O Torneo Reconquista rugby de veteranos súmase ás celebracións desta fin de semana

0

O Concello inclúe unha vez máis dentro da programación festiva o Torneo Reconquista de rugby de veteranos, que se disputará este sábado 6 de abril no campo universitario de As Lagoas-Marcosende. Este evento deportivo contará coa participación o equipo anfitrión, Melgachos Vellos Rugbiers, ademais de outros dous equipos procedentes Lorient e Braga, respectivamente.

Bouzas celebra A Brincadeira do 10 ao 12 de maio de 2024

0

O alcalde convidou a toda a cidadanía viguesa e galega a sumarse a esta “gran festa, modelo dunha grande romaría urbana” que nesta décimo sexta edición suma un día de celebración con historia, música, gastronomía e actividades para tódolos públicos

Abel Caballero participou este luns na presentación en rolda de prensa da programación da festa histórica de Bouzas xunto a Vanesa González, presidenta da Asociación Amigos da Historia de Bouzas, e a José Manuel Vidal, presidente da Asociación de Veciños Bouzas, a quen agradeceu e recoñecer “o traballo extraordinario na organización da Brincadeira”.

A XVI Festa da Brincadeira de Bouzas celébrase o 10, 11 e 12 de maio de 2024 cunha programación na que destacan dous actos: a representación da expulsión dos franceses en 1809, que se celebra o sábado ás 18:30 horas e o II concurso de traxes de época, que ten como obxectivo incentivar a vestimenta histórica, que terá lugar o domingo ás 13:00 horas.

Para o rexedor, co paso dos anos, a Brincadeira converteuse nun “modelo dunha grande romaría urbana, sendo unha gran festa cunha inmensa participación” que ocupa xa tódalas zonas de Bouzas.

A programación inclúe actividades infantís o sábado e o domingo: taller de barro, demostración de oficios artesanais durante todo o día, exposición sobre a historia de Bouzas e atraccións. Haberá numerosas actuacións musicais na Praza da Vila de Bouzas (Grupo Anduriñas do Cristo da Vitoria), no Torreiro Eduardo Cabello (Pandeireteiras e gaitas da A.C Traspés, grupo de folk “Os Cuncheiros” e grupo “O carballo das cen pólas”; na Alameda Suárez Llanos (Gaiteiros de Pardavila, Charanga A.C Traspés, Gaiteiros Erdeiros dos Morenos, Froles Novas e grupo de gaitas Rueiro; Grupo Queixumes, O Fiadeiro, Laxe, Pandega das Teixugueiras, Tarxa, Foliada Vai Boa e Gaiteiros da ría.

Durante os tres días de celebración haberá postos de artesanía, gastronomía e demostración de oficios tradicionais.

O alcalde avanzou tamén que o Concello incluíu a Brincadeira dentro do Plan de Sostibilidade Turística do Casco Histórico de Bouzas do Plan de Transformación e Resiliencia do Goberno de España financiado polos Fondos Next Generation EU como festa de interese especial. Ese plan dotará a Bouzas de 422.000 euros para a promoción dixital do casco antigo, a reconstrución histórica da Brincadeira en realidade virtual 360 para turismo, a creación da web da festa e a declaración da mesma como de interese turístico galego e nacional de España. “É momento de incorporar as novas tecnoloxías e a recreación virtual da Brincadeira, ser capaces de amosar a súa historia, significado e o seu futuro”, sinalou o rexedor que agradeceu ao Goberno de España que sacaran adiante este proxecto dotado con case medio millón de euros.

Caballero anuncia que o prazo de solicitude das becas de inglés permanecerá aberto do 8 ao 19 de abril

0

O Concello de Vigo dedicará preto de 6 millóns de euros ás dúas novas convocatorias das bolsas de inglés, segundo anunciou este luns Abel Caballero ao explicar que o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dos días 8 ao 19 de abril, e que cada curso participarán un total de 925 alumnos de terceiro de Educación Secundaria Obrigatoria

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este luns as bases para solicitar as becas de inglés. Caballero avanzou que o prazo para solicitar unha praza permanecerá aberto dúas semanas: do 8 ao 19 de abril.

O Concello destinará 2.950.000 en 2024, e outros 2.950.000 en 2025 á formación en inglés. “Case seis millóns en dous anos” para bolsas de inglés, recalcou o alcalde.

