A Deputación premia o talento de nove mozas e mozos da provincia na celebración da sétima gala dos Premios Provinciais da Xuventude

0

O presidente Luis López destacou a creatividade, a intelixencia e a sensibilidade dos participantes, que fan que “a provincia teña asegurado o seu futuro”

O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, recordou o apoio do goberno provincial á mocidade coa creación dun servizo específico dotado con 1,2 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra entregou este venres os galardóns aos gañadores da sétima edición dos Premios Provinciais á Xuventude nunha gala celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial que contou coa participación do presidente Luis López, quen destacou o talento, creatividade, intelixencia e sensibilidade dos participantes, mozos e mozas de toda a provincia que fan “que a provincia teña asegurado o seu futuro” porque “vós sodes precisamente ese futuro”, subliñou nun discurso que serviu para clausurar a gala. Un evento que estivo presentado pola xornalista Patricia Bea, que contou coa actuación musical da premiada no 2021, Ainhoa Mosquera; e no que o deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, recordou o compromiso da Deputación co apoio ao talento xuvenil a través da creación dun novo servizo dotado con 1,2 millóns de euros.

Presentáronse a esta edición dos premios, que reparte un total de 36.000 euros entre os gañadores, un total de 77 traballos correspondentes a nove categorías. En banda deseñada, Ánxel Carramal levou o primeiro premio, mentres que Manuel Alejandro Vázquez fíxose co segundo premio e Andrés Chincilla, co terceiro. En fotografía orixinal, o primeiro premio foi para Claudia Gómez, o segundo, para María Sarrapio; e o terceiro, para Helena Constenla. Na categoría de investigación de ciencias, arquitectura ou enxeñaría, o primeiro premio compartírono Silvia García e Francisco de Arriba, mentres que o segundo foi para Laura Rubio e o terceiro, para Moisés Cordeiro. No apartado de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, a gañadora foi Andrea Domínguez, mentres que o segundo e o terceiro posto foi para Adrián Paramés e Laura Docampo, respectivamente. En literatura, na subcategoría de narrativa, o primeiro premio levouno Ana Iglesias, o segundo estivo compartido por Fabio Rivas e Inés Alonso e o terceiro conseguiuno Rebeca López. Na subcategoría de poesía, Pedro Rodríguez fíxose co primeiro premio, César Manuel Gil, co segundo; e Rebeca López repetiu cun novo terceiro posto. Na categoría de traballo musical, Santiago Guerra foi o gañador e Javier Lago levou o segundo premio. En deseño e moda, Regina Chamorro foi a gañadora, mentres que en contido audiovisual, o xurado concedeu o segundo posto a Susana Cabaleiro.

Ademais, entregáronse premios colectivos a centros educativos da provincia polos seus traballos de investigación. Na categoría de educación en valores, o primeiro premio foi para o IES de Poio, o segundo, para o IES Illa de Ons de Bueu; e o terceiro, para o IES Paralaia de Moaña. Finalmente, na categoría de acción polo clima, o IES A Paralaia foi o gañador.

Despois de citar o nome de cada un dos premiados, o presidente da Deputación destacou a calidade e transcendencia dos traballos ao sinalar que “nos facedes medrar como provincia”. Neste sentido, López reiterou o compromiso da Deputación no apoio á xuventude. “Desde a Deputación non só faremos o posible para multiplicar o talento da nosa xuventude, nin sequera estaremos aí só para recoñecer o voso esforzo, como se demostra nesta gala, tamén estaremos ao voso carón para dar eco aos vosos traballos, para divulgalos, e que cheguen tan lonxe como merecen”, afirmou o mandatario provincial.

Un apoio do que tamén falou o deputado responsable desta área, Jorge Cubela, na apertura da gala ao sinalar que “estamos preocupados polo voso futuro, queremos que teñades oportunidades e que estas se dean aquí, na nosa provincia porque somos moi conscientes de que para que Pontevedra vaia a máis, a nosa xuventude ten ser partícipes do proxecto”. Para iso, recordou a liña de axudas para o impulso de actividades xuvenís, investimentos relacionados coa mocidade, e para os centros educativos que recolle o recentemente creado Servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

Coa entrega destes galardóns, a Deputación busca estimular e promover a creatividade da mocidade da provincia no ámbito sociocultural, así como amosar o seu compromiso no eido da loita contra o cambio climático e a recuperación do medio ambiente. Puideron optar aos Premios Provinciais á Xuventude persoas de entre 16 e 35 anos e, no caso da categoría de Reacción polo Clima, centros educativos nos que participe alumnado de entre 12 e 18 anos. Ademais, os gañadores levaron uns trofeos de cerámica elaborados polos usuarios da Asociación Alba de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra.

