Galicia recibe 77.600 dosis para la vacunación de la cuarta dosis Covid

0

La Comunidad comenzará a administrar las dosis a partir del próximo 26 de septiembre a todos los mayores de las residencias sociosanitarias de Galicia

Galicia recibió en la tarde de ayer un total de 77.600 dosis de vacunas para administrar a la población gallega la cuarta dosis de la vacuna contra el Covid.

La Comunidad comenzará a administrar las dosis a partir del próximo 26 de septiembre a todos los mayores de las residencias sociosanitarias de Galicia.

Una vez administrada la dosis a este colectivo, el Gobierno gallego comenzará la vacunación del resto de la población, de mayor a menor edad, en los grandes recintos, tal y como se hizo hasta ahora.

Fernández-Tapias anuncia la adjudicación de los proyectos de reforma de dos unidades del Hospital Álvaro Cunqueiro

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo y el gerente del área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, informaron de la creación de una unidad de rehabilitación cardíaca anexa la cardiología y de un nuevo espacio para el servicio de Hospitalización a Domicilio

Las actuaciones se enmarca en la inversión de 2,6 millones en cinco obras para este hospital recogido en los Presupuestos de la Xunta para este año

La Xunta de Galicia viene de adjudicar sendos contratos para la redacción de los proyectos arquitectónicos de dos de las cinco reformas comprometidas por el Gobierno gallego para este hospital a través de los Presupuestos autonómicos de 2021, que reservaron una partida de 2,6 millones para estas obras.

Segundo informaron la delegada territorial de la Xunta, Marta Fernández-Tapias, y el gerente del área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, en particular se adjudicaron los servicios de redacción del proyecto básico y de ejecución y dirección de obra del área de Rehabilitación cardíaca al arquitecto Javier Antonio Franco Rabuñal por 24.805 €; y de la reforma para la nueva ubicación de hospitalización a domicilio (HADO) a la UTE Sabín Blanco Arquitectos junto con Irisarri Piñera por 22.890 €.

Ambos adjudicatarios tienen un mes de plazo para elaborar el proyecto básico y otro mes desde la aprobación de este por parte del Sergas para elaborar el proyecto de ejecución. Se estima por tanto que se podrán licitar las obras en el último trimestre del año y que cada una de ellas tendrá un presupuesto de cerca de 500.000 euros.

Rehabilitación cardíaca

Ante el volumen de pacientes que sufren un ingreso o una cirugía derivadas de cardiopatías, la gerencia del área sanitaria de Vigo propuso un plan funcional para crear un área que ayude a mejorar la calidad de vida de estos pacientes, controlando sus factores de riesgo, reduciendo los reingresos y facilitando la reincorporación laboral.

El plan funcional recoge la necesidad de creación de una unidad de rehabilitación cardíaca en la zona de consultas de cardiología de la planta -1 del Hospital Álvaro Cunqueiro, dividiéndose en las siguientes cuatro áreas: la de ejercicio físico pacientes, la de vestuarios – duchas – aseos, la de consultas y el área administrativa y de reuniones de equipo.

Hospitalización a Domicilio

La irrupción de la pandemia desplazó al equipo de Hospitalización a Domicilio de su localización original, anexa a las urgencias pediátricas, dada la necesidad de crear un doble circuito en las mismas.

Desde entonces, se encuentran en una localización provisional, por lo que la gerencia del área sanitaria de Vigo propuso un plan funcional que recoge la necesidad de creación en una localización definitiva de una nueva unidad de HADO en el Hospital Álvaro Cunqueiro, que deberá contar con un área de trabajo del personal facultativo con siete puestos, con un área de trabajo del personal de enfermería con diez puestos, con una sala de preparación de medicación y de limpio de enfermería y con espacios para secretaría, consulta, aseos, almacenes y despachos para jefe y supervisora de servicio.