O rexedor lembrou que entre os requisitos para reclamar unha praza atópanse, ademais de cursar terceiro da ESO, contar cunha nota mínima de 7 en inglés, e estar empadroado en Vigo.

Cada bolsa inclúe a matrícula do curso intensivo de inglés, de tres semanas de duración, tanto no Reino Unido como en Irlanda, a viaxe, pensión completa de alimentos, seguro, un monitor por cada 20 alumnos, lecer, aloxamento en familias de fala inglesa e gastos de transporte.

“Somos o único concello de España, incluídas as 17 comunidades autónomas, que damos estas bolsas e este nivel de bolsas”, concluíu Caballero.

O BNG pide un Plan Urbano de Seguridade Viaria ante a elevada sinistralidade e atropelos en Vigo

0

A fronte nacionalista urxe un novo modelo de mobilidade que permita avanzar cara as cero mortes e sinistros graves, como lograron outras cidades próximas como Pontevedra

Xabier P. Igrexas: “Garantir a seguridade viaria e protexer vidas ten que ser unha prioridade; as viguesas e vigueses merecemos unha cidade segura”

O Bloque Nacionalista Galego pide a posta en marcha dun Plan Urbano de Seguridade Viaria ante a elevada sinistralidade nas rúas de Vigo, en particular dos casos de atropelos. A fronte nacionalista considera que esta é “unha tarefa pendente” en Vigo, como reflicten os datos, onde no que vai de ano xa se produciron seis atropelos de gravidade, dous deles só na última semana.

“Desde o BNG cremos que hai que multiplicar os esforzos para lograr unha maior seguridade viaria nas rúas da nosa cidade”, demandou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, lembrando que os últimos datos oficiais dispoñíbeis, referidos o ano 2021, recollen 2.009 accidente de tráfico, unha media de 5 sinistros por día, dos cales o 40% provocaron danos de diversa consideración a persoas con 147 atropelos.

Fronte a esta situación, Igrexas defendeu a necesidade de deseñar un Plan Urbano de Seguridade Viaria que teña como obxectivo as cero mortes e sinistros graves, seguindo o camiño das actuacións realizadas con éxito noutras cidades da contorna como Pontevedra. Nese sentido, o portavoz nacionalista pediu medidas concretas para o calmado do tráfico porque “reducir a velocidade do tráfico é a mellor maneira de evitar accidenes graves”.

Novo modelo de mobilidade

Este Plan Urbano de Seguridade Viaria ten que facer parte, a xuízo do BNG, dun novo modelo de mobilidade, onde se priorice o tránsito a pé, o uso seguro de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal e, sobre todo, o reforzo do transporte colectivo como alternativa para reducir o número de coches que circulan a diario en Vigo. “Garantir a seguridade viaria e protexer vidas ten que ser unha prioridade”, reclamou, asegurando que “as viguesas e vigueses merecemos unha cidade segura”.

El PP de Vigo urge a elaborar el nuevo Plan de Movilidad Urbana Sostenible antes de que entren en vigor las zonas de bajas emisiones

0

El Partido Popular lamenta que Abel Caballero mintiera a los vigueses cuando aseguró que la ordenanza municipal de ZBE no sancionaría, y ahora ya prevea multar a quienes la incumplan a partir de 2026

Miguel Martín califica de “paripé” la encuesta activada este lunes en la web municipal, dado que las áreas de acceso restringido ya fueron delimitadas por el alcalde socialista hace un año y medio

El Partido Popular de Vigo ha urgido este lunes al Gobierno local a elaborar el nuevo Plan de Movilidad Urbana Sostenible (PMUS) antes de poner en marcha las zonas de bajas emisiones (ZBE), previstas ahora para 2025. El grupo municipal del PP considera que el documento vigente, que se iba a renovar cuando se recuperara la normalidad tras la pandemia, debe contener “datos actualizados” para que el tráfico salga del “caos” y la “improvisación”.

