Investigadores da UVigo identifican o rexistro fósil máis antigo de posta de ovos de insectos en plantas da península ibérica

0

Artai Santos é o primeiro autor do artigo que recolle a investigación 

Cinco anos de saídas de campo, nas que se recolleron máis de 200 espécimes de plantas fósiles do Carbonífero, cuns 303 millóns de ano de antigüidade, conduciron a un grupo de investigadores de España e Alemaña á identificación do rexistro máis antigo de posta de ovos de insectos en plantas da península ibérica, así como das primeiras evidencias de interaccións nos xéneros de plantas Pecopteris, Oligocarpia, Polymorphopteris e Cordaites. O estudo das mostras recollidas en xacementos postasturianos do Cantábrico nas concas mineiras de La Magdalena, El Bierzo e Carrasconte, da provincia de León, permitiu a Artai Santos e Bienvenido Diez do departamento de Xeociencias mariñas e ordenación do territorio e do CIM da UVigo; Torsten Wappler da Universidade Bonn/Hessisches Landesmuseum Darmstadt e Antonio Hernández-Orúe do Departamento de Xeología da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, identificar nove tipos diferentes de interaccións planta-insecto, incluídos varios tipos de herbivoría (consumo de plantas) externa, formación de diferentes tipos de agallas (excrecencias) e evidencias de oviposición (proceso de implantación ou difusión de ovos). 

“Dado que non se coñecen interaccións planta-insecto anteriores ao Carbonífero na península ibérica, trátanse dalgunhas das evidencias máis antigas das relacións entre estes dous importantes grupos biolóxicos. Ademais, son as primeiras evidencias de interaccións en Pecopteris, Oligocarpia, Polymorphopteris e Cordaites e a evidencia de oviposición (posta de ovos) máis antiga da península”, destaca Artai Santos en relación con esta investigación, recollida no artigo Plant–insect interactions from the Late Pennsylvanian of the Iberian Peninsula (León, northern Spain), publicado en Review of Paleobotany and Palinology. 

Nove tipos de danos en 200 espécimes e os “posibles sospeitosos”

Os investigadores documentaron nove tipos de danos diferentes entre 216 espécimes de plantas fósiles e presentaron os primeiros datos de agallas, alimentación en marxes e en buratos e oviposición en Cordaites, Pecopteris, Polymorphopteris e Oligocarpia del Carbonífero de España. Entre los posibles “sospeitosos” de causar dano a estas plantas atópanse, segundo os autores do artigo, diferentes ordes/superordes atopados nos xacementos estudados como Archaeorthoptera, Paoliida, Palaeodictyoptera, Megasecoptera e Dictyoptera. “Os posibles culpables da alimentación externa deberían necesitar un sistema mandibular robusto para perforar o aparente tecido coriáceo e os nervios de Polymorphopteris polymorpha, P. pseudobucklandii P. integra, uns patróns de alimentación que son consistentes con insectos (pan)ortopteroideos, probablemente de pequeno tamaño”, detallan os investigadores no seu traballo, no que tamén sinalan que a aparente diversidade de agallas podería suxerir algunhas condicións áridas, cando menos estacional ou localmente. Non obstante, apuntan á necesidade dun futuro estudo estatístico con máis exemplares para aclarar as implicacións paleoclimáticas.

“As plantas atopadas e a variedade de evidencias de interaccións planta-insecto suxiren que os bosques do Carbonífero na península ibérica proporcionaban un nicho ecolóxico moi adecuado para os insectos, onde as plantas proverían hai xa 303 millóns de anos unha fonte de alimentación e nalgúns casos de hospedaxe para moitos dos artrópodos do momento, algúns dos cales serían moi diferentes aos insectos que coñecemos hoxe”, explica Artai Santos. O investigador da UVigo, engade que, en calquera caso, a variedade de grupos funcionais de alimentación atopados é indicativa da presencia dunha comunidade de insectos ben establecida e ecoloxicamente integrada nos bosques carboníferos da area de León. “Por outro banda, a presencia de agallas podería estar vencellado a certas condicións climáticas relativamente áridas, polo menos rexionalmente”, apunta Santos.

Remata unha temporada agridoce para a UVigo no Campionato Galego de tenis

0

A falta de poder disputar un encontro atrasado, o Campionato Galego de tenis por equipo remata por esta temporada e o balance é certamente agridoce. Mentres os resultados dos equipos masculinos son positivos, como recoñece o adestrador Jorge Comesaña, o aspecto máis negativo é o descenso do cominado feminino.

