Mos abre o prazo de solicitude de axudas municipais para comedor e material escolar

0

Triplica as axudas para comedor e duplica as de material escolar

O orzamento municipal anual destinado a subvencións para comedor escolar ascende de 10.000 euros a 30.000 euros, de xeito que ningunha familia solicitante quedará sen axuda

Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas municipais para comedor e material escolar. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 14 de outubro.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica municipal. O modelo de solicitude a cumprimentar pódese así mesmo descargar na páxina web municipal, mos.es, ou recollelas en papel no Rexistro Xeral do Concello ou na OMIX.

Este curso Mos triplica as axudas para comedor e duplica as de material escolar. O orzamento municipal anual destinado a subvencións para comedor escolar ascende de 10.000 euros a 30.000 euros, de xeito que ningunha familia solicitante quedará sen axuda.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, informaron de que o Concello de Mos multiplicou as axudas para escolares, tanto no que se refire a comedor como a material escolar. Apostando de xeito decidido polo apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais, nais e familias mosenses.

As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, explicaron que o pasado mes de xuño sacouse desde a administración local mosense unha convocatoria extraordinaria para triplicar o orzamento municipal destinado ás axudas para comedor escolar, pasando a cantidade anual destinada a tal fin de 10.000 euros a 30.000 euros. Polo que dos solicitantes da axuda para a anterior convocatoria, todos eles contaron con ela concedida.

A subvención concedida polo Concello neste senso é de 2 euros por menú de cada neno/a ao día.

Na presente convocatoria para estas axudas, cuxo prazo de inscrición ábrese hoxe, mantense a mesma contía orzamentaria destinada a tal fin co obxectivo de poder seguir concedendo a subvención a todas as familias demandantes.

En canto ás axudas municipais para a adquisición de material escolar xestionadas pola concellería mosense de Política Social e Igualdade que dirixe a edil Sara Cebreiro, tamén se duplicou o orzamento anual destinado a tal fin, pasando de 5.000 euros a 10.000 euros.

Neste presente curso 2022-2023, tanto as axudas para a adquisición de material escolar como de uso de comedor escolar, manteñen o importe multiplicado. No caso do material pásase, como xa se dixo, dos 5.000 aos 10.000 euros, para poder chegar ao maior número de familias.

Novidade no método de pago das axudas para comedor

Os pagos das axudas para comedor escolar inclúen este curso unha nova forma de pago trimestral. Os abonos das subvencións faranse cada tres meses, sendo o primeiro en decembro (para os meses de setembro, outubro e novembro), marzo (para os meses de decembro, xaneiro e febreiro) e xullo (para os meses de marzo, abril, maio e xuño).

O Concello inicia as sondaxes arqueolóxicas no Paseo de Alfonso

0

O alcalde presenciou esta mañá o desenvolvemento dos traballos que o goberno municipal inicia “con toda a ilusión porque queremos seguir recuperando arqueoloxía en Vigo”

A escavación permitirá coñecer o estado dos restos arqueolóxicos na zona onde estaba a muralla da cidade nos séculos XVII a XIX

Abel Caballero explicou o traballo que principia este martes e que consiste na escavación e realización de sondaxes mecánicas arqueolóxicas no marco do proxecto de prolongación do túnel no ámbito de confluencia da rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII.

Tal e como explicou, a actuación céntrase na zona de confluencia destas dúas rúas lonxitudinalmente e de xeito transversal ata a fonte do Paseo e debaixo da fonte, onde estaba o baluarte da Falperra, pertencente á muralla que cercou a cidade entre os séculos XVII e o XIX. Os límites da escavación ampliaranse no caso de que se proxecten ou rexistren novas estruturas durante a execución dos traballos

“Queremos saber moi ben en que estado se atopan os restos arqueolóxicos”, explicou o rexedor, e unha vez realizada a intervención, “teremos que presentar un plan de contención de restos para garantir a conservación preventiva”. A valoración desa actuación corresponderá á arqueóloga municipal e a Patrimonio da Xunta de Galicia.

