Alfonso Rueda anuncia a posta en marcha dun plan para detectar e previr o abandono escolar potenciando a FP básica

0

Ofrecerase información e orientación ao alumnado e levaranse a cabo actuacións específicas encamiñadas a reorientar aos rapaces en risco de abandono ou que xa deixaron de formarse, a desempregados e a mozos sen titulación académica

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha do Plan FPGal360 co obxectivo de detectar e previr o abandono escolar antes de que se produza e derivar a ese alumnado a ciclos de Formación Profesional Básica.

Un obxectivo que se enmarca na procura de acadar o “abandono cero” e que o 100% dos rapaces sigan formándose e preparándose, polo menos, ata cumprir a maioría de idade. Por iso, a aposta do líder dos populares galegos é potenciar os ciclos formativos para que ningún mozo quede sen ter unha titulación e poida así mellorar a súa inserción laboral.

A través deste novo plan ofrecerase información e orientación sobre a FP Básica ao alumnado desde idades temperáns e levaranse a cabo actuacións específicas tanto para animar ao rapaces en risco de abandono ou que xa deixaron os estudos a seguir formándose, como para dar a coñecer a desempregados ou mozos sen titulación académica as oportunidades laborais que ofrecen estes ciclos formativos.

Na súa intervención, Alfonso Rueda asegurou que “para que Galicia funcione, a educación ten que funcionar”. Algo para o que é fundamental “contar cun profesorado e unha comunidade educativa con vocación e dedicación” e, sobre todo, a procura constante da calidade, a excelencia e a accesibilidade no sistema educativo.

E precisamente nesa liña incidiu na capacidade de “vertebración do territorio” que tamén ten a educación, apostando por “construír un sistema educativo presente en todas partes, que vaia onde están os alumnos e non ao revés e que lles posibilite o máximo posible o acceso aos centros educativos”.

Unha accesibilidade que tamén ten que ser económica e de aí o esforzo económico que se fai desde o Goberno galego por financiar a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos e a manter conxeladas as taxas universitarias. Dúas medidas ás que Alfonso Rueda propón ademais engadir a gratuidade das primeiras matrículas en todos os graos universitarios e en todos os cursos.

En clave máis política, o presidente e candidato do PPdeG remarcou especialmente que “a docencia ten que baseares en ensinar e formar, non en adoutrinar” porque, do contrario, xeraríase rexeitamento e desapego:  “Unha cousa é educar en valores e outra educar en ideoloxía”.

“O ensino de calidade é aquel que non cree en ningún tipo de imposición ideolóxica, lingüística ou partidista, senón que ofrece unha visión ampla para que a xente decida en liberdade”, concluíu a este respecto.

O BNG denuncia que Caballero paraliza as axudas para libros para pagar unha parte delas antes das eleccións

0

A fronte nacionalista tacha de “escandaloso” este novo uso dos recursos do Concello para os intereses partidistas do rexedor, xerando un “prexuízo” para o 75% das familias

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero paraliza as axudas de 205 para libros de texto para pagar unha parte delas antes das eleccións galegas do 18F. Así o fixo público este sábado o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, quen cualificou de “gravísimo e escandaloso” este novo uso dos recursos do Concello para os intereses partidistas do alcalde.

“Caballero prioriza os seus intereses partidistas utilizando unha axuda que se financia con recursos públicos como un desesperado gancho electoral”, reprochou Igrexas, asegurando que a día de hoxe só están validadas arredor do 25% das 19 mil solicitudes. O voceiro nacionalista explicou que, para que o Concello poida abonar as axudas xa tramitadas, ten que deixar en suspenso o procedemento administrativo das restantes, xerando así un “claro prexuízo” para a maioría das solicitantes. “Facendo que haxa así familias de primeira e de segunda”, afeou.

Igrexas lamentou que o alcalde non tivese o “mesmo apuro” para tramitar as becas de comedor, que comezaron a pagarse a finais de decembro co primeiro trimestre do curso escolar a piques de rematar. “Este feito gravísimo e escandaloso volve demostrar a permanente confusión entre partido e Concello, como se a institución municipal fose patrimonio de Abel Caballero, polo que desde o BNG temos que esixirlle que dea explicacións”, interpelou o portavoz do Bloque.

