El PP de Vigo reclama la humanización de la calle Burgos ante los problemas que padecen “a diario” vecinos con grandes discapacidades

0

El grupo municipal popular denuncia que las estrechas aceras existentes están bacheadas y llenas de desniveles, lo que dificulta “sobremanera” el paso de personas con movilidad reducida en sus sillas de ruedas

El concejal Fernando González Abeijón recuerda que el alcalde prometió la reforma de esta calle varias veces en los últimos cuatro años

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha reclamado este miércoles a Abel Caballero la “inmediata” humanización de la calle Burgos, en la que residen personas con grandes discapacidades y mucha gente mayor. Tras escuchar las demandas vecinales, el concejal Fernando González Abeijón ha solicitado al alcalde socialista que cumpla su palabra y ordene la reforma de este vial, tal y como prometió en varias ocasiones desde 2020.

El edil del PP vigués ha denunciado que las estrechas aceras existentes están bacheadas y llenas de desniveles, lo que dificulta “sobremanera” el paso de las sillas de ruedas. González Abeijón se ha entrevistado con vecinos que padecen “serias complicaciones” para transitar “a diario” por esta calle del barrio de O Calvario, en la que predominan resaltes que se antojan “pronunciados” para las personas con movilidad reducida. De hecho, algún residente ha sufrido daños en su silla de ruedas debido a ello.

Esta situación se produce a pesar de que el vecindario lleva años solicitando a Abel Caballero la humanización de la calle. “Una circunstancia que llama la atención, porque el Gobierno socialista ha reformado todos los viales del entorno, como las calles Valladolid, Portela, Sagunto o Martínez Garrido, pero mantiene la calle Burgos en un estado de degradación”, ha alertado el concejal del PP de Vigo.

Tal y como han trasladado residentes de la zona al grupo municipal popular, las sillas de ruedas pueden transitar sin problemas por las aceras de las calles aledañas, ya humanizadas, pero se topan con “graves problemas” a la hora de salir de las viviendas y regresar a ellas debido al “deficiente” estado de la calle Burgos. Por ello, González Abeijón ha instado a Abel Caballero a atender las demandas vecinales, y más teniendo en cuenta que se trata de colectivos que “merecen recibir todas las facilidades” desde las administraciones públicas.

Luis López aposta pola colaboración entre a Deputación e os concellos da área de Vigo para acadar os obxectivos da axenda urbana europea

0

O presidente provincial inaugurou este xoves a segunda mesa de traballo sobre a Axenda Rural e Urbana da Provincia na que participaron alcaldes, concelleiros, técnicos e representantes do tecido asociativo da comarca de Vigo

“O modelo desta Deputación é o de tender pontes. Farémolo nos 61 concellos da provincia e desde logo tamén en Vigo”, afirmou Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este mércores a estratexia do executivo provincial para a transformación da provincia de acordo cos criterios de sustentabilidade económica, social e medioambiental que rexen a Axenda Europea 2030 e tamén a Axenda Rural e Urbana da provincia de Pontevedra. Unha folla de ruta da que falou o mandatario provincial a rexedores e concelleiros de concellos da área de Vigo, técnicos e profesionais da administración local e representantes do tecido asociativo desta comarca na segunda das mesas de traballo que está a desenvolver a Deputación por toda a provincia, neste caso tivo lugar na sede de Vigo. Trátase dunha xuntanza para traballar nun proxecto conxunto de futuro e construír unha provincia sensible co cambio climático, que coida da súa veciñanza e que ofrece servizos de calidade en todo o seu territorio, explicou Luis López, acompañado pola deputada de Fondos Europeos, María Ramallo; a meta deste proxecto.

Unha estratexia que pasa pola colaboración institucional e a cooperación entre administracións para acadar os obxectivos. Por iso, Luis López aproveitou a celebración deste acto para reiterar o compromiso da Deputación coa principal cidade de Galicia. Un compromiso que se reflicte coa renovación dos convenios subscritos anteriormente e que se reforza con novos investimentos e iniciativas como os 2,5 millóns de euros orzamentados para a construción da grada de Gol de Balaídos, o apoio á candidatura para ser sede do Mundial de fútbol do ano 2030 ou a intención de reabrir o Cine Fraga. “O modelo desta Deputación é o de tender pontes. Farémolo nos 61 concellos da provincia e desde logo tamén en Vigo”, afirmou Luis López

Ao longo de toda a mañá, os asistentes traballaron sobre un plan que recolle os desafíos e oportunidades de futuro que debe afrontar a provincia. Deste xeito, os asistentes participaron en tres dinámicas de traballo dirixidas a pensar e poñer en común iniciativas relacionadas co desenvolvemento sostible nesta comarcas. Unha xornada de traballo que ao longo das vindeiras semanas levarase a cabo no resto das comarcas que forman a provincia de Pontevedra.

