As ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández permitirán salvar un desnivel de 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico
O goberno local arrancou hoxe a instalación deste novo elemento do Vigo Vertical que conta cun orzamento de 2,6 millóns dos que o 75% procede de Fondos Next Generation
O Concello iniciará hoxe a colocación da rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández. O proxecto conta cun orzamento de 2,6 millóns, dos que o 75% corren a cargo do Goberno de España a través de Fondos Next Generation do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Instalaranse 5 ramplas que salvan 15 metros de altura entre Vía Norte e a Praza de Fernando El Católico. Un dos tramos ten 25 metros, mentres que outros dous teñen unha lonxitude de case 32 e 29 metros, respectivamente.
A actuación, que se extenderá a longo duns 200 metros, incluirá a instalación de cámaras, alumeado específico, sensores e Mupis, así como a renovación de redes de saneamento e abastecemento, luminarias e os pasos de peóns, que terán iluminación específica, detallou o rexedor.