El portavoz de la formación en el Concello de Vigo, Miguel Martín, recalca que el PMUS debe ser “el paso previo” a las zonas de bajas emisiones “y no al revés”. Sobre estas áreas de acceso restringido, el PP lamenta que Abel Caballero haya engañado a los vigueses al decir en un primer momento que la ordenanza municipal no sería coercitiva y ahora ya prevea imponer sanciones a partir de 2026. “Se ha demostrado que era mentira”, ha criticado Martín. El grupo municipal popular recuerda que, hace ahora un año, el propio Caballero dio el visto bueno en el seno de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) a una normativa marco que reflejaba multas de 200 euros.

El Partido Popular de Vigo considera igualmente que las ZBE no pueden discriminar a las personas con rentas bajas, que tendrán más dificultades para cumplir con la normativa si se ven obligadas a cambiar de vehículo. Por ello, propone que la ordenanza municipal contemple “una moratoria” que exima a los vigueses con menos recursos de su cumplimiento hasta 2030, año clave en el desarrollo de estas zonas de bajas emisiones. 

Asimismo, para el PP vigués se antoja vital aprovechar el nuevo contrato del autobús urbano para mejorar el servicio y que la ciudadanía vea en la movilidad colectiva una “alternativa real” al vehículo privado. “En este sentido, exigimos que el estudio para el nuevo transporte urbano de la ciudad recoja de manera detallada estas nuevas áreas, de forma que en un futuro se refuercen las rutas y frecuencias de los autobuses que prestan servicio dentro de ellas”, ha añadido Martín. Finalmente, el portavoz del grupo municipal popular ha calificado de “paripé” la encuesta activada este lunes por el Gobierno local, dado que lo importante de la futura normativa -el diseño de los espacios de acceso restringido- ya está decidido. “El Concello de Vigo se limita a sacar una encuesta en la que solo se pregunta a los vigueses por cuestiones colaterales y hasta en muchos casos intrascendentes. Un nuevo paripé de Abel Caballero en un ejercicio falso de participación ciudadana que llega tarde y resulta prácticamente anecdótico”, ha concluido.

Rescatan ilesos en Vigo a un padre y a su hija tras registrarse un incendio en su vivienda

0

El hombre explicó que había prendido una vela aromática en el cuarto, llevándose a la niña a dormir con él a su habitación

Un hombre y su hija han sido rescatado ilesos tras registrarse un incendio en su vivienda, en la calle Ignacio Grobas de Vigo, originado por una vela aromática encendida en una de las estancias.

Según detallan fuentes policiales, los hechos ocurrieron en la madrugada del Jueves Santo. Un particular contactó con el 092 para alertar de que salía humo por la ventana de un piso. Al llegar, este vecino avisó a los agentes de que, en la parte trasera del inmueble, había un chico con una niña en brazos, asomando por la ventana y pidiendo ayuda.

Los policías calmaron al varón hasta la llegada de los bomberos que, con una escalera extensible, pudieron evacuar al hombre y a su hija por la ventana, sin que ninguno resultara lesionado. El padre se encontraba en estado de nerviosismo, y relató a los agentes que quedaban dentro del piso dos perros de su propiedad.

Los bomberos entraron en la vivienda, sofocaron las llamas y rescataron a los animales. Posteriormente, miembros del servicio de extinción explicaron que el fuego se había originado en la habitación de la niña, y el padre explicó que había prendido una vela aromática en el cuarto.

Según su relato, se había llevado a la niña a dormir con él a su habitación, y creía que la vela del dormitorio de ella ya se había consumido. Unos ruídos lo despertaron de madrugada y se percató de que la vivienda estaba llena de humo, por lo que pidió ayuda por la ventana. Las llamas causaron daños escasos en el piso.

A Deputación e a Universidade de Vigo alíanse para poñer en valor o papel da lingua galega no cinema

0

A sede de Vigo acolleu a presentación do ciclo “A lingua galega no cinema” impulsado pola Universidade co apoio da institución provincial, e cuxa primeira parte se celebrará nos meses de abril e maio no auditorio do Edificio Cambón

A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu este luns a presentación do ciclo “A lingua galega no cinema”, impulsado pola Universidade de Vigo co apoio da institución provincial. Asistiron á presentación a vicepresidenta Luisa Sánchez, a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, e o director e crítico cinematográfico Simone Saibene, coordinador da actividade.