Os criterios desta axenda rural e urbana rexen a acción de goberno da Deputación. O presidente Luis López deu conta de iniciativas levadas a cabo polo seu goberno neste contexto que pasan pola activación do emprego, o apoio ás entidades locais para redactar e executar proxectos transformadores e mellorar os servizos ou o traballo conxunto con outras administracións para mellorar os espazos públicos. Fixo fincapé o presidente na importancia de fomentar o emprego e recordou que no que vai de ano a Deputación mobilizou 6,2 millóns para a contratación de 500 persoas en 40 municipios. Ademais, en materia de investimentos, estanse a asignar os fondos da Liña 1 do +Provincia, dotada con 34 millóns de euros; e do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotada con 4 millóns de euros; para executar proxectos transformadores. E en materia de sustentabilidade, o presidente recordou tamén a colaboración coa FEMP para avanzar no deseño de cidades saudables.

Neste sentido, Luis López fixo tamén fincapé en dúas áreas fundamentais desta axenda rural e urbana ás que a Deputación presta especial atención. Son o reto demográfico e o impulso a proxectos transformadores. Puxo en valor que o goberno provincial ten en conta por primeira vez o reto demográfico para un reparto de fondos máis xusto que permita dar con solucións que palíen esa perda de poboación que afecta ao noso rural e tamén a creación dunha cuarta liña no +Provincia dotada con 1,2 M€ que permita executar proxectos que sigan eses criterios que marca a Axenda 2030. O presidente provincial rematou a súa intervención agradecendo a presencia de todos os asistentes a esta segunda mesa de traballo animounos a seguir traballando para construír unha provincia que vai a máis.

El Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas consiguió en 2023 un récord de casi 515.000 visitantes

0

Ángeles Vázquez destaca que las sinergias existentes entre el parque y las entidades que operan en él hacen que este espacio se consolide como un destino de referencia para los visitantes que buscan el contacto con la naturaleza

La Xunta de Galicia ha puesto hoy en valor la contribución de las empresas que operan en el Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas la que este espacio natural consiguiera el año pasado datos de afluencia récord, con cerca de 515.000 visitantes e incrementos en todos los archipiélagos. En el caso de las Cíes, que registraron dos terceras partes del total, se contabilizaron más de 343.000 visitas.

La vicepresidenta segunda y conselleira de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda en funciones, Ángeles Vázquez, destacó que estos datos son fruto del buen trabajo desarrollado por los responsables del parque en coordinación con las firmas presentes en él, unas sinergias que hacen que se consolide como un destino de naturaleza de referencia.

La responsable autonómica, que participó en la entrega de la certificación de adhesión a la Carta Europea de Turismo Sostenible a 26 empresas que operan en este espacio, destacó que este tipo de reconocimientos muestran el compromiso de los agentes vinculados con el parque nacional con un turismo sostenible, de calidad y un ejemplo a nivel internacional.

Los 26 distintivos entregados hoy la otras tantas empresas -13 renovaciones y 13 primeros reconocimientos- son otorgados por Europarc tras un proceso de formación para avanzar en el compromiso con la sostenibilidad y con el futuro del parque, que cuenta con esta misma acreditación desde 2015. 

De este modo las firmas adheridas a la Carta Europea -entre las que se encuentran algunas de turismo náutico, cámpings, actividades de aventura, chapuzón o ruta guiadas- se convierten en embajadoras del turismo sostenible al satisfacer las necesidades de visitantes, empresas y poblaciones locales sin dañar el medio ambiente en una perspectiva de presente pero también de futuro. 

La vicepresidenta segunda en funciones, que estuvo acompañada por la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, y por la directora general de Patrimonio Natural, Belén do Campo, destacó que el parque nacional en su conjunto ofrece una experiencia única en un espacio privilegiado del mundo, sinónimo de calidad y de respeto al entorno, algo que cada vez reclaman más las personas que visitan Galicia y sus espacios naturales.

