O BNG pide atender as demandas da mocidade e do estudantado ante as deficiencias do bus urbano en Vigo

0

A fronte nacionalista reclama mellores frecuencias cos institutos do Meixoeiro e coas “obsoletas” lanzadeiras do CUVI, recuperar as liñas nocturnas recortadas e equiparar o bono estudantil co universitario

Afea o “inxustificábel desprezo de Abel Caballero provocando de forma deliberada” ao persoal de Vitrasa durante unha protesta esta semana

Xabier P. Igrexas: “O alcalde ten que deixar de ser parte importante do problema coa súa complicidade con Vitrasa para ser parte da solución aos graves problemas do bus”

O Bloque Nacionalista Galego pide atender as demandas da mocidade e do estudantado de Vigo ante as deficiencias do bus urbano e os problemas de mobilidade. Así o reclamou este venres o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, tras manter unha xuntanza con representantes da organización estudantil Erguer e de Galiza Nova para coñecer as principais necesidades e reivindicacións da xente nova da cidade. “Abel Caballero ten que deixar de castigar á mocidade da nosa cidade”, afirmou.

Igrexas reclamou en primeiro lugar mellorar as conexión de bus cos institutos da contorna do Meixoeiro diante das reiteradas protestas dos propios estudantes. “Os malos horarios e a falla de frecuencias da liña 15C están a provocar que o alumnado chegue en moitos casos con 10 e 15 minutos de atraso ás aulas”, denunciou, lamentando que o Goberno municipal non teña dado resposta a estas queixas durante semanas.

O portavoz nacionalista demandou tamén mellorar o “absolutamente obsoleto e insuficiente” modelo de lanzadeiras cara o Campus Universitario de Vigo (CUVI). No mesmo sentido, cuestionou a “inxustificábel”  supresión de liñas nocturnas N2 e N3, así como o recorte das frecuencias da liña N1, que deixa sen alternativas de mobilidade á mocidade.

Aliás, dende o BNG reiteraron a “inxustiza” que padece o estudantado non universitario, que paga un 27% máis caro o bus que as e os universitarios e teñen apenas un desconto de 2 céntimos en relación ao bono xeral. Igrexas reclamou equiparar as tarifas das tarxetas para todo o alumnado, sexa cal sexa o nivel educativo. Unha proposta que, criticou, foi rexeitada polo Goberno local durante o debate das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano.

Desprezo do alcalde contra o persoal de Vitrasa

O voceiro municipal do Bloque referiuse ademais ao “inxustificábel desprezo do alcalde provocando de forma deliberada” ao persoal de Vitrasa durante unha protesta esta semana. “O que ten que facer Caballero é escoitar as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras deste servizo de titularidade municipal, en lugar de insistir en se aliñar de forma cómplice coa dirección da empresa concesionaria contra o interese público xeral”.

Nese sentido, Igrexas urxiu unha rectificación completa na posición do Goberno municipal. “O alcalde ten que deixar de ser parte importante do problema para ser parte da solución aos graves problemas do bus que demanda cada vez con maior intensidade a veciñanza”, remachou.

Paula Prado: “Fronte a un tripartito que decidiu apoiar a Sánchez e dicir non a Galicia, Alfonso Rueda seguirá facendo da nosa Comunidade unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”

0

A secretaria xeral do PPdeG acusa a Pedro Sánchez de “consumar un fraude” no día de onte por “facer xusto o contrario do que prometera en campaña só para seguir sendo presidente a calquera prezo, aínda que sexa a costa de enganar aos españois e ceder ante unha chantaxe ao Estado por parte dos seus socios independentistas”

Nicole Grueira será a única candidata á presidencia de Novas Xeracións de Galicia no congreso que se celebrará mañá na Cidade de Cultura de Santiago de Compostela, co que se inicia “unha nova etapa ilusionante para a organización e que axudará a apuntalar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda

Adrián Pardo: “Fronte aos que queren importar a Galicia o modelo do sanchismo e só lles preocupa a mocidade polos seus votos, aquí hai unha mocidade que, como Galicia, non para”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe en referencia á investidura de Pedro Sánchez que, fronte a un tripartito formado por PSOE, BNG e Sumar que “onte dixo si a Sánchez e non a Galicia”, os galegos seguirán tendo a garantía de que, con Alfonso Rueda á fronte, a Comunidade seguirá sendo “unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”.

