turismos y una furgoneta, se produjo en la A-55, al paso por el kilómetro 14, en sentido Vigo.

Como consecuencia del impacto, tres personas resultaron heridas, una de cada uno de los vehículos implicados. Todas fueron evacuadas por los medios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 al centro hospitalario de referencia.

O alcalde valora a “xenialidade” da exposición de Jordi Bernadó no MARCO

0

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a mostra “Jordi Bernadó. ID Project” na que o fotógrafo e arquitecto explora a esencia da identidade humana a través de retratos de personalidades do mundo contemporáneo, coa singularidade de que están de costas á cámara

Desde este venres e ata o vindeiro 26 de maio poderá visitarse no Marco a exposición ID Project: 14 fotografías que constitúen un achegamento ao xénero do retrato con personalidades célebres polo seu compromiso en distintos campos da ciencia, as artes, a investigación e os dereitos humanos. Stephen Hawking, Muhammad Yunus, Vivian Gornik, Woody Allen, Gao Xingjian ou Ferrán Adriá son algúns dos retratados.

No acto de inauguración, Jordi Bernadó explicou as tres condicións que trasladou ás persoas protagonistas: debían elixir o lugar onde ser fotografados, que non podía ser un lugar calquera, senón aquel que representase o seu lugar no mundo; debían posar de costas á cámara e soamente se faría un disparo coa cámara. Así, a mostra confórmase cun rostro ausente nunha paisaxe amada, sendo esta a única pista que o espectador ten sobre a identidade do retratado.

Na súa intervención, Abel Caballero trasladou “a honra e satisfacción que sinto porque o Marco acolla esta exposición”, lamentando que non poida ser unha mostra permanente, e dirixiuse a Jordi Bernadó para trasladarlle que a “túa idea de exposición é filosofía. Soamente os moi ousados se atreven a cambiar o concepto e para iso hai que ser un xenio”.

O rexedor agradeceu a cesión das obras a Pablo Junceda, director xeral adxunto do Banco Sabadell, que son os propietarios, e destacou a presenza da institución en Vigo e en Galicia. Así mesmo, salientou o labor de Miguel Fernández-Cid como director do Marco. inaugurouse este venres no Marco, coa presenza do artista, do director do Marco.

Vigo contará cun novo Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento

0

Abel Caballero anunciou este venres que o Concello arrinca o proceso para contar cun novo Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento que permitirá planificar a mellora da rede da cidade

O alcalde explicou que o novo Plan Integral de Xestión do sistema de Saneamento encargado polo Concello, que deberá estar listo en 2026, ademais de planificar de forma integral as obras de mellora do servizo de saneamento da auga, xa que reflectirá as necesidades de renovación e a situación da rede en cada zona de Vigo, evitará a contaminación por verteduras. O rexedor incidiu en que a rede de Vigo, que conta cunha rede de colectores de máis de 1.000 quilómetros, é atendida “exclusivamente” cos recursos da cidade de Vigo.

Caballero lembrou que o goberno que preside realizou, co Goberno de España coa concelleira Elena Espinosa como concelleira de Medio Ambiente, unha depuradora no Lagares “extraordinariamente importante”.

Localizado en Vigo pidiendo limosna un joven de 17 años que se había escapado de un centro de menores

0

Los agentes se percataron de que tenía en su muñeca una pulsera de registro de asistencia en un centro hospitalario en el cual figuraba otra edad

La Policía Local de Vigo ha localizado pidiendo limosna en la calle a un joven de 17 años que se había escapado de un centro de menores.

Según informan fuentes policiales, los hechos ocurrieron en la mañana de este pasado jueves, cuando los funcionarios fueron alertados de que varios indigentes pernoctaban habitualmente en unas galerías situadas en Sanjurjo Badía, ensuciando la zona.

Una vez en el lugar, los actuantes no detectaron basura en la zona, pero sí localizaron a un joven ejerciendo la mendicidad, el cual les llamó la atención por el aspecto aniñado que tenía.

Así, se le requirió su identificación, haciéndolo este verbalmente. Sin embargo, los agentes se percataron de que tenía en su muñeca una pulsera de registro de asistencia en un centro hospitalario en el cual figuraba otra edad. Realizadas las gestiones, se verificó que tenía 17 años, por lo que el joven reconoció encontrarse fugado de un centro de menores.