Reformas por 2,6 millones de euros

Fernández-Tapias incidió en que estas reformas forman parte del paquete de obras para el Hospital público Álvaro Cunqueiro por 2,6 millones de euros comprometido en los Presupuestos de la Xunta para 2022. Segundo recordó la delegada, la estas dos reformas se unirá la creación de la nueva unidad de hospitalización psiquiátrica infanto-juvenil, cuyo proyecto de ejecución está en fase de supervisión y que permitirá licitar en las próximas semanas una obra por importe de cerca de 1 millón de euros; la creación de la unidad de enfermedades raras cuya obra fue ya licitada en el mes de junio por cerca de 150.000 euros y la ampliación de la unidad de *necropsias que posibilitará al personal de anatomía patológica del Cunqueiro hacer *necropsias de nivel de protección 3, cuyo proyecto está ya finalizado y pendiente de la licitación final de la obra.

As Illas Cíes acollen durante catro días a terceira edición do Desafío Audiovisual

0

O alcalde informou do desenvolvemento das residencias creativas do certame nas Cíes, desde este xoves 15 de setembro e ata o domingo, nas que participan cinco proxectos de vídeo e cinco de fotografía

O III Desafío Audiovisual Illas Cíes inicia este xoves, 15 de setembro, as estancias creativas dos proxectos que participan no concurso aberto ás categorías de fotografía e vídeo, no marco das actividades organizadas polo Concello para a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.

Tal e como expuxo o alcalde, nos catro días de residencia no arquipélago, desde mañá xoves ata o domingo 18 de setembro, os artistas deberán elaborar o seu proxecto sobre as Illas Cíes, convertidas nun gran estudio natural. Despois da estadía terán un mes para realizar a postprodución das súas obras, o xurado seleccionará aos proxectos gañadores e as obras serán expostas na cidade.

O III Desafío Audiovisual Illas Cíes conta cunha porcentaxe de mulleres maioritaria entre os compoñentes dos equipos seleccionados e recibiu, no proceso de selección, 56 candidaturas. Destacou Caballero que “Cíes está collendo un enorme podería como plató de rodaxe e fotografía”, dado o interese crecente por participar no Desafío que na edición anterior recibiu 22 proxectos.

Proxectos fotografía: Anxo Torres: Illas de Luz; Sofía Solveira: Ao detalle; Benjamín Vine: Case como estar aí; Susana Álvarez: As nosas illas e Francisco Javier Barcia: Interconexións. Os proxectos de vídeo son: Miguel Lage: A canción do mar; Paula Pereira: Despois de ti; Natalia Porca: A primeira visita; Sala Lemniai: Quedaránnos as Cíes e María Crespo: Conversa nas illas.

A UVigo lidera un dos paquetes de traballo de Caramuel, a primeira misión satelital en órbita xeoestacionaria para comunicacións cuánticas

0

O proxecto, coordinado por Hispasat, conta coa participación de múltiples empresas e institucións

A Universidade de Vigo é unha das entidades que está a participar no estudo de viabilidade de Caramuel,  a primeira misión satelital global en órbita xeoestacionaria destinada á distribución cuántica de claves, unha das principais tecnoloxías que definirán as comunicacións seguras do futuro. Financiado pola Axencia Espacial Europea e liderado pola empresa Hispasat, este estudo reúne a participación de múltiples empresas e organismos de relevancia internacional co obxectivo de desenvolver unha carga útil que sitúe a España á vangarda das comunicacións espaciais seguras. “A intención é lanzar un satélite comercial xeoestacionario para comunicacións cuánticas, algo que, se todo sae ben, podería producirse en 2025”, explica o profesor e investigador de atlanTTic, Marcos Curty, responsable deste proxecto na Universidade de Vigo.

Só as tecnoloxías cuánticas poderán garantir a seguridade das comunicacións

A aparición dos computadores cuánticos achega unha potencia computacional moito maior que a dos computadores tradicionais para determinados problemas, entre eles, a descomposición en factores primos nos que está baseada a seguridade da actual criptografía non simétrica. Isto supoñerá un cambio de paradigma nas comunicacións seguras, xa que atacantes con ordenadores cuánticos poderán descifrar as encriptacións actuais en cuestión de segundos. Por iso, é fundamental o desenvolvemento dun sistema que permita enviar información coas garantías necesarias nas contornas de comunicacións gobernamentais (civís e militares), xestión de infraestruturas críticas e aplicacións e servizos de interese económico, ambiental ou tecnolóxico, así como grandes corporacións. 

