As investigacións na busca de opcións terapéuticas, o estudo internacional VIR e o de Plasma Hiperinmune, inician esta semana novas fases dos seus protocolos
O obxectivo é estudar se estas terapias administradas precozmente aos pacientes de maior risco son eficaces para evitar o ingreso hospitalario
Ademais, o Cunqueiro ven de ser oficializado como “Centro aberto” para o ensaio do primeiro antiviral español, denominado Alplidina, dirixido a pacientes xa hospitalizados
Esta
semana, o Hospital Álvaro Cunqueiro dálle un pulo aos tres principais ensaios
clínicos que estanse desenvolvendo na busca de opcións terapéuticas fronte a
Covid19.
Así, dous deses estudos, que teñen como finalidade o tratamento precoz de pacientes diagnosticados de Covid19 -o plasma hiperinmune e o proxecto internacional VIR-7831, entraron hoxe en novas fases do seus protocolos.
Estes
proxectos van dirixidos a enfermos que se atopan en fase inicial da
infección, con síntomas leves pero con risco de progresión a unha enfermidade
grave. Trátase de comprobar se estas terapias, administradas precozmente,
evitan o risco de agravamento da enfermidade é a necesidade de hospitalización.
Fase C da
Terapia VIR
Neste
senso, o proxecto internacional da Terapia Vir-7831 entra na Fase C.
Trátase da administración dun anticorpo monoclonal con
capacidade de bloquear a entrada do virus nas células.O Álvaro Cunqueiro
foi o hospital europeo que máis pacientes aportou na Fase B deste ensaio.
A
responsable do Grupo de Investigación en Enfermidades Infecciosas do Instituto
de Investigación Sanitaria Galicia Sur, María Teresa Pérez, explica que “aínda
que non hai resultados definitivos, os estudos previos indican que reduce nun
80% os riscos de hospitalización e de mortalidade. Os 10 pacientes aos que lle
administramos o fármaco, por vía intravenosa ou cunha inxección, presentaron
unha evolución excelente e non requiriron de ingreso hospitalario”.
O obxectivo
desta nova fase do estudo, que se inicia hoxe mesmo nun paciente, é reducir as
doses de tratamento. “Creemos que unha doses mais baixa resultará igual de eficaz. Isto permitiría
tratar a un maior número de enfermos, ao necesitar menos doses por paciente” .
Inclusión
dos vacinados no ensaio do Plasma Hiperinmune
En relación co estudo do Plasma
hiperinmune, tratamento con plasma de doadores que xa pasaron a
enfermidade, esta semana reanudan o recrutamento de pacientes cun novo
protocolo, no que tamén se inclúen aos pacientes xa vacinados. Segundo explica
a doutora Pérez “ata agora o feito de estar vacinado era un criterio de
exclusión deste proxecto, pero decidimos incluílo para valorar mellor a
eficacia e seguridade desta terapia”.
Ata agora,
nestudo galego, coordinado polo Álvaro Cunqueiro, levan participado
20 pacientes. Ningún dos pacientes que recibiron plasma presentou evolución a
enfermidade grave porla COVID19, nin complicacións relacionadas coa medicación.
“Centro
aberto” para o antiviral español
Ademais, o
Cunqueiro ven de ser oficializado como “Centro aberto” para o ensaio doprimeiro
antiviral español, denominado Alplidina, do laboratorio de orixe galego
PharmaMar.
O Hospital
participará con cinco pacientes. A selección deles segue uns criterios de
inclusión moi estritos e concretos, xa que é un fármaco dirixido a enfermos
ingresados, con necesidade de oxíxeno, e poucos días de evolución.
Trátase de
comprobar que ao administrar o tratamento nesa fase, a infección non progresa
cara a un empeoramento respiratorio que
requira ingreso nas Unidades de Coidados intensivos, con intubación ou
ventilación especial
“A
realidade é que día de hoxe non existen tratamentos para facer fronte ao
Covid19 que haxan demostrado a súa eficacia polo que temos moitas expectativas
con estas novas terapias. Estamo seguros que en pouco tempo disporemos de máis
opcións terapéuticas para os pacientes con Covid 19 “, asegura a investigadora
principal destes proxectos.