El administrador de Barreras elige la oferta de Armón

0

Destaca, entre los argumentos para la elección, una oferta económica superior, que el grupo tiene más recursos económicos y una mayor experiencia en la construcción de grandes buques, que está más arraigado en la ciudad o que aporta plazos concretos de inversión

El administrador concursal de Barreras ha trasladado al juzgado Mercantil 3 de Pontevedra su informe sobre las tres ofertas presentadas para adquirir la unidad productiva del astillero vigués, inclinándose por la propuesta de Armón al considerar que no solo es mejor económicamente, sino que está avalada por un grupo empresarial con más recursos y experiencia.

El informe del administrador concursal descarta de forma tajante la oferta de Marina Meridional por no demostrar viabilidad ni una «mínima garantía de continuidad empresarial». Asimismo, en la comparación entre las dos ofertas restantes, la de Armón y la de Gondán, la administración concursal expone que la primera presenta una oferta económica superior, que permitiría pagar los créditos; que el grupo tiene más recursos económicos y una mayor experiencia en la construcción de grandes buques; que está más arraigado en la ciudad; o que aporta plazos concretos de inversión.

Sobre la oferta de Gondán, el administrador argumenta como inconvenientes que no concreta todos los activos; que está muy expuesta a un solo cliente en la construcción de buques de tecnología avanzada; o que no se pronuncia sobre los contratos suscritos por Barreras con los proveedores. Además, cuestiona también que haya garantías de mantenimiento del empleo en el futuro.

Una vez que el administrador concursal ha emitido su informe, ahora es el juzgado quien debe determinar cuál de las tres ofertas será la adjudicataria de la unidad productiva del astillero.

Además del administrador concursal, la consultora Kroll -contratada por los dueños de Barreras, Ritz Carlton, para pilotar el proceso de liquidación- también ha presentado informe expresando su preferencia por Armón, mientras que el comité pide que se le adjudique a Gondán, por mantener la práctica totalidad de la plantilla.

O BNG de Vigo denuncia que o Concello executou cero euros de axudas sociais pese a grave crise da inflación

0

A fronte nacionalista acusa ao Goberno municipal de deixar sen gastar a partida prevista no primeiro trimestre de ano para axudas de vivenda, alimentación e gastos básicos

Critica que o Concello eliminara o cheque social das prestacións e que estea a denegar a tarxeta de alimentos a beneficiarias de axudas como a Risga ou Ingreso Mínimo Vital

Xabier P. Igrexas: “Diante dun Goberno español que só toma medidas de carácter cosmético e da deliberada inacción da Xunta, é urxente que o Concello despregue un maior esforzo en política social neste contexto de carestía da vida”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia que o goberno de Abel Caballero deixou sen executar no primeiro trimestre do ano a totalidade das axudas para vivenda, alimentación e gastos básicos, dotada con apenas 357 mil euros. A fronte nacionalista valora como “incomprensíbel” a falla de respostas neste grave contexto de crise derivada da suba descontrolada dos prezos e chama a un maior esforzo a nivel municipal para converter o Concello nun “verdadeiro parapeto social”.

“Non podemos permitir que ninguén quede atrás en Vigo, que conta cun orzamento anual de 376 millóns de euros”, defendeu o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que nestes momentos se reserven máis fondos do presuposto local «para subvencionar aeroliñas privadas que para atender as crecentes necesidades sociais».

O edil nacionalista sinalou que o aumento da inflación está agravando a situación de empobrecemento, nunha cidade onde xa existían “colas da fame”, con preto de 60 mil persoas en risco de exclusión social e máis de 20 mil persoas no desemprego. Así, alertou de que os prezos de bens e servizos esenciais —como as facturas de auga, luz ou gas — teñen incrementado case un 39% no último ano, no caso dos custos do transporte un 19,3% ou máis dun 7% no prezo dos alimentos.

“Diante dun Goberno español que só toma medidas de carácter cosmético e da deliberada inacción da Xunta de Galiza, é urxente que o Concello despregue un maior esforzo en política social neste contexto de crise económica e carestía da vida”, reclamou Igrexas. Nesa liña, criticou a “desaparición inxustificada e unilateral” do denominado cheque social, «convertido hoxe polo goberno de Abel Caballero en axudas de carácter puntual».

