Hoxe iniciouse a campaña, e un total de 50.245 persoas da área sanitaria de Vigo xa teñen solicitada a súa cita para acudir a vacinarse da gripe nos vindeiros días
No contexto da pandemia pola Covid poden coincidir ambas infeccións, de aí o trascendental da vacinación antigripal das persoas en risco e a redución da carga desta enfermidade
O pasado ano na área viguesa rexistráronse 316 ingresos hospitalarios como consecuencia dun proceso gripal e 23 decesos relacionados coa gripe
Na pasada campaña, a área viguesa rexistrou un total de 106.190 vacinas administradas en todos os grupos poboacionais. Desa cifra, 66.888 corresponden a maiores de 65 anos
Un total de 50.245
persoas da área sanitaria de Vigo xa teñen solicitada a súa cita para acudir a
vacinarse da gripe nos vindeiros días.
A campaña de vacinación antigripal da Consellería
de Sanidade que iniciouse hoxe durará ata o 31 de
decembro, polo que Sanidade lembra á cidadanía que hai tempo suficiente para
facela progresivamente.
Segundo explicou a directora de Atención primaria da Área Sanitaria de
Vigo, Elena Lorenzo “este ano é vital que a poboación se vacine, xa que, no
contexto da pandemia pola Covid, poden coincidir ambas infeccións, de aí o transcendental
da vacinación antigripal das persoas en risco e a redución da carga desta
enfermidade. A vacina non so evita os casos senón que diminúe a frecuencia de
complicacións derivadas desta enfermidade así como o risco de hospitalización e
morte relacionada coa gripe. Hai que lembrar que o pasado ano na área viguesa
rexistráronse23 decesos como
consecuencia dun proceso gripal.”
En total, 316
pacientes necesitaron ingreso hospitalario, e unha trintena requiriron de
hospitalización na Unidade de Coidados Intensivos por mor da gripe.
Por último, o Sergas lembra a importancia, este ano máis que nunca, de
concertar cita para a vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente
sen ter cita.
Incidiu Elena Lorenzo en que a
campaña conta con 127 puntos de vacinación, entre centros de primaria e
hospitalaria do Sergas, centros médicos e consultas privadas, residencias da 3º
idade públicas ou privadas, centros unidades de atención aos drogodependentes,
centros de menores e discapacitados, etc.
Estableceranse axendas de citación en sala para esta actividade, e realizarase
unha vacinación “oportunista” aos pacientes crónicos que acoden ás consultas de
enfermaría por outros motivos. Asimesmo, vacinaranse tamén aos enfermos
crónicos nas visitas a domicilio.
“A mellora arma contra a
gripe e é a prevención, e a ferramenta máis eficaz na loita contra a
enfermidade, é a vacinación; por isto é necesario aumentar os índices de
participación na campaña de vacinación na área viguesa, xa que aínda que vaise
rexistrando un incremento paulatino de cobertura na poboación diana, pasando do
50% hai cinco anos ao 56,28 % acadado na última campaña, segue sendo unha
porcentaxe que hai que seguir incrementando”.
Chamadas telefónicas
Algunhas das medidas que se van levar a cabo para promover a vacinación
serán, a partir da terceira semana de campaña, o desenvolvemento do
programa de promoción da vacinación antigripal mediante SMS aos maiores de 65
anos e a chamada activa.
Así, os profesionais de Enfermería de Atención Primaria
proporcionarán información da vacina a
todos aqueles pacientes entre 65 e 74 anos dos seus respectivos cupos que aínda
non teñan recibido a súa dose, mediante un consello telefónico para explicarlles
as necesidades e as vantaxes da mesma.
Especial chamamento á vacinación
dos profesionais sanitarios
Na pasada campaña, a
área viguesa administrou un total de 106.190 vacinas en todos os grupos
poboacionais. Desa cifra, 66.888 corresponden a maiores de 65 anos, nos que se
acadou unha cobertura do 56,28% da poboación diana. Istorepresenta un
incremento de 1.65 puntos porcentuais con respecto aos datos de 2018.
Cabe subliñar o incremento
porcentual de 2,2 puntos da cobertura nos profesionais sanitarios, acadando un
49,54 % entre todo o persoal. Concretamente, nos centros de Atención Primaria a
cobertura de vacinación antigripal foi dun 53,38 %, mentres que en Atención
Hospitalaria acadou un 47,7%.
Ademais se vacinaron 1654
xestantes, un 5 por cento máis que o ano anterior.