A primeira parte do ciclo “A lingua galega no cinema” celebrarase durante os meses de abril e maio no auditorio do Edificio Cambón (sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia). A actividade comprenderá unha serie de proxeccións e debates sobre a situación do sector audiovisual galego e o valor da lingua galega que comezarán mañá mesmo, martes 2 de abril ás 19:00 horas. A vicepresidenta Luisa Sánchez asegurou que “somos conscientes da importancia que ten o cinema na súa contribución ao desenvolvemento social e económico dun territorio” e destacou que “para iso precisamos amosar a nosa identidade propia, a nosa singularidade, o que é imposible de imitar porque é unicamente noso”. Nese sentido, Sánchez asegurou que “o noso idioma ten un papel fundamental e temos que velo como unha oportunidade”.

A vicepresidenta provincial lembrou que a lingua galega “ábrenos ao mundo para que tendamos pontes a espectadores de todos os recunchos do planeta, para que se acheguen ás nosas tradicións e a nosa cultura”, pero salientou que o seu uso tamén obedece á necesidade da sociedade galega de “contar a nosa propia historia, e facelo baseándonos nos nosos códigos, con pezas elaboradas por profesionais de aquí e contadas na nosa lingua”.

No ciclo “A lingua galega no cinema”, engadiu a vicepresidenta da Deputación, “o público vai poder gozar de grandísimas historias, dunha amalgama moi diversa de autores e de cintas, tanto longas como curtas, que amosan que o noso cinema e en xeral todo o noso sector audiovisual está a pasar polo seu mellor momento tanto de recoñecementos como de público, cuxo apoio é necesario para que a industria poida sobrevivir”. Entre as proxeccións (que se poden consultar no sitio web da Universidade de Vigo) Luisa Sánchez puxo o foco na curtametraxe “Sandwich cat”, de David Fidalgo, que conseguiu o patrocinio da Deputación. En canto ao conxunto do programa, a vicepresidenta asegurou que participarán “algúns dos maiores expoñentes deste gran momento tanto a nivel creativo, como de recoñecementos como tamén comercial, para que poidamos coñecer un pouco mellor o que estes cineastas nos quixeron contar a través da pantalla”.

O PP esixe ao Ministerio de Transportes a mellora integral do firme e da seguridade viaria nos 317 quilómetros das 11 estradas nacionais da provincia

0

O grupo provincial presenta unha moción, que se debaterá no pleno extraordinario de mañá na Deputación, para que se adopten medidas urxentes de renovación das súas plataformas e calzadasco obxectivo de mellorar a mobilidade dos 123.496 usuarios diarios destas vías

A deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, lamentou o “claro deterioro” das estradas estatais en Pontevedra, denunciado por veciños dos 28 concellos afectados, condutores, transportistas e o sector turístico, e criticou “o maltrato e abandono” do ministerio coa provincia

O PP Provincial de Pontevedra vai esixir ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible que acometa de xeito urxente a mellora integral do firme e a adopción de medidas de seguridade viaria nos 317,5 quilómetros das 11 estradas nacionais que hai na provincia, xa que se atopan nun estado moi deficiente. Os populares presentarán esta proposta ante o pleno da Deputación, na sesión extraordinaria programada para mañá ao mediodía, e agardan ter o respaldo dos demais grupos políticos para trasladar esta demanda por unanimidade.

Os populares sinalaron que estas once estradas nacionais, que discorren por ata 28 concellos da provincia –Pontecesures, Valga, Caldas, Barro, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Mos, O Porriño, Tui, Dozón, Lalín, Silleda, A Estrada, Agolada, Cuntis, Vilagarcía, Vilaboa, Moaña, Forcarei, Cerdedo-Cotobade, A Cañiza, Ponteareas, As Neves, Mondariz e Covelo– presentan numerosas deficiencias e desperfectos, sobre todo no que se refire ao estado do firme con fochancas e fendas, como consecuencia das escasas ou nulas labores de mantemento e conservación realizadas nos últimos cinco anos.

Ademais, indicaron que estas vías de titularidade estatal son fundamentais para a vertebración e a mobilidade do territorio provincial, posto que son empregadas diariamente por entre 110.365 e 123.496 usuarios diarios, segundo os datos oficiais de Intensidade Media Diaria (IMD) do propio Ministerio de Transportes.