O tempo de execución da escavación e das sondaxes será de 35 días e, despois de realizarse ese estudo, o goberno municipal realizará o proxecto de túnel de acordo cos criterios establecidos por Patrimonio da Xunta de Galicia para a preservación de todos os restos arqueolóxicos.

Caballero sinalou que o Concello afronta esta actuación “con toda a ilusión porque queremos seguir recuperando arqueoloxía en Vigo”.

Fernández-Tapias salienta a colaboración entre Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta para promover a innovación responsable no sector pesqueiro

0

A delegada territorial da Xunta participou na apertura da xornada na que se presentaron os resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou a Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia como exemplo de colaboración no eido da investigación mariña e a prol do equilibrio nos criterios medioambientais, sociais e económicos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes na presentación dos resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño (proxecto Pasos) levado a cabo gracias á colaboración de Fundamar, os centros de investigación CIM e Ecobas, da Universidade de Vigo, e o apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

“Estamos ante un bo exemplo dos froitos que se poden lograr gracias á colaboración entre diferentes organismos en busca do ben común. Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta de Galicia camiñan xuntos tamén nesta ocasión co obxectivo de promover a investigación e a innovación responsable a través das entidades de economía social”, sinalou a representante autonómica.

Fernández-Tapias aproveitou a ocasión para referirse ao veto de Bruselas á pesca de fondo do que dixo “é un ataque directo á flota, sen ningún fundamento ou estudo que o avale”, para engadir que “se trata dunha decisión completamente arbitraria que pode supoñer un golpe mortal para o sector”. Recollía así a luva do presidente de Fundamar, Javier Touza, quen se manifestou visiblemente molesto coa medida.

Ambos os dous coincidiron en reclamar ao Goberno de España que exerza toda a presión política necesaria e busque aliados noutros países igualmente afectados. “Desde a Xunta apoiaremos calquera actuación neste sentido aportando datos e os argumentos técnicos e xurídicos que sexan necesarios”, anotou a delegada territorial para quen a moratoria de dous meses que defende o Executivo autonómico “é fundamental para evitar danos irreversibles para o sector”.

Fernández-Tapias confiou no apoio do Estado, que é o que está lexitimado para facer esta reclamación, e nas xestións do ministro Luis Planas, ao tempo no que reclamou ao ministro de Consumo, Alberto Garzón, maior coñecemento e seriedade nun tema tan importante. “Sorprenden as súas declaracións e máis que as faga nunha visita a Vigo, á capital europea da pesca”, sentenciou.

Fernández-Tapias acudiu á apertura da xornada no Edificio Redeiras do Berbés, no que tamén participaron Maribel Doval, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da Universidade de Vigo, e Javier Touza, presidente de Fundamar, que foi clausurada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Tamén estiveron presentes diferentes representantes dos centros de investigación CIM e Ecobas, das entidades do sector mariño e da administración, que debateron sobre as accións propostas no plan e as posibilidades de mellora do sector.

A iniciativa pretende reducir a fenda que existe entre a comunidade científica e a sociedade, incentivando que as entidades do sector do mar traballen xuntas en todo o proceso de investigación e innovación.

Colaboración no ámbito da investigación
Durante a clausura deste evento, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, enxalzou a importancia de contar con mecanismos que favorezan a colaboración no ámbito da investigación mariña. Nesta liña, puxo como exemplo a Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia, unha iniciativa pioneira na comunidade galega e creada pola Xunta para incrementar o intercambio de información entre os diferentes axentes relacionados con este eido e coa finalidade de adaptarse ao contexto ambiental e socioeconómico das pesqueiras e recursos mariños galegos.

Este órgano, subliñou Susana Rodríguez, enriquecerá os datos e argumentos de Galicia a favor dunha xestión marítimo-pesqueira na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais e para garantir o futuro do mar promovendo unha xestión responsable. Neste sentido, destacou a necesidade de máis datos biolóxicos, ambientais e socioeconómicos para defender os intereses de Galicia ante institucións como as europeas e fixo fincapé en que esta rede representa o potencial da comunidade neste ámbito.