Por todo ello, se inició el protocolo de actuación policial, dándose aviso a las diferentes instituciones encargadas y responsables del menor, siendo entregado el chico a la Policía Autonómica, cuerpo competente para su traslado y reingreso en el centro del cual se había fugado.

O desfile-concurso de comparsas de Entroido volverá “ao recorrido orixinal”

0

O alcalde sinalou que o desfile terá lugar o sábado 10 de febreiro dende as 18:00 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de febreiro

Abel Caballero explicou esta mañá que o desfile concurso de Entroido de Vigo 2024, “retomará o recorrido orixinal”, iniciando o mesmo “na rúa Isaac Peral, seguindo por García Barbón e rematando na confluencia de Policarpo Sanz coa Porta do Sol”.

O desfile realizarase o sábado 10 de febreiro, partindo ás 18:00 horas. As comparsas que desexen acudir, terán aberto o prazo de inscrición ata o 5 de febreiro, e como indicou o rexedor “será o mellor desfile que tivo Vigo”.

Fernández-Tapias dejará la política tras las autonómicas y critica al PSOE por anunciarlo

0

«Muy mal le tiene que ir al PSOE para esto. De lo que toca hablar es del futuro de Galicia. No respetan nada ni nadie. Apuesto por mi vida personal y eso me corresponde a mí», lamenta la presidenta del PP de Vigo

La presidenta del PPdeG en Vigo y vicepresidenta de la Diputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, ha confirmado hoy que dejará la política tras las elecciones autonómicas. Un anuncio que, de modo sorprendente, ha realizado en primer lugar otro partido, el PSOE.

«Muy mal le tiene que ir al PSOE para esto. De lo que toca hablar es del futuro de Galicia. No respetan nada ni nadie. Apuesto por mi vida personal y eso me corresponde a mí. Efectivamente, abriré una nueva etapa tras ganar las autonómicas al PSOE en Vigo y con (Alfonso) Rueda de presidente», ha lamentado Fernández-Tapias en redes sociales.

En este sentido, la vicesecretaria general y portavoz de la ejecutiva de los socialistas de Vigo, Yolanda Aguiar, remitió un audio a los medios de comunicación diciendo que Fernández-Tapias «abandonará la política local». Un anuncio que acompañó de otras impresiones suyas como que que «nunca tuvo a Vigo entre sus prioridades» o una supuesta «ausencia de interés». 

Ados acada as 628 doazóns de sangue na primeira campaña anual que realizou na factoría de Stellantis Vigo

0

A fábrica viguesa desenvolveu durante a segunda quincena de xaneiro e principios de novembro a primeira das catro visita anuais que as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realizarán durante o 2024

A primeira campaña de doazón de sangue do ano 2024 que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), efectuou nas instalacións de  Stellantis Vigo, saldouse cunha magnífica participación de 628 profesionais que doaron sangue, e que significa ter alcanzado a cifra de 74.919 doazóns acumuladas dende o ano 1995, data na que comezaron as colectas de sangue neste centro.

Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere poñer en valor a colaboración dun  dos centro fundamentais do aparello produtivo de Galicia que, dende sempre, amosou a súa  implicación coa sociedade galega e co altruísta xesto da doazón, tanto de sangue coma de órganos.

29 anos de xenerosidade

Dende o ano 1995, a factoría de Stellantis Vigo comezou a albergar campañas de doazón de sangue promovidas dende a Consellería de Sanidade e que, no presente, afianzan a esta empresa como un referente no ámbito nacional, sendo a compañía española con maior número de doazóns. Subliñar que grazas a xenerosidade dos 628 profesionais da empresa viguesa que doaron sangue nesta primeira campaña anual promovida por ADOS, dos cales 48 foron novos doantes, poderán realizarse, por exemplo, máis de 310 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 130 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

ADOS quere salientar a participación e compromiso de Stellantis Vigo co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, unha vez máis, a xenerosa colaboración ofrecida por esta empresa a prol do solidario xesto da doazón de sangue. Esta longa traxectoria de colaboración ten permitido que, nos últimos 29 anos, a factoría viguesa acumule unha cifra moi próxima ás setenta e cinco mil doazóns, o que a sitúan como referente social de primeira liña no campo do altruísmo. Por iso, lembrar que que Stellantis Vigo e os seus profesionais foron distinguidos pola Xunta de Galicia, o pasado 23 de xaneiro, por toda esta solidariedade amosada durante case tres décadas.