Acreditaciones

Los certificados de la Carta Europea de Turismo Sostenible son para espacios naturales protegidos y para los actores de su entorno que asumen un compromiso con el turismo respetuoso y de calidad. Las entidades seleccionadas deben superar un proceso formativo en el se que incluye una diagnosis de su actividad, la implantación de una serie de medidas para mejorar su trabajo y conectarlo con el espacio protegido en el que se desarrolla, visitas a los establecimientos y mismo una auditoría ambiental.

En esta fase de preparación, de seis meses de duración, las empresas reciben asistencia técnica de la Federación Europarc-España -que es quien otorga el reconocimiento- y del propio Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas. A las entidades se les entrega un diploma acreditativo y una placa de identificación para que puedan exhibir nos sus locales o embarcaciones y se comprometen a realizar una serie de mejoras y actividades en los tres años siguientes a recibir la certificación.

La adhesión a la carta europea supone una ventaja competitiva para las empresas y les permite ser reconocidas a nivel europeo, beneficiarse de nuevas oportunidades comerciales -como el acceso a nuevos clientes atraídos por los espacios protegidos o por el descubrimiento del medio ambiente, entre otras-, reforzar la calidad de su oferta turística o racionalizar los gastos.

A Deputación abre este luns o prazo para participar no concurso escolar “E ti, que pensas da igualdade?”, convocado por vez primeira polo goberno provincial

0

O certame dirixido a educación primaria, especial e secundaria, inclúe categorías de debuxo/colaxe, conto, cómic/viñeta, vídeo poesía, canción ou podcast, segundo o ciclo. Os traballos poderán presentarse ata o 19 de abril

A Deputación de Pontevedra abre o próximo luns, 11 de marzo, o prazo para presentar traballos ao concurso escolar “E ti, que pensas da igualdade?”, unha iniciativa que se promove este ano por vez primeira e se enmarca na programación “Seguimos con todas e para todas”, deseñada pola institución provincial para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O certame nace coa intención de incentivar na cativada e na mocidade o pensamento crítico e de sensibilizala na importancia de acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e de rexeitar a violencia de xénero, ao tempo que fomenta a súa creatividade e amosa a visión das rapazas e rapaces da provincia sobre estas cuestións.

A convocatoria está dirixida a todo o alumnado de educación primaria, educación especial, secundaria (ESO, Bacharelato e FP Básica ou de Grao Medio) dos centros de ensino da provincia, que poderá participar elaborando as súas creatividades en diferentes disciplinas. Cada obra deberá basearse no rexeitamento de todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e o reto de acadar a igualdade de oportunidades de mulleres e homes real e efectiva. Valorarase, ademais, a creatividade, a orixinalidade e as creacións propias.

A participación será tanto a título grupal como individual e, en canto ao formato de traballos a presentar no concurso, varían segundo o ciclo. Así, entre 1º e 4º de primaria e en educación especial as propostas individuais deberán ser debuxos ou colaxes e as grupais, contos, mentres que en 5º e 6º as individuais serán bandas deseñadas ou viñetas e as grupais, videopoesías. Por outra banda, tanto na ESO como en bacharelato e FP básica ou de grao medio, de maneira individual poderán presentarse bandas deseñadas ou viñetas, mentres que, en grupo, os primeiros poderán participar con cancións e, os segundos, podcasts.

As obras, que se poderán presentar ata o 19 de abril, deberán enviarse en formato PDF, JPG ou mediante enlace de descarga ao correo electrónico participa.igualdade@depo.gal. Unha persoa responsable do centro educativo será a encargada de enviar cada unha das obras, que deben ser orixinais e inéditas e, xunto con elas, a persoa autora deberá achegar unhas liñas que describan que a levou a realizar esa peza e que significa para ela.

En canto aos premios, haberá tres en cada unha das categorías. En primaria e educación especial o primeiro premio será unha actuación musical para o centro gañador e unha tableta para a persoa gañadora; o segundo unha sesión de contacontos para o centro e unha cámara de fotos Polaroid para a persoa, e o terceiro un lote de material didáctico para o centro e un agasallo didáctico para a persoa gañadora. Na ESO, o primeiro premio será unha actuación musical para o centro gañador e un ordenador portátil para a persoa gañadora; o segundo premio consistirá nun obradoiro de banda deseñada ou videocreación para o centro e unha tableta para a persoa gañadora, e o terceiro un obradoiro de banda deseñada ou videocreación para o centro e un agasallo didáctico para a persoa gañadora.