Marea de Vigo discrepa da modificación orzamentaria do Goberno local e pide prioridade para as axudas ás familias con menos recursos

0

Rubén Pérez: “As axudas deben estar cando menos baremadas e controladas para asegurarnos que chegan ás familias que as precisan e que acaban onde teñen que acabar, non facer unha tarifa plana sen control social de 205 euros por fillo ou filla”

Marea de Vigo propón que as axudas para a totalidade da cidadanía a causa da situación inflacionaria se apliquen en conceptos como rebaixas no IBI, no transporte, no lixo ou na auga así como en todas aquelas cuestións que poden ser universalizadas

Na Comisión de Facenda celebrada no día de hoxe, Marea de Vigo reiterou o seu desacordo coa “improvisación permanente” sobre o uso dos remanentes que fai o Goberno de Abel Caballero.

Dende Marea de Vigo sinalan que «durante moitos anos, os sucesivos gobernos do PP impediron que os concellos puideran utilizar os seus aforros para a mellora dos servizos públicos establecendo o chamado teito de gasto», mais, dende o momento no que o Goberno de coalición liberou a posibilidade de usar eses recursos sen a necesidade de usar fórmulas de crédito, o Concello de Vigo leva empregados máis de 40 millóns de euros deses recursos para acometer diversas actuacións, pretendendo agora utilizar outros 30 millóns dos remanentes nunha liña de axudas as familias, “algo que a priori sempre é positivo e algo co que sempre estaremos dacordo – afirma Rubén Pérez -, mais dun xeito co que non podemos concordar, xa que o reparto farase de xeito lineal, sin ter en conta as necesidades de moitas familias na nosa cidade”.

Deste xeito, «unha familia con dous fillos ou fillas que ingrese máis de 100.000 euros vai recibir o mesmo que unha familia que esté en risco de exclusión social ou nunha situación de vulnerabilidade». Isto, segundo o voceiro da Marea de Vigo, “é moi discutible no marco dunha política progresista, e é precisamente o que fai o Goberno de Díaz Ayuso en Madrid, establecendo un criterio universalista para dar unha axuda que entra dentro dos parámetros das axudas sociais”. Máis discutible aínda, segundo Pérez, “cando se fai meses antes dunhas eleccións municipais, utilizando os recursos públicos dun xeito oportunista”.

Alén disto, Rubén Pérez critica que no propio expediente “afírmanse cuestións que redundan nesta liña contraria ao progresismo, cando se plasma que as axudas en forma de bolsas nas que ten competencia a Xunta só están pensadas para as familias en situación de vulnerabilidade, e que a política social ten que ser a entendida por Abel Caballero e Díaz Ayuso, baseada na universalidade das axudas”.

O Consorcio Casco Vello ultima o alugueiro dos locais para dinamizar o barrio histórico de Vigo tras recibir case un centenar de ofertas

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou este martes que o concurso público está a piques de rematar coa adxudicación dos baixos comerciais

“A iniciativa posta en marcha o pasado mes de xullo foi un éxito e suporá a chegada ao Casco Vello de novos negocios e emprendedores”, sinalou Marta Fernández-Tapias

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes que o organismo autónomo recibiu case que un centenar de ofertas para o concurso de alugueiros de locais comerciais e que ultima este días a súa adxudicación.

“A iniciativa posta en marcha o pasado mes de xullo foi un éxito e suporá a chegada ao Casco Vello de novos negocios e emprendedores que dinamizarán o barrio histórico vigués”, sinalou a representante autonómico. Segundo avanzou a presidenta do Consorcio, os locais quedarán adxudicados nos vindeiros días en función das propostas mellor puntuadas en base ao prego de condicións.

O Consorcio publicou o pasado 27 de xuño no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) as bases do concurso de alugueiro dos vinte locais con prezos que van desde os 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5). Catro dos baixos comerciais concentraron a maioría das ofertas e recibiron un total de 44 propostas. O inmoble de Abeleira Menéndez 16 tivo dezaseis candidatos, mentres que o da rúa Santiago 15 chegou ata as once, o de Santiago 19 outras nove e San Sebastián 16 recibiu oito máis.

