O goberno local solicita fondos europeos para a rampla mecánica en Escultor Gregorio Fernández

0

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de musealización das galerías e a posta en valor da fortaleza de O Castro

Abel Caballero deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno entre os que destacou a participación do Concello na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para a solicitude de fondos para a rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández.

O orzamento para a mecanización da rúa é de 2.443.924,27 euros, dos que solicítanse 1.955.139,42 na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e que o Concello presentou o proxecto para a zona que vai de Vialia á Cidade da Xustiza.

Tal e como informou o rexedor, no proxecto figuran 5 ramplas: “Supón rematar un correo mecánico que vai desde o mar hasta a zona de San Roque. Coa rampla de Serafín Avendaño, o HALO, a actuación en Gregorio Fernández e San Salvador estamos a salvar case 90 metros de altura”.

O 9 de agosto comeza a construción do HALO

0

Abel Caballero anunciou que no mes de novembro estará operativo todo o nodo de comunicacións dos accesos a Vigo tras o remate do túnel de Lepanto

O martes 9 de agosto comeza a construción do HALO coa colocación da primeira pedra e ten un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2023. Abel Caballero presentou o proxecto de construción en rolda de prensa e subliñou que a obra require “moita planificación e coordinación porque é moi complexa técnicamente”.

O alcalde anunciou que no mes de novembro estará operativo o nodo de comunicacións de entrada e saída de Vigo tras rematar as obras do túnel de Lepanto: “Están rematados os accesos á estación de autobuses, que xa podería estar en funcionamento se a Xunta tivera solicitado o traslado, pero queda por finalizar os traballos na saída de Lepanto á autopista e os accesos ao parking de Vialia”, explicou.

Caballero avanzou que a partir de xaneiro poderían comezar cortes provisionais de tráfico para a construción dos pilotes que levante a estrutura e subliñou que “a estación de autobuses non terá nin un so corte total”.

O HALO ten un orzamento de cerca de 13 millóns de euros, dos cales 6 son fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España. O ascensor, xa referente como obra arquitectónica, terá 50 metros de alto e un diámetro: “O Halo é unha das grandes obras da historia da cidade de Vigo. Vai ser un fito, unha forma de entender a mobilidade, a mobilidade e esta cidade”, explicou Caballero.

Fernández-Tapias anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas nos centros educativos

0

A delegada territorial da Xunta informou hoxe nunha visita ao CEE Saladino Cortizo da licitación dun paquete de obras encamiñadas á redución do consumo 

No caso deste centro escolar de Educación Especial, os traballos consistirán na instalación destas fontes renovables, a substitución das luminarias, a reforma da casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo

O Goberno galego foi pioneiro na posta en marcha dun Plan  de Nova Arquitectura Pedagóxica que contempla accións específicas para acadar espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental, reducindo o consumo e mellorando o confort

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse hoxe ata o CEE Saladino Cortizo, un dos centros de Educación Especial aos que a Xunta de Galicia dálle un novo impulso ao aforro enerxético coa licitación das obras para a dotación de instalacións solares fotovoltaicas.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo xefe territorial da Consellería de  Cultura, Educación, FP e Universidade, César Pérez Ares, e parte da directiva do centro educativo, Fernández-Tapias cifrou en preto de 77.000 euros as inversións previstas polo Goberno galego no CEE Saladino Cortizo. Así, detallou que á instalación destas fontes renovables se suma a substitución de luminarias, a reforma da antiga casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a construción dun patio inclusivo.

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego que senta os piares para a construción e reforma dos centros educativos nos vindeiros anos con espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental. De feito, do total de 191M€ de orzamento do Plan, o 40,5% (77,5M€) están destinados a actuacións de sostibilidade e eficiencia enerxética.

Segundo destacou Fernández-Tapias, con este tipo de accións o Executivo autonómico “contribúe a avanzar na transición enerxética apostando por novas enerxías máis eficientes, á vez que trata de paliar os efectos da suba de prezos enerxéticos e de combustibles, agravados polo conflito en Ucraína”. “Na liña -dixo- das directrices de aforro acordadas por Bruselas para facer fronte á crise enerxética”.

Asemade, a delegada territorial referiuse a outras actuacións con este mesmo fin como as reformas enerxéticas e as rehabilitacións integrais en colexios e institutos, caso do IES Santa Irene, o IES San Toméde Freixeiro ou o Conservatorio Superior de Música en Vigo, e a instalación de centrais térmicas de biomasa. Así pois, avánzase no impulso á renovación das instalacións públicas a través da redución do impacto medioambiental acadando sistemas máis eficientes desde o punto de vista enerxético, ao tempo que se promove unha cultura de respecto ao medio entre o alumnado, todo ilo encamiñado cara unha Galicia máis verde.

O BNG alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros en plena vaga de calor e incendios

0

A fronte nacionalista acusa ao goberno de Abel Caballero de provocar un contexto de inseguridade por non dotar de efectivos suficientes ao corpo, que non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros fixados para garantir o operativo

Denuncia que, cinco anos despois dos graves lumes que asolaron a cidade, nin Concello nin Xunta teñan posto ningún recurso para despregar o prometido anel verde

Xabier P. Igrexas: “Esta situación débese á nefasta xestión do Goberno municipal que ten que motivar explicacións urxentes e, sobre todo, a adopción de medidas inmediatas”

O Bloque Nacionalista Galego alerta de que Vigo non conta desde xuño co número mínimo de bombeiros para garantir a seguridade en plena vaga de calor e incendios que arrasan en toda Galiza. A fronte nacionalista acusa desta situación á “nefasta” xestión do goberno de Abel Caballero, que se traduce en que moitos días do verán o corpo de emerxencias apenas contou con entre 12 e 14 bombeiros por xornada.

