O CHUVI investiga a eficacia do tratamento con litio en pacientes con COVID-19

0

O Grupo de Neurociencia do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur xa iniciou o estudo con 10 pacientes con coronavirus moi graves e con patoloxía psiquiátrica, cuns resultados moi positivos

Neste momento están pendentes da autorización da Axencia Española do Medicamento para realizar un ensaio clínico máis amplo e definitivo

O litio ten a capacidade de inhibir a replicación de varios tipos de virus, de aumentar a resposta inmunolóxica, e prevenir e diminuír a actividade inflamatoria, que é a causante dos problemas nos pacientes máis graves

O Chuvi e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur  están a investigar a eficacia do tratamento con litio en pacientes con Covid-19.  Polo de agora, levan estudando e testando a 10 pacientes moi graves infectados polo SARS-CoV2 e con patoloxía psiquiátrica,  e os resultados son moi positivos e esperanzadores.

Estas conclusións preliminares motivaron a activación dun proxecto de ensaio clínico máis amplo e definitivo que inclúa ao resto de pacientes infectados polo virus, non solo aos que presentan algunha patoloxía psiquiátrica.  

Así, desde o comezo da emerxencia sanitaria o Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, CIBERSAM, estivo a traballar nunha nova terapia para a COVID19. Segundo explica o xefe do Servizo de Psiquiatría do Área Sanitaria de Vigo e director da área de Neurociencias do IIS-Galicia Sur, José Manuel Olivares, “o tratamento, baseado na administración de carbonato de litio de xeito  rigorosamente controlado polo equipo médico, comezou a levarse a cabo en pacientes moi graves con sintomatoloxía psiquiátrica susceptible de ser tratada con litio,  presentando unha melloría moi rápida, non só da devandita sintomatoloxía, senón do cadro clínico provocado polo virus”.

Ensaio clínico

“Sen embargo, os resultados obtidos aínda non son xeneralizables, dado que este estudo efectuouse cun reducido número de pacientes e cunhas características moi concretas, polo que non podemos confirmar de modo taxativo cal é a verdadeira eficacia do litio mentres non realicemos un ensaio clínico controlado, xunto cuns determinados datos de laboratorio que nos indiquen a capacidade real do litio no tratamento dos efectos que causa o virus no organismo”-explica Olivares

Nestes momentos estase á espera da autorización da Axencia Española do Medicamento para  levar a cabo un ensaio clínico con máis pacientes e así propoñer este tratamento como un dos preferentes en casos de COVID19.

Propiedades do litio

O litio é un tratamento que se emprega desde hai 70 anos en distintos síntomas e cadros mentais, como o trastorno bipolar, depresión resistente, determinados cadros de irritabilidade e axitación, ecétera.

Desde hai tempo coñécese que ten a capacidade de inhibir a replicación de varios tipos de virus, algúns deles similares ao do SARS-CoV-2. Isto demostrouse en varios estudos realizados con virus como o VIH, o herpes ou máis recentemente co SARS-CoV1 (o antecesor do actual coronavirus).

Outras das súas propiedades é a súa capacidade para aumentar a resposta inmunolóxica, incrementando os niveis de linfocitos; así como a  de previr e diminuír a actividade inflamatoria, que é a causante principal dos problemas nos pacientes máis graves, levándoos mesmo á morte.

Fases do estudo

Carlos Spuch, Investigador Senior del IISGS explica a metodoloxía deste estudo, “o primeiro paso para testar a hipótese da eficacia do litio como tratamento en pacientes Covid-19 foi comprobar que na Área Sanitaria de Vigo non houbese ningún paciente infectado polo virus que estivese seguindo un tratamento habitual de carbonato de litio para aliviar os seus síntomas psiquiátricos. Sen embargo, isto non se pode tomar de ningunha maneira como unha evidencia de que o litio impide contaxiarse do virus.  Temos que ampliar a poboación de estudo”.

O seguinte paso foi estudar o efecto do litio nun número pequeno de pacientes COVID19 positivos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro e que seguían o tratamento habitual con antirretrovirais (hidroxicloroquina e kaletra). Nalgúns destes enfermos aparecen  diversas afeccións psiquiátricas, como irritabilidade, alteracións do estado de ánimo, agresividade ou estados maníacos que requiren tamén da intervención dos especialistas de Psiquiatría. Nestes casos, o litio era a prescrición psiquiátrica adecuada, polo que engadíase ao tratamento antirretroviral. Estes pacientes foron os escollidos para o tratamento e seguimento desta investigación.