“No día de onte Pedro Sánchez consumou un fraude ao facer xusto o contrario do que prometera en campaña e só para seguir sendo presidente a calquera prezo, aínda que sexa a costa de enganar aos españois e ceder ante unha chantaxe ao Estado por parte dos seus socios independentistas”, explicou.

Prado remarcou neste sentido que os galegos poderán contar cos 13 deputados do PPdeG no Congreso —e os 14 senadores—  e con Alberto Núñez Feijóo para defender con orgullo e desde a oposición os intereses de Galicia. Algo que, tal e como detallou a continuación, nin fixeron nin van facer os partidos de esquerda.

“O PSOE, apoiado sen fisuras polo socialismo galego e o seu negociante, iniciou un cambio pola porta de atrás para converter o noso modelo autonómico por un modelo máis insolidario, atacar a separación de poderes e consumar o maior retroceso nos dereitos da cidadanía española desde a Transición”, aseguraba ao tempo que recriminaba a Pedro Sánchez o seu descoñecemento da realidade de Galicia en materia de infraestruturas, industria ou sanidade.

Referíndose ao BNG e ao seu único deputado no Congreso, a número dous dos populares galegos ironizou con que “Pedro Sánchez nin sequera sabe o seu nome”; o cal “é a mostra máis evidente da irrelevancia do BNG en Madrid”.

“O independentismo galego deu onte o seu visto e prace a que o Goberno central traspase as competencias do litoral ao País Vasco pero non a Galicia e segue calado sobre o recurso da Lei do Litoral e sobre a tan necesaria transferencia da AP-9, que agora só apoia o PP”, explicou incidindo en que o único obxectivo do BNG para esta lexislatura é “a independencia de Galicia sen importarlle nada o resto”.

A secretaria xeral non desaproveitou a oportunidade de cuestionar tamén a Yolanda Díaz –á que definiu como “a galega menos galega do Goberno de España”– que “tivese o descaro de falar de maletas e de emigración cando ela foi a primeira que colleu a maleta e emigrou a Madrid tan pronto como puido”.

A NOVA E ILUSIONANTE ETAPA QUE INICIA NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA

Acompañada do presidente saínte de Novas Xeracións de Galicia, Paula Prado quixo agradecerlle a Adrián Pardo a súa implicación ao longo de todos estes anos á fronte da organización político-xuvenil do PPdeG: “Baixo o seu liderado, Novas Xeracións medrou e el fíxonos medrar a todos co seu sentido do humor, coa súa humildade e co seu sentido da responsabilidade”.

A celebración mañá do XI Congreso de Novas Xeracións na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela será, tal e como apuntou a número dous dos populares galegos, unha gran oportunidade para “reivindicar ao órgano que mellor representa á xuventude de Galicia”.

Un congreso no que Nicole Grueira será a única candidata á presidencia, demostrando así “a súa xenerosidade, valentía e ganas de representar a toda a mocidade galega e máis concretamente á xente nova da provincia de Lugo”. Unha tarefa na que estará acompañada polo ourensán Manuel Alexandre Novoa (membro da candidatura do PP de Ourense ás pasadas eleccións municipais e actual presidente da agrupación local de Novas Xeracións), que desempeñará o cargo de secretario xeral da organización.

“Nicole representa a ilusión da xente nova, que conta ao seu carón co Goberno galego. A partir de mañá comezará unha nova etapa ilusionante para Novas Xeración de Galicia que axudará a apuntalar a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda”; concluíu a secretaria xera.

ADRIÁN PARDO: “FRONTE AOS MUROS DO SANCHISMO, A MOCIDADE BUSCARÁ CONSTRUIR PONTES”

A súa última rolda de prensa como presidente de Novas Xeracións de Galicia foi para Adrián Pardo a constatación de que “as organizacións fortes teñen proxectos que van máis aló das persoas” e, á hora de botar a vista atrás ao longo destes seis anos, asegurou que “Novas Xeracións soubo estar á altura do que demanda a mocidade galega e á altura do noso gran partido”.

“Somos a organización político-xuvenil máis grande de Galicia e temos presenza na meirande parte dos concellos galegos. E isto non é por casualidade, senón porque somos tamén a organización máis parecida á mocidade galega”, explicou ao tempo que poñía en valor un modelo organizativo que “busca solucións ás demandas da nosa xuventude e non o conflito permanente”.

