Cuatro nuevos fallecimientos elevan a 2.329 la cifra de víctimas de la pandemia en Galicia

0

Dos de estos decesos se corresponden con dos hombre de 97 y 75 años ingresados en el Hospital Álvaro Cunqueiro

La Consellería de Sanidade ha informado hoy de cuatro nuevos fallecimientos vinculados con el Covid-19, lo que eleva a 2.329 la cifra total de víctimas de la pandemia en Galicia.

Dos de estos decesos se corresponden con dos hombre de 97 y 75 años ingresados en el Hospital Álvaro Cunqueiro. De este modo, el total de víctimas mortales del coronavirus en la comarca alcanza las 411 desde marzo del año pasado.

A mayores, ha muerto un hombre de 99 años en el Hospital de Ferrol y una mujer de 92 en el Clínico de Santiago. Esta última víctima procedía de la residencia de mayores de Silleda, donde hay un brote activo y de la que el pasado domingo falleció otro interno.

O metal pontevedrés convoca unha xornada de folga para forzar a patronal a retomar a renovación do convenio provincial

0

As centrais chaman a seguir negándose a facer horas extras como medida de presión

Os sindicatos maioritarios no sector do metal da provincia de Pontevedra -CIG, CCOO e UGT- convocan unha xornada de folga o vindeiro 22 de abril para forzar a patronal a retomar as negociacións para renovar o convenio colectivo. A decisión foi anunciada na asemblea de delegados e traballadores celebrada hoxe nas inmediacións da estación marítima de Vigo.

Dende os tres sindicatos denunciaron que o persoal do sector leva dende finais de 2019 cos salarios conxelados e sen ningún tipo de mellora nas condicións laborais e sociais como consecuencia da falta de interese da patronal en renovar un convenio do que dependen preto de 30.000 traballadores a pesar dos esforzos feitos dende a representación sindical para consensuar unha proposta conxunta.

O resultado foi unha plataforma que condensa as reivindicacións en varios eixos principais, que pasan pola subrogación do persoal por parte das empresas privadas; Incremento salarial acorde ao esforzo dos empregados do sector; redución da xornada anual para evitar ter unha das xornadas máis altas da media dos convenios colectivos; control dos Centros Especiais de Emprego; introducir políticas contra o acoso para previr situacións discriminatorias; axeitar o rexistro de xornada ao que marca a lexislación laboral para o control horario; e actualizar as licenzas de acordo coas novas realidades persoais.

Os sindicatos están dispostos a aparcar a negociación do conxunto do convenio a 2022 sempre e cando se pacte de inmediato a actualización dos salarios, “porque non pode ser que levan conxelados dende 2019 mentres o prezo da vida non deixa de subir”. Esta proposta tamén foi rexeitada por unha patronal “que o único que persigue unha vez máis é aproveitarse da actual crise sanitaria e económica para precarizar aínda máis as condicións laborais”.

Por iso a CIG, CCOO e UGT apostan por unha mobilización contundente para forzar o reinicio das negociacións e por que os traballadores/as do sector continúan negándose a realizar horas extraordinarias como medida de presión.

Galicia administra cerca de 3.000 dosis en el retorno de la vacuna de AstraZeneca

0

En el Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo se han puesto 890 vacunas a lo largo de la jornada

Galicia ha retomado esta jornada la vacunación con los viales de AstraZeneca centrada en los colectivos esenciales después de la suspensión cautelar que se determinó hace diez días. Para ello, a lo largo del día el Sergas ha administrado casi 3.000 dosis en las siete áreas sanitarias.

En concreto, en el Hospital Álvaro Cunqueiro se han impuesto 890 dosis. A mayores, y según los datos aportados por la Consellería de Sanidade las vacunas se distribuyeron en el resto de la Comunidad de la siguiente manera: 310 dosis en el Hospital de Oza de A Coruña; 150 en el Arquitecto Marcide; 300 en el Clínico de Santiago; 500 en el Lucus Augusti de Lugo; 80 en el hospital comarcal de A Mariña (Lugo); 50 en el hospital comarcal de Monforte (Lugo); 200 en el Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; 390 en el Hospital Montecelo de Pontevedra; y 70 en el hospital provincial de Pontevedra.