No que atinxe aos xogadores, Comesaña destaca, por riba de todo, “o campionato e o ascenso do equipo masculino A, que regresa á División de Ouro por segunda vez nos últimos tres anos e por quinta vez na súa historia”. Os universitarios xogaron este domingo 22 como locais a final do Campionato Galego por Equipos División Prata, o que sería a segunda categoría galega, fronte ao Tenis Gondomar. O equipo da UVigo, formado por Ricardo Lago, Jaime Zapatero, Yago Gonzalez, Ignacio Lago e Antón Díaz, conseguiu imporse nos encontros de individuais por 5-0 e, deste xeito, gañar o campionato e acadar o ascenso. 

Pola súa banda, o equipo B, a falta de disputar un encontro fronte Ureca C, “acadou o obxectivo da permanencia en Primeira División”, aínda que non alcanzou os postos de ascenso, ao caer contra A Estrada nos cuartos de final. Con todo, o adestrador recoñece que “con algo de magoa”, o obxectivo principal era a permanencia e está conseguido. 

A parte mais amarga desta tempada foi o descenso do equipo feminino que, por segundo ano consecutivo, “en parte debido á gran perda de xogadoras”. Como relata Comesaña, “as catro xogadoras que disputaron case todas as eliminatorias notaron o desgaste acumulado, sen poder facer máis do acadado, ademais de atoparse fronte a equipos moi fortes como Ureca, Gondomar e USC na fase de liga”. Así, tras quedar 4º nasa primeira fase, “tiñan que loitar pola permanencia, pero o partido clave escapóuselles das mans fronte o D10 de Lugo. Despois, xa na última xornada contra o Tenis Boiromar, xa non tivemos opción algunha e perdendo a categoría”. Deste xeito, o ano próximo o equipo competirá na Primeira División.

Iago Aspas recoge en Dubái el MVP Aix de la temporada

0

Los aficionados celestes eligieron tras cada jornada al jugador Aix Investiment del partido. El Premio de la temporada recayó en el futbolista con más elecciones en los encuentros del campeonato: Iago Aspas. El máximo goleador español de la campaña 21/22 recogió en el Burj Khalifa de Dubái el MVP AIX de la temporada by AIX Investment.

Nuevo reconocimiento para el canterano, que fue agasajado en los Emiratos Árabes con este galardón que refleja su formidable rendimiento durante la temporada.

Finalizan a súa formación como especialistas 74 facultativos e 15 profesionais de enfermaría da Área Sanitaria de Vigo

0

O acto de despedida contou coa conferencia da Dra. Eugenia Puentes, directora de I+D do Grupo Biotecnolóxico Zendal, que falou sobre Innovación Biomédica e novas vacinas

O Hospital Álvaro Cunqueiro realizou hoxe a despedida oficial dunha nova promoción de residentes que concluíron o seu período de formación como especialistas, tanto facultativos como enfermeiras.

Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

No transcurso deste evento -presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente- os 89 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1 en Análises Clínica; 2 Anatomía Patolóxica; 4 en Anestesia e Reanimación; 1 en Aparello Dixestivo; 2 en Cardioloxía; 1 Cirurxía Cardiovascular; 2 en Cirurxía  Ortopédica e Traumatoloxía; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 1 en Endocrinoloxía e Nutrición; 1 Farmacia Hospitalaria; 1 en  Hematoloxía e  Hemoterapia;  23 en Medicina Familiar e Comunitaria; 1 en Medicina Física e Rehabilitación; 2 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 en Nefroloxía; 1 en Neurofisioloxía; 1 Neurocirurxía; 1 en Neuroloxía; 2 en Obstetricia e  Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 2 en Oncoloxía Radioterápica; 2 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 2 en Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría;  3 en  Radiodiagnóstico; 1 en Radiofísica Hospitalaria; 1 en  Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 15 especialistas en Enfermaría, 3 en Enfermería Pediátrica, 1 en Saúde Mental, 5 en Obstetricia e Xinecoloxía, e  6  en enfermaría Familiar e Comunitaria.

Nestes momentos, na Área de Vigo estanse formando un total de 380 graduados, que realizan o seu período de formación especializada tanto en hospitais con en centros de saúde.

Novas vacinas

O acto de despedida contou coa participación da Dra. Eugenia Puentes Colorado, Directora de I+D do Grupo Biotecnolóxico Zendal, cunha conferencia titulada “Zendal, Innovación Biomédica: MTBVAC, una vacuna viva contra la tuberculosis, y Vacunas Covid 19”. Eugenia Puentes é Doctora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación investigadora no Departamento de Xenética do “Molecular and Cell Biology Department” da Universidade de Aberdeen (Escocia). Na actualidade é  membro do Comité Técnico permanente de Veterindustria e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia.

O BNG de Vigo reclama que o PSOE abandone o dobre discurso e apoie con feitos ás familias do Villa de Pitanxo

0

A fronte nacionalista presenta unha moción ao Pleno de maio trasladando as demandas das familias das vítimas, que reclaman que o Goberno español faga todo o posíbel para baixar ao buque e investigar as circunstancias do tráxico naufraxio

Xabier P. Igrexas: “Non son compatíbeis as declaracións infames do delegado do Goberno en Galiza, xustificando a negativa a atender as peticións das afectadas, co apoio que vén de manifestar Abel Caballero”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo reclama que o PSOE abandone o dobre discurso sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo e apoie con feitos as peticións das familias das vítimas, que demandan baixar ao buque para esclarecer o sucedido. A fronte nacionalista expresa a súa satisfacción polo previsíbel apoio de todas as formacións políticas da Corporación viguesa á moción presentada ao Pleno de maio polo BNG, na que se recollen as peticións das afectadas.

“Non son compatíbeis as declaracións infames do delegado do Goberno en Galiza, xustificando a negativa a atender as peticións das familias das vítimas, co apoio que vén de manifestar Abel Caballero”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que urxiu o alcalde de Vigo a “exercer toda a influencia da que presume” para que o Goberno español, liderado polo seu partido, rectifique a negativa a investigar as causas do afundimento. 

Igrexas afeou que o goberno de Abel Caballero impedise a proposta de declaración institucional rexistrada polo Bloque co obxectivo de “enviar unha mensaxe de unidade erobusta en termos institucionais” en apoio ás familias das vítimas do Villa de Pitanxo. “Se o PSOE finalmente se vai sumar a este acordo, e polo tanto existía unanimidade, non entendemos as razóns para impedir esta declaración”.

Moción do BNG ao Pleno

Por este motivo, e para evitar que esta cuestión quedase fóra por segundo pleno consecutivo, a fronte nacionalista decidiu trasladar as demandas das afectadas na súa moción ao Pleno programado para este mércores. “O que pedimos desde o BNG é que esta unanimidade sexa real e efectiva, e non apenas declarativa, que non quede só nun xesto”, subliñou Igrexas.

O edil nacionalista insistiu na necesidade de baixar ao buque para recoller probas, tal como demandan as familias. Unha cuestión que asegurou é “factíbel”, como vén de acreditar un recente informe técnico, polo que rexeitou os argumentos do Goberno español. “Non existe ningunha xustificación para negarse a facer todo o posíbel para esclarecer o acontecido neste fatídico naufraxio”.

Igrexas pediu que este apoio vaia alén do salón de Plenos de Vigo e chamou a Abel Caballero a que “exerza as súas influencias en Ferraz e na Moncloa” para conseguir unha rectificación do Executivo de Pedro Sánchez. “Sen coñecer a verdade non pode existir nin a xustiza nin a reparación que merecen as familias das vítimas”.

El Rey Felipe VI inaugura la nueva Ciudad de la Justicia de Vigo entre aplausos y vítores

0

El monarca ha sido recibido por el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y por el presidente del Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) y presidente del Supremo, Carlos Lesmes

El rey Felipe VI ha inaugurado esta mañana la nueva Ciudad de la Justicia de Vigo en un acto en el que ha sido recibido entre aplausos y vítores por un grupo de unas 200 personas que se han congregado frente al acceso principal del edificio. «Felipe, Felipe», «viva el rey» o «majestad, majestad» han sido algunos de los cánticos que el monarca ha escuchado en su trayecto entre la multitud, en el que se ha mostrado muy sonriente en todo momento.

En la plaza de acceso al complejo judicial, Felipe VI ha sido recibido por el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y por el presidente del Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) y presidente del Supremo, Carlos Lesmes.