Listado de premiados.

  1. BANDA DESEÑADA:
  2. Primeiro premio (1.000 euros): Ánxel Carramal Fernández, Pontevedra, 1994. Psicólogo. Polo seu proxecto “E Marcos puxo o seu suadoiro vermello”
  3. Segundo premio (600 euros): Manuel Alejandro Vázquez Búa, Vilagarcía de Arousa, 1994. Biólogo. Polo seu proxecto: “O mergullo dunha vida”
  4. Terceiro premio (400 euros): Andrés Chincilla Argibay, Vigo. Polo seu proxecto: “!Ei¡ Que hoy vamos a montar a caballo”
  • CONTIDO AUDIOVISUAL:
  • Segundo premio (600 euros): Susana Cabaleiro Álvarez, Salceda de Caselas. Polo seu proxecto: “Fogones Gallegos”
  • DESEÑO E MODA:
  • Primeiro premio (1.000 euros): Regina Chamorro Misa, Nigrán. Polo seu proxecto “Relindo Festejo”
  • EDUCACIÓN EN VALORES:
  • Primeiro premio (1.000 euros): Ies de Poio. Polo seu proxecto “I Cumio do Clima”
  • Segundo premio (600 euros): IES Illa de Ons,  Bueu. Polo seu proxecto: “#PatriarcadasRevirad@s”
  • Terceiro premio (400 euros): IES A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto: “Reactiva a igualdade”
  • FOTOGRAFÍA ORIXINAL:
  • Primeiro premio (1.000 euros): Claudia Gómez López, Pontevedra. Polo seu proxecto “O Mercado”
  • Segundo premio (600 euros): María Sarrapio Pol, Pontevedra. Polo seu proxecto: “Impermeables”
  • Terceiro premio (400 euros): Helena Constenla Lorenzo, Poio. Polo seu proxecto: “O instante do límite do turismo”
  • INVESTIGACIÓN – Subcategoría Ciencias, Arquitectura e Enxeñaría:
  • Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Silvia García Méndez, Baiona, 1992. Polo seu proxecto “Contribution to Natural Language Generation for Spanish”
  • Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Francisco de Arriba Pérez, Vigo, 1989. Polo seu proxecto: “Inteligencia conversacional para asistentes interactivos orientados al lenguaje – Celia”
  • Segundo premio (1.250 euros): Laura Rubio Lareu, Vila de Cruces, 1994. Polo seu proxecto: “Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos”
  • Terceiro premio (750 euros): Moisés Cordeiro Costas, Cangas, 1996. Polo seu proxecto: “Modelado e optimización mediante técnicas de aprendizaxe automático en edificios con instalacións renovables de produción, almacenamento e consumo eléctricos”.

6.2.  INVESTIGACIÓN – Subcategoría Artes, Humanidades e Ciencias sociais e xurídicas:

  • Primeiro premio (2.000 euros): Andrea Domínguez Torres, Marín, 1993. Polo seu proxecto “Arte en contra de la violencia especista (España, 2000-2019)”
  • Segundo premio (1.250 euros): Adrián Paramés González, Vigo, 1998. Polo seu proxecto: “El mobiliario en los centros educativos: valoración antropométrica e instrumentos de medida”
  • Terceiro premio (750 euros): Laura Docampo López, Vigo, 1999. Polo seu proxecto: “Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista”.

7. REACCIÓN POLO CLIMA:

  • Primeiro premio (1.000 euros): IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto “A Axenda 2030 no IES A Paralaia. Facemos economía circular? e A horta de Sofía”

8.1 TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de narrativa:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Ana Iglesias Calviño, Ponte Caldelas, 1993. Polo seu proxecto “A Telegrafista”
  • Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Fabio Rivas Pardo, Pontevedra, 1997. Polo seu proxecto: “A meiga de Padrerrei”
  • Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Inés Alonso Veloso, Vigo, 2004. Polo seu proxecto: “La Visita”
  • Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: “Unha e outra vez”