“Vigo non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros que se establecen como mínimo para o operativo que ten que garantir a seguridade de todas as viguesas e vigueses”, advertiu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en base a datos contrastados aos que tivo acceso a fronte nacionalista.

Igrexas reclamou explicacións “urxentes” do Goberno municipal, así como a adopción de medidas “inmediatas” por parte da responsábel da área de Seguridade, Elena Espinosa, diante do contexto de vaga de calor e dos incendios que arrasan nestes días o conxunto do territorio galego. Nese sentido, o edil nacionalista lamentou que as distintas administracións non teñan aprendido “nada” despois da experiencia “nefasta” dos lumes de 2017 na cidade.

Así, o concelleiro do BNG denunciou que as comunidades de montes locais seguen sen dispoñer dos recursos necesarios para protexer os espazos naturais da cidade pola falta de apoio tanto do Concello de Vigo como da Xunta de Galiza. “A estas alturas do ano 2022, e cinco anos despois dos graves lumes, non se avanzou nin un só metro do prometido anel verde”, recriminou.

O edil nacionalista chamou ao goberno de Abel Caballero a actuar con “responsabilidade e axilidade” para reforzar o corpo co número suficiente de efectivos. “É urxente garantir a seguridade en Vigo, singularmente, nos seus montes diante do risco crecente dos lumes”.

Denuncian vertidos al río Eifonso provocados por los sondeos para el túnel de la A-52

0

Según los vecinos, los vertidos al río proceden de las perforaciones realizadas en el lugar de Palames, que forman parte de las labores de consultoría y asistencia contratadas

Ecoloxistas en Acción y las plataformas vecinales de Bembrive en Pé y Non ao Vial de Beade han denunciado ante Augas de Galicia y el Concello de Vigo los continuos vertidos al río Eifonso realizados por la empresa encargada de los sondeos para la construcción del túnel de la nueva autovía A-52 Vigo-O Porriño.

Según los vecinos de la zona, los vertidos al río proceden de las perforaciones realizadas en el lugar de Palames, que forman parte de las labores de consultoría y asistencia contratadas a la empresa Ayesa para la construcción de un túnel de más de tres kilómetros como variante del trecho de la nueva autovía A-52.

Las tres organizaciones denunciantes han solicitado a Augas de Galicia y Ayuntamiento de Vigo que paralicen los trabajos hasta garantizar que no se van a producir más vestidos y que se sancione a la empresa por esta agresión al medio ambiente.

Además, se oponen a la construcción del túnel, que supone una inversión de cientos de millones de euros que consideran innecesaria ya que el trazado de la AP-9 corre casi en paralelo al de la A-52, por lo que proponen la liberación del peaje en ese tramo de autopista para convertirlo en la principal salida de Vigo a Madrid sin necesidad de estas obras.

Detenido en Vigo el conductor de un vehículo que dio positivo en Cannabis y portaba un gran número número de sustancias estupefacientes

0

Se realizó un cacheo superficial localizando una bolsita con una sustancia verde prensada, pudiendo ser polen de hachís, otra bolsita de color con marihuana, una con un trozo de sustancia en roca de color blanco, otra con diez pastillas de color azul con el logotipo Punisher, y otra de color rosa con forma de cohete, con la serigrafía NASA

La Policía Local ha detenido a un vecino de Vigo de 43 años que, tras ser interceptado para un control aleatorio, dio positivo en Cannabis. Al hombre se le intervinieron también distintas sustancias estupefacientes.

Los hechos sucedieron esta madrugada, cuando agentes de la Policía Local aleatoriamente dieron el alto a un vehículo marca Citroën, comprobando que su conductor presentaba sintomatología compatible con la ingesta de sustancias estupefacientes. Por este motivo, la patrulla le invitó a realizar la prueba de tóxicos arrojando ésta un resultado positivo en consumo de Cannabis 

Los agentes se percataron que desde el interior del vehículo se desprendía un fuerte olor a marihuana por lo que realizaron una inspección del mismo localizando una mochila de color negro, la cual portaba en su interior una báscula, envoltorio de papel de liar, una bolsa con una sustancia prensada de color verdoso presumiblemente polen de hachís. 

A continuación, se realizó cacheo superficial del conductor localizando entre sus pertenencias una bolsita con una sustancia verde prensada, pudiendo ser polen de hachís, otra bolsita de color verde al parecer marihuana, otra bolsa con cuatro bolsitas con distintos números pintados, una con un trozo de sustancia en roca de color blanco manifestando el propio conductor que se trataba de MDA, otra bolsita con diez pastillas de color azul con el logotipo Punisher, y otra de color rosa con forma de cohete, con la serigrafía NASA y otro envoltorio con un polvo de color blanco. 