“Observamos como tras a primeira administración de litio, reducíronse significativamente os parámetros inflamatorios, e potenciouse a actividade do sistema inmune aumentando o nivel de linfocitos, como predicía a hipótese xerada a través dos datos dispoñibles da literatura científica. O resultado final é que estes pacientes, que estaban moi graves, conseguiron recuperarse da COVID19” -asegura José Manuel Olivares.

“Os resultados obtidos nestes pacientes foron enviados para a súa publicación a unha revista internacional a finais de abril, e están en fase de revisión; confiamos se publiquen en breve”.

Tras estes resultados deseñouse un proxecto en colaboración co Servizo de Medicina Interna, e en asociación co Grupo Catalán do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer, para o que se solicitou financiamento ao Instituto de Saúde Carlos III e ao Fondo Supera Covid-19, e que está pendente de aprobación pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos sanitarios (AEMPS).

Pino: “No tiene sentido impedir la movilidad interprovincial en Galicia”

0

La portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, asegura que las decisiones que está tomando Sánchez, con la complicidad del PsdeG, son discriminatorias para Galicia y no tienen “ningún tipo de justificación técnica”

«No tiene sentido impedir  la movilidad interprovincial en Galicia”. Así lo ha asegurado este viernes la portavoz de Cs Galicia, Beatriz Pino, tras la decisión tomada por el Gobierno Central de impedir la movilidad entre las diferentes provincias gallegas.

La responsable de la formación liberal ha señalado que con una situación igual y con 303 ayuntamientos, según dice la Xunta, sin trasmisión local se debería permitir el moviento de entre las 4 provincias. “Hay que adaptar las normas a las circunstancias concretas de cada comunidad porque no todas están en una misma situación”.

Pino ha asegurado  que Cs defiende el la eliminación de la restricción de movimiento entre provincias en territorio nacional con el mismo estatus epidemiológico. “Los datos de Galicia ponen de manifiesto que los gallegos está en situación de moverse por toda la comunidad respetando siempre todas las medidas establecidas por Sanidad”.

La portavoz de Cs ha criticado la falta de capacidad de diálogo y negociación de la Xunta de Galicia con el Gobierno Central. “Cs sí que ha demostrado capacidad para negociar con Sánchez y conseguir ayudar a trabajadores, pymes y autónomos”.

Pino también ha lamentado que el PSdeG y su secretario general, Gonzalo Caballero, no hayan hecho nada para evitar que el Gobierno de Sánchez impida a los gallegos moverse libremente por todo su territorio.

O Concello retoma o luns o prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais

0

Suspendido o período polo coronavirus, desde este luns 25 de maio e ata o 5 de xuño, a administración presidida por Abel Caballero volve recibir solicitudes para optar a unha das 620 prazas nas escolas infantís municipais para o próximo curso escolar

As candidaturas, por vía telemática ou presencial con cita previa

En sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno Local decidiu este venres retomar os prazos para solicitar praza nalgunha das oito escolas infantís municipais (idades de cero a tres anos) para o próximo curso escolar.

O prazo abrírase o pasado 9 de marzo e quedou suspendido pola crise do Covid-19. Logo da aprobación deste venres, os interesados en optar a unha das 620 vacantes poden presentar a documentación desde este luns 25 de maio e ata o 5 de xuño, ambos incluídos, ben de forma telemática (en escolas.vigo.org), ben de forma presencial no rexistro do Concello solicitando por teléfono cita previa.

Para o vindeiro curso, o Concello de Vigo oferta 620 prazas en oito escolas infantís: 72 en Costeira-Saiáns, 80 en Bouzas, 78 en Tomás Alonso, 72 en Santa Marta-Casco Vello, 82 en Atalaia-Teis, 76 en Santa Cristina-Lavadores, 78 en Mestres Goldar-Castrelos e 82 vacantes en Navia. O orzamento municipal para o funcionamento das oito instalacións ascende a millón e medio de euros.

As escolas infantís do Concello ofrecen opcións horarias de mañá e tarde ou continuo, no caso de Costeira-Saiáns. O rango de prezos recollidos nas bases oscilan entre a gratuidade total e os 127 euros mensuais, en función da renda.