A continuación, el Rey ha saludado a las autoridades, empezando por el presidente del PP y expresidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, situado en el primer lugar de la fila, y siguiendo por el presidente del Parlamento, Miguel Ángel Santalices; el delegado del Gobierno, José Miñones; el alcalde de Vigo, Abel Caballero; el conselleiro Diego Calvo; o los presidentes del TSXG y de la Audiencia de Pontevedra entre otros.

Tras descubrir una placa en la plaza que da acceso al edificio, Don Felipe ha realizado un recorrido por las instalaciones, que suman 44.000 metros cuadrados y que, tras su puesta en marcha, acogerán a más de 500 trabajadores, que entre otros servicios contarán con una guardería para niños de 0 a 3 años.

En las obras, adjudicadas en 2016 y dirigidas por el arquitecto Alfonso Penela, se han invertido más de 40 millones de euros. El edificio, que comenzó a construirse en 1947 y que hasta 2015 funcionó como Hospital Xeral, ha sido readaptado para convertirse en sede de 38 unidades judiciales -8 Juzgados de Instrucción, 3 Juzgados de lo Penal, 15 Juzgados de Primera Instancia, 7 Juzgados de lo Social, 2 Juzgados de lo Contencioso, un Juzgado de lo Mercantil, un Juzgado de Guardia y un Juzgado de Violencia sobre la Mujer-, de las dos secciones desplazas de la Audiencia Provincial de Pontevedra, de la Fiscalía de Área y de la subdirección del Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Una freidora provoca un incendio en un inmueble de la calle Tomás Alonso

0

En el día de ayer, en torno a las 21:00 horas, el Servicio de Emergencias 112 informó mediante una llamada a la Sala Operativa de Comunicaciones del 092 de que se estaba produciendo un incendio en la cocina de una vivienda situada en Tomás Alonso. Además, el propio 112 puso los hechos en conocimiento del servicio de bomberos.

Personados en el lugar, los agentes de la Policía Local de Vigo pudieron comprobar que en el domicilio se encontraba un familiar de la propietaria, y que este ya había sofocado las llamas. El incendio se produjo porque la propietaria del inmueble se dejó una freidora encendida, iniciándose la combustión y afectando a la campana, a la encimera y provocando daños diversos en el inmueble por el humo. Al lugar también acudió la dotación de Bomberos solicitada, realizando labores de ventilación del inmueble. A pesar de los daños materiales, no hubo que lamentar daños personales.

Zona Franca recibe a las 21 empresas que participan en la misión inversa con la Cámara de Comercio en el marco de Navalia

0

Cuatro compañías de Costa de Marfil, tres de Senegal y dos de Marruecos participan en la actividad

Zona Franca acogió una recepción para las 21 empresas que participan en la misión comercial inversa que realiza, junto con la Cámara de Comercio, en el marco de Navalia. Cuatro compañías de Costa de Marfil, tres de Senegal y dos de Marruecos participan en esta actividad, así como 12 empresas gallegas.

El delegado del Estado en la Zona Franca de Vigo, David Regades, les dio la bienvenida a la ciudad en un acto en la sede del Consorcio y señaló que “desde hace más 10 años, el Consorcio y la Cámara, trabajan de manera conjunta en la organización de misiones comerciales, principalmente con las ferias Conxemar, Mindtech y Navalia”.

David Regades destacó la colaboración con la Cámara de Comercio, en un acto en el que participó su gerente, José Manuel García Orois,  y subrayó que “el Consorcio tiene la internacionalización grabada en su ADN. Como agencia de desarrollo, somos muy conscientes de que las empresas internacionalizadas tienen mayor probabilidad para sobrevivir en épocas de crisis y que el tejido empresarial gallego, constituido principalmente por empresas de tamaño medio y pequeño necesita de toda la ayuda que les podamos brindar los organismos públicos para que puedan establecer y desarrollar relaciones comerciales en el ámbito internacional».

La Xunta reclama al Ayuntamiento celeridad para autorizar la visita técnica de la productora de Muse a Balaídos

0

Tras la autorización municipal a la petición del Real Club Celta, la promotora propone realizar una visita este jueves al estadio

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamó este martes al Ayuntamiento de Vigo que autorice de forma inmediata la entrada en Balaídos al personal de la productora de la banda británica Muse para realizar una visita técnica. A través del registro electrónico municipal, la empresa promotora de la actuación solicitó el acceso al estadio este próximo jueves una vez que el Gobierno local ya respondió afirmativamente a la petición del Real Club Celta para organizar el concierto.