Porén, dende o BNG reiteraron a súa oposición a este tipo de axudas que non están baremadas en función da renda de cada familia para axudar máis a quen máis o necesita. “Non hai nada máis inxusto socialmente que axudar cunha mesma contía a familias con necesidades diferentes”, asegurou Igrexas, quen tachou de “escandaloso que os fillos ou fillas de concelleiros de Goberno do PSOE, con retribucións de 60 mil euros brutos, poidan recibir a mesma axuda que familias sen ingresos ou en situación de vulnerabilidade social”.

El PP de Vigo sitúa en 1.700 euros el gasto medio sanitario por habitante, un 44% más que en 2009

0

La sanidad viguesa contará este año con el presupuesto más alto de su historia con cerca de 1.000 millones de euros, de los que el 40,4% corresponde a las nóminas de los 6.700 trabajadores en plantilla

Desde el 2009 el gasto en Sanidad en el área de Vigo no ha dejado de incrementarse, aumentando hasta los 1.700 euros de media por habitante al año. Esto significa que desde entonces se ha disparado un 44%, destacando especialmente el esfuerzo inversor de la Xunta en la mejora y adaptación de las infraestructuras sanitarias, tal y como ha destacado este sábado el candidato del PPdeG al Parlamento gallego, Julio García Comesaña.

El también conselleiro de Sanidad desde 2020 ha incidido en que los presupuestos de este año se reservan 945 millones de euros para la sanidad viguesa, con la partida más elevada de su historia. Si bien, un importante volumen de estos recursos, según detalló Comesaña, el 40,4% se corresponde con las nóminas de los 6.700 sanitarios que conforman la plantilla en los hospitales y centros de salud del área, no es menor la cantidad que se destina inversiones en equipamiento tecnológico, nuevas unidades de atención asistencial y mejora de las infraestructuras.

En los últimos 15 años se han destinado a la construcción de 8 nuevos centros de salud en Vigo y la comarca y la reforma de las instalaciones de otros 7, cerca de 39 millones de euros. Actualmente, tal y como puntualizó se encuentran en construcción el Centro Integral de Salud Olimpia Valencia por importe de 14,9 millones de euros y el Centro de Salud de Moaña por 9,3.

Precisamente y sobre la atención primaria, señaló que como eje vertebrador del sistema sanitario requiere de un nuevo modelo de organización y trabajo en equipo que potencie nuevas categorías profesionales, especialmente ante la problemática común de carencia de médicos en toda España. Una transformación a la que contribuyó de forma intensa la Xunta de Galicia en la última legislatura, con la creación de más de 400 plazas de personal sanitario, con un notable aumento de las plazas MIR para formación de nuevo personal médico de familia a pesar de las trabas del Ministerio, con la puesta en marcha de nuevos servicios como nutricionistas y enfermería a domicilio o con la creación de Planes Locales de Salud, entre otras medidas activadas.

En lo tocante a este ámbito, García Comesaña se refirió a las 12 medidas que integran el programa electoral del PPdeG y que pasan por aprobar una normativa para su regulación, reducir la carga de trabajo del personal sanitario, aumentar la capacidad formativa del personal y del cuadro de enfermería, un plan de cirugía menor y otro de atención domiciliaria o la implantación de servicios móviles. Iniciativas que los populares gallegos completan con hasta 59 iniciativas que abarcan desde la propia atención primaria y la atención hospitalaria, hasta las nuevas prestaciones sanitarias, la salud mental y la investigación sanitaria, en una apuesta sin precedentes por la transformación del sistema sanitario gallego.  

Mejoras en equipamiento hospitalario

En el marco de esta transformación del sistema sanitario, el candidato popular aludió a la adquisición de equipamiento tecnológico de la más alta gama para los dos hospitales vigueses, con una inversión atendiendo solo a los últimos cuatro años que asciende a los 23,9 millones de euros. Mencionó a modo de ejemplo la adquisición de los más avanzados ecógrafos y mamógrafos, la renovación de los bloques quirúrgicos y del centro de Resonancia Magnética del Meixoeiro, un PET, dos tomógrafos y tres gammacámaras.

Cabe indicar que desde su apertura en 2015, el Hospital Álvaro Cunqueiro ha ido mejorando su capacidad asistencial, incorporando nuevas unidades como la de rehabilitación cardíaca, de hospitalización psiquiátrica infanto-juvenil, de enfermedades raras o de hospitalización a domicilio. También el centro avanzado de medicina materno-fetal, la nueva sala de electro fisiología, la ampliación de la unidad de necropsias o el nuevo acelerador lineal.