8.2.  TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de poesía:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Pedro Rodríguez Villar, Nigrán, 1996. Polo seu proxecto “Palabras nas Pedras”
  • Segundo premio (600 euros): César Manuel Gil, Cangas, 1995. Polo seu proxecto: “Catro movementos sobre a incomprensión”
  • Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: “Xuntanza (preside a lúa)”

9.  TRABALLO MUSICAL:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Santiago Guerra Fernández, Cangas, 2000. Polo seu proxecto “When I think of you”

Segundo premio (600 euros): Javier Lago López, Pontevedra, 1996. Polo seu proxecto: “Todo a la vez”

Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo entregan os galardóns do I Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza

0

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e o director xeral de Cultura destacaron o éxito do certame literario convocado co apoio do Goberno galego

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entregaron este venres os galardóns do I Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza convocado co apoio do Goberno galego para celebrar o centenario do nacemento do escritor. Durante o acto celebrado no Centro Social Afundación, os representantes autonómicos salientaron o éxito do certame literario que recibiu máis de 1.100 obras a concurso.

Na súa intervención, Anxo M. Lorenzo felicitou aos gañadores que recibiron o recoñecemento polo seu traballo creativo e deulle os parabéns á asociación Évame-Oroza pola cantidade, diversidade e calidade das actividades realizadas ata o momento para difundir o traballo de Carlos Oroza. Ana Ortiz foi a encargada de entregar ao cantautor galego Amancio Prada o premio á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía. Pola súa banda, o director xeral  entregou a Guadalupe Gómez Arto o premio de poesía na modalidade de galego pola obra “Herbario da noite pecha”.

Por último, a deputada provincial e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, fixo entrega a Oriana Méndez do galardón que recaeu no chileno Roberto Morales Miranda  como mellor obra de poesía na modalidade de castelán pola obra “Carbono 14”. O madrileño Ignacio Gómez de Liaño e o vigués Antonio García Teijeiro foron os escritores que comandaron os respectivos xurados para elixir aos gañadores. 

A gala tamén serviu para presentar outra das iniciativas do certame, a edición do libro “Oroza 100”, no que participan cen artistas, intelectuais e escritores aportando a súa visión do autor e as súas propias experiencias.

GAÑADORES DO I PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA CARLOS OROZA

Mellor Iniciativa Musical de Divulgación da Poesía: Amancio Prada

O traballo musical de Amancio Prada (Dehesas, León, 1949) como compositor e intérprete tivo sempre unha base literaria que, ao longo da súa discografía, foi conformando un percorrido antolóxico pola lírica peninsular, desde as Cantigas dos primeiros trobadores galego-portugueses (Ss. XII e XIII), pasando polo Romancero, Juan do Enzina, Jorge Manrique, San Juan da Cruz, Santa Teresa,  Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro, ata autores contemporáneos como Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, María Zambrano, Álvaro Cunqueiro, Carmen Martín Gaite, Agustín García Calvo, Luis López Álvarez, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre, e do propio Amancio Prada. Entre outros galardóns, recibiu a Medalla Castelao de Galicia (1995), Premio Castela e León das Artes (2005), Grand Prix du Répertoire Sacem (París, 2008), Premio Tenco (San Remo, 2010), Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2011) Premio dá Cultura Galega (2019) VII Premio de Cultura da Universidade de Sevilla (2020) European Guitar Foundation (2021).

Premio de Poesía en Galego: GuadaLupe Gómez Arto, por “Herbario da noite pecha”

Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega, coñecida como Lupe Gómez. Publicou libros de poesía como Pornografía (1995), Camuflaxe (2017), Caracois de Belvís (2020) ou Montaña Ioga (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica Fisteus era un mundo (2001) e do epistolario Fosforescencias (2019). Con Salón de Té (Xerais, 2023) gañou o XI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

Premio de Poesía en Castelán: Roberto Morales Miranda, por “Carbono 14”

Roberto Morales Monterríos, que firma as súas obras como Morales Monterríos, naceu en Chile, no ano 1970.  Este poeta, e panadeiro, publicou os libros Antichton (2000), Pantheon (2004), Príncipe de Chile (2007), Hécate (2009), Popol Vudú, Libro 1, Nómade in Chile (2017), Poemas de amor do obreiro John Bágoas. Os seus grandes éxitos (2018), O Tabo Che King (2022), NODO (2022). En 2022 resultou gañador do Premio Hispanoamericano de Poesía de San Salvador co libro NODO, o mesmo ano obtén o XXII Premio de poesía Vicente Núñez (España), co seu libro Seda-Sade. A súa obra caracterízase por achegar diversas propostas que non teñen á tradición literaria como punto de partida, e que son elaboradas con elementos de diversos ámbitos e disciplinas.