Urbanismo aprobará o cambio de uso dunha parcela municipal en Esturáns para trasladar o Parque de Bombeiros de Balaídos

0

Abel Caballero informou este venres de que a Xerencia de Urbanismo aprobará a vindeira semana o cambio de uso dotacional dunha parcela do Concello para que poida acoller o novo Parque de Bombeiros

Unha nave existente no ámbito de Esturáns será o destino das instalacións que actualmente están no Estadio Municipal de Balaídos

A Xerencia de Urbanismo aprobará na súa sesión do vindeiro 26 de maio a incoación do cambio de uso dotacional dunha parcela municipal, sita no ámbito de Esturáns (zona Tomás Alonso), para destinala ao novo Parque de Bombeiros da cidade.

A mesma sesión de Urbanismo quedará aprobada a notificación da resolución ao departamento municipal de Extinción de incendios e salvamento para o seu coñecemento, así como aos correspondentes departamentos municipais, con competencias na materia que resulten afectados, recadando destes os informes que se estimen oportunos.

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa da decisión adoptada polo goberno local en base ás consideracións técnicas dos propios responsables do servizo de extinción de incendios municipal. Así, o actual parque instalado en Balaídos será trasladado a esta nave de Esturáns unha vez feitas as adaptacións necesarias.

Diario de un padre de familia confinado: Día 68

0

Viernes

Viernes. Casi fin de semana. Casi diez semanas confinados. Cada vez menos. El lunes, fase 2. Poco a poco iremos interiorizando lo que significa. Hablan de baños en las playas; de visitar familiares en residencias; de usar el interior de las cafeterías… Nimiedades que tal vez sólo se echaban de menos con la muerte…

La vida sigue su curso, monótona, como el día. Perezoso, cansino, peleado a ratos con las nubes, a veces con el sol. Hoy, otro reencuentro sin abrazos. Empiezo a cogerle gusto.

Los niños, insoportables. Para qué vamos a engañarnos. A una le duele la cabeza, al otro no le apetece trabajar. La pequeña quiere colo. Pedrito necesita dormir. Pero ya acaba la semana. Y casi el curso. Menos de un mes… Y hasta la señora ministra se ha animado y platea habilitar pabellones y patios para que puedan volver a abrirse las escuelas. No está mal. A fin de cuentas, los bares ya funcionan. Pero estos son más importantes. No lo dudo.

El Concello coordinará con la Diputación y Zona Franca la reconstrucción económica y social de la ciudad

0

Abel Caballero se reunió este viernes con Carmela Silva, presidenta de la Diputación de Pontevedra, y con David Regáis, delegado especial de Zona Franca, para “poner en común a reconstrucción de la economía y el apoyo social en Vigo”, de forma inmediata y a medio plazo

Según explicó el regidor, las tres instituciones van a llevar adelante un “proceso conjunto de recuperación de la economía de Vigo y de la acción social, incorporando a representantes y delegados del Gobierno de España en Galicia para cooperar en esta reconquista de la economía de la ciudad”.

Así, Caballero explicó que coordinará la actuación de todas las instituciones que tienen que ver con la economía y el ámbito social en el plazo inmediato para la reconstrucción y el relanzamiento de la economía de Vigo y también con el propósito de “comenzar a diseñar la recuperación a medio plazo del suelo industrial con Zona Franca, la acción común con la Diputación y la actuación con el Gobierno de España en sus ámbitos de competencia”.

El alcalde valoró la importancia de “caminar con Zona Franca, Diputación y Gobierno de España del lado” en este proceso de recuperación tras la pandemia.

Aprázanse as Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial ata 2021

0

Ante a falla de garantías de que poidan celebrarse con normalidade en outubro, desde a organización traballan xa na creación dun “xemelgo dixital” das xornadas

A falla de garantías de que poidan celebrarse con normalidade obrigou ao comité organizador das Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, JAI 2020, previstas para o vindeiro mes de outubro, a decidir adialas ata 2021. A pesar de que este é un evento que os organizadores planifican con moita antelación, “o verdadeiro esforzo realízase nos últimos catro meses, por iso pensamos que agora era o mellor momento para decidir se continuar adiante ou non”, sinala o coordinador das xornadas, José Ignacio Armesto, profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática.

