A Xunta compromete ante os empresarios vigueses “colaboración e transparencia” para acurtar os prazos do PXOM unha vez que o Concello achegue todo a documentación da que carece na actualidade

A delegada en Vigo e as directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural reuníronse cos representantes das patronais

As representantes autonómicas destacaron que o Goberno galego depende “exclusivamente da boa vontade” do Concello para sacar adiante o Plan Xeral

“Colaboramos desde o primeiro momento e estamos a disposición do Concello para  que sexa un plan legalizable con toda a seguridade xurídica”, sinalou Ana Ortiz

A Xunta de Galicia comprometeuse este martes ante os empresarios vigueses a acurtar ao máximo os prazos de emisión do informe autonómico previo e imprescindible para a aprobación definitiva do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. Nunha xuntanza celebrada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e as directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural, Encarnación Rivas e Mª del Carmen Martínez, explicaron aos representantes das patronais a situación actual no que se atopa a tramitación do documento.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Trala reunión técnica celebrada o luns en Santiago entre técnicos da Xunta e do Concello para analizar a situación do PXOM vigués, as representantes autonómicas tiveron unha xuntanza con preto de 40 empresarios da cidade e provincia, entre os que había arquitectos, constructores e promotores, co obxectivo de trasladarlle todos os pasos que está a dar o Goberno galego.

“Desde o primeiro momento mostramos a máxima colaboración e transparencia, estamos sempre a disposición do Concello para axudar a que sexa un plan legalizable con toda a seguridade xurídica, pero dependemos exclusivamente da boa vontade da administración local para sacar adiante o PXOM de Vigo”, sinalou a delegada da Xunta.

Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo apuntou que á Xunta comprobou que o Concello non remitira os documentos de Aviación Civil e o de Telecomunicacións. “Hai un déficit de dous informes estatais preceptivos, ademais das condicións indicadas no sectorial de Patrimonio, para que o documento poida considerarse completo e obxecto de informe”, apuntou.

Ademais, a directora xeral de Patrimonio Cultural explicou que os representantes municipais xa admitiron que existira un erro no envío das fichas sobre O Castro e Castrelos. “Detectamos unha modificación na contorna de protección do ben patrimonial, xa que son bens de interese cultural, e había un cambio substancial moi importante, polo que na reunión comentaron que se trataba dun erro e que o aportarían de novo tal e como estaba visto nun primeiro momento”, indicou.

Os empresarios, a través do presidente da CEP, Jorge Cebreiros, destacaron a resposta “inmediata” da Xunta de Galicia á proposta de xuntanza. “Agradecemos a sensibilidade amosada polo Goberno galego para manter este diálogo co sector e trasladarnos  tranquilidade, polo que nos congratulamos do grado de colaboración entre administracións”, apuntou Na xuntanza celebrada este martes cos empresarios, a representantes da Xunta se comprometeron a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —tres meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.