El propio el conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ha explicado que, con el número de vacunas disponible en este momento, la inmunización solo se centrará en los menores de 55 como hasta ahora, retomando los listados en el punto en que se dejaron.

Quedaban pendientes unas 30.000 personas, a las que se incorporarán, una vez revisados elaborados y revisados los listados, las personas de estos colectivos prioritarios que tienen entre 55 y 65 años, después de la ampliación a estas edades decida en el seno del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud (CISNS). Según el conselleiro de Sanidade, la cifra puede se «similar» a la del colectivo por debajo de 55.

Feijóo sinala a liña de alta velocidade Vigo-Porto como un obxectivo irrenunciable que permitirá reducir o tempo de viaxe a 60 minutos

0

O presidente da Xunta participou na clausura do foro CoLogistics ‘Vertebración peninsular: Corredor Atlántico e o desenvolvemento das infraestruturas’

Advirte de que sen a Saída Sur de Vigo non haberá Corredor Atlántico; “non poderemos sumar as sinerxías co Norte de Portugal e teremos enormes dificultades para competir no futuro”, di

Incide na necesidade dunha conexión directa coa terminal portuaria de Bouzas, para garantir a operatividade e a funcionalidade intermodal do Porto de Vigo; así como da conexión ferroviaria a Punta Langosteira

Solicita ao Ministerio de Transportes que nomee un comisionado para o Corredor Atlántico, tal e como demandou Galicia, “determinante” para poder competir en igualdade de condicións co Corredor Mediterráneo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto como un obxectivo irrenunciable que permitira reducir o tempo de viaxe a 60 minutos.

Así mesmo, e como prioridade galega dentro do Corredor Atlántico, Feijóo reiterou a necesidade de impulsar tamén a Saída Sur de Vigo, que converta a estación intermodal de Urzaiz nunha estación única, central e pasante. “Se conseguimos a Saída Sur de Vigo haberá Corredor Atlántico, senón non poderemos sumar as sinerxías co Norte de Portugal e teremos enormes dificultades para competir no futuro”, aseverou, incidindo ademais en que esta saída debe incluír unha conexión directa coa terminal portuaria de Bouzas, para garantir a operatividade e a funcionalidade intermodal do Porto de Vigo.

Ao respecto, lembrou que para acreditar a necesidade desta actuación, a Xunta realizou un estudo completo onde se certifica o impacto económico da Saída Sur e a conexión do porto de Bouzas: “Mellora o PIB de Galicia, mellora o PIB de Vigo, e mellora a competitividade da nosa economía e da nosa pesca”, precisou.

Durante o acto de clausura do foro CoLogistics ‘Vertebración peninsular: Corredor Atlántico e o desenvolvemento das infraestruturas’, o titular do Executivo galego referiuse ao outro fito do corredor: a necesaria conexión ferroviaria a Punta Langosteira. “Estamos a falar de 140 millóns de euros, cando o Adif acaba de recibir 6.000 millóns de euros dos fondos europeos. Creo que non é pedir moito”, sostivo.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que Galicia continuará a ser esixente e colaborativa. “Non temos outro obxectivo máis que a dignidade ferroviaria en pasaxeiros e en mercadorías; queremos apuntalar a nosa solidez económica, loxística e comercial “, dixo, apelando á suma de forzas para afrontar os desafíos compartidos.

Nesta liña, recordou a enérxica defensa común de Galicia, Castela e León e Asturias para introducir o Corredor do Noroeste nos fondos europeos. “Conseguimos rectificar un erro histórico e, agora, debemos seguir traballando para pasar da planificación á execución”.

“Somos un lugar xeoestratéxico moi importante para a Unión Europea e necesitamos ser competitivos para que este lugar xeoestratéxico estea dotado de capacidade de produción e tractora, desde os portos cara ao interior”, engadiu, solicitando ao Ministerio de Transportes que nomee un comisionado para o Corredor Atlántico, tal e como demandou Galicia, “determinante” para poder competir en igualdade de condicións co Corredor Mediterráneo. Feijóo concluíu subliñando que a Comunidade galega seguirá traballando, apostando pola cooperación, pola suma de esforzos e por conseguir sinerxías, así como intentando dar estabilidade e seguridade.