Segundo explican os organizadores non hai que descartar novos brotes da COVID-19 a partir de setembro, “o que repercutiría en limitacións de aforo na escola ou provocaría incluso o peche dos centros educativos”. Por estes motivos consideran que ser prudentes e pospor o evento é a mellor opción. A día de hoxe as novas datas de celebración están aínda por decidir, “pero creo que nos decantaremos por algunha semana do segundo semestre de 2021 como punto de partida”, engade.

Un ‘xemelgo dixital’ multiplicará a repercusión das xornadas en países de fala hispana

Na programación de actividades para esta edición estaban previstas múltiples conferencias sobre robótica, automatización, internet das cousas, comunicación industrial, seguridade, eficiencia enerxética… Así como tamén o coñecido ‘show room’, un espazo no que os diferentes fabricantes expoñen os seus novos inventos e, como principal novidade, as denominadas ‘link2talk’, reunións privadas nas que estaba previsto que as persoas interesadas nalgunha das conferencias tivesen a oportunidade de afondar no tema co propio relator nun encontro xa máis reducido.

Agora, ante o cambio de plans, desde a organización valoran xa a posibilidade de engadir a todo isto a creación dunha réplica dixital das xornadas que permita que se convertan nun “evento internacional, pioneiro e de referencia no sector para todo o mundo de fala hispana. As dimensións das JAI no mundo físico están limitadas, pero no mundo dixital non terían límites”, engade o coordinador.

“As xornadas xa se teñen emitido en internet e publicado á carta, xa que dende a primeira edición naceron cunha forte carga dixital. O que se propón agora é levar esta dixitalización un pouco máis aló, implantando un xemelgo da propia escola no que replicar dixitalmente tanto as actividades desenvoltas no salón de actos como as que se levan a cabo na entrada principal”, explica Armesto. Tanto gustou a idea que, en colaboración coa empresa Teltek e UVigoTV fixeron unha proba de concepto funcional que xa lles presentaron ás firmas participantes, que coincidiron na grande oportunidade que suporía este novo sistema de difusión.

As firmas manteñen o seu compromiso de participación

Respecto ás firmas participantes desde a organización confían en que todas manteñan o seu compromiso coas xornadas, “pois así nolo fixeron sentir nas diferentes reunións remotas que celebramos estes últimos días”, recalca o coordinador, quen lembra algunhas das empresas que estaba previsto se incorporasen este ano ao evento -HMS Networks, Ifm, Lapp, Panasonic, Pepperl+Fuchs, Schunk, Weidmüller ou Yaskawa, entre outras- así como as que son xa veteranas nesta cita e que inclúen nomes como Rockwell Automation, Scheneider Electric, Siemens ou Phoenix Contact. 

Esta non é primeira vez que unha crise obriga a suspender as JAI

Exceptuando a nova proposta de xemelgo dixital, nin organizadores nin empresas teñen intención de facer cambios con respecto ao que estaba planeado para outubro; e aínda que a día de hoxe non poden sabelo, confían en que as JAI 2021 permitan non só manter, senón mellorar, a calidade e riqueza do evento. “Das crises ás veces xorden cousas boas e a experiencia que temos con esta actividade é que cada vez que houbo un parón, as JAI medraron”. Neste senso Armesto lembra que a crise económica xa obrigara a suspender a edición prevista para 2009 e as xornadas retomáranse “con forza” ao ano seguinte, “pero foi o parón que houbo entre as edicións de 2014 e 2018 o que mellor lles sentou, sendo as JAI 2018 a edición máis relevante ata a data, a que supuxo un antes e un despois”, conclúe Armesto.

Galicia, fase 2

1

Las cuatro provincias suben de nivel el lunes: con condiciones, pero se podrá visitar a familiares en residencias, bañarse en las playas o usar zonas comunes de los hoteles

En plena desescalada, con las cifras de contagios, muertes y casos activos cayendo desde hace jornadas, Galicia ha superado la prueba y accede a la fase 2, tal y como ha anunciado el ministro de Sanidad, Salvador Illa.

A partir del lunes, las cuatro provincias gallegas verán incrementadas sus libertades de movimiento. Así, y aunque con un estricto control, se podrá visitar a familiares que se encuentran en residencias de mayores, se abrirá la opción de bañarse en las playas, se podrá hacer uso de zonas comunes de los establecimiento hoteleros o utilizar parte de los espacios interiores de los locales de hostelería.