Indicou que, fronte aos que “usan a mocidade para suxeitar pancartas nas súas manifestacións” e aqueles que “tratan de mercar os nosos votos con medidas cosméticas cada 4 anos e só nos ofrecen unha España líder en paro xuvenil”, o PPdeG segue sendo a opción favorita da mocidade porque é un partido que traballa con feitos polo seu benestar e progreso.

Algo que exemplificou con medidas postas en marcha ao longo destes anos polo Goberno galego como a Tarxeta Xente Nova, a aposta pola FP dual, o aval do 20% para os menores de 35 anos para a adquisición da súa primeira vivenda ou a conxelación das taxas universitarias.

Pardo recordou que, coincidindo co 34º aniversario da caída do Muro de Berlín, o pasado 9 de novembro Pedro Sánchez anunciou o seu “acordo de submisión” con Puigdemont: “Sánchez presentouse á investidura como un muro para seguir afondando na fractura social, para seguir facendo cidadáns de primeira e de segunda e para seguir fracturando o noso Estado de Dereito”.

“Fronte a este muro feito coa unión do sanchismo e do independentismo máis reaccionario, hai en Galicia e en España unha mocidade que, como a de hai máis de tres décadas en Berlín, buscará romper ese muro para construír pontes que traten de unir e non de dividir, que loiten pola igualdade que se consagrou fai 40 anos na Constitución e que sigan defendendo a separación de poderes”. Esa falta de oportunidades que o Goberno de Pedro Sánchez ofrece á mocidade, tal e como concluía na súa intervención, contrasta coa situación de Galicia: “Fronte aos que queren importar a Galicia o modelo do sanchismo e só lles preocupa a mocidade polos seus votos, aquí hai unha mocidade que, como Galicia, non para”.

Abel Caballero: “Contar con Roberto Verino para liderar esta formación es un lujo para Vigo y para el Consorcio de la Zona Franca de Vigo”

0

VIATEXTIL, presentó hoy a las 10 empresas seleccionadas para formar parte de II Edición que comienza hoy y pretende impulsar, potenciar y acelerar proyectos “que muchas veces no encuentran la forma de crecer”, indicó  Roberto Verino durante su presentación

Con motivo de la presentación de las empresas seleccionadas en el programa de aceleración impulsado por el Consorcio de la Zona Franca de Vigo, VIATEXTIL, Abel Caballero, presidente del Consorcio de la Zona Franca de Vigo acudió a la presentación de esta 2ª Edición para “felicitar, arropar y acompañar a todos estos héroes en los tiempos que corren que inician hoy este gran programa de innovación”, aseguró.

Un primer encuentro que da el pistoletazo de salida a esta formación que ofrece un plan de empresa basado en la detección de oportunidades, en proporcionar competencias y formación a medida por profesionales destacados del sector, encuentros networking y acceso a financiación. Uno de los puntos fuertes de este programa es la personalización de la formación “a medida de cada empresa, como un traje que creamos para poder impulsar todo su potencial”, indicó Roberto Verino durante su intervención.

“Un emprendedor como yo no puede estar mejor acompañado hoy al ver la ilusión y los inicios de empresas, que, como la mía, nacen de un sueño. Me siento orgulloso y feliz al poder contar con unos ponentes de prestigio que conocen tan bien la problemática del sector y que estoy seguro ayudarán a que estas diez empresas lleguen a lo más alto”. Abel Caballero también destacó la importancia de que empresas como Roberto Verino se involucren de este modo con Vigo y su área de influencia a través de la mentorización y del acopañamiento porque “solo de los líderes y de los grandes se aprende para seguir innovando”.

Arranca a campaña solidaria Mos Axuda no Nadal

0

A iniciativa, xa un clásico previo ás datas navideñas na localidade mosense, foi presentada con escolares do municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, voluntarios de Mos Axuda e alumnado de 2º curso de Educación Primaria do Colexio Lar, presentaron a campaña solidaria Mos Axuda no Nadal, que regresa á localidade un ano máis coa proximidade das datas navideñas.

A presentación valeu tamén para que a cativada do centro escolar puidera coñecer en profundidade e de primeira man a actividade e dependencias de Mos Axuda, mediante unha visita polas instalacións, sitas en Puxeiros, guiada polos propios voluntarios e voluntarias.

A campaña de Nadal promove a recollida de alimentos en supermercados de Mos, colexios, asociacións, empresas, etc. Así Mos Axuda comeza a traballar a pleno rendemento na campaña navideña de recollida para as familias beneficiarias, polos colexios, supermercados, e locais das asociacións do municipio. Habitualmente colaboran nesta campaña tanto particulares como empresas mosenses e a entrega faise no mes de decembro con productos navideños con motivo das Festas do Nadal.