A distribución cuántica de claves mediante un sistema de comunicacións ópticas permite garantir con certeza a súa seguridade, xa que a integridade das claves establecidas verifícase de maneira continua grazas ás propiedades cuánticas dos fotóns. Na actualidade, a tecnoloxía comercial non permite usar conexións baseadas en fibra óptica para establecer comunicacións cuánticas de algo máis de 100 quilómetros de distancia sen empregar nodos confiables. En cambio, o uso do satélite para o envío de claves cuánticas permite cubrir calquera distancia, xa que a atenuación do sinal é menor no espazo libre. En concreto —e a diferenza doutras órbitas—, as coberturas xeoestacionarias, a 36.786 km de altura, permiten establecer estas comunicacións entre continentes enteiros cun só satélite, de maneira continua e sen necesidade de establecer seguimento do sinal.

“A criptografía clásica non pode garantir a seguridade das comunicacións, salvo que a capacidade computacional dun atacante este limitada, e co desenvolvemento dos computadores cuánticos a seguridade das comunicacións actuais está seriamente amenazada”, explica Curty, ao tempo que insiste en que, pola contra, “as tecnoloxías cuánticas poden garantir a seguridade das comunicacións, independentemente da capacidade computacional do atacante”.

A UVigo encargouse de avaliar os diferentes protocolos cuánticos…

A misión Caramuel conta con diferentes fases. Na actualidade atópase na fase A e nela a Universidade de Vigo participa liderando o paquete de traballo relacionado coa avaliación de protocolos. Tal e como explica Curty, o principal mérito das comunicacións cuánticas é que se pode demostrar que son seguras. Para establecer unha clave criptográfica pódense empregar diferentes protocolos cuánticos, unha especie de lista de instrucións sobre o que se debe facer, desde que sinais cuánticas hai que transmitir e que tipo de medidas deben realizarse no receptor ata como teñen que procesarse os datos obtidos. “O obxectivo final é destilar unha clave secreta, unha serie de números –ceros e uns-  totalmente aleatorios que son iguais entre o emisor e o receptor, garantindo a súa seguridade, é dicir, que ningún posible atacante poida ter acceso á información”, salienta Curty, quen recalca o feito de que ter unha clave secreta simétrica é fundamental para poder transmitir a información de maneira segura. “Na UVigo o que fixemos foi avaliar todos os protocolos existentes e seleccionar aquel que se considera máis adecuado para este tipo de misión, é dicir, aquel que permite establecer claves desde un satélite xeoestacionario, algo que a maioría non permitiría debido as perdas ópticas neste tipo de enlace”.

A maiores fíxose tamén unha estimación da taxa de xeración de claves secretas que se poderían chegar a alcanzar, isto é, cantos bits de claves secretas por segundo sería posible lograr cun satélite xeoestacionario, en función dos parámetros de seguridade que se queiran conseguir. “Por outra banda, tamén damos consellos sobre á implementación dos protocolos relativos ao hardware, é dicir, sobre como se poderían implementar estes protocolos de manera máis eficiente”, salienta o investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

… e participa tamén no comité asesor da misión

Ademais de liderar o paquete de traballo de Avaliación de Protocolos, a Universidade de Vigo participa tamén no comité asesor (Advisory Committee) desta misión , encargada de supervisar o conxunto de tarefas que se fixeron e que se están facer. “Somos responsables de revisar a tecnoloxía dos protocolos cuánticos seleccionados, algo moi vinculado ás tarefas do grupo de traballo que nós lideramos, de revisar a arquitectura global do sistema –como se vai facer para establecer as claves entre os diferentes puntos- e de avaliar a seguridade de extremo a extremo”.

Achega española ao espazo europeo seguro

A Comisión Europea anunciou en xuño de 2019 o seu manifesto a favor da European Quantum Communications Infrastructure (EuroQCI), que despregará nos próximos anos os primeiros nodos de comunicacións cuánticas en diversos países da Unión. Estes nodos, de alcance metropolitano, estarán conectados entre si vía satélite para garantir a súa resiliencia. Para iso, o sistema de comunicacións seguras por satélite promovido pola Comisión —en cuxo estudo preliminar participou Hispasat—, incluirá entre as súas misións estas conexións satelitales da EuroQCI. Caramuel permitirá a España configurar a súa principal contribución a estas iniciativas europeas no ámbito espacial.

“Xa no ano 2020 a Comisión encargou un primeiro estudo sobre o diseño da arquitectura da futura EuroQCI a un grupo de expertos de diferentes empresas e institucións e, entre 2021 e 2022, realizouse un segundo estudo máis detallado desta arquitectura. Na Universidade de Vigo participamos en ambos estudos liderando as tarefas relacionadas coa seguridade das comunicacións cuánticas”, recalca Curty.

Integrantes da misión Caramuel

Neste estudo de viabilidade participan xunto a Hispasat empresas como Alter, Banco Santander, BBVA, Cellnex, Das Photonics, GMV, Indra, Oesia, Quside, Sener, Telefónica e Thales Alenia Space España; e instituciones e universidades coma, a propia Universidade de Vigo, o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e a Universidade de Vigo.

O MARCO de Vigo acolle esta fin de semana unha nova edición do Sinsal Outono, o ciclo vinculado á experimentación sonora e á creación contemporánea

0

O evento, impulsado pola promotora local Sinsalaudio,  e que conta co apoio do Concello de Vigo, ofrecerá na súa primeira xornada os directos de El Hijo (20.30 h) e Luís Fernandes (21.45 h), mentres que o sábado 17 actuarán Dullmea (20.30h) e Otro (21.45 h)

As entradas para Sinsal Outono, cuxo acceso será gratuíto para as e os menores de 9 anos, están á venda a prezo reducido en www.enterticket.es, aínda que tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do museo nas xornadas de celebración do evento

Esta fin de semana Vigo ten unha cita coa música de vangarda: o venres 16 e o sábado 17 celebrarase unha nova edición de Sinsal Outono, o ciclo de concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora e á creación contemporánea que impulsa a promotora local Sinsalaudio, que este ano celebra o seu 20º aniversario.

Sinsal Outono, que conta un ano máis coa colaboración principal do Concello de Vigo, pon o foco na visualización de propostas singulares e únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Neste 2022 ofrecerá dúas noites ateigadas de experimentación con bandas con bandas e artistas chegadas de distintos puntos Madrid, Valencia e Portugal, grazas tamén á colaboración do Instituto Camoes. Dullmea, El Hijo, Luís Fernandes e Otro conformarán o cartel desta nova edición do ciclo, ao que as e os menores de 9 anos poderán acceder gratuítamente.

Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), espazo de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea, e que tamén acompañou o desenvolvemento e proxección de Sinsalaudio ao longo destas dúas últimas décadas, acollerá este Sinsal Outono 2022, que comezará o venres 16 coa actuación de El Hijo (20.30 horas),o proxecto musical do compositor e produtor Abel Hernández (Migala, Emak Bakia), e do artista multidiscilplinar Luís Fernandes (21.45 horas), quen presentará o seu novo disco, ‘A guide to gettin lost’.

A segunda e última xornada do ciclo terá lugar o sábado 17. Chegará da man da violinista e compositora Dullmea (20.30 horas), que ofrecerá unha suxerente inmersión no seu universo sonoro, minimalista e experimental coa presentación de ‘Orduak’, o seu último traballo. O valenciano Otro (20.30 horas), autor de ‘Portuaria’, un dos discos máis salientables da escena electrónica de 2021, será o ramo deste Sinsal Outono 2022.

As entradas para o ciclo están á venda de forma anticipada e a prezo reducido (10 euros) na plataforma Enterticket. Os billetes poderanse adquirir (por 12 euros) no propio museo os días de celebración do evento.