Mos estrea FP Básica de Servizos Comerciais

0

O Instituto mosense acolle o seu primeiro curso de Formación Profesional Básica en Servizos Comerciais, especialidade elixida ante a maior oferta laboral na zona

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, visitaron onte, acompañadas pola directora do Instituto, aos 14 mozos e mozas que están a estrear a Formación Profesional no Concello de Mos.

Nunca antes na historia do municipio o IES impartira FP, e faino por primeira vez neste curso 2023-2024. Trátase da FP Básica de Servizos Comerciais (Comercio e Márketing), titulación que foi elixida tras dunha exhaustiva valoración conxunta entre dirección e profesorado do centro, membros da ANPA, Concello e AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos) en función da maior demanda de perfís laborais detectada tanto na localidade mosense coma na súa contorna.

Deste xeito, e grazas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o IES de Mos conta dende este curso 2023/2024 coa impartición de FP Básica no centro.

Dende o Inicio do curso escolar, o IES de Mos conta coa FP Básica de Servizos Comerciais, que na actualidade conta con 14 alumnos/as.

Os estudos de FP Básica son estudos que se dirixen ás persoas que non finalizasen a ESO e queiran proseguir a súa formación reglada. Converténdose deste xeito nunha oportunidade motivadora para o alumnado, que contempla medidas metodolóxicas adaptadas ás características especificas do alumnado e que inclúe orientación educativa e profesional.

Ó finalizar os dous anos de duración de FP Básica, o alumnado acada o título de Técnico Básico e o Titulo de Graduación en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Na súa visita ao IES de onte a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, animou á rapazada a esforzarse para conquerir esta titulación en Servizos Comerciais, que ademais lles garantirá o título da ESO, e motivounos para que continúen a formarse unha vez rematada a Formación Profesional Básica.

La banda de Chicago, The Steepwater Band, ofrece hoy en Vigo su último concierto en su gira por Galicia

0

Tras el brutal show ofrecido la noche del viernes 16 en la Sala Rouge de Vigo, la banda de Chicago The Steepwater Band, estarán cerrarán hoy sábado  su mini gira gallega con un concierto de aproximadamente 3 horas, en una noche que promete ser histórica.

Este concierto al igual que el del pasado viernes, será grabado para la posterior publicación de un disco en directo. Pero antes de su actuación en la Sala Rouge, el ciclo Momentos Alhambra – Mais que Blues llevarán a los de Chicago 

18 NOVIEMBRE SALA ROUGE

CONCIERTO: THE STEEPWATER BAND (CHICAGO)

LUGAR: SALA ROUGE  (VIGO)

DIA: 17 Y 18 DE NOVIEMBRE 2023

HORA: 22: 00 h

PRECIO DIA: 15€ ANT. / 20€ TAQ.  

VENTA FISICA EN : DISCOS ELEPÉ / HONKY TONK DISCOS

VENTA ONLINE AQUÍ: 

https://entradium.com/events/sabado-18-nov-the-steepwater-band-chicago-momentos-alhambra-mais-que-blues-vigo

Ana Ortiz y Anxo M. Lorenzo planifican el Certamen de Rondallas que reunirá en el Ifevi a 15 agrupaciones

0

La delegada de la Xunta en Vigo y el director general de Cultura avanzaron los detalles de la sexta edición de la exhibición que se celebrará el próximo 14 de enero

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, y el director general de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantuvieron este viernes una reunión para planificar los preparativos de la sexta edición del VI Certamen de Rondallas del área Metropolitana de Vigo que se celebrará el próximo mes de enero con el apoyo del Gobierno gallego, que eleva su aportación económica respeto de las anteriores ediciones.

Los representantes autonómicos acordaron con los representantes de las quince rondallas el impulso de la Xunta la este evento. “Se trata de un espectáculo único en Galicia que mostrará un año más la vitalidad de la cultura tradicional y de base en nuestra comunidad”, subrayó Ana Ortiz.

Tanto la delegada como el director general de Cultura invitaron a todos los vecinos de Vigo y de su entorno a acudir en enero al Ifevi para convertir el evento en un escaparate de la cultura tradicional.

