O desfile-concurso de comparsas de Entroido volverá “ao recorrido orixinal”

O alcalde sinalou que o desfile terá lugar o sábado 10 de febreiro dende as 18:00 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de febreiro

Abel Caballero explicou esta mañá que o desfile concurso de Entroido de Vigo 2024, “retomará o recorrido orixinal”, iniciando o mesmo “na rúa Isaac Peral, seguindo por García Barbón e rematando na confluencia de Policarpo Sanz coa Porta do Sol”.

O desfile realizarase o sábado 10 de febreiro, partindo ás 18:00 horas. As comparsas que desexen acudir, terán aberto o prazo de inscrición ata o 5 de febreiro, e como indicou o rexedor “será o mellor desfile que tivo Vigo”.