O concelleiro do BNG cualificou ademais de “irracional e inxusto” que o Concello rexeite conceder axudas de alimentos, a coñecida como tarxeta de alimentos, a aquelas persoas e familias vulnerábeis que son beneficiarias da Risga ou do Ingreso Mínimo Vital. “Estas axudas son absolutamente insuficientes e non garanten nin tan sequera a subsistencia material, non podemos comprender como de maneira burocrática o Concello de Vigo se atreve a denegar axudas de carácter extraordinario cando as familias están a padecer o brutal golpe do incremento dos prezos”, criticou.

Igrexas asegurou que son moitas as veciñas e veciños de Vigo que, nas últimas semanas, veñen advirtindo de situacións económicas desesperadas ou con serias dificultades para chegar a fin de mes. “O BNG afirmamos de maneira clara e contundente que hai alternativas, tamén desde o municipal, poñendo en marcha todos os recursos e a capacidade do Concello de Vigo para atender as verdadeiras prioridades sociais”.

COGAMI denuncia a desesperante espera das persoas con discapacidade para ter unha valoración axeitada

0

Unha ringleira de persoas denuncia fronte as instalacións do EVO de Vigo os retrasos que existen para a valoración da discapacidade

COGAMI, COCEMFE nacional e o seu movemento asociativo exixen terminar coas esperas de ata 36 meses para ter a valoración e de 20 anos para renovar o baremo da discapacidade

Un total de 18 filas repartidas por España fronte a edificios públicos protestaron na xornada de hoxe contra esta espera e o impacto que provoca no exercicio dos dereitos de milleiros de persoas

Baixo o lema #EsperaYDesespera, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) denunciou este martes diante das instalacións do Equipos de Valoración e Observación da Discapacidade (EVO), a desesperante espera que milleiros de persoas levan vivindo dende hai anos por unha valoración a tempo e unha baremación actualizada.

Mediante a formación dunha ringleira de máis de trinta persoas que saía da porta principal do EVO, COGAMI quixo simbolizar e denunciar as intolerables esperas que deben asumir as persoas con discapacidade para poder acceder aos seus dereitos, causados aos retrasos existentes, tanto na valoración do grao de discapacidade como na implantación do novo baremo da discapacidade.

Este acto, organizado co motivo do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, contou en Vigo coa participación de representantes das entidades Federación Provincial COGAMI Pontevedra, Vontade de Baixo Miño, Asem Galicia, AVEMPO, Fibrose Quística, Agadhemo e persoas usuarias e profesionais do centro de recursos que COGAMI ten en Mos, xunto a persoas que permanecen á espera da súa valoración ou de que se renove o baremo actual, exixiron o fin desta situación.

Durante as intervencións, denunciouse que non recibir unha valoración ou unha revisión do grao de discapacidade a tempo, prexudica ás persoas con discapacidade no emprego, a educación, a accesibilidade, a saúde e tamén impide acceder a prestacións que compensan a  desigualdade de oportunidades.

Dependendo da Comunidade Autónoma, o tempo de agarda é variable, pero incluso dentro dun mesmo territorio ou unha mesma provincia, atopamos diferencias notables ao respecto. Na mesma cidade, pódese atopar un tempo de espera medio de 11 meses e persoas que tardan ata 36 meses en conseguir ter a mesma valoración.

Nos casos máis graves detectados por COGAMI, COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) e o seu movemento asociativo, hai persoas que faleceron antes de ter a resolución, tendo que estar todo o tempo de espera sen recibir apoios no momento no que os precisaban. É importante concretar e apurar estes  trámites para saber se as persoas con discapacidade van ter acceso ou non a certas medidas de apoio.

A todo isto, súmase o novo baremo da discapacidade, cunha espera que ascende a máis de 20 anos. É urxente poñer en marcha o novo baremos do grao de discapacidade, o cal foi consensuado por organizacións, o Goberno e as Comunidades Autónomas.

Este novo baremo non é o ideal porque non aporta certezas sobre o seu despregamento e non indica que elementos vai incorporar fronte aos grandes retrasos na valoración e revisión do grao de discapacidade e fronte á infradotación de recursos nos servizos, que dificulta e condiciona a implantación. Aínda así, é necesario que se poña en marcha porque incorpora melloras para o recoñecemento vinculadas á discapacidade orgánica, como a fatiga e a dor, enfermidades reumatolóxicas ou enfermidades que cursan con brote.