A iniciativa comezou a ser desenvolvida xa estes días por voluntarios e voluntarias de Mos Axuda nos supermercados Eroski, Gadis e Alcampo de Mos. As doazóns das persoas interesadas en colaborar con esta campaña son vitais para brindar apoio ás familias máis vulnerables do municipio e así facerlles o Nadal máis especial a aquelas e aqueles que máis o precisan.

O Concello de Mos a través de Mos Axuda e grazas ás aportacións de Cruz Vermella, veciñanza, empresariado e tecido asociativo, vén repartindo nos últimos anos unha media anual de 40 toneladas de alimentos.

A rexedora local mosense e a edil Sara Cebreiro quixeron agradecer neste senso “non só as aportacións materiais de particulares e entidades, senón tamén o arduo labor das persoas voluntarias de Mos Axuda que, co seu tempo e traballo, contribúen a facilitarlle a vida aos mosenses que máis o necesitan”. “A todos darlles as grazas pola súa entrega desinteresada por e para axudar aos demais”, destacaron as representantes municipais.

Así, un ano máis Mos Axuda no Nadal traballa para que ningunha familia nin cativo mosenses perdan a ilusión navideña. A campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal recolle produtos comestibles e regalos para os cativos das familias beneficiarias. Os xoguetes entréganse o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.

‘Ningún nenx sen agasallo’

A campaña Mos Axuda de Nadal 2023 inclúe, desde fai anos, o proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a durante o Nadal quede sen facerse realidade. O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada.

Nena Daconte presenta en el hall del Teatro Afundación de Vigo nuevo álbum, Casi Perfecto, un regreso al sonido de sus primeros discos

0

El concierto, que forma parte del ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos, apuesta por un formato íntimo y de proximidad

Nena Daconte presenta mañana sábado, en el hall del Teatro Afundación de Vigo, el disco con el que regresa a los escenarios. Casi Perfecto, el sexto álbum de la cantante madrileña, supone una apuesta por canciones con sonoridades próximas al pop rock de los años noventa, como aquellas con las que comenzó a triunfar a partir de 2006. El concierto, programado como parte del ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos 2023, será mañana sábado 18 de noviembre a las 21.30 horas. Las entradas están agotadas.

La creadora de canciones como Tenía tanto que darte se presenta en Vigo en un formato íntimo que facilite la proximidad con el público. De ahí que el concierto se celebre en el hall del Teatro Afundación, un espacio en el que, además de la música, los asistentes podrán disfrutar de la oferta gastronómica, una de las señas de identidad de los Momentos Alhambra Acustiquísimos 2023. Nena Daconte llega a Vigo en la gira de presentación del disco en el que vuelve sobre las esencias de su música y de su historia. La fotografía y la concepción gráfica de su nuevo disco recuperan escenas del cuento del escritor colombiano Gabriel García Márquez del que la cantante tomó su nombre artístico, El rastro de tu sangre en la nieve.

Los diputados del PPdeG preguntan al Gobierno central por el vuelo de Air Nostrum cancelado en Vigo en favor de los jugadores del Sevilla

0

La formación registra una iniciativa parlamentaria en el Congreso con la que pregunta en Consumo y Transportes por las medidas que se tomaron tras tener conocimiento de la situación generada en Peinador

Se interesa además por conocer las indemnizaciones y sanciones que tendrá que afrontar la compañía por el trato discriminatorio a los 80 pasajeros que elegir entre viajar por carretera o volar al día siguiente

Los Diputados del PPdeG en el Congreso han preguntado al Ministerio de Consumo y al de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, mediante escrito, por el vuelo de Air Nostrum cancelado en Vigo en favor de los jugadores del Sevilla. La formación registró una iniciativa parlamentaria en la que interpela al Ejecutivo sobre este asunto y, específicamente, sobre qué medidas se tomaron tras tener conocimiento de la situación generada en Peinador.

La formación popular se suma así a las reclamaciones realizadas por los viajeros afectados y a las denuncias y quejas formuladas por varias organizaciones de consumidores. Además, se interesa por conocer las compensaciones que recibirán los pasajeros y las sanciones que tendrá que pagar la compañía aérea por el trato discriminatorio que recibieron.