Fernández-Tapias supervisa el final de las obras de acceso al hospital vigués del Meixoeiro, que incorpora un nuevo viario en el recinto

0

La delegada territorial de la Xunta remarca que con esta intervención se favorece la movilidad de los pacientes y del personal sanitario que se acercan a este centro

Recuerda que el Gobierno gallego acaba de mejorar los accesos del Nicolás Peña, dos actuaciones que en conjunto suman una inversión de 700.000 euros

La delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, se acercó hoy hasta el hospital Meixoeiro para supervisar el final de las obras en el acceso a este centro sanitario que incorpora un nuevo viario para facilitar las comunicaciones dentro del propio recinto. Un nuevo trecho que, tal y como indicó facilita el suministro al propio hospital, evitando que los vehículos que traen el material necesario tengan que salir marcha atrás o por dirección prohibida.

Durante la visita, en la que estuvo acompañada por el jefe territorial de la Consellería de Infraestructuras y Movilidad, José Luis Diaz, Fernández-Tapias recordó que esta intervención se suma a la mejora de los accesos en el Nicolás Peña, dos actuaciones que que en conjunto suman una inversión de 700.000 euros. Al mismo tiempo, también se actuó en los accesos y optimización de la señalización del antiguo hospital del Rebullón, con una inversión de cerca de 50.000 euros.

En cuanto al detalle de los trabajos, señaló que se actuó en los viarios interiores con la renovación del firme, la mejora de las aceras y la reordenación de espacios en las entradas a estos dos centros hospitalarios. Además, se habilitaron 23 pasos de cebra.

Fernández-Tapias enmarcó estas actuaciones en los proyectos de mejora que está llevando a cabo el Ejecutivo autonómico en los entornos de los principales centros hospitalarios públicos.

A taperia “Adechape”, gañadora do I Concurso de Tostas de Outono de Gondomar

0

O acto de entrega dos galardóns celebrouse este martes e nel o rexedor, Paco Ferreira, agradeceu o esforzo e gran traballo que está a facer a hostalería de Gondomar “nestes momentos difíciles que nos están tocando vivir a todos e todas” e nos que, asegurou, “o noso goberno estará ao voso lado promovendo axudas e iniciativas que permitan que esta travesía sexa máis fácil para todo o sector”.

Así lembrou que recentemente se aprobou unha partida de 100.000 euros para axudas directas a hostalería e o sector do taxi ás que se suman ideas como este Concurso de  Tostas de  Outono que “tiña como obxectivo fomentar o consumo nos establecementos de Gondomar que concursaban, xa que os usuarios que votaron entraban nun sorteo no que os gañadores serían premiados con vales de 200 euros, 100 e 50 euros que deberán gastar nos establecementos gañadores”.

O primeiro premio recaeu sobre a tosta “Mar e Terra”, con 590,5 votos, na que se combinaban os produtos da terra cos de tempada combinando sobre unha  rebanada de pan de centeo,  ventresca, piquillo, noces, parmesano e  balsámico de módena. Unha  tosta que leva aparellada a entrega da “chaquetilla de chef” oficial do certame e a posibilidade de encabezar o cartel de promoción da seguinte edición. 

O “Bocado do Monte” da xamonería “Catro Camiños” obtivo un total de 556.5 votos, o que lle otorgou o segundo posto, e “Terra, Uva e Cebada” con 496 papeletas ocupou o terceiro lugar coa súa tosta de Mencía e Figos. Ambos recibiron un diploma acreditativo.

 No acto de entrega tamén estiveron os clientes premiados que obtiveron 200 euros, 100 e 50 euros en vales que poderán utilizar en concepto de cea, comida e xantar nos tres establecementos que accederon ás mellores puntuacións, isto é os 200 euros corresponden ao primeiro premio, os 100 ao segundo e os 50 ao terceiro.

O alcalde Paco Ferreira destacou a gran acollida que tivo esta primeira edición do Concurso de  Tosta de  Outono de Gondomar no que participaron preto dunha quincena de establecementos cunha oferta variada e orixinal, e expuxo a súa confianza en que o próximo ano este número de participantes crezca.   

O GALP Ría de Vigo-A Guarda e ABANCA poñen o foco no crédito e nos investimentos sostibles

0

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda e ABANCA dan un novo impulso ao seu traballo conxunto. As dúas entidades escenifican a súa colaboración cun novo convenio en materia financeira que inclúe novas alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e unha atención especializada. Un renovado marco que permite á entidade financeira e ao Grupo de Acción Local impulsar o desenvolvemento da pesca, o marisqueo e a acuicultura do sur de Galicia.