Por último, en bacharelato e FP básica ou de grao medio, o primeiro premio será unha actuación musical para o centro gañador e un ordenador portátil para a persoa gañadora; o segundo un encontro cunha xornalista galega para o centro e unha tableta para a persoa gañadora, e o terceiro un obradoiro de banda deseñada para o centro que gane e un agasallo didáctico para a persoa.

Os traballos finalistas exporanse virtualmente na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal) e recompilaranse nun soporte divulgativo que se distribuirá por todos os centros educativos da provincia de Pontevedra.

Diez mujeres pioneras en el ámbito de la Justicia serán homenajeadas este jueves en Vigo

0

El Decanato y los colegios de abogados y procuradores de Vigo organizan este acto que estará presidido por José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)

Con motivo del Día Internacional de la Mujer, la Ciudad de la Justicia de Vigo acogerá este jueves (18:30 horas) un homenaje a diez pioneras en el ámbito de la Justicia.

El Decanato y los colegios de abogados y procuradores de Vigo organizan este acto que estará presidido por José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Al homenaje asistirán también el juez decano de Vigo, Germán Serrano Espinosa; la decana del Colegio de la Abogacía, Lourdes Carballo Hidalgo, y la vicedecana del Colegio de Procuradores, Gisela Álvarez Vázquez, entre otras autoridades.

Entre las homenajeadas figuran la abogada Romana San Luis; la funcionaria judicial Amparo Fernández Feijóo; la procuradora María Teresa Muíños; la magistrada de la sección primera de la Audiencia de Ourense, Ángela Domínguez Viguera; la letrada de la Administración de Justicia en la sección primera de la Audiencia de Pontevedra, María Jesús Prieto o la fiscal Ana Rivas.

También serán reconocidas la magistrada de la sección sexta de la Audiencia de Pontevedra, Magdalena Fernández Soto; la fiscal jefa de área de Vigo, Susana García-Baquero; la presidenta de la sección cuarta de la Audiencia de Pontevedra, Nélida Cid; y la presidenta de la sección sexta de la Audiencia de Pontevedra, Begoña Rodríguez.

El acto se celebrará a las 18:30 horas en la Sala 1, ubicada en la planta baja de la Ciudad de la Justicia de Vigo.

41 empresas compiten no campus de Vigo por captar o talento do alumnado das escolas de enxeñaría

0

Este martes inaugurouse a XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, que se prolongará ata xoves

Manuel Reigosa salientou que este evento contribúe ao fortalecemento económico de Galicia

41 empresas compiten esta semana no campus de Vigo por captar o mellor talento TIC que se está a formar nas aulas das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía para incorporalo aos seus cadros de persoal. Fano na XXIV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, un evento que, edición a edición, se consolida como a ponte máis directa entre as principais empresas do sector da enxeñaría e tecnoloxía (robótica e automática, TIC, enerxías verdes…) e as futuras enxeñeiras e enxeñeiros, moitos a piques de  rematar a titulación e outros cursando xa algún dos diferentes mestrados profesionalizantes que se imparten nestes centros.

Como xa é habitual a inauguración do encontro reuniu no vestíbulo central da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, un destacado número de autoridades que non quixeron perderse esta cita, empezando polo reitor, Manuel Reigosa, quen, ademais de felicitar á organización polo éxito acadado, fixo fincapé na importancia que teñen para a Universidade de Vigo a celebración deste tipo de encontros. “Queremos transformar a sociedade e, para facelo, a ferramenta máis importante que temos sodes vós”, subliñoulles Reigosa aos máis de 70 alumnas e alumnos que forman parte da organización do foro, encabezados nesta edición por Carlota Cañamero, estudante do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. “Para nós é tremendamente importante xuntar nun mesmo lugar o talento que agroma nas nosas aulas e as empresas e, nesta liña, aspiramos a que todo este coñecemento permita que Vigo e Galicia sexan cada vez  máis competitivos e que a sociedade galega poida ser máis xusta, sostible e igualitaria”.