Bloqueo do Concello

Fernández-Tapias lembrou que o Consorcio Casco Vello de Vigo xa propuxo hai máis de dous anos, en febreiro de 2020, alugar un total de 17 locais á Xunta de Galicia por un prezo de 24.816 euros ao ano (sen IVE), pero a negativo do Concello bloqueou entón a iniciativa.

“A xestión do Consorcio continúa adiante a pesar da permanente negativa do alcalde a calquera investimento da Xunta en Vigo. Xa bloqueou entón un gran proxecto para dinamizar o barrio e agora segue empeñado en torpedear o barrio histórico e non só estaba en contra dos alugueiros senón que votou en contra dos orzamentos e do plan de investimentos”, sinalou. Como xa explicou a presidenta tras o consello de administración do Consorcio celebrado este mes de setembro, os representante municipais buscan paralizar a rehabilitación do Casco Vello. “O alcalde ten unha estratexia programada para dinamitar e torpedear calquera actuación do Consorcio, simplemente polo feito de que é a Xunta a que xestiona o organismo e non lle pode sacar réditos partidistas”, engadiu.

Vigo, la ciudad más barata para hacer una compra que sube más del 15%

0

El estudio de la OCU revela la mayor subida de la cesta de la compra en 34 años, y sitúa el hipermercado de Alcampo en Coia como el más barato de España

Que la cesta de la compra ha subido, es una evidencia. Que lo haya hecho más de un 15%, resulta ya más difícil de asumir. Pero ese es el porcentaje de incremento que apunta la OCU en su último informe, que recoge un aumento histórico en los precios de los alimentos desde el último estudio de supermercados. La Organización de Consumidores y Usuarios alerta que esta subida en la cesta de la compra supone el mayor alza de precios de la alimentación en 34 años.

Un escenario en el que Vigo puede hallar un mínimo consuelo: es la ciudad más barata de España junto a Ciudad Real, registrando ambos municipios un índice 100. Le siguen Almería, Jerez de la Frontera, Huelva, Granada, Puertollano, y Palencia (101). En el otro extremo, las ciudades más caras son Palma de Mallorca, Barcelona, Gerona, Madrid y Alcobendas-San Sebastián de los Reyes.

Asimismo, el establecimiento más barato de los visitados para comprar la Cesta OCU es el Hipermercado Alcampo de Coia.  Con un índice muy próximo de 101, le sigue Alcampo de Murcia, que ha cedido el primer puesto que obtuvo en 2021, y el otro Alcampo de Vigo (103). En el grupo de los más baratos se sitúan a continuación los supermercados Spar en Badajoz y Cáceres. Un año más, y a pesar de haber sido adquirido recientemente por El Corte Inglés, el establecimiento más caro de los visitados por OCU es un Sánchez Romero de la Calle Arturo Soria en Madrid.

Ante este panorama, OCU considera necesarias medidas urgentes para abaratar de forma efectiva la cesta de compra. Aunque se barajan diferentes propuestas, como la creación de una cesta básica económica o poner un tope al precio de algunos alimentos esenciales, OCU cree que «hay que pasar ya a la acción con medidas rápidas y concretas».

En este sentido, abogan por la bajada temporal del IVA de la alimentación y por expedir cheques de alimentos para las familias vulnerables y numerosas, que les permitan aliviar los problemas que están generando los extraordinarios incrementos de precios de la alimentación, como ha puesto en evidencia este estudio. 

Detienen a un guineano reincidente en robos en establecimientos de la calle México y Cuba

0

En la tarde de ayer, a las 15:49 horas, se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones de 092 de la Policía Local de Vigo en la que una persona informaba que en un establecimiento de la calle Cuba se había producido un hurto y tenían retenido al supuesto autor.

A la llegada de la unidad al lugar, se encontraron un grupo de personas congregadas en torno a un vigilante jurado, al que increpaban e insultaban y que tenía retenido un varón, que también le insultaba y amenazaba de gravedad, al tiempo que le escupía.

Los agentes se hicieron cargo de la actuación, siendo informados por el aludido que, realizando labores de vigilancia, había sido advertido que a un supermercado de la calle México, había accedido el hombre que en esos momentos estaba retenido.