En este VI Certamen de Rondallas del área de Vigo participarán un total de 15 agrupaciones, cinco de ellas de la ciudad de Vigo (Valladares, Beade, Helios de Bembrive, Zamáns y Freixo), cuatro de Mos (Guizán, Herville, Torroso y Santa Eulalia de Mos), dos de O Porriño (Pontellas y Atios), dos de Gondomar (Vincios y Nuestra Merced de Chaín), una de Nigrán (Parada) y una de Tui (Pexegueiro).

En total, las quince agrupaciones contarán con aproximadamente 1.200 rondalleiros participantes y el Ifevi dispondrá de un aforo de 7.000 personas, contando las bancadas del pabellón y las caderas que se instalarán.

Tres detenidos por amenazas con navaja tras una discusión por consumo de drogas en la calle Ecuador

0

A las 01:16 horas de hoy, una unidad de la Policía Local de Vigo fue requerida en la calle Ecuador por un ciudadano que indicaba que tres individuos trataban de acceder al interior de su domicilio.

Los agentes se trasladaron en emergencia al lugar indicado, confluyendo a la llegada con otra patrulla de la Policía Nacional. Las dos unidades en colaboración accedieron al interior del edificio, localizando en un tramo de escaleras a tres individuos, pudiendo observar que uno de ellos portaba en su mano derecha una navaja. Los agentes le indicaron que la arrojase de inmediato al suelo, accediendo éste a lo solicitado. Se precedió a realizar un cacheo a los tres varones, localizando entre sus pertenencias otra navaja y unas tijeras, además de un envoltorio que contenía una sustancia polvorienta de color blanco, la cual podía ser cocaína.

Los agentes se entrevistaron con los inquilinos de la vivienda a la cual intentaban acceder estos individuos, manifestando que sí los conocían, ya que durante la tarde habían tenido una discusión con ellos debido al consumo de sustancias estupefacientes. Tras la discusión, se personaron en su domicilio en actitud agresiva, aporreando la puerta con puñetazos y patadas y consiguiendo en un momento dado acceder al interior del inmueble. En él se produjo un forcejeo entre ellos, exhibiendo armas blancas y amenazándoles gravemente de muerte, consiguiendo minutos después echarlos de la vivienda. Los detenidos manifestaron que intentaban recuperar una cantidad de dinero que anteriormente les habían entregado.

Por lo mencionado anteriormente, se procedió a la detención de los tres varones. A.Z. de 32 años de edad, H.L. de 31 años de edad y T.A.A. de 34 años de edad, todos ellos investigados por un delito de allanamiento de morada y amenazas graves con arma blanca. Además se tramitó la pertinente propuesta de sanción ante la Subdelegación del Gobierno por la tenencia de sustancias estupefacientes, así como por portar armas prohibidas. El material fue requisado y puesto a disposición de la autoridad competente.

As ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández salvarán un desnivel de 15 metros de altura

0

As ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández permitirán salvar un desnivel de 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico

O goberno local arrancou hoxe a instalación deste novo elemento do Vigo Vertical que conta cun orzamento de 2,6 millóns dos que o 75% procede de Fondos Next Generation

O Concello iniciará hoxe a colocación da rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández. O proxecto conta cun orzamento de 2,6 millóns, dos que o 75% corren a cargo do Goberno de España a través de Fondos Next Generation do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Instalaranse 5 ramplas que salvan 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico. Un dos tramos ten 25 metros, mentres que outros dous teñen unha lonxitude de case 32 e 29 metros, respectivamente.

A actuación, que se extenderá a longo duns 200 metros, incluirá a instalación de cámaras, alumeado específico, sensores e Mupis, así como a renovación de redes de saneamento e abastecemento, luminarias e os pasos de peóns, que terán iluminación específica, detallou o rexedor.

Doce artistas participarán nun novo certame de arte urbano na rúa

0

Doce artistas urbanos compiten este sábado 18 na V Edición do Certame de arte urbano, que se celebra no exterior da sede do Colexio de Arquitectos. Así o anunciou este venres o alcalde, ao destacar a transformación que se constata na cidade cos 177 murais instalados en medianeiras e muros de colexios

O alcalde detallou este venres que a competición na que participan doce artistas, celebrarase desde as 10,30 da mañá ata as 16,30 da tarde. Durante seis horas plasmarán en directo as súas propostas en sobre un cartón pluma de dous metros por dous metros e medio.