En cuanto al Meixoeiro, desde la puesta en funcionamiento del HAC, se destinaron 23 millones de euros para obras de adaptación funcional, de adecuación de las instalaciones, de la climatización y mejora de las envolventes térmicas.

En lo que respecta a este 2024 está prevista una inversión de 2 millones de euros en el Álvaro Cunqueiro para ejecutar obras de reforma en las áreas de Rehabilitación Cardíaca, Hospitalización a Domicilio y Hospital de Día. Y en cuanto a la Atención Primaria, a la partida de 17 millones de euros reservada para obras en los nuevos centros de salud vigueses, se suman los 2,9 millones consignados para la adquisición de nuevos equipos electromédicos y mobiliario clínico, con el objetivo de seguir potenciando la capacidad diagnóstica de este nivel asistencial.

Últimos días para participar no “Hub contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural” da Deputación

0

O programa de formación dixital desenvolverase nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña

Últimos días para presentar solicitudes para participar como alumno ou persoa influente no programa “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural”, que a Deputación de Pontevedra desenvolve nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. O programa inclúe unha formación destinada a maiores de 50 anos para alfabetizalos dixitalmente e capacitalos en competencias dixitais co fin de facilitar as súas relacións coas administracións públicas, na que se pode solicitar participar ata o vindeiro xoves, 15 de febreiro.

As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa como alumnos deberán ter nacido antes de 1973 ou acreditar discapacidade, prestar servizos de axuda a domicilio ou ter a condición de persoa coidadora con maiores a cargo, sempre que sexan maiores de 18 anos. No caso dos influencers (persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras grazas á demostración en primeira persoa dos beneficios que lles pode reportar o uso de ferramentas sociais) deben ser maiores de 18 anos e estar empadroadas nalgún dos concellos participantes.

Unha vez seleccionados os participantes, 50 en cada concello, desenvolveranse sete accións formativas que versarán sobre a administración electrónica, o Sergas online, a banda móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos. Cada acción formativa terá unha duración de 5 horas e ao final delas haberá un servizo de titorías, dun mínimo de 20 horas, co fin de que o alumnado adquira axilidade, destreza e desenvoltura no uso das ferramentas dixitais e poida formular dúbidas sobre os coñecementos adquiridos.

La luz cuesta hoy cero euros durante siete horas

0

Se trata del registra más bajo en lo que va de año, con una media para la jornada de 9,47 euros por megavatio hora (MWh)

El precio de la luz registra hoy su precio más bajo en lo que va de año, con una media para la jornada de 9,47 euros por megavatio hora (MWh).

El precio máximo será de 37,9 euros/MWh, registrándose entre las 21.00 y las 22.00 horas, mientras que se darán hasta siete horas -entre las 11.00 y las 18.00 horas- a cero euros/MWh, según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

Este precio en el recibo sube, al existir unos costes fijos para el consumidor eléctrico, por peajes, cargos y ajustes del sistema.

Junto a esas siete horas de cero euros/MWh que marcará el ‘pool’, también se registrarán otras dos horas a prácticamente -0,43 euros/MWh- esos niveles, entre las 10.00 y 11.00 horas y entre las 18.00 y las 19.00 horas.

Este importante descenso en el mercado mayorista de la electricidad se deberá, principalmente, a la presencia de la borrasca Karlotta, que impulsará la presencia de las renovables -especialmente eólica- en el ‘mix’ de generación, así como a la caída de la demanda con la llegada del fin de semana con respecto a los días laborables.

Mariño defiende la política de vivienda “tangible, planificada y realista” del PPdeG frente a las “promesas irrealizables” que ofrece el multipartito

0

La número 8 de la lista por la provincia de Pontevedra incide en que la Xunta actual es la única administración que está poniendo vivienda pública a disposición de los vigueses; 400 inmuebles desde el 2009

Los candidatos vigueses del PPdeG que integran la lista por Pontevedra a las próximas elecciones autonómicas, Patricia García, Marta Mariño y Miguel Fidalgo se acercaron hoy hasta el Casco Vello de Vigo donde en los últimos 13 años la Xunta ha promovido la rehabilitación de 117 viviendas, facilitando el acceso a los vigueses a un mercado inmobiliario con precios asequibles en el centro de la ciudad y revertiendo la degradación del barrio histórico.   

Con este escenario de fondo, Marta Mariño defendió la política de vivienda “tangible, planificada y realista” del PPdeG frente a las “promesas irrealizables” que ofrece el multipartito. Destacó así que la vivienda de promoción pública es y seguirá siendo uno de los ejes estratégicos de la hoja de ruta de Alfonso Rueda en la próxima legislatura, hasta duplicar el parque residencial en Galicia de 3.800 a 8.000 inmuebles.