El hombre era conocido por las empleadas del local, dado que en varias ocasiones había hurtado del interior diferentes productos, y al verse descubierto y apercibido, siempre reaccionaba con violencia y las amenazaba. De hecho, en días pasados, había llegado a mostrar un pincho a uno de los vigilantes de seguridad que se trasladara al lugar para intervenir por un posible hurto, realizado por el ahora detenido.

Minutos antes, le habían vuelto a descubrir hurtando, huyendo a la carrera al verse descubierto, y siendo interceptado por el vigilante, que le había requerido para que se detuviese, a la espera de la llegada de la Dotación Policial. Lejos de hacerlo, se abalanzó sobre el mencionado, y comenzó a darle patadas y puñetazos en cara, boca y espinilla, teniendo que reducirlo para evitar que la agresión fuera mayores. Los agentes comprobaron que presentaba lesiones en el cuello, la espalda, espinilla y varias heridas abiertas en los nudillos de ambas manos.

Por ese motivo, los actuantes procedieron a la detención de M. S. B. de Guinea y 28 años de edad, por la supuesta comisión del delito de robo con violencia.

El Mirfak de Diego López se lleva el “Cabezón” y la Regata Guardiamarina de Cruceros “queda en casa” como deseaba la Armada  

0

El Farr 42, con Diego López a la caña, ganó tanto la Marín-Vigo como la Vigo-Marín en su clase y en la general absoluta

El Mirfak se proclamó vencedor absoluto este domingo de la Regata Guardiamarina y, además, reeditó el triunfo de 2021 como campeón gallego de Cruceros, tras dos jornadas en las que dominó tanto la Clase 1 como la clasificación general absoluta, por delante de Orión y Ozosana, segundo y tercero, respectivamente, para una flota de catorce unidades en el agua sobre quince inscripciones.

Con Diego López a la caña, el Farr 42 que representó a la Comisión Naval de Regatas de Ferrol se impuso el sábado en la Marín-Vigo (18,90 millas) y este domingo en la Vigo-Marín, etapa de vuelta de la Guardiamarina, esta vez con 20,10 millas de recorrido costero. Ambas etapas, con la organización compartida por el Real Club Náutico de Vigo y la Escuela Naval Militar de Marín.

Dos días de condiciones excepcionales de viento y mar (Eolo, raro en él, estuvo magnánimo en la Costa da Vela ambos días) dieron el primer “Cabezón” a López y a una tripulación con la que lleva media docena de años navegando juntos. Las condiciones en la Costa da Vela, además, favorecieron al Mirfak.

“El Orión nos había ganado el ‘Cabezón’ por la mano”, recordaba el patrón tras su victoria. Porque en 2020 también se vieron las caras en otra regata de la Escuela Naval, la Rodríguez Toubes (Marín-Vilagarcía-Marín), con el barco de Sanxenxo vencedor en aquella oportunidad. Según la Armada, este trofeo por el V Centenario ha sido el último “Cabezón”. Son una exclusiva serie numerada y Diego López levantó la unidad 78.  

En las clasificaciones de las tres clases solo hubo un cambio respecto a la etapa del sábado. En la primera jornada se había impuesto por 31 segundos -en la corrección de tiempos- el Dufour 360 Bonaventure (José Luis Ríos, RCN Vigo) al First 42S7 Lacazán en Clase 3, pero en la regata dominical el barco que patronea Ignacio Miguel Pedrosa (CN Sada) volteó la clasificación. Sacó 12:58 minutos en el tiempo compensado a su directo rival para llevarse a Sada la victoria en la división.

Con el Mirfak incuestionable vencedor en Clase 1 (se había impuesto por 66 segundos en la primera etapa en compensado, pero este domingo metió casi 16 minutos a su inmediato perseguidor, el IMX-38 Ozosana), la Clase 2 sería para el Orión (Alberto Javier Pérez, RCN Sanxenxo). El First 33.7 con grímpola de Sanxenxo de nuevo le metió tiempo al You Koun Koun III, un First 36.7 patroneado por Adolfo Castro (CN Portonovo), segundo de la división.