Esta fila forma parte da campaña #EsperaYDesespera á que se sumou COGAMI, como entidade membro de COCEMFE. De maneira simultánea, formáronse un total de 18 ringleiras fronte a edificios públicos repartidas por España para protestar contra esta desesperante espera e contra o impacto que provoca no exercicio de dereitos a milleiros de persoas. Esta campaña está financiada a través das subvencións para a realización de actividades de interese xeral consideradas de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.

El Consejo Regulador Rías Baixas y la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa firmaron hoy un convenios de promoción internacional

0

El Consejo Regulador Rías Baixas y las bodegas amparadas dispondrán de 117.720 € para desarrollar seis acciones internacionales durante 2022

El Consejo Regulador de la D.O. Rías Baixas y la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa firmaron esta mañana en la sede de la Cámara un convenio para el desarrollo de acciones de internacionalización. Dicho acuerdo se incluye dentro de las actuaciones desarrolladas en el seno del Plan Internacional de Promoción de la Cámara de Comercio de España, financiado por FEDER. El presupuesto total asciende 117.720 €.

Este convenio permitirá a las empresas acceder a la cofinanciación ofrecida por FEDER, que alcanza un 80% de los gastos de viaje para que las bodegas interesadas puedan participar en un total de seis actividades promocionales en el ámbito internacional: una Misión Inversa de compradores procedentes de Europa; una Misión Directa a Europa; cuatro Showrooms: dos en México (Cancún y Riviera Maya); uno en Londres y otro en República Dominicana. Estas actividades se desarrollarán a lo largo de este año.

Dicho acuerdo reedita otros firmados en ejercicios anteriores y completa otras acciones realizadas conjuntamente con el Consejo Regulador en el seno del Plan FOEXGA, cofinanciado por el IGAPE.

Por su parte, el presidente del Consejo Regulador, Juan Gil de Araujo, agradeció la apuesta constante de la Cámara por el sector vitivinícola de Pontevedra, cada vez más importante para la economía de esta provincia: “el hecho de que hayan ampliado su apoyo a otras actividades promocionales en el exterior es fundamental para nuestro sector, cuyas cifras de exportación no paran de crecer. Necesitamos ampliar nuestras actividades internacionales y contar con todo el apoyo institucional posible como sucede con la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa”. La Cámara destacó la buena disposición del Consejo, su profesionalidad a la hora de elegir y desarrollar acciones promocionales: “Quiero agradecer al Presidente del Consejo Regulador, D. Juan Gil de Araujo, su magnífica disposición para hacer realidad este convenio. Además, deseo felicitar al Consejo y a sus empresas por el firme compromiso con la ampliación y consolidación de sus exportaciones. El prestigio de nuestros vinos en los mercados internacionales sigue creciendo y ello se debe a su magnífica calidad y al esfuerzo comercial realizado. La Cámara que presido seguirá apostando con todos sus recursos por impulsar la internacionalización de nuestras empresas”.

O Teatro Afundación Vigo acolle a representación do Ballet de Moldavia

0

A emblemática compañía poñerá sobre o escenario vigués a súa representación de O lago dos cisnes

No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas asistentes a este evento a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle no seu Teatro Afundación Vigo mañá, mércores 4 de maio, ás 11.00 h a rolda de prensa arredor da representación de O lago dos cisnes a cargo do Ballet de Moldavia. A este encontro cos medios de comunicación acudirán Cristina Terentiev, prima ballerina; Juan Francisco Gómez, voceiro e tradutor do Ballet de Moldavia; e Cristina Iglesias, coordinadora de Sedes e Centros de Afundación. As entradas para este evento, que terá lugar o xoves 5 de maio ás 20.30 h no mesmo teatro, están dispoñibles a través de Ataquilla.com.

Esta representación enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao acudir ao evento.

Falece o vicerreitor da Universidade de Vigo, Manuel Ramos Cabrer

0

O responsable de Profesorado finou repentinamente esta mañá no seu domicilio

O equipo de goberno lamenta a perda de Ramos, polo que se gardou un minuto de silencio na EET

Profunda consternación e tristeza provocou na comunidade universitaria a confirmación do falecemento a primeira hora desta mañá do vicerreitor de Ordenación Académica de Profesorado, Manuel Ramos Cabrer. Na véspera da celebración das eleccións a reitor, ás que concorría novamente na candidatura liderada por Manuel Reigosa, e a Claustro, Ramos falecía repentinamente a primeira hora deste martes no domicilio familiar de Gondomar.