El escrito recoge que el pasado 4 de noviembre unas 80 personas vieron como subían al avión que les correspondía jugadores, técnicos y directivos del equipo de fútbol que había jugado un partido contra el Celta de Vigo esa misma tarde, dándoles prioridad frente al resto de los pasajeros, y asignándoles el único avión que la compañía tenía en ese momento disponible.

La razón que se ofreció entonces fue que el aparato en el que iba a volar el equipo había sufrido una avería y se le priorizó en el último vuelo regular del día a Madrid. En consecuencia, los 80 pasajeros que Air Nostrum decidió dejar en tierra tuvieron que elegir entre regresar por carretera a Madrid, al día siguiente a las 8 de la mañana, o coger el primer vuelo del domingo con los consiguientes perjuicios ocasionados. A este respecto y teniendo en cuenta que, según la versión ofrecida por los propios afectados, la compañía no les facilitó más que un formulario, ni tan siquiera información clara y actualizada sobre compensación y asistencia, los diputados del PP preguntan ahora al Gobierno, además de por las medidas que se tomaron y las sanciones e indemnizaciones que corresponden a la compañía, si se han dirigido a la Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA) para comprobar la obligaciones de Air Nostrum con sus pasajeros.

A unidade de neonatoloxía conmemora o día internacional do prematuro baixo o lema “por ti somos un equipo”

0

Profesionais sanitarios, a Asociación Agaprem, e pais e nais de bebés prematuros xunto cos seus fillos, participaron nunha xornada de portas abertas

No pasado ano naceron no Álvaro Cunqueiro 232 bebés prematuros, un 7,3 do total

Baixo o lema “Por ti somos un equipo”, os profesionais da Unidade de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo conmemorou hoxe o Día Internacional do Prematuro.

Con este lema faise referencia ao traballo en equipo, á atención multidisciplinar que se presta aos bebés prematuros no hospital Álvaro Cunqueiro, e que resulta necesaria para sacar a estos pequenos adiante. Así, nesta asistencia converxen, ademais dos neonatólogos e facultativos de diferentes especialidades médicas, persoal de enfermaría, logopedas, fisioterapeutas, e traballadoras sociais, entre outros.

Neste contexto, organizouse unha xornada de Portas abertas, cunha serie de actividades divulgativas e lúdicas dirixidas ao antigos nenos e nenas prematuros e aos seus pais, así como aos proxenitores dos recén nados que neste momento están ingresados na Unidade.

Unha das charlas divulgativas, titulada “Traballando polo teu desenrolo: Coidados na UCIN”, foi impartida pola enfermeira especialista en pediatría da Unidade de  Neonatoloxía, Isabel Fdz. Pinilla. Ademais, o logopeda Javier Bueno ofreceu outro relatorio titulado “Acompañando a alimentación  nas primeiras etapas do desenrolo”.

Patuco de honra

Pola súa banda, os representantes da Asociación de Nais e Pais de Prematuros  AGAPREM, entregaron este ano o “Patuco de honra” á  pediatra María Jesús Rodríguez, pneumóloga infantil que atende e fai o seguimento destes pequenos, para agradecerlle o seu labor e dedicación nestes anos.

Posteriormente, realizouse unha vista á Unidade de Neonatoloxía que foi decorada para a ocasión. Neste programa tamén tivo protagonismo a música xa que Manuel Morales, catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretou varias pezas musicais de traverso barroco na mesma Unidade.

232 prematuros

O pasado ano naceron no Álvaro Cunqueiro 3.170 bebés, dos que 232 foron prematuros (7,3%, do total).

Para lograr a súa supervivencia e adecuado desenvolvemento cerebral no Álvaro Cunqueiro desenvolvénse algunhas estratexias terapéuticas como a lactancia materna ou a presencia e implicación dos proxenitores nos seus coidados durante a súa estadía hospitalaria.

El TSXG rebaja la pena de prisión a un condenado por agredir sexualmente a la hija de su pareja en Lugo porque confesó los hechos

0

La Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha rebajado de once a siete años y nueve meses de cárcel la pena impuesta por la Audiencia Provincial de Lugo a un condenado por agredir sexualmente, de forma continuada, a la hija de su pareja desde 2013, cuando la menor tenía doce años, hasta 2015.

El alto tribunal gallego, al igual que el órgano de primera instancia, lo ha considerado autor de un delito continuado de agresión sexual con prevalimiento sobre menor de dieciséis años, concurriendo la atenuante de reparación del daño, pero, a diferencia de la Audiencia Provincial, también ha apreciado la atenuante de confesión tardía. De esta forma, explica en la resolución que “lo exteriorizado con claridad por el recurrente al compás de su conocimiento de la denuncia policial y la incoación del procedimiento es relevante y eficaz para el esclarecimiento de los hechos y la realización de la justicia”. 