Caballero lembrou que ata o inicio da «batalla» os participantes non coñecerán o tema sobre o que deberán traballar. A organización entregará a todos os participantes de 10 a 12 sprays de cor para que poidan executar as súas creacións. Caballero lembrou que o gañador realizará un mural no próximo certame.

O rexedor detallou que en setembro o Concello aprobou o décimo programa de medianeiras, dotado cun total de 480.000 euros, e que se realizarán 12 creacións entre medianeiras e muros de colexios. “Van seguir facendo que Vigo sexa unha cidade en cor”, afirmou.

El Concello acondiciona el campo de fútbol Baltasar Pujales tras los daños por el temporal

0

El alcalde ha explicado esta mañana que «inmediatamente desde el Ayuntamiento se han acometido los trabajos de restauración» tras los daños causados ​​por el temporal

El campo de fútbol municipal, donde juegan las distintas categorías del Rápido de Bouzas, Baltasar Pujales, ya está disponible para la práctica deportiva.

Tras los desperfectos causados ​​por el temporal en la tribuna, y una revisión de la misma, el pasado viernes el Ayuntamiento de Vigo inició su reparación tras contratarla «por la vía de emergencia» por valor de 21.000 euros, logrando «en tiempo récord» su puesta en marcha marcha, según indicó el alcalde.

O BNG pide atender as demandas da mocidade e do estudantado ante as deficiencias do bus urbano en Vigo

0

A fronte nacionalista reclama mellores frecuencias cos institutos do Meixoeiro e coas “obsoletas” lanzadeiras do CUVI, recuperar as liñas nocturnas recortadas e equiparar o bono estudantil co universitario

Afea o “inxustificábel desprezo de Abel Caballero provocando de forma deliberada” ao persoal de Vitrasa durante unha protesta esta semana

Xabier P. Igrexas: “O alcalde ten que deixar de ser parte importante do problema coa súa complicidade con Vitrasa para ser parte da solución aos graves problemas do bus”

O Bloque Nacionalista Galego pide atender as demandas da mocidade e do estudantado de Vigo ante as deficiencias do bus urbano e os problemas de mobilidade. Así o reclamou este venres o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, tras manter unha xuntanza con representantes da organización estudantil Erguer e de Galiza Nova para coñecer as principais necesidades e reivindicacións da xente nova da cidade. “Abel Caballero ten que deixar de castigar á mocidade da nosa cidade”, afirmou.

Igrexas reclamou en primeiro lugar mellorar as conexión de bus cos institutos da contorna do Meixoeiro diante das reiteradas protestas dos propios estudantes. “Os malos horarios e a falla de frecuencias da liña 15C están a provocar que o alumnado chegue en moitos casos con 10 e 15 minutos de atraso ás aulas”, denunciou, lamentando que o Goberno municipal non teña dado resposta a estas queixas durante semanas.

O portavoz nacionalista demandou tamén mellorar o “absolutamente obsoleto e insuficiente” modelo de lanzadeiras cara o Campus Universitario de Vigo (CUVI). No mesmo sentido, cuestionou a “inxustificábel”  supresión de liñas nocturnas N2 e N3, así como o recorte das frecuencias da liña N1, que deixa sen alternativas de mobilidade á mocidade.

Aliás, dende o BNG reiteraron a “inxustiza” que padece o estudantado non universitario, que paga un 27% máis caro o bus que as e os universitarios e teñen apenas un desconto de 2 céntimos en relación ao bono xeral. Igrexas reclamou equiparar as tarifas das tarxetas para todo o alumnado, sexa cal sexa o nivel educativo. Unha proposta que, criticou, foi rexeitada polo Goberno local durante o debate das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano.

Desprezo do alcalde contra o persoal de Vitrasa

O voceiro municipal do Bloque referiuse ademais ao “inxustificábel desprezo do alcalde provocando de forma deliberada” ao persoal de Vitrasa durante unha protesta esta semana. “O que ten que facer Caballero é escoitar as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras deste servizo de titularidade municipal, en lugar de insistir en se aliñar de forma cómplice coa dirección da empresa concesionaria contra o interese público xeral”.

Nese sentido, Igrexas urxiu unha rectificación completa na posición do Goberno municipal. “O alcalde ten que deixar de ser parte importante do problema para ser parte da solución aos graves problemas do bus que demanda cada vez con maior intensidade a veciñanza”, remachou.