Ao mesmo tempo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer o seu compromiso e colaboración á Dirección do Grupo Stellantis de Vigo e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Alfonso Rueda reivindica o aforro de 3.000 € coa gratuidade das matrículas universitarias e a construción de novas residencias: “Seguiremos ofrecendo oportunidades á mocidade”

0

“Ningunha outra Comunidade pode dicir que as persoas que estuden no ensino público, desde que entran nunha gardería ata que se gradúan na universidade ou elixen a Formación Profesional, poden facelo de xeito gratuíto”, explica

Rueda apunta a un “cheo histórico” mañá no mitin central de campaña que se celebrará na Praza de Touros de Pontevedra

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, incidiu hoxe no seu compromiso de seguir ofrecendo oportunidades á mocidade galega para que poida desempeñar un papel importante nese “esforzo colectivo” que supón a construción “da Galicia que funciona e que queremos construír entre todos”.

Un compromiso que se materializa en medidas como a gratuidade das primeiras matrículas universitarias en todos os graos e en todos os cursos. Unha medida que Rueda considera “de xustiza” para corresponder “o esforzo que supón para as familias darlle un futuro aos seus fillos” e “apoiar a todos aqueles que queiran estudar e formarse crendo na cultura do esforzo”.

“Ningunha outra Comunidade pode dicir que as persoas que estuden no ensino público, desde que entran nunha gardería ata que se gradúan na universidade ou elixen a Formación Profesional, poden facelo de xeito gratuíto se fan o esforzo corresponde te ao que fai a sociedade galego para apoialos”, engadiu diante dos universitarios que asistiron ao encontro celebrado no claustro do Pazo de Fonseca.

As matrículas gratuítas, que implicarán un aforro de case 3.000 euros, súmanse a outras medidas xa aplicadas como a conxelación das taxas universitarias  e a outro dos compromisos de Alfonso Rueda cos galegos de cara ao 18 de febreiro: a construción de novas residencias universitarias.

Neste sentido manifestou ser consciente do problema que supón para moitos estudantes non ter un lugar para vivir nas cidades onde están estudando. De aí a súa aposta por “seguir ofrecendo oportunidades a todo aquel que queira estudar” e para que “o esforzo dos estudantes se veza acompañado polo esforzo da Administración”.

UN “CHEO HISTÓRICO” NA PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA

En declaracións aos medios, Alfonso Rueda falou da “gran mobilización e motivación” que percibe na rúa e que considera un preludio dunha campaña de “gran potencia”. Algo que na súa opinión se palpará mañá no mitin central organizado na Praza de Touros de Pontevedra e no que o presidente do PPdeG estará arroupado polo presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy. “Imos ter un cheo histórico”, afirmou logo de constatar o grande interese amosado por galegos e galegas das catro provincias por participar neste acto que xa é unha tradición das campañas electorais do PPdeG desde 2009.

Luis López informa que a Deputación convocará axudas por case medio millón de euros para apoiar os concellos e as entidades sociais na loita contra a violencia machista

0

O salón de plenos do pazo provincial acolleu a oitava edición duns galardóns que premian os mellores traballos de fin de grado ou máster relacionados coa igualdade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou onte da aprobación dunha nova convocatoria de axudas en materia de igualdade por valor de 460.000 euros destinada a que os concellos da provincia e as entidades sen ánimo de lucro para a loita contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade.

Fíxoo na oitava edición da cerimonia de entrega dos premios Sofía Novoa, cos que a Deputación premia cada ano os mellores traballos de fin de grado e fin de máster, realizados desde a perspectiva da igualdade, das estudantes universitarias da provincia. “Recoñecemos non só a excelencia académica dos vosos traballos, tamén destacamos a sensibilidade, compromiso coa igualdade e espírito crítico”, sinalou o mandatario provincial antes de agradecer o traballo realizado por Carmen María Caeiro Rodríguez, María Luisa Silvela Costoya, Cristina Pérez Carmuega e Raquel Álvarez Martínez.