Minutos antes de que se produjese el anuncio, el presidente autonómico, Núñez Feijóo, ya se mostraba «optimista» con la resolución. No en vano, Galicia ya había solicitado el lunes al Ministerio su acceso a la fase 2 ante las buenas cifras que viene registrando.

Sergio, en la encrucijada

0

El portero sufre una rotura de los dos meniscos y de parte del ligamento de su rodilla derecha a poco más de un mes del fin de su contrato

La de Sergio es una de esas historias que, con el tiempo, enamoran o detestan. Llegó a la portería celeste sin hacer ruido. Tan en silencio, que era el suplente de Yoel en el último periplo por segunda, antes del asalto definitivo hacia primera en 2012, temporada de su consolidación. Un año antes, en aquella fatídica promoción contra el Granada, el titular era Yoel. Sergio perseveró y se hizo con un hueco en el equipo.

Desde entonces, y prácticamente hasta este año, el de Catoira ha sido el dueño de la portería celeste. También en la época del Toto, en las espinas aún clavadas de Manchester y Vitoria. Pero este año, el destino parece haberse puesto de perfil. El titular es Rubén, y ahora, con el fin de su contrato a la vuelta de la esquina -el próximo 30 de junio-, su rodilla derecha ha dicho basta: la resonancia magnética desvela una rotura en los dos meniscos y una lesión parcial en el ligamento cruzado anterior de la misma articulación.

El siguiente paso de Sergio es el quirófano. Será operado en los próximos días y el tiempo de baja oscilará entre los dos y cuatro meses en función de si se realiza la extracción de la zona meniscal dañada o la reconstrucción de la misma.

Todo, en el peor momento posible. A expensas de saber lo que hará el club, Sergio puede verse sin equipo, teniendo que buscar otro destino en mitad de una recuperación aún por cumplirse. Mientras tanto, Iván Villar y Dragan Rosic esperan su oportunidad.

Zona Franca y Abanca inyectan seis millones de euros en el capital de Vigo Activo para fortalecer a la empresa y el empleo en estos momentos de crisis

0

Con la asistencia presencial de David Regades como presidente del Consejo, de Santiago Novoa, en representación de ABANCA, y de José García Costas por la Cámara de Comercio, la Junta General de Accionistas de Vigo Activo ha aprobado, en sesión celebrada hoy viernes, la ampliación del capital en un importe de 5.965.000 euros de los que -como ya se había informado- Zona Franca aportará cinco millones mediante la suscripción de cinco mil de las acciones emitidas mientras que ABANCA, suscribirá novecientas cincuenta y ocho.

Como explicó el Delegado del Estado en la ZFV y Presidente de Vigo Activo, David Regades “con la inyección de casi seis millones de euros queremos apoyar al sector empresarial que necesite liquidez para consolidar su negocio y mantener el empleo como consecuencia del impacto del Covid-19”

Santiago Novoa, por su parte, reiteró el compromiso de ABANCA “con los objetivos de Vigo Activo, esto es, con el desarrollo económico de Vigo, de su área de influencia y del conjunto de Galicia. Estoy seguro de que gracias a esta ampliación de capital Vigo Activo va a hacer posibles nuevos proyectos empresariales que generarán empleo y riqueza para el conjunto de la sociedad”

En la sesión también estuvieron presentes el Director General de la entidad, Samuel Méndez y Santiago López-Guerra, que actuó como Secretario. El resto de los miembros del Consejo de Administración participaron telemáticamente en la sesión.

Esta ampliación de capital viene a sumarse al paquete de medidas que, ante el contexto de incertidumbre y de fuerte contracción económica que se está atravesando en el país, el consejo de administración de la sociedad de capital-riesgo ya había aprobado en su reunión del siete de abril. Una serie de medidas dirigidas a sus entidades mercantiles financiadas y especialmente diseñadas para aquellas que están sufriendo un impacto significativo provocado por el covid-19 y la declaración del estado de alarma. La aplicación de estas medidas está ligada específicamente al mantenimiento del empleo tanto en las pequeñas empresas o startups como en las empresas industriales ya consolidadas.

De esta forma, alineados con los objetivos señalados de generación de liquidez, de concesión de solvencia y de fomento de la actividad económica y del empleo, los accionistas de Vigo Activo, han aprobado la presente ampliación de capital, que además es un ejemplo de colaboración entre principales agentes económicos y entre el sector público y privado, como son la ZONA FRANCA DE VIGO, ABANCA y la CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA.