A Xunta de Goberno aproba o proxecto da rampla mecánica entre Ramón Nieto e o Centro de Saúde de Lavadores

0

O proxecto ten un importe de máis de 1.800.000 euros e humanizará a zona do Centro de Saúde de Lavadores e o colexio Fonte Escura

Abel Caballero deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do proxecto para a implantación de ramplas mecánicas na conexión da rúa Ramón Nieto co entorno do Centro de Saúde de Lavadores e o colexio Fonte Escura. O importe da actuación é de 1.814.513,63 euros e ten un prazo de execución de 10 meses, co inicio previsto das obras no mes de marzo, logo da súa licitación e adxudicación.

Para o alcalde esta actuación “é un proxecto moi importante e de gran envergadura” xa que ademais da implantación do corredor mecánico, haberá unha humanización do entorno.

A actuación afecta a 123 metros de rúa coa instalación de 3 ramplas de cerca de 40 metros de lonxitude: “Salvamos 11 metros de altura, cunha pendente moi forte do 9% e nalgúns tramos do 12%”, explicou o rexedor.

Con todo, a humanización do entorno do Centro de Saúde de Lavadores e o colexio Fonte Escura inclúe novas canalizacións, renovación do saneamento e redes fecais, novos pluviais, soterramento do cableado, novas luminarias led, novo mobiliario, espazos verdes e arbolado.

Caballero manifestou que “Vigo é a cidade que ten agora máis proxectos de ramplas e escaleiras mecánicas e ascensores do mundo. Estamos nas humanizacións 5.0, unha nova dimensión da cidade”.

Así, lembrou actuacións en marcha como as ramplas de Gran Vías, o HALO, o ascensor da praza da Estación, a rampla de acceso ao Centro de Saúde de Teis, as ramplas en Escultor Gregorio Fernández, a ramplas e ascensor entre Travesía de Vigo e Aragón, a rampla do Paseo Granada, as escaleiras mecánicas de Talude, a rampla de Serafín Avendaño, o acceso mecánico de Carral a Porta do Sol, a unión de Romil con Hispanidade, colexio Losada con Ramón Nieto, o corredor mecánico de Juan Ramón Jiménez coa actuación entre Camelias e Hispanidade e Marqués de Valterra con Torrecedeira.

Fernández-Tapias remarca a importancia estratéxica das competicións náuticas como polo de atracción turística

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do Campionato de España de J80-Trofeo Gestilar que se disputa este fin de semana en Baiona

Destacou que eventos como este contribúen á promoción “do noso litoral como un auténtico campo de competición e a visibilizar a riqueza paisaxística da costa galega”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á presentación do Campionato de J80-Trofeo Gestilar, que se disputará do 16 ao 18 de setembro, e que reunirá na baía de Baiona ás mellores embarcacións da frota nacional.

Durante a súa intervención, a representante autonómica remarcou a importancia estratéxica das competicións náuticas como polo de atracción turística, por canto contribúen á promoción “do noso litoral como un auténtico campo de competición e a visibilizar a riqueza paisaxística da costa galega”, dixo.

Fernández-Tapias felicitou ao Monte Real Club de Yates de Baiona por este segundo ano como anfitrión do Campionato de España tras o éxito da celebración do 2018 e gabou a calidade técnica e profesional dos regatistas galegos que compiten nesta categoría. A delegada atribuíu así ao club baiones, que o vindeiro ano acollerá o Mundial de J80, que na actualidade sexa unha das clases máis numerosas e exitosas da vela española, con 190 unidades das que 130 compiten en diferentes puntos do país. “Voso foi o empeño por impulsar esta clase en Galicia e en España e a día de hoxe o obxectivo está cumprido”, sinalou, para engadir que a cita internacional que o Monte Real Club de Yates celebrará o vindeiro ano “é un reto importante, pero tamén un recoñecemento ao  esforzo que sempre puxestes neste proxecto”.

La CEP advierte de la insostenible subida del IPC

0

Desde la Confederación apuntan que el incremento de los precios en Galicia supera la media nacional, penalizando a consumidores y a toda la cadena productiva

El encarecimiento de la energía, que repercute directamente a hogares y empresas, es el principal origen de la inflación

La Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) coincide con la Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en la necesidad de evitar caer en una espiral inflacionista por aumento de precios y salarios.

“No podemos permitirnos, en un contexto como el actual que se produzca una espiral inflacionista, que la subida de los precios implique que se imponga una subida de salarios, una dinámica que no sólo es insostenible sino que se retroalimentaría indefinidamente, causando un grave problema para el tejido productivo y dañando a la economía nacional”, sostiene Jorge Cebreiros, Presidente de la CEP.

En Galicia el precio de los bienes de consumo se ha incrementado un 11%, por encima de la media nacional, que en agosto se desaceleró hasta el 10,5%, ligeramente inferior al alcanzado en julio.

El encarecimiento de la energía continúa siendo el principal impulsor de la inflación. “Es una consecuencia directa insalvable: si sube la energía, toda la cadena productiva se ve afectada y termina alcanzando al consumidor y, por supuesto, a las empresas que, en muchos casos llevan meses conteniendo la repercusión de la subida de las materias primas y de la energía a sus productos y servicios finales”, explica Cebreiros.

Por supuesto, señala, hay muchos factores externos que afectan a los productores gallegos, como la invasión rusa de Ucrania, las consecuencias del bloqueo económico subsiguiente, o los problemas de suministro, por mencionar algunos.

La cadena alimenticia no es ajena a las presiones de la subida de materias primas y energía. Tal y como señalan desde CEOE “los alimentos, tanto sin elaboración como elaborados, también están presionando al alza la inflación. El IPC subyacente aumenta tres décimas, situando su tasa de variación en el 6,4% interanual en agosto, 4,1 puntos por debajo del IPC general, lo que estaría reflejando el esfuerzo del tejido productivo, en una situación todavía muy delicada para muchos sectores, para no repercutir todo el aumento de costes en sus precios finales de bienes y servicios”.

Desde la Confederación Española de Organizaciones Empresariales también apuntan a la debilidad del euro, que supone un encarecimiento de las importaciones.

La expectativa, tanto de la CEP como de CEOE es que la prolongación de la guerra de Ucrania y las sanciones económicas impuestas a Rusia pueden seguir condicionando la evolución de los precios de algunas materias primas, entre otras, gas, petróleo, cereales o aceites, que a su vez repercuten sobre la composición del precio de otros muchos productos. Por todo ello, la inflación se mantendrá elevada en el corto plazo, aunque irá moderándose.

Entrando en un análisis más desagregado de la inflación, cabe destacar que dentro del componente subyacente, los precios de los servicios aumentan su ritmo interanual en dos décimas hasta el 4,1%; los precios de los bienes industriales sin productos energéticos incrementan en tres décimas su tasa de variación hasta el 5,6%; y los alimentos con elaboración, bebidas y tabaco aceleran su tasa interanual seis décimas hasta el 12,5%, destacando el aumento de aceites y grasas (24,0%).

Los precios de los alimentos sin elaboración minoran ligeramente su tasa de variación interanual en 5 décimas hasta el 12,9%. Destaca el incremento de los precios de productos tan básicos como los cereales, la leche o los huevos, todos ellos con crecimientos por encima del 20%, o del pan, la carne de vacuno, carne de ovino, carne de ave, frutas o legumbres y hortalizas, por encima del 10%.

Los precios de los productos energéticos moderaron ligeramente su tasa interanual hasta el 37,4%, frente al 41,4% de agosto, debido al menor aumento del precio de las materias primas energéticas. En agosto el precio del petróleo continuó desacelerándose, tras los máximos desde el año 2008 alcanzados en junio. El precio medio del crudo Brent fue de 104,9 dólares/barril, lo que supuso un incremento interanual del 46%, que fue muy superior en el caso del euro, casi el 70%, debido a la debilidad de la moneda europea frente al dólar. El descenso del precio del petróleo continúa en septiembre ante el temor a una mayor ralentización de la economía mundial. En los primeros días de septiembre el precio del Brent, en promedio, es de 95,9 dólares/barril, lo que aún supone un encarecimiento interanual del 29%, que en euros será casi del 52%.

Noelia Sías regresa ao concurso nacional do Mellor Artesán Florista con moitas ilusións de lograr o pimeiro posto

0

O Concello de Mos trasládalle todo o apoio, a forza e o ánimo para que así sexa

A florista mosense Noelia Sías volve presentarse ao concurso do ‘MAF’ (Mellor Artesán Florista) que se celebrará do 28 setembro ao 1 de outubro en Toledo e no que participarán un total de 24 persoas. Nas 2 últimas edicións ás que se presentou quedou 2ª.

Sías síntese con moitas posibilidades de gañar este ano, tras ter quedado subcampioa en 2019 e 2021 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19).

Este ano a mosense Noelia Sías volve participar no ‘MAF’ e desde o Concello de Mos, en nome de todo o municipio, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, xunto con membros do goberno local, trasládalle todo o apoio da administración e da veciñanza para afrontar coa maior das forzas e o ánimo esta importante competición de índole nacional.

Deste xeito, tras facerse 2 veces co título de segunda mellor florista de España, Noelia Sías loitará en cuestión de días polo primeiro posto.

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 38 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

Arévalo, rexedora local mosense, declarou sobre Sías que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España que esperamos que en breve se convirta na primeira”. A alcaldesa felicitouna por presentarse novamente a esta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.

Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 23 anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 16 anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista.

Entre os seus mestres figuran nomes tan destacados a nivel nacional como os de Juan Chamorro, Roberto Silbosa, Daniel Santamaría ou María Jesús Miranda e tamén algúns referentes internacionais como Gregor Lersch, Per Benjamin ou Vadim Kazansky.

O xurado do ‘MAF’ avalía en cada unha das probas aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo. Dúas das probas son en grupo e os participantes teñen un tempo máximo especificado para completar cada unha delas.

COGAMI invita a notificar incidencias de accesibilidade nas contornas a través da aplicación móbil ‘AccesibilidApp’

0

Desenvolvida por COCEMFE e Fundación Vodafone España, `AccesibilidApp’ é unha ferramenta gratuíta, aberta á participación cidadá e está dispoñible para telefonía Android e iOS

Durante este ano recolléronse 418 incidencias que serán trasladadas por COGAMI aos organismos competentes para solicitar a súa mellora

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) únese á Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) na conmemoración da Semana Europea da Mobilidade para promover a recollida de incidencias de accesibilidade mediante o uso da aplicación móbil ‘AccesibilidApp’.

Durante a Semana Europea da Mobilidade que se celebra do 16 ao 22 de setembro, dende o movemento asociativo da discapacidade queremos animar á xente a que recolla incidencias a través da ferramenta tecnolóxica `AccesibilidApp´, co fin de que as nosas vilas e cidades sexan máis habitables, seguras e sostibles para a cidadanía.

Dende COGAMI preténdese implicar a toda a sociedade na recollida de incidencias coa aplicación ‘AccesibilidApp’, ferramenta de participación cidadá, desenvolvida por COCEMFE e  Fundación Vodafone España, que resulta gratuíta e aberta, que permite recoller as incidencias en accesibilidade que se vaian atopando cando se deambula polas rúas. Na aplicación pódense incluír imaxes da incidencia e a súa localización.

Neste aplicativo, que se pode descargar e instalar en calquera dispositivo móbil como xa fixeron as 2.717 persoas rexistradas, chegaron a recollerse un total de 750 incidencias dende a súa posta en marcha no ano 2019, das que 418 foron recollidas durante este ano.

Os vaos para cruzar a beirarrúa que moitas veces teñen chanzos que imposibilitan o paso a persoas usuarias de cadeiras de rodas, os problemas de pavimentos en mal estado, beirarrúas demasiado estreitas que impiden o acceso dunha persoa con mobilidade reducida ou deficiencias na sinalización táctil, foron algunhas das temáticas das incidencias máis repetidas ao longo deste ano.

Todas estas incidencias recollidas a través do aplicativo, dende COGAMI son analizadas e trasladadas aos organismos competentes para poñelas no seu coñecemento, co fin de solicitar a súa corrección na maior brevidade de tempo. Dende a Confederación  xa foron trasladadas, comunicadas e tratadas 481 destas incidencias a concellos como o de Lugo, Santiago, Cambados e Silleda. Na medida en que os transportes, contornas e servizos sexan accesibles a todas as persoas, as comunidades serán máis inclusivas, seguras e saudables para toda a cidadanía, reducindo as desigualdades. Para isto, dende COGAMI e COCEMFE quérese implicar a toda a sociedade na recollida de incidencias con ‘AccesibilidApp’ relacionadas coa falta de seguridade e accesibilidade na contorna e no acceso aos recursos sociosanitarios.

A Xunta formaliza a cesión do novo pavillón ao IFEVI que se estreará na feira de Conxemar

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves as novas instalacións, nas que o Executivo autonómico investiu 8,3 millóns de euros

“Este pavillón é unha mostra máis do noso compromiso con Vigo e garante a consolidación do recinto como referente para as grandes feiras internacionais”, dixo

O módulo de atletismo será instalado ao remate de Conxemar, o vindeiro mes de outubro, cun investimento de 312.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que a Xunta vén de formalizar a cesión do novo pavillón ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), que se estreará na Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), tras un investimento final de 8,3 millóns de euros.  

“Este pavillón é unha mostra máis do noso compromiso con Vigo e garante a consolidación do recinto como referente para as grandes feiras internacionais como Conxemar, Navantia ou Mindtech”, sinalou a representante autonómica durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañada polo director xeral de Comercio, Antonio Heredia, e o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto

Fernández-Tapias explicou que a feira Conxemar, adicada aos produtos conxelados do mar e que se celebrará nos primeiros días de outubro, contará este ano con espazo suficiente para atender a demanda das firmas que solicitan a súa presenza en Vigo. Ademais, tamén confirmou que o módulo cuberto de atletismo, cun investimento de 312.000 euros, será instalado unha vez remate dito evento.

As obras de ampliación, realizadas mediante un convenio de colaboración entre a Vicepresidencia segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, consistiron na ampliación do Ifevi coa construción do Pavillón 5.

O recinto feiral gaña así unha nova superficie construída de 6.572,80 m2, dos que 5.536,05 m2 se corresponden coa ampliación e 1.036,75 m2 coa reforma do edificio existente. Esta ampliación súmase á xa realizada en 2018, na que a Administración autonómica investiu máis de 4 millóns de euros. En total, desde 2005 a Xunta de Galicia leva investidos neste recinto feiral de referencia máis de 15 millóns de euros, aos que se suma agora este novo investimento. Pola súa banda, o módulo de atletismo, do que se verán beneficiados preto de 1.000 atletas repartidos entre os 15 clubs da área metropolitana de Vigo, contará cunha recta de atletismo de 60 metros de lonxitude e seis rúas, ademais de catro zonas diferenciadas para a práctica do salto de lonxitude e triplo salto, lanzamento de peso, salto con pértega e salto de altura.

Marea de Vigo esixe mecanismos de consolidación laboral para evitar privatizacións no persoal municipal que atende os centros educativos

0

Oriana Méndez: “Resulta incomprensible como na proposta de convocatoria de estabilización de emprego público que presentou o Concello aos sindicatos e que obriga a evitar o abuso da contratación temporal nas administracións públicas – trala aprobación da lei 20/2021 – exclúense os máis de 200 empregos temporais vinculados á apertura, peche e mantemento dos centros educativos”

A concelleira do Grupo municipal, Oriana Méndez, afirma que “xa bastante bochornosa é a sentenza europea que alerta do uso abusivo da contratación temporal por parte das administracións públicas, como para que a temporalidade máis manifesta no emprego público local, o persoal oficial de mantemento de centros educativos de titularidade municipal (CEIPs), quede fóra da proposta de persoal a consolidar por parte do Concello de Vigo”. Dende Marea de Vigo lembran que a devandita sentenza “obrigou ao estado a decretar a lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, decreto que de facto obriga a situar a taxa de temporalidade no Concello de Vigo por debaixo do 8%” engade Méndez.

Marea de Vigo denuncia que cando se produce unha baixa por IT, unha xubilación ou unha excendencia nestes empregos, o Concello “tarda meses as veces en repoñer a praza”, o que significa, segundo relata a concelleira, que “o centro educativo queda sen cobertura e persoal de mantemento”, como está a acontecer actualmente no centro educativo de Sárdoma. Marea ded Vigo pide celeridade ao departamento de personal e de educación do Concello de Vigo para evitar estas situacións.

Marea de Vigo considera que un Concello que deixa sen executar máis de 14 millóns de euros no capítulo 1 (persoal) no exercicio 2021 “e que previsiblemente fará o mesmo no ano 2022 – apunta a concelleira -, ten un serio problema de xestión de emprego público”, xa que, “máis aló das OPEs, hai bolsas de emprego e contratación que teñen que activarse para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos” incide Oriana Méndez, baseándose no obxectivo de evitar as privatizacións e externalizacións, “como xa aconteceu recentemente na apertura e peche dos 14 pavillóns de deportes do IMD”, privatización que foi xustificada coas mesmas motivacións de imposbilidade de contratar contra o capítulo 1.

Marea de Vigo permanecerá vixiante para evitar este “paulatino proceso de desaparación de emprego público na administración local, a externalización do servizo e especialmente a deriva deste emprego local á formulas como a xa empregada nos pavillóns do IMD cos centros especiais de emprego, que coa escusa da integración das persoas con discapacidades, son na súa maior parte auténticas máquinas de xerar negocio e explotación permanente e merma de dereitos laborais alí onde operan” conclúe a concelleira.

Desalojan y cierran una casa abandonada en Teis frecuentada por drogodependientes

0

Agentes destinados en la Unidad de Relaciones Ciudadanas pertenecientes a la Policía Local de Vigo han logrado, en el día de ayer, eliminar un foco de infección y insalubridad en la calle Doctor Corbal.

En este lugar, se producían numerosos episodios de alteración de la Seguridad Ciudadana, al tratarse de una vivienda abandonada frecuentada diariamente por drogodependientes. Los vecinos de la zona desesperados por la situación de intranquilidad que les generaba, se pusieron en contacto con esta Unidad especializada en la resolución de conflictos, iniciándose una serie de gestiones para dar con el paradero de los propietarios legales de la vivienda. A su vez se iniciaron una serie de conversaciones con las personas que frecuentemente visitaban el inmueble, llegando a un acuerdo que se formalizó en el día de ayer cuando se procedía al tapiado de la vivienda abandonada, dándose por finalizada una situación que llevaba años generando numerosos problemas entre los vecinos de esta zona de Teis, agradeciendo varios de éstos vecinos la actuación Policial.

El precio de la luz sube hoy más de un 27% para superar de nuevo la barrera de los 300 euros por megavatio hora

0

Al precio medio de la luz, que se sitúa en los 176,46 euros/MWh, se le añade el coste de compensación a las gasistas, abonado también por los consumidores, y que asciende a 150,87 euros/MWh

El precio medio de la luz para los clientes de tarifa regulada vinculados al mercado mayorista sube hoy más de un 27% con respecto a la jornada precedente, lo que implica que volverá a superar la barrar de los 300 euros por megavatio hora (MWh), según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

En concreto, el precio medio se situará en 327,33 euros/MWh, es decir, 70,32 euros más que ayer. Este precio es el resultado de sumar el promedio de la subasta en el mercado mayorista a la compensación que pagará la demanda a las centrales de ciclo combinado por la aplicación de la ‘excepción ibérica’ para topar el precio del gas para la generación de electricidad.

En la subasta, el precio medio de la luz en el mercado mayorista -el denominado ‘pool’- se sitúa hoy en 176,46 euros/MWh. El coste máximo se registrará entre las 21.00 y las 22.00 horas, con 215,25 euros/MWh, mientras que el mínimo para la jornada, de 155 euros/MWh, se dará entre las 23.00 horas y las 00.00 horas.

A este precio se suma la compensación de 150,87 euros/MWh a las gasistas que tiene que ser abonada por los consumidores beneficiarios de la medida, los consumidores de la tarifa regulada (PVPC) o los que, a pesar de estar en el mercado libre, tienen una tarifa indexada.

El área de Vigo registra 189 casos activos por Covid, dos menos que hace 24 horas

0

Durante la última jornada se notificaron 165 pruebas diagnósticas que arrojaron 15 positivos (9%), se contabilizaron 19 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

Las UCI continúan sin pacientes ingresados mientras que en las unidades de hospitalización se atiende a 14 contagiados, uno menos que ayer

La incidencia acumulada en Vigo a siete días se mantiene en 22 casos por cada 100.000 habitantes, los mismos que en la víspera

El área sanitaria de Vigo continúa estable en la mayoría de indicadores relacionados con la evolución del Covid. Así, el total de contagios localizados en la comarca se sitúa en los 189, lo que supone dos menos que ayer.

La cifra se alcanza después de que durante las últimas 24 horas se realizasen 165 pruebas diagnósticas que arrojaron 15 positivos (9%), se contabilizasen 19 curaciones y no hubiese que lamentar víctimas mortales.

Por su parte, las UCI continúan sin pacientes ingresados mientras que en las unidades de hospitalización se atiende a 14 contagiados, dos menos que ayer. Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo se mantiene en 22 casos por cada 100.000 habitantes, los mismos que en la víspera.

Galicia, por su parte, registra hoy 75 casos activos más que ayer, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 1.328.

Del total de pacientes positivos, 8 están en UCI y 128 en unidades de hospitalización. Por ahora, en Galicia hay un total de 671.112 personas curadas, registrándose 3.902 fallecimientos