O BNG de Vigo denuncia o peche das instalacións deportivas da ETEA sen data de reapertura

0

A fronte nacionalista reprocha que as máis de 500 persoas usuarias e clubs deportivos non foron avisados do peche producido o 1 de setembro, malia non ser efectiva aínda a devolución dos terreos á Zona Franca

Xabier P. Igrexas: «Queremos un compromiso claro para garantir a reapertura o antes posíbel e asegurar que a cidade vai poder continuar facendo uso das instalacións»

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia o peche das instalacións deportivas da ETEA desde o 1 de setembro e lamenta que non exista unha data fixada para a súa reapertura. A fronte nacionalista reprocha ademais que o Goberno municipal non notificara o peche con antelación ás máis de 500 persoas usuarias e varios clubs deportivos.

«Esiximos á concellería de Deportes que actúe de maneira áxil e que explique o motivo para este peche, cando as instalacións deportivas seguen sendo de titularidade municipal», reclamou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que subliñou que a decisión «disparatada» do Concello de devolver os terreos á Zona Franca aínda non se fixo efectiva.

Igrexas lembrou que as dotacións deportivas da ETEA foron un investimento municipal de máis de 2 millóns de euros, polo que urxiu «un compromiso claro para garantir a reapertura o antes posíbel». Avisou tamén do grave prexuízo deste peche para moitas das persoas e clubs que fan uso destas instalacións, posto que non contan con alternativas para seguir adestrando.

O edil nacionalista lamentou que a «deserción» do goberno de Abel Caballero do importante ámbito da ETEA teña xa consecuencias para a veciñanza antes mesmo da devolución das parcelas, tal e como advertira o BNG, e criticou que non se buscara unha solución que evitara o peche nin se fixara polo momento un calendario claro para reabrir as portas.

«O BNG insistimos en que ten que existir un compromiso de cidade, unha determinación firme do Concello, para avanzar de maneira real e efectiva para que a ETEA sexa un espazo de disfrute para todas as viguesas e vigueses, a principiar polas veciñas e veciños de Teis, dúas décadas do abandono dos militares», demandou Igrexas.

Fernández-Tapias pide al Ayuntamiento la puesta a disposición de los terrenos de la ETEA tras la aprobación definitiva del proyecto de urbanización con una inversión de 12,3 M€

0

La delegada territorial de la Xunta avanzó la aprobación definitiva por parte de la Consellería de Medio Ambiente del plan para acondicionar los caminos y espacios libre

Explica que mediante un requerimiento se solicitó hoy al Gobierno local que ponga la parcela PS1 la disposición de la Administración autonómica para poder licitar la obra

El proyecto destaca por la recuperación de la plaza de Armas como nuevo espacio público para los vigueses, además de zonas verdes, carril bici, muelle y explanada con grada

“Se trata de un paso esencial para culminar la ejecución de la residencia de la Fundación Amancio Ortega”, señaló

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunció este miércoles a aprobación definitiva por parte de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda del proyecto constructivo correspondiente a la urbanización del PS-1 del ámbito de la antigua ETEA. La representante autonómica recordó que para proceder con la licitación es necesario que el Ayuntamiento ponga los terrenos a disposición del Gobierno gallego, por lo que con fecha de este 14 de septiembre se remitió un requerimiento en el que solicita que cumpla con su compromiso.

Segundo explicó Fernández-Tapias en rueda de prensa, el desarrollo de este ámbito va a suponer una inversión por parte de la Xunta de cerca de 15 millones de euros (12,3 millones para la ETEA y otros 2,5 en la humanización de la Avenida de Galicia), de forma que se encargaría de desarrollar el sistema viario principal, desde la Avenida de la Mariña hasta la Plaza de Armas, para ganar un nuevo espacio público para la ciudadanía, y el muelle con su explanada. Además, la urbanización supondrá la dotación de servicios básicos a las diferentes parcelas de la ETEA, desde abastecimiento de agua, gas y energía eléctrica, hasta las telecomunicaciones. También el saneamiento y la red contraincendios.