Con todo, la previsión es mucho más ambiciosa y el programa electoral de los populares gallegos recoge su compromiso de promover 20.000 viviendas protegidas, correspondiendo 12.000 a la inversión privada. De estas, según detalló la candidata, 2.000 se dedicarán a alquiler social.

De nuevo en clave local, Mariño incidió en que el actual Gobierno autonómico es la única administración que está poniendo vivienda a disposición de los vigueses. En este sentido, mencionó además de las citadas 117 viviendas rehabilitadas a través del Consorcio Casco Vello de Vigo (90% participado por la Xunta), las 24 viviendas de Canicouva en Castrelos, las 36 de Cambeses en Lavadores y las 201 programadas en el barrio de San Paio de Navia -del total de las 1.600 proyectadas en esta zona- que estarán destinadas en exclusiva al alquiler social.

Cifró así en 400 los inmuebles promovidos por el actual Ejecutivo gallego en la ciudad desde el 2009, al tiempo que se preguntó dónde están las 6.000 viviendas protegidas que Caballero prometió en la campaña electoral de 2007. Cuestionó por tanto el valor de los compromisos de los socialistas de Vigo, que dicen ahora no tener competencias en materia de vivienda y que no han construido uno solo de estos inmuebles en los 16 años que llevan gobernando.

Al hilo, Mariño también hizo referencia al centenar de viviendas propiedad de la Sareb en Vigo, sobre las que dijo “no sé a qué está esperando el PSOE local para reclamar al Gobierno central que se destinen de forma inmediata y urgente a alquiler social”.

De entre las 14 medidas que recoge el programa del PPdeG en materia de vivienda, aludió también a las ayudas para el alquiler para menores de 36 años o para la autoconstrucción de viviendas unifamiliares. Además, hizo referencia a la creación de una plataforma de suelo residencial para vivienda protegida, a la renovación del Pacto Social por la Vivienda, a la apuesta por la rehabilitación de vivienda en los cascos históricos, a la creación de una oficina de asesoramiento antiocupación y al fomento de las viviendas colaborativas.

Luis López avanza as primeiras axudas da historia da Deputación para a mocidade: ata 5.000 € por entidade para impulsar proxectos de iniciativa social

0

O Plan +Xuventude, como así se chama a nova liña de axudas dirixidas a asociacións xuvenís, está dotado cun orzamento de 100.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as primeiras axudas dirixidas á mocidade da provincia: o Plan +Xuventude. Trátase dunha liña de subvencións dotada con 100.000 euros e que achegará a cada asociación xuvenil un máximo de 5.000 euros para poñer en marcha iniciativas de interese social.

“Nunca antes se tiña apostado pola xuventude, nin se tiñan deseñado liñas específicas de apoio á mocidade de Pontevedra”, asegurou o presidente provincial, Luis López, ao tempo que lembrou que, nesta aposta, o goberno provincial “creou por vez primeira na historia da Deputación un servizo de Xuventude e Reto Demográfico, a cargo do deputado Jorge Cubela”.

En concreto, as axudas do Plan +Xuventude están dirixidas a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro prestadoras de servizos dirixidos á xuventude e grupos formados por entre 3 e 8 persoas de entre 18 e 35 anos que propoñan a realización dun proxecto de interese xeral e social. As propostas deben favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario, contribuír ao empoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables, e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia.

En concreto, pódense presentar proxectos englobados en diferentes áreas: Iniciativa empresarial; vida saudable e loita conta a violencia e conductas de risco; fomento da cultura en todas as súas áreas, da innovación así como a promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais; creación de Consellos Locais de Xuventude e o fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil; promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural, a loita contra a soidade non desexada, así como proxectos que teñan impacto no rural dende a perspectiva de reto demográfico, e protección do medio ambiente e loita contra o cambio climático. O prazo para solicitar estas subvencións abrirá o vindeiro 16 de febreiro e será dun mes.