Así, el Mirfak se haría también con la general absoluta y, por tanto, con el último “Cabezón” del año -el busto de Elcano-, que entregó en mano, y feliz, el comandante director de la Escuela Naval Militar de Marín, Pedro Cardona. No era para menos: en la presentación, el capitán de navío había formulado su deseo de que el “Cabezón se quedase en su casa” (la Armada) como así ha sido.

El barco ferrolano levantó además el título gallego de Cruceros, que el año pasado también había ganado en la Regata Infanta Elena en A Coruña. Al acto de este domingo en la Escuela Naval acudieron tanto el presidente del Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, como el presidente de la gestora de la RFGV, Manuel Villaverde, entre otros asistentes. Para el Mirfak “no ha sido mala temporada”, ha explicado Diego López. Victorias en el Infanta Elena, en la Regata Rías Altas y subcampeón absoluto en la Mar de Finisterre (vencedor en la Clase Regata); ahora el triunfo en la Guardiamarina, con la que probablemente ha cerrado la temporada de regatas.

Tras el Mirfak -firmó dos primeros-, el Orión (Alberto Javier Pérez, RCN Sanxenxo), con dos segundos, y el Ozosana (Juan Carlos Pérez Olmedo, CN León), con dos terceros puestos en la general absoluta.

A LEI DE RECUPERACIÓN DA TERRA AGRARIA DE GALICIA ESTÁ A MOBILIZAR MÁIS DE 9.300 HECTÁREAS UN ANO DESPOIS DA SÚA ENTRADA EN VIGOR

0

Deste total de superficie, 8.788 hectáreas corresponden a 21 polígonos agroforestais e 574 a 21 aldeas modelo

Ademais, a Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- recibiu un total de 34 solicitudes para polígonos agroforestais de iniciativa privada, os cales supoñen máis de 1.300 hectáreas a mobilizar

Todas estas ferramentas contribúen a un uso máis eficiente e sostible da terra agraria a través da ordenación dos usos do solo rural e da minoración dos predios abandonados, co beneficio que isto supón para anticiparse aos incendios

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia entrou en vigor o 22 de maio de 2021. Dende entón, cos diferentes instrumentos creados ao abeiro desta norma, estanse a mobilizar máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia.

Deste total de hectáreas, 8.788 ha corresponden a polígonos agroforestais e 574 ha a aldeas modelo. Entre ambos instrumentos de recuperación estase a beneficiar a máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas.

Estas iniciativas póñense en marcha en aplicación desta norma, co fin de recuperar grandes espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona. O obxectivo é dinamizar o territorio e xerar actividade económica, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. 

Polígonos de iniciativa pública

A día de hoxe, dos 21 polígonos de iniciativa pública existentes en Galicia, 10 están xa iniciados e 11 atópanse en fase de actuacións previas. Estes 10 polígonos xa iniciados supoñen a recuperación de 4.114 ha.

Así, os máis adiantados son os de  Cualedro (con 64 hectáreas e unhas 72 parcelas de 70 propietarios) e Oímbra (preto de 22 hectáreas e unhas 72 parcelas de 73 propietarios), para os que xa se tramitou a declaración de utilidade pública. Nela establécense como usos e actividades admisibles para o polígono de Oímbra os cultivos agrícolas de ciclo curto e a gandaría en extensivo, ademais de árbores froiteiras como actividade secundaria. No caso de Cualedro, establécense como actividades a gandaría en extensivo e os cultivos complementarios.

Nos outros oito polígonos, propóñense diferentes usos ou actividades para cada un deles, destacando os cultivos de horta, viñedo e forestal. Estes polígonos son os de Remuíño en Arnoia (224 ha e 6.753 parcelas), Barzamedelle en Leiro (146 ha e 183 parcelas), Pousada en Riós (94 ha e 663 parcelas), Vences en Monterrei (22 ha e 535 parcelas), Solbeira en Paderne de Allariz (43 ha e 317 parcelas), Vilalén-Tomonde en Cerdedo-Cotobade (68 ha e 1.534 parcelas), Mandelos en Crecente (45 ha e 391 parcelas) e Santaia-Foxado en Curtis (3.386 ha e 6.161 parcelas).