Sede de Vigo da Deputación acolle a exposición “Grandma” da artista María X. Fernández

0

A mostra abrirá as súas portas o vindeiro mércores 21 de novembro e poderá visitarse ata o 10 de xaneiro de 2024

A sala Maruja Mallo da sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolle desde o próximo 21 de novembro e ata o 10 de xaneiro a exposición “Grandma”, da artista visual María X. Fernández. A mostra, que está aberta a toda a cidadanía e é de acceso gratuíto, está comisariada por Elena Bangueses e xira arredor da confrontación do traballo pautado e dirixido co traballo libre e a creatividade. A artista, manipulando o papel extraído de exemplares da revista “Labores del Hogar”, coleccionadas pola súa nai desde os anos 70, desata unha reflexión visual e conceptual sobre as relacións entre a creatividade feminina, a opresión cultural e a necesidade de liberación artística.

Así, na instalación artística María X. Fernández intervén nos papeis de patróns de bordado destas revistas, que xeralmente interpretan motivos naturais ou obxectos domésticos dun xeito ríxido, convertendo estruturas orgánicas en formas esquemáticas e cuadriculadas. De feito, as formas dos patróns de punto de cruz semellan imaxes pixeladas e na mostra a artista viguesa busca esta xeometría para reinterpretala dun xeito libre. As intervencións compleméntanse con estruturas que medran dun xeito orgánico, visceral e instintivo, inutilizando as revistas, bloqueando toda a información que conteñen para convertelas en materia prima, en textura e cor. O título da proposta é, ademais, unha homenaxe a Louise Bourgeois e á súa serie “Mamán”. María X. Fernández é unha artista visual nada en Vigo que transita con liberdade entre diferentes medios cun carácter experimental.

De maneira autodidacta, desde o seu inicio desenvolve o seu traballo nas lindes entre a escultura, a pintura e a instalación in situ. Nos seus traballos máis recentes céntrase no ser humano, tanto no aspecto individual coma social, especialmente no xénero, e incide nas formas de dominación e violencia. A conciencia ecolóxica penetra en todos os proxectos de xeito transversal. Pola súa banda, Elena Bangueses, a comisaria da mostra, é historiadora da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un mestrado en Xestión Cultural pola City University of London, en Reino Unido. Traballou durante sete anos como xerente na Saatchi Gallery de Londres e actualmente desenvolve o seu labor como comisaria e xestora cultural independente.

Más de 100 quitanieves y 21.000 toneladas de sal integran el dispositivo especial de invierno en Galicia

0

El objetivo es mantener operativos y en condiciones de seguridad los 2.500 kilómetro de carreteras convencionales, autopistas y autovías de titularidad estatal

Un total de 104 máquinas quitanieves, más de 21.000 toneladas de sal, cerca de 3,2 millones de litros de salmuera y 309 operarios garantizarán este invierno la circulación en los 2.500 kilómetros de la red estatal de carreteras en Galicia, según avanza la Delegación del Gobierno.

Este dispositivo diseñado por el Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana busca mantener operativos y en condiciones de seguridad los 2.500 kilómetro de carreteras convencionales, autopistas y autovías de titularidad estatal.

Para ello, a los 309 operativos de mantenimiento de carreteras se sumarán los operarios de la Dirección General de Tráfico, de la Guardia Civil y del resto de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado. Este dispositivo se activó el pasado día 1 de noviembre y se mantendrá activo hasta el 30 de abril de 2024.

Por provincias, habrá 45 quitanieves en Lugo, que recibirá unas 9.350 toneladas de sal y 2,5 millones de litros de salmuera. En Ourense estarán 23 quitanieves, 5.534 toneladas de sal y 110.000 litros de salmuera. En el caso de A Coruña serán 16 las quitanieves que operarán allí, con 2.190 toneladas de sal y 280.000 litros de salmuera, mientras que en Pontevedra habrá 11 quitanieves, 2.050 toneladas de sal y 119.000 litros de salmuera.

Además, en las autopistas estatales habrá 7 quitanieves en la AP-9 y 2 en la AP.53, con 1.900 toneladas de sal entre ambas carreteras y más de 230.000 litros de salmuera.