Luís Bará compromete que un goberno do BNG fará da investigación “unha prioridade de país”

0

Avanza que o Bloque aumentaría o investimento en I+D+I ata acadar en 2030 o 2,5% do PIB

O BNG fará da investigación “unha prioridade de país”, porá en marcha nos seus primeiros 100 días de goberno un grande ‘Pacto galego pola ciencia’ e avanzará nunha dobre dirección: máis recursos e estabilidade laboral na investigación científica e tecnolóxica. Así o anunciou hoxe o cabeza de lista do BNG, Luís Bará, nun encontro con persoal investigador dos laboratorios da Facultade de Bioloxía da UVigo,

Asegurou Bará que investir en I+D+i “é o mellor salvoconduto para xerar riqueza e favorecer unha economía competitiva e con empregos dignos”. Por iso comprometeu que un goberno liderado polo BNG colocará a investigación científica como unha prioridade de país para que haxa unha estreita conexión entre a investigación e as necesidades de Galicia, incentivando a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo nun grande Pacto galego pola ciencia a desenvolver nos primeiros 100 días de goberno.

Na súa intervención fixo fincapé en que o país precisa a ciencia e a innovación para facer fronte a grandes retos como o cambio climático, a xestión de residuos, o envellecemento da poboación, a biomedicina, a  intelixencia artificial e as novas tecnoloxías, así como a prestación de servizos na sociedade do benestar, da xustiza social e da preservación do territorio.

O líder da candidatura en Pontevedra  subliñou que é preciso reforzar o sistema de I+D+i nas universidades, porque é o principal  foco de ciencia e investigación, e maximizar a colaboración entre universidade, empresa privada e administración pública. Salientou que urxe un financiamento estable e suficiente, achegándose á media da Unión  Europea, cun programa de recursos humanos integral para todas as etapas da carreira investigadora que achegue estabilidade e planificación ao persoal investigador.

Poñendo números sobre a mesa, destacou que o goberno do BNG destinará á ciencia e innovación o equivalente ao 2,5% do PIB  de aquí a 2030.

En relación á estabilidade laboral, as propostas do BNG pasan por definir a carreira profesional investigadora que debe contar co seu propio estatuto que recolla dereitos e deberes; un plan retorna para recuperar o talento emigrado por falta de oportunidades ou por condicións laborais pésimas; e un organismo de xestión, retención e captación de talento, (INNOGAL) como xa teñen outros territorios como Euskadi ou Catalunya con grandes resultados.

O programa municipal de murais artísticos incorpora 8 novos edificios

0

O Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade

O programa municipal de murais artísticos incorporará desta volta 8 novos edificios. Deste xeito, o Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade.

A aprobación do X Programa de pintado de medianeiras e outros elementos verticais foi adoptado este venres polo goberno municipal.

Murais de edificios do paseo de Coia, das rúas Nigrán, Ourense, Travesía de Vigo, Robleda, así como do Auditorio de Teis, da Asociación Veciñal de Matamá e da pista deportiva da Salgueira, incorpóranse ao inventario de intervencións artísticas despregadas en Vigo desde 2015.

Así o avanzou o alcalde ao lembrar que a cidade conta xa con 177 elementos artísticos: 131 medianeiras e 46 murais en colexios. “Poñémonos en marcha para seguir incrementando o número de murais da gran arte urbana”, incidiu.

O Sergas recoñece o labor das entidades sen ánimo de lucro que prestan asistencia a pacientes con trastornos adictivos

0

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, visita a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Alborada), que atende a persoas de Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Alborada), e agradeceu atención prestada o ano pasado a máis dun milleiro de persoas dos concellos de Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar, con trastornos adictivos.

Durante a visita, o directivo do Servizo Galego de Saúde adiantoulle aos membros de Alborada que, a próxima semana, o Consello da Xunta autorizará pagar anticipadamente os convenios con nove entidades galegas, cun incremento global do 8 % con respecto ao 2023. Así, a Xunta aumentará en máis de medio millón de euros o importe dos convenios que o Sergas mantén con entidades sen ánimo de lucro para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos, ata chegar aos 7.764.100 euros.

En concreto, o Servizo Galego de Saúde destinará 1.807.016 euros á actividade da entidade viguesa Alborada, o que supón un aumento superior aos 125.000 euros con respecto a 2023. Deste xeito, desenvolveranse programas de asistencia sanitaria especializada dende un enfoque biopsicosocial a persoas con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos aditivos, atendendo á planificación e criterios establecidos polo Sergas.

As adiccións, na actualidade, son consideradas unha enfermidade que require un tratamento multidisciplinar e personalizado. Ante calquera problema relacionado coas adiccións, aconséllase acudir a un centro de tratamento específico directamente ou ben solicitar axuda aos profesionais de atención primaria que avaliarán cada caso e derivarán ao centro que proceda.