Ademais, hai outros 11 polígonos de iniciativa pública nos que se ten iniciado un procedemento de actuacións previas, os cales suman 4.674 hectáreas e 9.750 parcelas de máis de 5.000 (5.013) propietarios. Trátase dos de Ver en Bóveda, Barcia en Navia de Suarna, Prado en Castrelo de Miño, Freixido en Larouco, Panascos en Tomiño, Alta Limia, Corno do Monte e Lamas Ganade (todos eles en Xinzo de Limia), San Salvador de Sabucedo (Porqueira), A Graña de Seoane (Montederramo) e Soutopenedo (San Cibrao das Viñas).

En calquera caso, cómpre matizar que a Xunta busca desenvolver polígonos en zonas nas que exista vontade e interese por parte dos propietarios e da xente do lugar, xa que a Lei de recuperación establece como un tipo de zonas preferentes para o desenvolvemento de polígonos agroforestais de iniciativa pública aquelas nas que desde o inicio se conta co acordo dos propietarios de máis do 70% da superficie. Por este motivo, a Xunta colabora coas distintas administracións locais co fin de localizar ámbitos nos que se poida dar esta condición.

Ao abeiro dos polígonos, reestruturaranse as parcelas para que teñan un tamaño suficiente que garanta a rendibilidade en función dos cultivos, dando prioridade ás explotacións galegas instaladas que demanden base territorial.

Tamén, no caso dos polígonos agroforestais de iniciativa pública, serán zonas prioritarias aquelas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas que presenten un abandono superior ao 50%; as áreas cortalume, que se delimitarán con criterios técnicos co fin de xerar descontinuidades da biomasa que freen ou atenúen o avance dos incendios mediante a implantación da actividade agrícola, gandeira ou forestal; aquelas nas que se acredite a disposición de compromisos de adhesión ao proxecto, que deberán supoñer unha superficie mínima do 70% das terras incluídas no perímetro proposto do polígono agroforestal.

Entre as restantes zonas, darase carácter preferente ao desenvolvemento de proxectos de polígonos agroforestais cando concorran algunhas das seguintes circunstancias:

  • Zonas de elevada aptitude agropecuaria delimitadas no catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia que se atopen en situación de especial abandono.
  • Ampliación da base territorial das explotacións existentes mediante o acceso a terras estremeiras en situación de abandono ou infrautilización ou con usos ou orientacións non conformes coa cualificación feita no catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia.
  • E recuperación e posta en valor de terras acaídas para producións acollidas a Indicacións Xeográficas Protexidas e Denominacións de Orixe Protexida, así como para producións que estean a optar a ese recoñecemento ou calquera outra marca de garantía de calidade.

Polígonos de iniciativa privada

En abril do ano pasado, a Consellería do Medio Rural lanzou unha Manifestación de Interese na que se preguntaba expresamente pola necesidade de terra para o desenvolvemento das actividades agrarias.

A través desta convocatoria recibíronse un total de 1.244 enquisas simplificadas sobre demanda de terra agraria e 255 proxectos completos para o sector agrario galego. A partir dos datos incluídos nestas propostas puidéronse xeolocalizar 991 solicitantes e 21.321,7 ha delimitadas xeograficamente. Neste senso, cabe sinalar que un total de 34 iniciativas amosaron interese por desenvolver polígonos agroforestais de iniciativa privada, que supoñen máis de 1.300 hectáreas a mobilizar.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de resolver a declaración de tres novas aldeas modelo, no  marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

Aldeas modelo

Así mesmo, cabe indicar que outro instrumento de mobilización e recuperación de terras que ofrece a Lei de recuperación son as aldeas modelo.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de resolver a declaración de tres novas aldeas modelo, no  marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Trátase das de Soutogrande, no concello ourensán de Vilariño de Conso; Cortegazas, no tamén municipio ourensán de Avión; e Ferreiros, na localidade coruñesa de Ames.

