Con motivo do Día Mundial da Obesidad, o conselleiro de Sanidade mantivo unha xuntanza coa presidenta da SECO na que acordaron a posta en marcha dun programa con medidas para unha abordaxe integral desta patoloxía
A pandemia da Covid19 motivou que a poboación engordara de media entre 4 e 5 quilogramos máis
A pesar do impacto da Covid na actividade asistencial, na Área Sanitaria de Vigo acadouse realizar 93 intervencións de cirurxía bariátrica no pasado ano
O
Servizo Galego de Saúde e varias sociedades científicas desenvolverán unha
estratexia conxunta para realizar unha abordaxe integral da obesidade,
atendendo á prevención, diagnóstico e tratamento desta enfermidade. Así o
acordaron nunha xuntanza o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a
presidenta da Sociedad Española de Cirugía de la Obesidad (SECO), Raquel
Sánchez, que actuou en representación doutras 4 sociedades nacionais
relacionadas con esta patoloxía.
Con
motivo do Día Nacional da Obesidade que se celebra maña, ambas institucións
queren facer público que se van a estudar diversas accións como programas de
concienciación a poboación xeral no ámbito da sáude pública; programas de
detección precoz; vías rápidas de atención a pacientes con obesidade moi grave;
e optimización dos circuítos intrahospitalarios de cirurxía bariátrica.
Se
calcula que en Galicia a obesidade afecta ao 24,8% da poboación, índice 1 punto
superior ao da media española. A obesidade mórbida, que constitúe un grao
extremo de exceso de peso, afecta ao 1.6% da poboación.
“Estamos
moi preocupados polo incremento da
prevaleza da obesidade, en especial da obesidade moi grave. O confinamento, a
limitación de mobilidade, o incremento das preocupacións e as restricións
sociais teñen provocado un incremento de peso na maioría das persoas, cun
aumento medio de 4-5 quilos. Pero naqueles que xa sufrían obesidade, a ganancia
de peso ten sido incluso maior, e isto vai ter consecuencias fatais na saúde
futura da poboación”, explica a presidenta da SECO e xefa do servizo de
Cirurxía xeral e dixestiva da Área Sanitaria de Vigo, Raquel Sánchez.
Vigo, 93 cirurxías bariátricas a pesar da pandemia
Esta
estratexia fronte a obesidade tamén aposta por recuperar o ritmo de actividade
da cirurxía bariátrica que se viña realizando, xa que durante a pandemia foi
necesario ralentizar esta actividade para priorizar as cirurxías dos pacientes
oncolóxicos.
“Sen
embargo, na Área de Vigo conseguimos remontar, e ao final acadamos realizar un
total de 93 intervencións de cirurxía bariátrica durante o pasado ano”-asegura
a doutora Sánchez.
Esta
cirurxía está indicada naqueles pacientes con obesidade mórbida nos que
fracasaron tratamentos previos. A maior parte dos obesos que se someten a esta
intervención pesan entre 120-190 quilos.
“A
terapia conservadora, réximes, dietas alimenticias e tratamentos farmacolóxicos
fracasa a longo prazo en practicamente o 100% dos pacientes, polo que na
actualidade, a cirurxía bariátrica é o único medio efectivo para acadar un
control de peso a longo prazo e unha melloría de todos os problemas asociados,
como a diabetes, a hipertensión arterial, insuficiencia coronaria, síndrome de
apnea do soño, alteracións articulares, etcétera.”
Resultados moi satisfactorios
A
cirurxía bariátrica consiste en reducir a capacidade do estómago do paciente
para que a inxesta da comida sexa menor, ao tempo que se realiza unha
modificación no intestino para diminuír a absorción dos alimentos. Trátase
dunha operación complicada, polo que os criterios de selección dos pacientes
son moi rigorosos, cun protocolo estrito no que se valora, ademais do seu
estado físico, o psíquico, o seu nivel de comprensión e o seu compromiso de colaborar
no seguimento posterior, xa que son pacientes que despois da intervención están
obrigados a observar uns coidados serios e uns hábitos de vida saudables.
No
momento actual, estas intervencións son realizadas por procedementos
minimamente invasivos, nos que grazas a aplicación de tecnoloxía robótica de
última xeración, os cirurxiáns poden acceder á cavidade abdominal a través de
pequenas incisións no pel, evitando desta forma os riscos e secuelas das
grandes incisións, e reducindo a dor postoperatoria, as estancias hospitalarias
e facilitando a rápida reincorporación do paciente a súa vida habitual.
Os
resultados que se logran con estas intervencións son moi satisfactorios xa que
o índice de masa corporal perdido no primeiro ano despois da operación é dun
78%.
Nos
últimos anos, o Hospital Álvaro Cunqueiro reforzou o equipo multidisciplinar
que atende esta patoloxía, aumentando as consultas e as sesións cirúrxicas
deste tipo de operacións, e incorporando
novos cirurxiáns ao equipo de bariátrica.