La plaza de Armas: nuevo espacio público

El área de actuación del denominado PS-1 abarca un total de 2 hectáreas (20.029 m2), desde el acceso en la Avenida de la Mariña hasta el muelle, pasado por la avenida central, la plaza de Armas y la explanada. El proyecto incluye la urbanización de los caminos, la construcción de la galería de servicios y la apertura de un carril bici y peatonal. El proyecto contempla la recuperación de la plaza de la Armas como un nuevo espacio público para la ciudadanía, con una grada y una baranda sobre el mar.

Así, están previstos 6.150 m2 de adoquín, 5.260 m2 de hormigón, 3.400 m2 de loseta de granito, 170 metros gradas de granito y 490 metros de baranda. Además, las zonas verdes y el carril bici tendrán 800 m2 de terrazo, 3.000 m2 de áreas verdes y 50 nuevos árboles, sin incluir los árboles ya existentes que se conservarán.

Cumplimiento de la sentencia

La delegada valoró que el Ayuntamiento de Vigo ejecutara la sentencia del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 136/2020, de 24 de febrero , que le obligaba a cumplir sus compromisos derivados del convenio y reiteró que ahora pide que ponga ya los terrenos a disposición de la Xunta. “El que queremos es ejecutar y desarrollar el ámbito en beneficio de los ciudadanos de Vigo”, indicó.

La representante autonómica destacó la importancia de urbanizar el PS1, con los caminos y conexiones, para lo cual la Consellería de Medio Ambiente ya aprobó el proyecto de urbanización y ahora la Consellería de Infraestructuras necesita la puesta a disposición de los terrenos para licitar. “Se trata de un paso esencial para culminar la ejecución de la residencia de la Fundación Amancio Ortega”, añadió tras explicar que sin el desarrollo PS1 es inviable su puesta en funcionamiento. También apuntó que una vez que la Xunta cuente con los terrenos podrán continuar las obras de la residencia.

Solicitud en julio de 2021

Por parte de la Agencia Gallega de Infraestructuras (AXI) ya se solicitó formalmente al Ayuntamiento de Vigo la puesta la disposición de los terrenos en julio de 2021 y no hubo contestación alguna, por lo que se remite de nuevo el requerimiento. “El más grabe de todo es que no se puede avanzar en infraestructuras para Vigo y para el barrio de Teis como la residencia de mayores”, insistió Fernández-Tapias.

Marea de Vigo cualifica a oferta cultural trasladada polo Concello para os vindeiros meses como “absolutamente insuficiente”

0

Rubén Pérez: “Nunha cidade de 300.000 habitantes seguimos sen ter plans de ocio alternativo para a mocidade, exemplo disto son os constantes incumprimentos que o Goberno de Abel Caballero ten con ducias de mozos e mozas respecto ás actividades no VigoSÓNICO”

Marea de Vigo lamenta a escasa progamación cultural emanada do Concello para o vindeiro inverno, “e como exemplo disto temos o programa Vigo Cultura, que conta cun escasísimo orzamento de 150.000 euros” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. Un mecaniso ademais no que “se pretende concentrar no centro da cidade a maior parte das actividades en lugar de facer unha programación cultural descentralizada que chegue aos barrios facendo partícipe ao conxunto do tecido cultural e as diferentes expresións culturais da cidade” engade.

Nunha cidade de 300.000 habitantes “seguimos sen ter plans de ocio alternativo para a mocidade, seguimos esperando a prometida programación da Casa da Xuventude, así como as posibilidades de uso de espazos públicos para os mozos e mozas, nun momento de incremento de actividades coma os botellóns coa inseguridade que implica a todos os niveis” afirma o voceiro.

O máis preocupante, segundo a Marea de Vigo, é que “semella que esta cidade só quere prepararse para o Nadal”. Facer anuncios de case dous millóns de euros para novos adornos de Nadal “invalida recursos para outras actividades de carácter cultural” lembra o voceiro en referencia a situación dos museos da cidade, “como o caso da Pinacoteca, na que cada vez se reducen máis os seus horarios e contidos, recortando persoal incluso de vixilancia limitando esta ás cámaras por control remoto”.