Así, a aldea modelo de Soutogrande, en Vilariño de Conso, ten unha superficie de 33,50 hectáreas, distribuídas en 99 parcelas de 46 titulares catastrais. Canto á de Cortegazas, en Avión, abrangue 15,11 ha, repartidas en 727 parcelas de 99 propietarios. Por último, a de Ferreiros, en Ames, ten unha superficie de 8,55 hectáreas, con 128 parcelas implicadas de 52 titulares catastrais.

As novas aldeas modelo decláranse en colaboración cos concellos correspondentes, todos eles situados en zonas de alto risco de incendios (ZAR) e adheridos ao sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Cabe lembrar que o obxectivo principal desta figura recollida na Lei de recuperación é devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización, impulsando deste xeito nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza na contorna, senón que -ao tempo- reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños dos núcleos que se busca poñer en valor.

21aldeas modelo XA EN MARCHA en galicia

As novas aldeas modelo declaradas súmanse ás xa en marcha e fan un total de 21. Por provincias, hai unha na Coruña, outra en Pontevedra, cinco en Lugo e 14 en Ourense que, conxuntamente, acadan as 574,27 ha de superficie de actuación, 9.346 parcelas e 2.359 titulares catastrais.

A maiores, séguese cos traballos de recollida de sinaturas doutras sete aldeas modelo de cara á súa aprobación: unha na Coruña, outra en Lugo, unha máis en Pontevedra e catro en Ourense. En total, representarán outras 194,84 ha de superficie de actuación, 3.395 parcelas e 901 titulares catastrais.

Uso eficiente e sustentable da terra

Todos estes instrumentos de mobilización de terras regulados pola Lei de recuperación, entre eles os polígonos agroforestais e as aldeas modelo, contribúen a un uso máis eficiente e sustentable da terra agraria a través da ordenación dos usos do solo rural e da minoración dos predios abandonados (co beneficio que isto supón para a loita contra incendios e o medio ambiente). Desta forma, contribúese á orientación das explotacións cara unha produción competitiva e sustentable que eleve, consecuentemente, o nivel de vida dos profesionais do sector primario de Galicia. En definitiva, trátase de distintas fórmulas, pero todas cun mesmo obxectivo: dinamizar o territorio e xerar actividade económica para que sexa posible vivir no e do rural. E tamén para anticiparse aos lumes e diminuír os danos que poidan causar.

Arde un vehículo eléctrico mientras se cargaba en el parking del Berbés

0

El pasado día 25, a las 22:50 horas, una persona informaba a la Policía Local de Vigo que observaba salir mucho humo del interior del parking del Berbés, indicando que podía estar ardiendo la instalación eléctrica. Trasladada al lugar una Unidad de GOA, comprobaron que se trataba de un vehículo, siendo requeridos por el propietario J. A. C. A. de Vigo y 43 años de edad.

Manifestó que había sido avisado por el responsable del parking de que de su vehículo desprendía gran cantidad de humo, tratándose de un modelo híbrido enchufable que se encontraba cargando. El hombre procedió a desconectarlo de la red eléctrica a través de la aplicación.

Una vez en el lugar la dotación de Bomberos de Teis, comenzaron las labores de extinción. Al cabo de una hora y tras intentar sofocar el incendio mediante la colocación de una manta que cubría el vehículo en su totalidad comprobaron que tal medida no surtía efecto. El mando responsable de la dotación de bomberos decidió sacarlo al exterior, para buscar otros medios de extinción.

Debido al riesgo que suponía en el interior del parking, los Agentes decidieron dar aviso al servicio municipal de grúas que, con la colaboración de las dotaciones de Bomberos lograron retirar el vehículo del lugar. Los actuantes lo trasladaron escoltado por dos Unidades Policiales hasta el interior del muelle de Beiramar frente al Auditorio Mar de Vigo, esta vez en colaboración con la Policía Portuaria.

A las 01:54h, el vehículo quedó depositado en lugar seguro, realizando las Unidades de Bomberos las labores del corte del suministro de las baterías eléctricas, quedando finalmente a disposición de su propietario y custodiado por la Policía Portuaria.