O equipo de goberno da UVigo, profundamente afectado polo falecemento de Ramos; compañeiros e compañeiras da vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación manifestan o seu fondo pesar pola perda do vicerreitor de Profesorado, do que destacan o seu compromiso coa institución académica, a súa profesionalidade e gran capacidade de traballo, ademais da súa enorme calidade humana.  

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, en nome de toda a comunidade universitaria, trasladou o seu máis sentido pésame á familia de Ramos Cabrer.

Minuto de silencio na EE de Telecomunicación

Na entrada da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, onde estaba o seu despacho como docente e onde pasou tantas horas ensinando e investigando, este mediodía gardouse un minuto de silencio en memoria e homenaxe do vicerreitor falecido. Encabezado polo reitor, Manuel Reigosa, e por boa parte do seu equipo de goberno, visiblemente emocionados, foi un acto sinxelo e emotivo no que a comunidade universitaria, sobre todo os seus colaboradores máis próximos e compañeiros de escola, tiveron oportunidade de honrar a súa memoria. O acto pechouse coas palabras da directora da escola, Rebeca Díaz, que fixo fincapé na “enorme perda persoal e profesional” que supón este falecemento.

Mañá mércores, ás 18.30 horas na praza Miralles, un membro do equipo de goberno procederá a dar lectura a un comunicado en memoria do seu compañeiro falecido.

Destacada traxectoria docente, investigadora e de xestión na UVigo

Nacido en Lugo en 1966, Manuel Ramos era enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. Incorporouse á institución académica viguesa en 1991, onde ocupa praza de catedrático desde novembro de 2021. Integrante do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información e do centro de investigación atlanTTic foi autor de 54 artigos en revistas indexadas, 12 capítulos en libros e máis de 80 comunicacións en congresos de ámbito internacional. Así mesmo, participou en 40 proxectos de investigación financiados en diversas convocatorias competitivas e en 49 contratos de transferencia e cursos con empresas. 

No ámbito da xestión, desempeñou os cargos de adxunto ao vicerreitor de Investigación como director do Servizo de Telecomunicacións, director do Departamento de Enxeñaría Telemática e coordinador do programa de doutoramento e do máster oficial deste departamento. Foi membro do Claustro, da Mesa do Claustro, do Consello de Goberno e da COAP durante 16 anos, ademais de representante sindical do profesorado funcionario na Xunta de PDI da universidade durante oito anos. Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado no primeiro mandato de Manuel Reigosa entre os anos 2018 e 2022, Ramos figuraba no equipo de goberno co que Reigosa concorre ás eleccións que terán lugar mañá mércores 4 de maio.

Eleccións a reitor e Claustro, mañá

O repentino pasamento do vicerreitor de Profesorado Manolo Ramos, non alterará a celebración da cita electoral que mañá terá lugar na UVigo. «Feitas as consultas oportunas e valorando as distintas razóns de oportunidade que puideran estar presentes, mantense o calendario aprobado pola Comisión Electoral, que xa foi informada ao respecto, polo que a data da votación nas eleccións á Reitoría e representantes no Claustro Universitario mantense para mañá mércores, día 4 de maio, no horario previsto, de 10 a 18 hora», confirmou a presidenta da Comisión Electoral, Belén Rubio.

A Praza de Abastos do Calvario acollerá a Séptima edición do Mercado da Arte

0

A Praza de Abastos do Calvario acollerá, despois dun gran paron, por culpa da pandemia, a Séptima edición do Mercado da Arte, unha cita onde se combina a exposición e venda de obras artísticas. Será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, entre as 11h e as 21h, onde os bancais das peixeiras enchense un ano mais de obras artísticas de máis de 60 autores. Contamos con distintas disciplinas artísticas: ilustración, pintura, cerámica, fotografía e xoyeria son as que complentan os bancais das peixeiras, que un ano máis se converten en escaparate de arte.

Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Tirando da cercania dos mesmos apostamos por unha programación de calidade e de cercania sendo todos os participantes da programación da mesma cidade Olivica.