O presidente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego.

Este convenio pon o acento especialmente no crédito. Os profesionais do mar pertencentes ao GALP e os proxectos presentados a este organismo contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para  promover a mellora competitiva dos actuais. Ofrécense algunhas opcións como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, confirming, avais ou liñas de desconto.

ABANCA tamén ofrecerá outros produtos que pretenden mellorar a sostibilidade do sector. É o caso da hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota que está vivir o sector en Galicia, coa substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.

O texto tamén inclúe os seguros personalizados para este colectivo. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios oficiais que a entidade mantén con ICO, Igape e as SGR galegas.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda naceu no ano 2008 co obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación, que abarca once municipios da costa pontevedresa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. ABANCA conta cun especial compromiso co sector pesqueiro, logo da creación en 2016 de ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva e que conta coa experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

Marea de Vigo levará ao vindeiro pleno unha moción sobre control de prezos de alugueiros abusivos

0

Rubén Pérez: “É un momento decisivo no futuro de moitas familias na nosa cidade, que, tras a baixada de lanzamentos por mor das medidas adoptadas pola crise sanitaria, o endebedamento ao que se está chegando pode xerar unha situación extremadamente grave para centos de familias en poucos meses de non tomar ningunha medida”

Na rolda de prensa ofrecida hoxe, Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou o contido da moción que levará o Grupo municipal ao vindeiro Pleno. “Na moción explícase o que está acontecendo arredor do mercado de alugueiros, e, en concreto, no caso de Vigo, onde a situación resulta alarmante posto que a maior parte de altas de novos edificios, dentro incluso do sector da rehabilitación, son para pisos turísticos, sempre a costa dos alugueiros para as familias, co impacto que isto implica no propio mercado de alugueiros e nos prezos”.

Segundo detalla Marea de Vigo na súa moción presentada hoxe, “Vigo segue sendo unha cidade onde o risco de pobreza sigue estancado no 21%, e neste contexto o acceso á vivenda comenza a ser un serio obstáculo para as familias, nun contexto ademais no que hai unha ausencia total de vivenda con algún tipo de promoción pública e con máis de 18.588 vivendas baleiras segundo os propios datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias”.

“A proposta que vén de presentar o Ministerio de Fomento ás CCAA e aos concellos incumpre flagrantemente o acordo de Goberno de coalición así como todo o expresado ata agora por parte do Goberno do estado, poñendo enriba da mesa unha situación de vulnerabilidade social para moitas familias de centos de cidades no conxunto do estado” sinalou Rubén Pérez.

Marea de Vigo quere, levando esta moción ao Pleno instar ás tres administracións, Goberno do Estado, Xunta e Goberno local a tomar medidas en materia de vivenda,  xa que, segundo apuntou Rubén Pérez,  “todas teñen diferentes competencias na materia”.  O voceiro apelou ao traballo conxunto das tres administracións á vez que criticou o uso interesado que fan das competencias os diferentes grupos políticos: “Discrepamos por tanto do debate que sempre trasladan ao Pleno tanto o Partido Popular como o Partido Socialista sobre a asunción de competencias en materia de vivenda, responsabilizando segundo quen ostente o poder en cada administración. Hai cuestións que poden abordar cada unha das tres administracións e resulta esencial que así se faga. É necesario ademais adoptar mecanismos que garantan o cumprimento efectivo do dereito a unha vivenda digna e adecuada para todas as persoas”.

Marea de Vigo volverá a pedir no Pleno a creación dun Parque municipal de vivenda de emerxencia con vivendas procecentes de cesións da SAREB, aproveitamentos lucrativos de convenios urbanisticos e cesións voluntarias de activos de entidades bancarias.

Sanidade confirma la estabilización de los datos epidemiológicos de Galicia y apela a la prudencia y la responsabilidad

0

La prioridad en el proceso de vacunación de la Xunta continúan siendo las personas mayores de 80 años, de las que 98.216 ya fueron vacunadas

Un total 67.700 personas pertenecientes a colectivos profesionales esenciales ya fueron vacunadas

El conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña, informó está mañana en rueda de prensa de la situación de estabilidad que reflejan los datos epidemiológicos de Galicia.