La representante autonómica solicitó celeridad al Gobierno local para que facilite las labores de la empresa organizadora con el objetivo de llevar a cabo los estudios técnicos y de seguridad que marca la legislación vigente. “Esperamos la colaboración total del Ayuntamiento para que la promotora pueda cerrar todos los detalles necesarios de cara a actuación enmarcada en la programación del Xacobeo”, señaló.

El trío británico estará el próximo 8 de septiembre en el Estadio de Balaídos para ofrecer una de las tres fechas que tiene reservadas en España. Fernández-Tapias reiteró que ya existe compromiso con el Real Club Celta, concesionario del estadio, y también acuerdo con la productora Zircozine.

La delegada recordó que el alcalde lleva “meses enredando” y negándose a que la ciudad tenga actuaciones del Xacobeo, por lo que solicitó que cumpla ahora su palabra y autorice sin dilación a entrada de los técnicos.

Además del grupo Muse, la programación de conciertos del Xacobeo 21-22 en Vigo también incluye otras actuaciones como la de C. Tangana (23 de agosto en Oporto de Vigo) o la de Rufus Wainwright (2 de julio en Afundación). También habrá otros dos ciclos (Xacobeo Importa y Xacobeo Vigo) y dos festivales (Latitudes y Música Urbana) para conformar una oferta que llegará hasta los veinte conciertos en la ciudad.

Fernández-Tapias: “O Goberno falta ao respecto a Vigo cun foro de pesca  a cambio da sede do IEO”

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo cualifica como unha “escusa” o anuncio da mesa permanente da ciencia e da pesca 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cualificou como “decepcionante” a visita este luns á cidade da ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, e lamentou que o Goberno central non atenda as peticións para que Vigo sexa sede do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

“Esperabamos que a ministra viñese darnos boas noticias a Vigo e anunciase que a cidade será sede do IEO, pero en lugar diso ofrécenos un foro que ata o momento non ten organigrama, estratexia definida, nin data concreta para a súa convocatoria”, sinalou Fernández-Tapias sobre a anunciada mesa permanente da ciencia e da pesca.

A representante autonómica instou ao alcalde, Abel Caballero, a cumprir a súa promesa de fai tan só unhas semanas, cando anunciou que mediaría co Goberno para lograr o recoñecemento que se merece Vigo e mesmo chegou a asegurar que estaba “moi esperanzado” coa concesión da sede do IEO.

“En lugar diso hoxe asistimos a unha cortina de fume, unha escusa para obviar a realidade e o problema que atravesa o Instituto Español de Oceanografía e a decisión unilateral de desmembralo e deixar a Galicia sen opcións de acollelo por unha mera decisión política”, sinalou. Tamén apuntou que a xestión que está a facer o Goberno central deste organismo é “nefasta, un disparate e un despropósito, pois supón avanzar no seu desmantelamento”.

A delegada sinalou que é unha nova falta de respecto a Galicia e a Vigo, ao seu sector marítimo-pesqueiro, aos centros e ao persoal do IEO na nosa comunidade. “Aínda máis: é unha ofensa ao entendemento da sociedade galega e constitúe só un paso máis no despropósito da xestión do IEO, que trae moitas palabras, pero sen feitos e respostas a preguntas como: en que vai mellorar a pesca galega e a de Vigo?”, engadiu.

Cesión a Galicia

“Asistimos unha vez máis aos bandazos do Goberno central  en materia de investigación. Por iso, pedímoslle que deixe de marear a perdiz e que se non se sente capacitado para manter e xestionar adecuadamente o IEO, o ceda a Galicia para potencialo”, dixo a representante autonómica. Así o pediu o Parlamento galego nunha recente declaración institucional. Fernández-Tapias lembrou outros asuntos da maior importancia para Vigo nos que o Goberno desatende á cidade. “O Perte de Stellantis, a Alta Tensión, o Saída Sur… a lista é interminable, a secuencia sempre é a mesma e o final tamén é coñecido. Botamos de menos tamén á ministra de Industria, porque o alcalde tan só dedícase a declaracións altisonantes en busca de titulares que uns días despois convértense nun desastre anunciado”, concluíu.