O programa municipal de murais artísticos incorpora 8 novos edificios

O Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade

O programa municipal de murais artísticos incorporará desta volta 8 novos edificios. Deste xeito, o Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade.

A aprobación do X Programa de pintado de medianeiras e outros elementos verticais foi adoptado este venres polo goberno municipal.

Murais de edificios do paseo de Coia, das rúas Nigrán, Ourense, Travesía de Vigo, Robleda, así como do Auditorio de Teis, da Asociación Veciñal de Matamá e da pista deportiva da Salgueira, incorpóranse ao inventario de intervencións artísticas despregadas en Vigo desde 2015.

Así o avanzou o alcalde ao lembrar que a cidade conta xa con 177 elementos artísticos: 131 medianeiras e 46 murais en colexios. “Poñémonos en marcha para seguir incrementando o número de murais da gran arte urbana”, incidiu.