Tras la reunión del grupo de expertos que evalúa la evolución de la covid-19 en Galicia, el titular de la cartera sanitaria de la Xunta apuntó que “el descenso de la curva de casos ya no muestra un descenso tan pronunciado como en las últimas semanas, por lo que podemos hablar de una situación de meseta a nivel epidemiológico”.

Durante su intervención, García Comesaña remarcó que en estos momentos se está iniciando una fase trascendente de cara a la futura evolución del coronavirus en Galicia, por lo que apeló a la “prudencia, la responsabilidad y al cumplimiento estricto de la medidas higiénico-sanitarias establecidas”. En este sentido, incidió en que es preciso reducir, en la medida de lo posible, todos aquellos desplazamientos que no sean imprescindibles. “Cuanto menos riesgo, más salud” apostilló.

Sobre el proceso de vacunación, el conselleiro de Sanidad destacó que “la prioridad número uno en términos de vacunación para la Xunta siguen siendo las personas mayores de 80 años”. Así, detalló que en estos momentos 98.216 personas pertenecientes a este grupo de edad ya fueron vacunadas y, de ellas, 36.185 ya recibieron la pauta completa.

El responsable del departamento sanitario gallego también apuntó que de las 96.590 personas citadas que pertenecen a los colectivos de profesionales esenciales, 67.700 personas ya fueron vacunadas, una cifra que representa alrededor del 70% de su total. Además, destacó que el Sergas continuará realizando cribados en los ayuntamientos que presenten una mayor incidencia acumulada en las próxima fechas, con la intención de detectar nuevos casos asintomáticos.

Por su parte, el gerente del Sergas, José Flores, repasó la presión asistencial de los centros sanitarios gallegos. En este sentido, explicó que en la actualidad son 198 las unidades de hospitalización ocupadas por pacientes covid-19 (un 17% menos que hace una semana), y que 39 pacientes precisan de asistencia en las unidades de cuidados intensivos (un 35% menos que la cifra inscrita hace siete días).

En lo que respecta a los datos epidemiológicos, la directora general de Salud Pública, Carmen Durán, especificó que la “incidencia acumulada en Galicia a 14 días es de 73,2 casos por 100.000 habitantes, y de 33,8 en su evolución a 7 días”, ambas cifras muy por debajo de lo que refleja la media nacional.

Durán puso en valor que “por tercera semana consecutiva, el número reproductivo sigue estando por debajo de uno”, un dato positivo que se añade al hecho de que 184 ayuntamientos gallegos no hayan registrado nuevos casos en la última semana. Así, remarcó la gran capacidad que la comunidad gallega posee a la hora de realizar pruebas diagnósticas, apuntando que entre los días 13 y 19 de marzo “se realizaron más de 1.900 pruebas por cada 100.000 habitantes en Galicia”.

A partir de mañana podrán solicitarse de nuevo los permisos para realizar quemas de restos agrícolas y forestales acopiados

0

Estas tareas permanecían suspendidas hasta ahora debido a las condiciones meteorológicas

La Consellería de Medio Rural permitirá de nuevo desde mañana jueves, día 25 de marzo, tramitar permisos para hacer quemas de acuerdo con la normativa de aplicación, ya que las actuales condiciones meteorológicas así lo permiten. Esto significa que el sábado 27 será el primer día en el que se podrán realizar quemas previamente comunicadas.

Por lo tanto, a partir de mañana a las 00.00 h. se podrán realizar las comunicaciones y solicitudes de autorización de quemas a través de la web de la Consellería de Medio Rural de acuerdo con lo establecido en el artículo 34 de la Ley 3/2007, de 9 de abril , de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia. Además, en días laborables, también estará a disposición de los ciudadanos el teléfono 012 para comunicar las quemas.

Así, los ciudadanos que deseen quemar restos agrícolas acopiados en las zonas que determina la dicha ley en los períodos habilitados deberán comunicarlo dos días antes. En el caso de quemas de restos forestales acopiados, se deberá solicitar una autorización, ya que el proceso de tramitación es mayor. En todo caso, recordamos que las autorizaciones y comunicaciones dejan de tener validez en los días que hay viento y altas temperaturas.