Unha cidade como Vigo “ten que ter unha programación cultural expansiva. Vigo debe parecerse máis ás cidades da súa magnitude e do seu montante orzamentario, mais estamos a anos luz das programacións culturais que poden facer cidades coma Xixón ou Valladolid, sen necesidade de ir máis lonxe” afirma Rubén Pérez.

Marea de Vigo insiste en que estas carencias en materia cultural “teñen que ser corrixidas” e a Cultura debe ser un eido fundamental na elaboración do vindeiro orzamento para o ano 2023. “Hai moito potencial cultural na nosa cidade e só depende de vontade política” sentenza o voceiro local.

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugura el curso escolar en el Centro de Educación Especial HC San Rafael

0

El alcalde de Vigo ha visitado el Centro con motivo de la apertura del nuevo curso escolar que arranca este año con la matricula completa con 30 alumnos y alumnas en sus seis unidades de Educación Especial

El Área Educativa de HC San Rafael atiende a alumnado con necesidades educativas especiales de diversa índole, desde los 6 hasta los 21 años, proporcionándoles una atención individualizada

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado por la concejala de Política de Bienestar Social, Yolanda Aguiar, ha visitado esta mañana el Centro de Educación Especial HC San Rafael con motivo de la apertura del nuevo curso escolar que arranca este año con la matricula completa con 30 alumnos y alumnas en sus seis unidades de Educación Especial.

El alcalde realizó un recorrido por las instalaciones del área educativa y compartió la ilusión del inicio del curso con el alumnado de las dos aulas de Educación Básica Obligatoria (EBO) y de las cuatro aulas de Tránsito a la Vida Adulta (TVA).

Tal y como se señaló durante la visita, en la que el alcalde estuvo acompañado por la dirección del centro, la vuelta al cole este año está siendo muy especial porque, después de dos años de pandemia, las clases vuelven a la normalidad y se van a poder recuperar muchas de las actividades que se habían dejado de realizar a causa de las restricciones sanitarias.  

El director gerente de HC San Rafael, Diego Viñas, agradeció al alcalde y la concejala la visita y destacó su buena predisposición al acudir a la apertura de curso una semana después del inicio del mismo para facilitar así la adaptación del alumnado a la rutina en el colegio.

Atención personalizada

El Área Educativa de San Rafael está integrada por seis unidades concertadas de Educación Especial y atiende a grupos reducidos de alumnos con necesidades educativas especiales de diversa índole, desde los 6 hasta los 21 años, proporcionándoles una atención personalizada.

Su plan de trabajo se centra en proporcionar una atención integral al alumnado a nivel emocional, intelectual, social y laboral, fomentando el respeto a la diversidad y buscando la funcionalidad de los aprendizajes.

Para ello, su oferta educativa está basada en dos líneas: Educación Básica Obligatoria y Tránsito a la Vida Adulta; y realizan programas complementarios de deporte, teatro, música, robótica, habilidades sociales, hogar, taichí, terapia asistida con perros, informática u orientación laboral, entre otros. Además, ofrecen servicios de apoyo como logopedia, fisioterapia, trabajadora social, psicología y cuidadores dentro del horario escolar; y disponen de servicio de comedor, transporte y actividades extraescolares.

Interceptado por conducir un VMP que excedía el tope de potencia legal

0

Una unidad de GOA interceptó al conductor de un VMP de grandes dimensiones el pasado día 11, a las 19:50 horas en la calle Fisterra confluencia con Venezuela.

Dieron el alto al conductor, que resultó ser B. D. G. A. de Vigo y 33 años de edad. En colaboración con una Patrulla del Sintra, realizaron la inspección de lo que parecía ser un falso VMP, al objeto de comprobar sus características técnicas.

Una vez inspeccionado, detectaron que alcanzaba en vacío los 96 km/h, motivo por el que excede las características reglamentarias para este tipo de vehículos (que no debe rebasar los 25 km/h).

Los Agentes formularon la pertinente denuncia por infracción al Reglamento General de Vehículos, procediendo a la inmovilización del mismo en el depósito municipal.