En concreto, as estradas sobre as que se demanda unha actuación urxente son as seguintes:

EstradaPercorridoIMD máximaQuilómetros
N-550Vertebra a provincia desde Pontecesures a Tui21.84172,2
N-525Bisbarra do Deza9.04445,4
N-640Vilagarcía-Caldas-A Estrada-Agolada-Límite con Lugo10.45882,1
N-554Vilaboa-Moaña10.02210,1
N-541Pontevedra-Límite con Ourense5.54339,9
N-552Redondela-Vigo norte13.4469,7
N-555Redondela-Vigo sur7.4646,8
N-556Aeroporto de Peinador9.6771,0
N-551Tui7.6722,2
N-120Vigo-O Porriño-Ponteareas-
A Cañiza-Límite con Ourense
14.43943.4
N-559Conexión da A-52 e N-120 no Condado e A Paradanta7595,6

Ao respecto, a deputada provincial de Infraestruturas, Isabel Couselo, explicou que esta proposta “é máis que xusta e necesaria e xurde do propósito do PP Provincial de defender ao noso territorio e esixir as melloras que nos corresponden e, sen dúbida, o mal estado das nacionais é unha das principais preocupacións das deceas de milleiros de usuarios que as empregan cada día”.

Así, recalcou que hai un “claro deterioro e un visible estado de abandono” das súas plataformas e calzadas na práctica totalidade dos seus máis de 300 quilómetros e achacouno ao “desleixo, maltrato e abandono” do ministerio coa comunidade galega e, sobre todo, coa provincia de Pontevedra. “Invístese tres veces máis nesta materia en Cataluña malia ter unha rede estatal máis cativa ca galega, e o Goberno de España aínda ten proxectadas ou en marcha certas actuacións nas provincias de Lugo e A Coruña, pero a nosa provincia tena completamente de lado e iso afecta gravemente á seguridade viaria”, detallou.

Isabel Couselo engadíu que esta situación vén de ser denunciada, practicamente a diario, polos concellos afectados, veciños, usuarios, transportistas e ata o sector turístico, “e incluso foi admitida polo propio ministro Óscar Puente recentemente no Congreso dos Deputados e tamén polos grupos da oposición provincial, xa que PSOE e BNG recolleron no seu acordo para a investidura de Pedro Sánchez o arranxo de Tramos de Concentración de Accidentes en seis das nosas estradas nacionais, dos que por certo nada sabemos, polo que cremos que hai unha unanimidade que xa  se está a converter en clamor”. Finalmente, a deputada popular lamentou que o Goberno de España se agoche “detrás dunha insuficiente mellora da N-541 que se centra basicamente en Forcarei e da que non sabemos data, e dun contrato de mantemento plurianual de 112 millóns para cinco comunidades autónomas que non responde ás necesidades que teñen as estradas nacionais da provincia” e apostillou que os organismos automobilísticos independentes, como RACE ou AEA, recollen unha ducia de puntos negros na provincia, dos que dez pertencen á rede estatal e seis deles sitúanse nestas estradas nacionais.

Asisten en Vigo a un hombre que sufrió una parada cardiorrespiratoria mientras hacía deporte

0

Los agentes pararon su coche de inmediato para socorrer al varón, que estaba sufriendo una parada y, utilizando el desfibrilador de su vehículo, le realizaron varias descargas y maniobras de reanimación

Agentes de la Policía Local de Vigo han asistido en las últimas horas a un varón que sufrió una parada cardiorrespiratoria mientras hacía deporte por la Avenida de Beiramar.

Según informan fuentes policiales, los hechos ocurrieron en la tarde de este domingo, cuando efectivos de la Unidad Medioambiental de Intervención Rural observaron a un hombre vestido con ropa deportiva tirado boca arriba en la acera.

Los agentes pararon su coche de inmediato para socorrer al varón, que estaba sufriendo una parada y, utilizando el desfibrilador de su vehículo, le realizaron varias descargas y maniobras de reanimación, ya que el hombre apenas tenía respiración y llegó a perder el pulso.

Al mismo tiempo, solicitaron una ambulancia, que llegó rápidamente y, tras estabilizar al hombre, lo trasladaron al hospital Álvaro Cunqueiro. La Policía contató posteriormente con la familia del afectado, que les informó de que se encontraba ingresado en la UCI, estabilizado y sedado.