No seu discurso, Luis López remarcou o compromiso do goberno provincial coa igualdade. “Compromiso que evidenciamos con certames como os Sofía Novoa, os premios Mulleres no Foco ou os centos de cursos, charlas ou obradoiros que programas provinciais como o +Xuntas espalla por todos os recunchos da provincia”, expuxo o presidente. Neste sentido, informou tamén das bases dunha nova convocatoria que está previsto que se aprobe este venres en Xunta de Goberno. Trátase dun plan dotado con 460.000 euros a repartir entre concellos e entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. “Grazas a esta inxección, tanto os concellos como os colectivos poderán afondar na atención integral as vítimas e ás persoas ao seu cargo, na axuda a inserción laboral destas mulleres, ou en labores de concienciación tan necesarias para que as vítimas cheguen a cifras inexistentes”, remarcou o dirixente.

Nunha gala conducida pola xornalista pontevedresa María Varela e co acompañamento ao piano de Noemi Salomón, o presidente Luis López fixo fincapé nas calidades que as catro estudantes premiadas comparten con Sofía Novoa como son a busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria, o feminismo ou o traballo para recoñecer o talento feminino e a súa inclusión en eidos como a educación, a ciencia ou a investigación. Fíxoo referíndose aos valores que transmiten os traballos das catro gañadoras. O de Carmen, porque “anima ás rapazas a alzar a voz e defender as súas ideas”; o de María Luísa, que fala “da importancia de valorarse a un mesmo”; o de Cristina, para “rachar con prexuizos doutra época que dicían que hai un entretemento para nenas e outro para nenos”; ou o de Raquel, centrada en “concienciar desde as idades máis pequenas sobre o desenvolvemento sustentable a través do feminismo e a literatura”.

O presidente da Deputación rematou o seu discurso cunhas palabras de agradecemento e cun compromiso firme. “Non podo facer outra cousa que darvos as grazas. Grazas polos vosos traballos, que ademais de excelentes, levan á reflexión e a construír unha sociedade máis xusta; grazas por honrar cunhas obras de tanta calidade o nome, a memoria e a loita dunha muller como Sofía Novoa; e grazas, as gañadoras e a todas as que se presentaron a este certame, por dar sentido coa vosa participación a este tipo de iniciativas”, recoñeceu Luis López, quen promete que “a Deputación de Pontevedra está orgullosa de camiñar ao voso carón para ofrecer todo o apoio que sexa necesario”, rematou.

La vacuna contra el virus respiratorio sincitial en niños redujo un 90% los ingresos hospitalarios

0

Un estudio muestra que, en lo que va de temporada, solo hubo 50 hospitalizaciones, frente a las más de 400 de otros años

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha destacado que un informe sobre la protección frente al virus respiratorio sincitial (VRS) indica que, de forma preliminar, se puede afirmar que “los ingresos hospitalarios de niños por este virus se redujeron un 90% en Galicia” tras la vacunación generalizada tanto a los grupos de riesgo como a todos los bebés nacidos en la comunidad.

Rueda recordó que “Galicia fue pionera” en inmunizar a todos los bebés que nacen en la comunidad frente a este virus que causa bronquiolitis y que provoca que cada año cientos de bebés tengan que ser hospitalizados.

Tras esta decisión, la Dirección General de Salud Pública elaboró un informe provisional que, a la vista de los resultados epidemiológicos, realiza una primera estimación de las hospitalizaciones que se evitaron hasta el 21 de enero de 2024 gracias a la inmunización con Nirsevimab.

Tal y como explicó el presidente, las hospitalizaciones por VRS en niñas y niños antes de iniciar la campaña de inmunización oscilaba entre un mínimo de 400 ingresos hasta un máximo de casi 800 por campaña. Este año, tras incluir la inmunización con este anticuerpo monoclonal, estas cifras se situaron “en los 50 ingresos, con lo que se redujeron hasta un 90 % los ingresos hospitalarios”. Se estima que se evitaron “un promedio de 500 ingresos en bebés”, destacó Rueda, lo que refuerza la medida tomada por la Xunta de haber incluido la administración de Nirsevimab con una inversión inicial de más de 3 millones de euros.

Todo eso teniendo en cuenta, además, que a los datos de la vigilancia epidemiológica muestran que el virus VRS circula en esta temporada a niveles similares que la temporada anterior. Aun así, muestran que el impacto de la inmunización de los lactantes frente al VRS está siendo muy positivo, dado que en la población vacunada los valores de las tasas de hospitalización son mucho menores en comparación con la temporada anterior y en comparación con otros grupos de edad no vacunados. Hay que tener en cuenta que una de las particularidades de este virus es que no solo afecta a los niños de riesgo sino que el 98 % de las hospitalizaciones por VRS ocurren en lactantes sanos.