Máis de 20 empresas en lista de agarda

Xunto ao reitor,  a profesora Ana Mejías, que asistiu en calidade de vocal sustituta do Delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, resaltou o orgullo deste organismo en poder colaborar co foro, un aspecto no que tamén fixo fincapé o concelleiro de Orzamentos e Facenda do Concello de Vigo, Jaime Aneiros. “Seguimos medrando e iso é o que importa”, resaltou o concelleiro, ao tempo que garantiu o apoio do Concello de Vigo a este tipo de eventos que “desde a Universidade apoian ao tecido produtivo desta cidade”.

Participaron tamén nesta inauguración os responsables das tres escolas: Rebeca Díaz, de Enxeñaría de Telecomunicación; Elena Alonso, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, e José Fariña, de Enxeñería Industrial. Os tres se amosaron “tremendamente orgullosos” do talento amosado polo alumnado das tres escolas, algo que demostran ano a ano nunha actividade que cada vez vai a máis, tal e como apuntou a actual coordinadora xeral, Carlota Cañamero, quen adiantou que ás 41 empresas que participan este ano no foro hai que sumar outras 20 firmas que están en lista de agarda. “Que haxa empresas agardando para poder participar no foro non é algo anecdótico, senón que detrás hai un traballo de moitos anos”,  salientou Rebeca Díaz.

Durante o evento destacouse tamén o papel das mulleres en todas estas actividades. Fíxoo Elena Alonso, quen lembrou que diferentes informes organizados por organismos internacionais identifican a tecnoloxía e a enxeñaría como sectores nos que se vai xerar máis crecemento “e as mulleres que estamos a formar nestes tres centros están perfectamente formadas para incorporarse a ese mercado laboral”.

Do sector enerxético ao da automoción, pasando polo aeroespacial

Ao longo de tres días, desde hoxe ata o xoves, haberá  múltiples actividades nas tres escolas. Os postos das máis de 40 empresas participantes sitúanse nos vestíbulos de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e en Enxeñería Industrial. Participan empresas de moi disintos sectores, pero todas teñen en común a necesidade de incorporar ao seu cadro de persoal o mellor talento TIC. Hai representantes do sector da enxeñaría e servizos dixitais como Centum, Optare Solutions, Imatia Innovation ou a compañía xaponesa NTT Data, especializada en integración de sistemas;  do sector aeroespacial, como a viguesa Alén Space ou CATEC, o Centro Avanzando de Tecnoloxías Aeroespaciais; da automoción, como Borgwarner ou o CTAG, Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia; do enerxético como Norvento ou Naturgy; do alimentario, como Coren; de servizos de auditoría e consultaría, como PWC España ou Deloitte; do naval, con firmas como Navantia…

Tres días de conferencias, obradoiros, entrega de currículos…

Ademais dos postos das empresas o programa inclúe moitas outras actividades. Entre outras, está previsto unha recollida de currículos, na que alumnas e alumnos poden entregar o seu CV ao persoal de recursos humanos das empresas participantes; conferencias ás que todo o mundo pode asistir e informarse sobre o funcionamento das empresas de enxeñaría e os últimos avances de determinados sectores, e tamén diferentes obradoiros organizados polas empresas nos que se lle propoñen ao alumnado retos e actividades para comprobar as súas aptitudes e a súa formación transversal.

A Xunta compromete ante os empresarios vigueses “colaboración e transparencia” para acurtar os prazos do PXOM unha vez que o Concello achegue todo a documentación da que carece na actualidade

0

A delegada en Vigo e as directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural reuníronse cos representantes das patronais

As representantes autonómicas destacaron que o Goberno galego depende “exclusivamente da boa vontade” do Concello para sacar adiante o Plan Xeral

“Colaboramos desde o primeiro momento e estamos a disposición do Concello para  que sexa un plan legalizable con toda a seguridade xurídica”, sinalou Ana Ortiz

A Xunta de Galicia comprometeuse este martes ante os empresarios vigueses a acurtar ao máximo os prazos de emisión do informe autonómico previo e imprescindible para a aprobación definitiva do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. Nunha xuntanza celebrada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e as directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural, Encarnación Rivas e Mª del Carmen Martínez, explicaron aos representantes das patronais a situación actual no que se atopa a tramitación do documento.