Pablo Cabello e Iria Eguía, nuevos campeones nacionales tras una jornada final con una sola regata

0

Tone Pérez y Luis Wizner ganaron la única regata del último día, insuficiente para que el patrón vigués firmase el tetracampeonato

Pablo Cabello (Vigo, 1976) e Iria Eguía (Vigo, 1992), tripulación del Real Club Náutico de Vigo, se han proclamado este domingo campeones nacionales de Vaurien, aquel por séptima oportunidad, ésta por vez primera, tras una cuarta y última jornada en la que solo al filo de las tres de la tarde la flota pudo disputar una regata del sexagésimo Campeonato de España, Copa Deputación, de la clase internacional Vaurien celebrado en la Ría de Vigo.

Escaso viento del suroeste y tráfico marítimo se aliaron para dejar a la flota en tierra toda la mañana, lo que supuso una nueva frustración para las veintiocho unidades que sí acudieron a la cita estatal más importante del año, sobre 29 tripulaciones inscritas y una preinscripción de 32 barcos. El parte meteorológico de la Semana Santa descartó a última hora a regatistas de Madrid y Extremadura, además de que ya se conocía desde días antes la ausencia de dos tripulaciones de trascendencia, las de Francesco Zampacavallo y Carlos Francés y el irlandés Tim Corcoran e Ignacio Giménez, todos de la flota valenciana.

Finalmente el Comité de Regatas pudo montar un área frente al puerto pesquero. Eolo entró de golpe, con unos 20-25 nudos, y algunas tripulaciones descartaron salir, caso de la representación lusa. El hasta este domingo defensor del título, “Tone” Pérez, acabó el campeonato como empezó el sábado, es decir, ganando con Luis Wizner. Pero sus dos triunfos parciales no le sirvieron para retener el título, que se llevaron Pablo Cabello e Iria Eguía con sus tres victorias. Pablo e Iria supieron mantenerse en los puestos de podio en la quinta regata de la serie (segundos) para asegurarse el campeonato.

La jornada dio para poco aunque la única manga resultó muy dura, con roturas y vuelcos incluidos. Cabello y Eguía, sabedores de que, con ola, la victoria iba a ser para Tone -la regata se disputó ya con más de veinte nudos-, vigilaron a su compañero de club para evitarse problemas. Jugaban también con el reloj, pues se daba por hecho que no había posibilidad real de celebrar una sexta manga: las instrucciones de regata impedían cualquier señal de salida después de las cuatro de la tarde. Y así fue. Luego, a tierra antes de que a las cuatro y media llegase el portacontenedores liberiano Contship Zen procedente de Tánger.

Campos y Bastos también salvaron su lugar en el podio. Se lo jugaban con Alain Arri (CN Hondarribia) y José Ignacio Fernández (CV Barlovento), empatados a 11 puntos netos. Arri rompió la caña del timón en una planeada y ya se quedó fuera de la lucha por el tercer cajón al no poder completar la prueba.

Sin los lusos para dar respuesta a la flota local, los Sub-23 Pedro Fernández (Marítimo de Canido) y Carolina Iglesias (RCN Rodeira) ocuparon la tercera plaza de la regata del día para subir al quinto puesto en la clasificación general final. Además, Nicolás González y Martín Pérez (RCN Vigo), que el sábado lideraban la clasificación Sub-23, volcaron en el primer largo y no pudieron acabar la manga; eso les costó que el título nacional Sub-23 fuese para Pedro Martínez (RCN Vigo) y Marcos Paz (RCN Rodeira), por un margen de dos puntos (30 por 28).

En categoría Sub-17, victoria para Fernando Campos (Marítimo de Canido) y Alejandro Reboredo (RCN Vigo). En féminas ganaban Alba Abril y María Lefler (CN Fluvial As Pontes), superando a cuatro tripulaciones. Y no es que la participación femenina fuese escasa (un 30%), sino que en Vaurien funcionan las tripulaciones mixtas.

La entrega de trofeos estuvo encabezada por el presidente del Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, que contó con representantes de su directiva, y la asistencia del concejal de Deportes, Manel Fernández, de AsVaurien España y de la Real Federación Gallega de Vela.