No Concello de Vigo convocouse a 6.000 persoas do centro da cidade, das que 4.500 están na franxa de idade entre 16-35 anos
O Sergas continúa coa realización de cribados á poboación asintomática da Área Sanitaria de Vigo, citando esta semana a 7.552 persoas para realizarse a proba PCR.
Así, no Concello de Vigo convocáronse a 6.000 persoas do centro da cidade, das que 4.500 están na franxa de idade entre 16-35 anos.
Ademais, no día de onte, un equipo de profesionais sanitarios achegouse ao Concello de Redondela onde se invitou a 1.134 veciños a realizarse a PCR; e o pasado luns achegáronse ao Concello de Oia onde se citaron a 418 persoas desta poboación.
Hai que subliñar tamén que con motivo de Motorocasión 2021, a partir de mañá e ata o próximo domingo día 11 de xullo, manterase un dispositivo sanitario no IFEVI para ofrecer esta proba, que é voluntaria, aos visitantes á Feria.