Trala reunión técnica celebrada o luns en Santiago entre técnicos da Xunta e do Concello para analizar a situación do PXOM vigués, as representantes autonómicas tiveron unha xuntanza con preto de 40 empresarios da cidade e provincia, entre os que había arquitectos, constructores e promotores, co obxectivo de trasladarlle todos os pasos que está a dar o Goberno galego.

“Desde o primeiro momento mostramos a máxima colaboración e transparencia, estamos sempre a disposición do Concello para axudar a que sexa un plan legalizable con toda a seguridade xurídica, pero dependemos exclusivamente da boa vontade da administración local para sacar adiante o PXOM de Vigo”, sinalou a delegada da Xunta.

Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo apuntou que á Xunta comprobou que o Concello non remitira os documentos de Aviación Civil e o de Telecomunicacións. “Hai un déficit de dous informes estatais preceptivos, ademais das condicións indicadas no sectorial de Patrimonio, para que o documento poida considerarse completo e obxecto de informe”, apuntou.

Ademais, a directora xeral de Patrimonio Cultural explicou que os representantes municipais xa admitiron que existira un erro no envío das fichas sobre O Castro e Castrelos. “Detectamos unha modificación na contorna de protección do ben patrimonial, xa que son bens de interese cultural, e había un cambio substancial moi importante, polo que na reunión comentaron que se trataba dun erro e que o aportarían de novo tal e como estaba visto nun primeiro momento”, indicou.

Os empresarios, a través do presidente da CEP, Jorge Cebreiros, destacaron a resposta “inmediata” da Xunta de Galicia á proposta de xuntanza. “Agradecemos a sensibilidade amosada polo Goberno galego para manter este diálogo co sector e trasladarnos  tranquilidade, polo que nos congratulamos do grado de colaboración entre administracións”, apuntou Na xuntanza celebrada este martes cos empresarios, a representantes da Xunta se comprometeron a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —tres meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.

La Audiencia de Pontevedra condena a un año de cárcel a un fisioterapeuta por abusar de una paciente en su clínica de Vigo

0

La sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ha condenado a un fisioterapeuta y osteópata a un año de cárcel, como autor de un delito de abusos sexuales cometido sobre una paciente a la que atendió en su clínica de Vigo. Además, le ha impuesto la prohibición de comunicarse con la víctima por cualquier medio por el plazo de cinco años; la inhabilitación especial para el ejercicio de su profesión u oficio durante seis meses; y la medida de libertad vigilada durante un año. El procesado también deberá indemnizar a la víctima con 2.000 euros. El tribunal lo ha absuelto del resto de delitos por los que fue acusado respecto a otras tres pacientes.

La Sala considera probado que, mientras la víctima se hallaba tumbada en la camilla y con el deseo de satisfacer su ánimo libidinoso, “le acarició sin finalidad terapéutica los pechos bajo el sujetador”. En la sentencia, el tribunal relata que, posteriormente, y aprovechando la oportunidad que le facilitaba limpiar el aceite utilizado sobre el cuerpo de la víctima, con idéntica finalidad y de manera innecesaria, le tocó los genitales. Los magistrados consideran probado que, terminada la sesión, mientras la afectada se vestía sentada en la camilla, “con la intención de satisfacer su instinto sexual y mientras le exhibía unos vídeos deportivos”, le pasó la mano por detrás de la cintura, apoyándose con su mano en ella, para acariciársela con los dedos. La sentencia no es firme, pues contra ella cabe presentar recurso ante el TSXG.El fallo cuenta con el voto particular de una magistrada, quien entiende que debería de haberse dictado un pronunciamiento absolutorio, pues considera que “no se aprecian pruebas claras, precisas y concluyentes de la realidad de lo ocurrido”.

A cidade acolle o XIV Congreso de traducción «O Ollo de Polisemo»

0

O Concello de Vigo colabora na organización da XIV edición do Congreso “O Ollo de Polisemo” de tradutores editoriais, que terá lugar os días 7 e 8 de marzo na Facultade de Filoloxía e Tradución, e no edificio Redeiras da Universidade de Vigo

Así o avanzaron este martes a concelleira de Política Social e Turismo, Yolanda Aguiar, e Liliana Balado, profesora universitaria e membro do comité organizador do simposio

A edil Yolanda Aguiar detallou hoxe, durante a presentación do XIV congreso «O Ollo de Polisemo», que a décimo cuarta edición centrarase en “poñer en relación á comunidade universitaria coa parte profesional da tradución literaria”.

A profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e membro do comité organizador, Liliana Balado, explicou que o congreso de tradución editorial está coorganizado entre a asociación de tradutoras profesionais ACTT, con sede en Madrid, e o departamento de tradución e lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Apuntou que ao longo dos dous días do simposio desenvolverase un programa co que queren expoñer “a visión profesional da tradución editorial en conxunto coa docencia universitaria de tradución. Trátase de conxugar as dúas facetas da tradución, tanto a profesional como a académica e científica”.

O programa está dirixido tanto á comunidade universitaria de profesores e alumnos de tradución e interpretación, como ao público en xeral. Contempla unha exposición con libros traducidos, que se despregará na facultade, e unha segunda sobre toponimia e humor que se instalará no edificio Redeiras. A esta actividade súmase unha mesa redonda protagonizada por tradutores profesionais que recibiron premios nacionais. Ademais, despregarase un roteiro literario cos enclaves das escenas da novela de Domingo Villar “O último barco”.

Entre os relatores do congreso atópanse Elena Cortés, galardoada co premio nacional de tradución; así como Alberto Avendaño, tradutor de poesía.

A Deputación presenta aos concellos da provincia as liñas mestras do seu novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico

0

O deputado Jorge Cubela mantivo unha xuntanza con máis de 30 representantes de concellos para escoitar as súas demandas e dar a coñecer os proxectos dirixidos á mocidade que a Deputación ten posto xa en marcha

Cubela avanzou que a institución provincial está a elaborar o I Plan Estratéxico de Xuventude que se converterá na ferramenta central e eixo de acción das políticas xuvenís que a Deputación vai impulsar nos vindeiros anos

A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá aos concellos da provincia as liñas mestras do seu novo servizo de xuventude e Reto Demográfico, posto en funcionamento neste 2024 baixo o liderado de Jorge Cubela. O deputado provincial foi o encargado de presentar as novas liñas de subvencións e proxectos en materia de Xuventude e Reto Demográfico impulsados polo novo servizo da Deputación e de escoitar tamén as demandas de concelleiros e persoal técnico de trinta concellos da provincia que se deron cita esta mañá nunha participativa xornada no Edificio Administrativo da Deputación.

“Como alcalde –asegurou Jorge Cubela- sempre botei en falta a implicación doutras administracións en materia de xuventude e nós, precisamente, o que queremos desde a Deputación é cubrir ese oco con este novo servizo”. Neste eido, o deputado asegurou que “o noso compromiso é escoitar as vosas propostas, iniciativas e ideas en materia de xuventude, para atendelas en igualdade de condicións, sen filtros políticos”. Ademais, a través do servizo de Xuventude e Reto Demográfico preténdese “non só ofertar novas liñas de actuación, senón tamén ser o promotor da coordinación e da posta en valor de accións que se levan a cabo para dar voz á mocidade da provincia”

Deste xeito, nos menos de tres meses de funcionamento do novo servizo de Xuventude, tal e como explicou Cubela, tense realizado xa un estudo da normativa e do que se está a desenvolver neste ámbito noutros organismos e deputacións provinciais. Ademais, tamén se puxeron en marcha iniciativas como os Premios Provinciais á Xuventude, o Ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos ou o Plan +Xuventude, a primeira liña de subvencións por concorrencia competitiva creada pola institución provincial para asociacións xuvenís e grupos informais. Xunto a estas iniciativas, iniciouse xa o proceso de elaboración do I Plan Estratéxico de Xuventude da provincia que se redactará tendo en conta a todos os sectores e actores implicados (desde os concellos ata a propia xuventude) e se converterá no eixo central de acción das políticas xuvenís que a Deputación vai impulsar nos próximos anos. Ademais, desde o novo servizo estase tamén a traballar en iniciativas dirixidas a concellos de reto demográfico para equipar locais xuvenís de titularidade municipal; en liñas de axudas para ANPAS e centros educativos públicos para organizar excursións a granxas escolas; nun programa de Semanas Brancas; nunha liña de axudas para que a mocidade poida acceder a vivenda no rural; nun programa de actividades extraescolares para Primaria e Secundaria; en iniciativas para loitar contra a fenda dixital e, entre outras, en programas centrados na saúde mental da mocidade.