Los policías localizaron también tres bolsitas con una sustancia blanca polvorienta de color blanco. Los agentes intervinieron además 105 euros distribuidos en varios billetes, así como una navaja plegable con mango de color dorado y con restos de sustancia en su filo, al parecer hachís , además de un teléfono móvil.

Los agentes procedieron a la detención del hombre, vecino de Vigo de 43 años, por un delito contra la Salud Pública. El vehículo en el que circulaba el ahora detenido fue inmovilizado y retirado por los Agentes quedando a disposición judicial en el depósito municipal. 

Marea de Vigo denuncia que as partidas para a campaña de Cíes Patrimonio da Humanidade están usándose coma escusa publicitaria para seguir subvencionando encubertamente a medios de comunicación

0

Hoxe coñécese unha nova partida de 230.000 euros adicada para a “supostas campañas” promocionando que as Illas Cíes sexan consideradas Patrimonio da Humanidade. “Un recurso público, inxente, que se suma a un sinfín de contratos menores ao longo dos últimos anos, en teoría para promocionar a candidatura das Illas Cïes no órgano da UNESCO que avalía as propostas” afirma Rubén Pérez. 230.000 euros que podían ser empregados, segundo a Marea de Vigo, “mesmo para facer a necesaria xestión administrativa ante a UNESCO , xa que ata o de agora, as xestións feitas son igual a cero” engade.

Pérez denuncia que en todos os anos que se levan empregado recursos municipais para tal fin, “nin o primeiro papel foi movido ante a entidade, fronte a candidatura que promove a Xunta de Galicia – aínda que sexa de xeito oportunista e sen contar cos concellos onde aplica o ámbito territorial das illas – que si que comezou o proceso para facer das illas Patrimonio da Humanidade”.

Marea de Vigo sinala que “non é aceptable que unha batalla entre o Concello e a Xunta por ver quen se apunta o tanto de conseguir que as Illas Cíes – ou as Illas Atlánticas – sexan consideradas Patrimonio da Humanidade só implique estár deitando recursos públicos municipais simplemente para encher páxinas de medios de comunicación ou para subvencionar a determinados colectivos para actividades que nada teñen que ver co rigor científico que implica a presentación e defensa da candidatura”. O voceiro denuncia que ano tras ano “vemos como se están utilizando recursos económicos que xa superan o millón de euros para accións como unha recollida de sinaturas ou a práctica de yoga, actividades que non gardan relación algunha coas accións que se deben facer para conseguir que as illas sexan Patrimonio da Humanidade”.

Recursos públicos para «unha campaña de autobombo sen ningún tipo de rigor científico», requirido pola UNESCO para calqueira candidatura a Patrimonio da Humanidade.

“O fondo mariño das illas posúe tal nivel de singularidade que xustificaría a candidatura – afirma o voceiro local -. Algo completamente diferente aos argumentos e accións que está levando a cabo o Goberno de Abel Caballero”, á marxe de non ter feito nin un só dos trámites necesarios para a presentación da candidatura.

Para a Marea de Vigo non é aceptable que se sigan utilizando recursos públicos para campañas únicamente publicitarias ou para deitalos en medios de comunicación de xeito absolutamente irregular. “Os recursos para defender o patrimonio natural e defender a candidatura para Patrimonio da Humanidade deben estar correctamente encamiñados e non derrocharse en campañas de autobombo” conclúe Rubén Pérez.

La incidencia acumulada por Covid se desploma en Vigo

0

La ciudad empezaba el año con 3.585 casos por cada 100.000 habitantes: hoy suma 147 contagios por el mismo número de vecinos, veinticinco veces menos

Ayer se realizaron 247 pruebas diagnósticas que arrojaron 28 positivos (11%), mientras que se contabilizaron 44 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

La presión asistencial sigue estable en UCI con 3 hospitalizados, y se reduce en planta con 39 enfermos ingresados (-7)

Las cifras relacionadas con la pandemia continúan mejorando, reduciéndose los principales indicadores sanitarios. Entre ellos, la incidencia acumulada. Esta arroja la proporción de personas que contraen la enfermedad en un tiempo determinado. Se calcula dividiendo el número de casos aparecidos entre el número de personas que están libres de la enfermedad al inicio del periodo. Desde comienzos de marzo del año pasado, y con el objetivo de tener un seguimiento más pormenorizado de la evolución del Covid, los valores elegidos por la Xunta son 100.000 habitantes y 7 días.

En este escenario, la incidencia acumulada de Vigo se ha desplomado durante este año. Si la ciudad comenzaba 2022 con una ola marcada por la Ómicrom y con 3.585 casos por cada 100.000 habitantes, hoy registra 147 contagios por el mismo número de vecinos, veinticinco veces menos. Esta es, además, la mejor cifra mostrada por el indicador durante los 8 meses del actual ejercicio.

La mejora de la incidencia acumulada llega acompañada, también, de la reducción de la tasa de positividad, que fija hoy en el 11%. En concreto, en las últimas 24 horas se realizaron 247 pruebas diagnósticas que arrojaron 28 positivos. Además, se contabilizaron 44 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales. De este modo, el área de Vigo baja hasta los 444 contagios activos, 12 menos que en la víspera.

Asimismo, la presión asistencial se mantiene estable en UCI con 3 hospitalizados, y también lo hace en planta con 39 enfermos ingresados (-7) .

El escenario de Vigo es extrapolable al conjunto de la Comunidad, ya que Galicia disminuye hoy la cifra de pacientes en observación. La Comunidad registra 3.121 contagios activos, lo que supone 10 casos menos que ayer.

De ellos 680 son del área de A Coruña, 363 de la de Lugo, 511 de la de Ourense, 322 de la de Pontevedra, 444 del área de Vigo, 505 de la de Santiago y 278 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 315 en unidades de hospitalización y 2.792 en el domicilio. Por ahora, en Galicia hay un total de 664.132 personas curadas, registrándose 3.839 fallecimientos. 

Herido el patrón de una embarcación al fondear en Sanxenxo

0

Una embarcación del servicio de socorrismo del municipio ha rescatado al patrón para trasladarlo hasta la playa de Major, donde ha sido atendido por los equipos médicos

El patrón de una embarcación con ocho tripulantes ha necesitado asistencia médica al resultar herido con el ancla cuando intentaba fondear en la playa de Pragueira, en Sanxenxo.

Según informa el 112 Galicia, ha sido una de las personas a bordo del barco quien ha llamado pasados 10 minutos de las 18.30 horas de la tarde para indicar que habían tenido un problema con el ancla.

La central de emergencias ha informado de los hechos a Salvamento Marítimo, a Gardacostas, al 061, a la Policía Local y a los servicios de socorrismo de Sanxenxo y O Grove, entre otros efectivos.

Una embarcación del servicio de socorrismo del municipio ha rescatado al patrón para trasladarlo hasta la playa de Major, donde ha sido atendido por los equipos médicos.

Mos homenaxea á súa Subcampioa Galega de Hípica en Salto de Obstáculos

0

Trátase de Elisabeth Soliño Okutu, mosense de 17 anos e veciña da parroquia de Dornelas

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a Elisabeth Soliño Okutu, mosense de 17 anos e veciña da parroquia de Dornelas que vén de erixirse Subcampioa da Copa Galega de Hípica na categoría Xuvenil de Salto de Obstáculos.

Fíxoo co seu Cabalo JOHNNIE WALKER (co que compite desde xuño de 2021) e quedando ás portas da medalla de ouro pois fixo un tempo de 68,01, e a gañadora, Sofía Quijada Mariño, mellorouna en moi pouco, facendo un tempo de 67,49.

A IV COPA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA DE SALTO DE OBSTÁCULOS celebrouse en Mondariz en Cemar, organizada pola Federación Galega de Hípica do 6 ao 10 de xullo.

Hoxe no Concello, onde foi recibida pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e demais membros da Corporación Municipal, Elisabeth estivo acompañada pola súa familia, polo Vicepresidente da Federación Galega de Hípica, Gonzalo Autran Castel, pola súa adestradora, Paula Asla Tesla, e polo dono da hípica na que adestra, o Centro Ecuestre Paraños, José Rodríguez.

Elisabeth Soliño comezou no mundo da hípica con 13 anos, fai 4, nun campamento no mosense Clube Hípico Alazán. Posteriormente pasou a adestrar no Club Hípico Los Arroyos. Logo, con 14 anos, deu o salto á competición máis profesional da man da súa actual adestradora, Paula Asla. Conseguiu o seu 1º premio importante CON 15 ANOS na COPA GALEGA DE 2019, na categoría de Ponis D. Ten varios premios de diferentes concursos, tanto dentro de Galicia, (CEMAR, ALAZAN, como o conseguido este mesmo ano en Zamora onde fixo podium os tres días do concurso).

En tan so 4 anos, esta moza mosense de Dornelas que xa ten o seu palmarés previo na categoría de Ponis, está entre as mellores de Galicia, como vén de demostrar coa prata obtida na competición autonómica disputada o pasado mes de xullo en Mondariz.

Concierto de Maldito Murphy mañana jueves en la Fundación Sales

0

Frida Kalvo y Fon Kid también se subirán al escenario del jardín botánico

Continúa el ciclo de conciertos en la Fundación Sales con el directo eléctrico de Maldito Murphy, mañana jueves día 4. Abrirá la jornada Frida Kalvo a las 18h, el concierto de Maldito Murphy dará comienzo a las 20h y cerrará Fon Kid desde las 21:30 hasta las 23h. Las entradas están a la venta a un precio de 10€ en la web de Eventos Fundación Sales.

MALDITO MURPHY nace de la idea de su cantante, compositor y guitarrista Juan Castro de llevar sus canciones al escenario tras años sin decidirse a hacerlo, los primeros pasos fueron conciertos a dúo con el guitarrista Lorenzo Boo.

Luego se unieron al proyecto los hermanos Yepes, Sebas y Philip, bajista y batería respectivamente. Lorenzo salió de la banda quedando desde Agosto de 2015 su formación actual, un trio de guitarra, bajo y batería con Juan, Sebas y Philip.

Sus canciones son directas con estribillos pegadizos y letras en castellano moviéndose entre el poprock con tintes country.

Los conciertos en el jardín continúan durante agosto y también en septiembre. Además, como novedad este año la música se combina con la presentación de libros.

A Xunta de Goberno aprobará 250.000 euros para a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

0

Tamén está previsto que o goberno local aprobe mañá xoves en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación

Abel Caballero adiantou que mañá, xoves 4 de agosto, a Xunta de Goberno aprobará o convenio de colaboración coa Fundación Convention Bureau para dar continuidade á difusión e promoción nas actuacións da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O importe ascende a 250.000 euros.

O rexedor manifestou “seguir na difusión e promoción con diferentes accións”. Entre elas, Caballero citou Desafío Audiovisual Illas Cíes, o programa Cíes Talent, Concurso #SientoCíes, cuadernillos temáticos, banners e microsite promocional e a adhesión de Vigo á Spain Film Commision.

39 empresas participarán nunha nova edición do Pont-Up Store, marcada pola sustentabilidade

0

Coa selección de 39 empresas comezou a conta atrás para a celebración da novena edición do Pont-Up-Store, que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro na Praza de España de Pontevedra. O comité organizador desta iniciativa, promovida polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA, escolleu, entre 150 candidaturas recibidas, 39 startups galegas, que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas, pero, sobre todo, por levar a sustentabilidade na esencia mesma da idea de negocio. Con respecto á procedencia da empresas, o rural galego continúa emerxendo con forza e supera lixeiramente ao emprendemento nas cidades, mentres que por xénero, son as mulleres as que máis emprenden e dentro das fórmulas xurídicas escollidas polos emprendementos galegos, cotiza á alza a economía social.

Entre as liñas de negocio con compromiso ambiental destaca Airco2, que se dedica a eliminar a pegada de carbono nas empresas con monte de cercanía ao tempo que permite gañar un diñeiro coa xestión das árbores. Trátase da primeira Green Fintech española que permite descarbonizar grazas a un marketplace que dá acceso a empresas e propietarios forestais. No ámbito das enxeñarías, Beniu Soluciones SL centra os  seus servizos en atender as necesidades do rural, empregando técnicas de agricultura de precisión principalmente mediante drones. A mobilidade eficiente volve ter o seu espazo coa proposta de 2ebike, que presentará un vehículo con múltiples aplicacións, tanto para paquetería como para persoas.

Así mesmo, co sector dos videoxogos en plena expansión en Galicia, a empresa Digital Monster dará a coñecer en Pontevedra a súa produción de videoxogos galegos e tamén servizos de outsourcing para outras empresas, realizando traballos de arte, animacións, deseño de contornas, ou advergame. En canto ao coidado persoal e das mascotas, Supermenta chega cunha liña de produtos especializados feitos a base de cannabis; e Yowup innova cun iogur para gatos e cans. O sector do téxtil volve contar con varias iniciativas, como Iniqual, que lanza unha marca de xénero non binario especializada en roupa de confort; e Mexas, que presentará zapatos de coiro 100% feitos a man en México con tinturas vexetais. Por último, o sector da alimentación está repesentado por novos negocios que xorden para cubrir ocos que aínda contan con pouca oferta e que poñen en valor a tradición gastronómica galega. Neste caso Vioncas Bake chega cunha liña de empanadillas Gourmet artesás, que se venden a toda España e Portugal.

Actividades demostrativas na carpa

Dentro da carpa da Praza de España programaranse demostracións dalgunhas das empresas participantes. É o caso de  Bágoas Fóra, unha empresa de fabricación de material didáctico e xogos educativos que propón un obradoiro para que as crianzas entre 4 e 12 anos creen un “portalapis de madeira». A empresa especializada en obradoiros creativos Matinée Club Creative, ensinará a crear un obxecto decorativo utilizando eco-resina e Casperlota Atelier – artesanía de Galicia, amosará como elaborar unha boneca en la de ovella con técnicas de impresión botánica. 

Pola súa banda, a empresa de produtos para mascotas DairYPet, organizará unha demostración de Agility coa colaboración do equipo de Diverticans no que poderán participar todas as persoas que asistan o evento cos seus cans e cadelas, traballando de forma conxunta para demostrar as súas habilidades nun percorrido onde terán que saltar vallas, introducirse por túneles ou realizar un slálom entre conos. As mascotas gañadoras recibirán unha mostra de produto YowUp!

O talent show do emprendemento galego e actividades na cidade

O Pont-Up Exprés permitirá a sete iniciativas empresariais presentar os seus proxectos a un xurado integrado por catro representantes de destacadas empresas e entidades de Galicia coa finalidade de facilitar o achegamento e o diálogo entre persoas emprendedoras e tecido empresarial de novo emprendemento, cun formato áxil con presentacións de cinco minutos de duración. Rematada a exposición de cada proxecto, as persoas represtantes das empresas farán unha valoración das presentacións a partir dos criterios relacionados coa súa experiencia e sector de actividade. 

Por outra banda, dentro das actividades dedicadas a promover a cultura emprendedora, co apoio de Abanca e Gadis, presentarase unha aplicación pensada para promover os valores do emprendemento a través dunha actividade organizada pola empresa Skeirrum mediante unha Street Escape ou Escape Room ao aire libre, na que participarán equipos de alumnado de secundaria e da Universidade, co obxectivo de promover o patrimonio cultural e histórico da cidade de Pontevedra, así como a cultura do emprendemento, a través dun percorrido interactivo polos puntos máis emblemáticos da cidade, nos que estarán escondidos códigos QR, que as persoas participantes terán que atopar para acceder a través deles a unha aplicación web na que encontrarán diferentes adiviñas, enigmas e probas contextualizadas na historia da cidade. O obxectivo desta actividade é adestrar ás persoas emprendedoras a superar retos e adaptarse a un mundo en constante cambio para ter éxito ao longo do seu camiño emprendedor.
 
Ademais, nesta novena edición volverán os obradoiros de R, enfocados a espertar a vocación emprendedora en contornas tecnolóxicas a idades temperás; e dentro do ámbito do emprendemento poderase coñecer de primeira man o labor que desenvolve a asociación solidaria Publicitarios Implicados, nacida para dar un servizo completo de comunicación publicitaria a micro-ONGs, plataformas de afectados ou colectivos solidarios, que non poden asumir os custes dunha axencia de publicidade. Nos seus 15 anos de traxectoria, puxeron en marcha 103 campañas, conseguiron 9 premios, lograron bater 3 récords do mundo, e realizaron un traballo por valor de 50.000.000€, sen cobrar nada.
 
Promovido polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA de Pontevedra, o Pont-Up Store conta co apoio da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e tamén co respaldo da Deputación de Pontevedra, Abanca e R, entre máis de 50 entidades públicas e privadas. Nas labores de organización e coordinación, o encontro conta tamén coa participación da Asociación para o Emprendemento e Innovación Pont-Up Store, que ten como obxectivo aproveitar a experiencia e os valores promovidos polo encontro ao longo destas oito edicións, garantir a continuidade da celebración anual do evento e apoiar tanto aos novos emprendementos como a toda a comunidade de participantes, que representa a preto de 300 iniciativas procedentes de toda Galicia.

Dous docentes da UVigo, nominados aos VI Premios Educa ABANCA a Mejor docente de España 2022

0

A docente e investigadora da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais, María Asunción Lorenzo Rial e o docente e investigador do Departamento de Matemática Aplicada I, Javier Martínez Torres, son os representantes da UVigo na relación de docentes nominados aos VI Premios Educa Abanca. Mejor Docente de España 2022. Xunto a Lorenzo e Martínez outros 42 docentes e investigadores de universidades públicas e privadas de toda España concorren ao galardón na categoría de Universidad, á que se suman as de mellores docentes de Educación Infantil, Primaria, Secundaria/Bacharelato, Formación Profesional e Educación non formal.

Nesta edición dos premios recibíronse 1306 propostas procedentes do alumnado e familiares do alumnado, no caso de Infantil e Primaria, procedentes de toda a xeografía española. Logo de coñecerse o listado do docentes nominados, no que aparecen María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres, o 30 de outubro publicarase o listado dos 10 finalistas en cada categoría e o 15 de novembro as puntuacións obtidas por cada un deles e delas, acadando o título de Mejor Docente de España 202 quen acade a maior puntuación. No ano 2020, o docente Millán Brea, profesor do Grao de Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense fora nominado aos galardóns, mentres que en 2017, o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Jorge Soto convertérase nun dos dez finalistas na categoría de universidades.

Nados en 2016, da man dun grupo de docentes de diferentes etapas educativas, co obxectivo de que o alumnado premie ao profesorado que destaque pola súa boa praxe, os Premios Educa Abanca están organizados pola plataforma EDUCA, coa colaboración de Afundación. Obra Social ABANCA.

VOX critica que el alcalde de Vigo mantenga el encendido de las luces de Navidad mientras aplaude las restricciones energéticas del Gobierno

0

El presidente provincial de VOX, Álvaro Díaz Mella, ha criticado las “incoherencias y el cinismo” del alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras adelantar, un año más, el encendido de las luces de Navidad pese a las prohibiciones anunciadas por el Gobierno.

Y es que, “mientras el alcalde socialista de Vigo se recrea en un gasto innecesario y desproporcionado en luces navideñas, el Gobierno de su propio partido (PSOE) aprueba unas medidas injustificadas, abusivas y que abocan a los españoles a un confinamiento energético”, ha reprochado Díaz- Mella.

Asimismo, el presidente provincial de VOX ha recordado que su formación lleva años denunciando la “política populista e indecente” del alcalde de Vigo – en relación con el despilfarro de las luces navideñas-. En concreto, explica Díaz-Mella, “el último contrato que se prorrogó para el ejercicio de 2021-2022, supuso un coste de 929.052,52 euros para la instalación de 11 millones de luces led”. En definitiva, “un gasto innecesario que no ayuda a los vigueses a la hora de comer”, ha rematado.

Por ese motivo, Díaz-Mella considera que es un “escándalo” que el Gobierno Municipal de Vigo haya adelantado el encendido de luces de Navidad. Y lo ha hecho “en plena crisis, a costa del bolsillo de los ciudadanos y a pesar de las penurias económicas que están soportando muchas familias viguesas”, ha criticado. Por todo ello, el presidente provincial de VOX le ha reprochado al alcalde de Vigo que “no se pueden aplaudir las medidas restrictivas y abusivas de Sánchez para ahorrar energía a la vez que se lleva a cabo un ‘macroproyecto’ lumínico desproporcionado que, durante meses, suponen una gran suma de dinero para los vigueses”.

La Guardia Civil detiene a tres personas en A Guarda por tráfico de drogas

0

En los registros los agentes se incautaron de pequeñas cantidades de heroína, cocaína, hachís y marihuana, además de 14 pastillas de metadona, dinero en efectivo, 4 básculas de precisión y cuadernos con anotaciones y registros de las ventas

La Guardia Civil ha desactivado dos importantes puntos de venta y distribución de drogas en sendas casas en A Guarda, donde se incautaron de diversas cantidades de estupefacientes.

El operativo concluyó con la detención de los dos miembros de la pareja que vivía en uno de los inmuebles, de 48 y 45 años, respectivamente, y del habitante de la otra vivienda, de 54, como presuntos autores de un delito contra la salud pública, por tráfico de drogas. Las investigaciones, según informan desde el instituto armado, comenzaron el pasado mes de marzo al sospechar que estas dos céntricas viviendas podían estar siendo utilizadas como punto de distribución y venta de droga al ‘menudeo’. Tras confirmar las sospechas, la Guardia Civil entró en ambos domicilios y detuvo a los tres.

En los registros de los inmuebles, que venían siendo empleados por los detenidos para la venta de drogas, la Guardia Civil se incautó de pequeñas cantidades de heroína, cocaína, hachís y marihuana, algunas de ellas dispuestas en dosis para su venta. También se intervinieron 14 pastillas de metadona, dinero en efectivo, 4 básculas de precisión y cuadernos con anotaciones y registros de las ventas. Con ocasión del registro de una de las viviendas se identificaron en su interior a tres consumidores habituales de estupefacientes.

Al parecer era una práctica habitual que les facilitasen el inmueble a los compradores para evitar que fuesen interceptados en la calle por las fuerzas y cuerpos de seguridad. Dos de estas personas ya habían sido detenidas el año pasado por dedicarse a la misma actividad delictiva desde el mismo domicilio. Los detenidos pasaron a disposición del Juzgado de Instrucción de guardia de Tui que decretó su ingreso en prisión.

‘Compromiso en la distancia’, la muestra que recorre la vida y obra de Florencio Delgado Gurriarán, recala en Vigo

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, y el director general de Cultura, Ángel M. Lorenzo, inauguraron hoy la exposición que permanecerá abierta al público hasta finales del mes de agosto en la sede autonómica en la ciudad

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, y el director general de Cultura Ángel M. Lorenzo, participaron esta mañana en la inauguración de la exposición itinerante Compromiso na distancia, una de las iniciativas con las que el Ejecutivo autonómico celebra el Día de las Letras Gallegas 2022, dedicado este año a la figura de Florencio Delgado Gurriarán.

Durante su intervención, Fernández-Tapias señaló que “nuestra riqueza literaria es tan infinita como la tierra a la que tantos versos le dedicó Delgado Gurriarán”, en clara alusión a la Galicia a ambos lados del Atlántico y que, a los ojos del escritor ourensano, «era más que la tierra entera».

“Hoy se abren las puertas de esta Delegación para acercar a todos los vigueses y vigueses el legado de Florencio Delgado para quien los 8.600 kilómetros que separan Galicia de México no supusieron obstáculo para seguir impulsando la cultura gallega desde lo exilio”, incidió la representante de la Xunta en Vigo.

Por su parte, el director general de Cultura indicó que esta muestra “quiere difundir la obra más significativa del escritor ourensano y dar a conocer los lugares donde transcurrió su vida: tanto las tierras valdeorresas a las que tanto cantó nos sus versos, como las mexicanas que lo acogieron y también influyeron en su poética”.

Ambos hicieron un llamamiento a la ciudadanía “a acercarse hasta la Delegación Territorial de la Xunta en Vigo para descubrir y conocer al gran protagonista de estas Letras, pues la exposición acerca información e imágenes sobre Florencio que de otro modo no son accesibles”.

A continuación, tuvo lugar un recorrido por la exposición, a cargo del escritor Héctor Cajaraville, encargado del texto central y de la documentación de la muestra que permanecerá abierta al público hasta finales del mes de agosto.

Tras Vilamartín de Valdeorras, ayuntamiento natal del homenajeado, Santiago, A Coruña y Chantada, Compromiso en la distancia hace parada en Vigo antes de dirigirse a Ourense, O Barco de Valdeorras, Lugo, Pontevedra y Celanova.

De la infancia a la madurez

Compromiso en la distancia consta de diferentes zonas explicativas en las que se hace un completo recorrido por la vida y obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde su infancia hasta su madurez, incluyendo sus experiencias en tierras mexicanas y el regreso a Galicia con las primeras publicaciones.

El texto central y la documentación corre a cargo de Héctor Cajaraville con piezas basadas en el libro publicado por Generales, Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros da saudade. Las fotografías pertenecen al archivo familiar del autor, siendo fotos originales en blanco y negro que fueron modificadas con técnicas de coloración digital.

La exposición está enmarcada entre las más de 150 actividades que la Xunta de Galicia, la Real Academia Gallega y el Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades y ayuntamientos, realiza a lo largo de todo el año para homenajear y dar a conocer la figura y obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Interceptados, en una misma noche, 4 conductores de patinete eléctrico conduciendo bajo los efectos de las drogas

0

La Unidad de Sintra perteneciente a Policía Local de Vigo, registró esta madrugada hasta cuatro positivos en pruebas de detección de drogas o sustancias estupefacientes realizadas a conductores de vehículos de movilidad personal.

El primero de ellos se registró a las 00:15 horas en la zona de Matamá, donde un joven de 25 años fue interceptado circulando sin hacer uso del casco de protección, elementos reflectantes y careciendo de seguro de responsabilidad civil. En el transcurso de la conversación, los agentes pudieron comprobar que el conductor del V.M.P. presentaba signos externos que evidenciaban el consumo reciente de sustancias estupefacientes. Una vez se le invitó a la realización de la correspondiente prueba de detección de drogas, el conductor arrojó un resultado positivo en THC. Los agentes formularon las correspondientes denuncias y procedieron a la inmovilización del vehículo.

Similares circunstancias ocurrieron a las 03:00 horas, esta vez en la calle Faisán, donde un joven arrojaba un resultado positivo en cocaína, cannabis, anfetaminas y metanfetaminas. El joven circulaba también sin utilizar el casco de protección, elementos reflectantes y sin el seguro de responsabilidad civil, igualmente fue denunciado por los agentes encargados del tráfico.

A las 03:30 horas, ésta vez en la calle Xílgaro, se interceptó otro V.M.P. siendo su conductor denunciado por positivo en cocaína, THC y anfetaminas. A las 04:30 horas los Agentes dieron el alto a un conductor de V.M.P. con signos de estar bajo los efectos de sustancias estupefacientes, realizada la pertinente prueba de detección arrojó un resultado positivo en THC.

La Policía Local recuerda que los conductores de Vehículos de Movilidad Personal han de adecuarse a las normas de circulación vigentes y se le aplicará de igual manera las sanciones y actuaciones que procedan en caso de vulneración de las mismas.
Los conductores de los VMP se regirán por las mismas tasas de alcoholemia y drogas establecidas para el resto de vehículos que circulan por vía pública.

La UIFO localiza nuevos indicios de intencionalidad en la misma zona del hallazgo de un artefacto incendiario en un distrito florestal de Vigo-Baixo Miño

0

El descubrimiento muestra claras señales del mismo modus operandi que el inscrito con anterioridad en la misma área

Agentes ambientales de la Unidad de Investigación de Incendios Forestales (UIFO) de la Consellería de Medio Rural localizaron en las últimas horas nuevos indicios de intencionalidad en la misma zona en la que se había encontrado, el pasado 23 de julio, un artefacto incendiario que provocó un conato de fuego en el distrito forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño). En este caso, los especialistas de la UIFO hallaron en esa mismo área una colilla y pruebas del mismo modus operandi que el inscrito en el dicho conato.

La localización de este dispositivo forma parte del trabajo de los profesionales de la UIFO desparramados por todo el territorio gallego en tareas de investigación y vigilancia. Una labor que está dando sus frutos, con el descubrimiento de diferentes indicios de intencionalidad incendiaria en las últimas semanas. Así, en el distrito forestal XIX (Caldas-O Salnés), el 28 de julio se encontraron papeles de periódicos acopiados y dos días después los profesionales hallaron una pastilla de encendido cuando estaban refrescando la zona donde se produjo un pequeño conato en el distrito forestal III (Santiago-Meseta Interior).

El trabajo de la UIFO se apoya técnicamente en el uso de nuevas tecnologías, caso de los drones, así como en el sistema de vigilancia puesto en marcha por la Xunta, con un total de 148 cámaras instaladas por toda Galicia y que mismo permiten identificar matrículas de vehículos.

La Consellería de Medio Rural recuerda que está la disposición de la ciudadanía el número de teléfono gratuito 085, al que deben llamar en caso de detectar algún fuego forestal. Además, existe un teléfono anónimo y gratuito para denunciar cualquier actividad delictiva incendiaria de la que se tenga sospecha o conocimiento: 900 815 085. Asimismo, toda la información actualizada sobre incendios forestales podrá ser consultada en la cuenta abierta de twitter: @incendios085.

El área de Vigo registra 456 casos activos por Covid, 54 menos que ayer

0

Durante las últimas 24 horas se realizaron 216 pruebas diagnósticas que arrojaron 31 positivos (14%), se contabilizaron 88 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

En estos momentos hay 3 hospitalizados en UCI y 46 ingresados en planta (-3)

La incidencia acumulada en Vigo a siete días baja a 54 casos por cada 100.000 habitante, cinco menos que en la víspera

El área sanitaria de Vigo continúa reduciendo casos activos por Covid. Así, y tras otra jornada de descenso, el total de contagios localizados en la comarca se sitúa en los 456, lo que supone 54 menos que ayer.

La cifra se alcanza después de que durante las últimas 24 horas se realizasen 216 pruebas diagnósticas que arrojaron 31 positivos (14%), se contabilizasen 88 curaciones y no hubiese que lamentar víctimas mortales.

Por su parte, la presión asistencial mejora en las UCI, que atienden 3 casos, y se mantiene estable en planta, con 46 hospitalizados. Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo desciende hasta los 54 casos por cada 100.000 habitantes, cinco menos que en la víspera.

Galicia, por su parte, registra hoy 165 casos activos menos que ayer, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 3.131.

Del total de pacientes positivos, 16 están en UCI y 331 en unidades de hospitalización. Por ahora, en Galicia hay un total de 663.901 personas curadas, registrándose 3.837 fallecimientos