A Xunta de Goberno aprobará 250.000 euros para a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

Tamén está previsto que o goberno local aprobe mañá xoves en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación

Abel Caballero adiantou que mañá, xoves 4 de agosto, a Xunta de Goberno aprobará o convenio de colaboración coa Fundación Convention Bureau para dar continuidade á difusión e promoción nas actuacións da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O importe ascende a 250.000 euros.

O rexedor manifestou “seguir na difusión e promoción con diferentes accións”. Entre elas, Caballero citou Desafío Audiovisual Illas Cíes, o programa Cíes Talent, Concurso #SientoCíes, cuadernillos temáticos, banners e microsite promocional e a adhesión de Vigo á Spain Film Commision.