Haberá dous concertos. En horario de mañan, estara o Paolo Pascual, o proxecto do thereminista, teclista e guistarrista vigues. E pola tarde, o grupo encargado de facer o peche desta 7ª edición será Indy Tumbita & The Voodo Bandits, banda viguesa de músicos consagrados con influencia da chicha, da cumbia sicodélica sen deixar de lado o son surf.

Tamén cabe destacar a presenza de Aroa Berjon, co seu conto “Los poderosos animales que te acompañan”, coa intención de reconectarnos coa maxia dos animais que habitan dentro de nós. Toda a programación será feita na rúa, e acompañara a mesma distintos artistas Vigueses que estarán na entrada do mercado con algunha sorpresa máis.

A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado polos artistas participantes no Mercado. O cal subastárase o final da xornada, os cartos destinaranse a protectora de animais Os biosbardos. O evento este ano adicase a toda a humanidade, por un mundo mais cheo de apertas e menos bitcoins. Todo isto acompañado dun rico xantar, a cargo do Pasito a pasito.

Este mercado da a oportunidade de coñecer o arte emerxente a nivel galego xa que os artistas veñen de distintos lugares de Galicia. Unha cita interesante para as diferentes galerias de arte onde poden pasar a coñecer a obra de artistas con gañas de enseñar o seu traballo. O Mercado da arte nace coa ilusión de mostrar o traballo dos artistas e levar este traballo a pe de rúa, achegandoo a un público que doutro xeito non o coñeceria.

Roman Rodríguez destaca la singularidad del Festival de Cans como valor de marca para el audiovisual gallego

0

El conselleiro de Cultura, Educación y Universidad en funciones interviene en la presentación de la 19ª edición del evento de O Porriño, que se celebra del 17 a 21 de mayo y con la que se sitúa entre los 11 certámenes audiovisuales subvencionados este año por la Xunta a través de una convocatoria dotada con 210.000 euros

Se muestra optimista delante de las cifras de reactivación del sector, a las que los festivales contribuyen como plataforma de promoción de la “gran diversidad y del gran talento” del cine que se hace en Galicia

Recuerda el impulso que está significando para el sector la inversión extraordinaria a través del Hub Audiovisual de la Industria Cultural, con 9,6 M€ hasta 2023

El conselleiro de Cultura, Educación y Universidad en funciones, Román Rodríguez, se desplazó hasta la aldea de Cans, en el Porriño, para presidir la presentación de la 19ª edición de su famoso festival, del que destacó su singularidad y su “valor de marca identitaria y diferencial” para nuestro audiovisual. Su gran oferta cultural y lúdica y su papel como plataforma de difusión del cine que se hace en Galicia vuelven a situar el certamen porriñés entre los subvencionados por la Xunta a través de la línea de ayudas a muestras estratégicas del sector, que este año distribuye 210.000 euros entre 11 citas.

De hecho, tal y como explicó el conselleiro, el 19º Festival de Cans fue el que logró la mayor puntuación de todos los presentados la esta convocatoria, adjudicada en régimen de concurrencia competitiva, obteniendo una aportación de 31.000 euros, que fue la cuantía total solicitada por su organización.

Un año más, el Torreiro de Cans acogió el acto oficial en el que se desveló la programación completa del certamen y en el que también participaron el equipo organizativo y los representantes de las diferentes entidades y empresas colaboradoras en esta edición que, después de dos años, regresa al mes de mayo para celebrarse entre los próximos días 17 y 21. Román Rodríguez, quien comenzó su intervención con un recuerdo a Eva García de la Torre, la anterior alcaldesa de O Porriño, fallecida el pasado mes de enero, destacó el papel de todos los agentes implicados en la celebración de este evento como responsables del éxito que viene cosechando año tras año y, en especial, “el compromiso de todo el vecindario para que este festival siga siendo inolvidable”.

Cifras para el optimismo

En referencia a los efectos de estos años de pandemia, se mostró optimista delante de la recuperación de la práctica totalidad de las actividades culturales y a la luz de las cifras que arroja el último Barómetro de la Cultura elaborado por el Consello da Cultura Galega. “Hoy Galicia es una de las cuatro comunidades autónomas en las que se está incrementado el número de trabajadores del sector”, señaló, al tiempo que destacó que este estudio también prevé el aumento de los ingresos junto con el de la demanda por parte de los públicos, usuarios y consumidores de productos culturales.

En el caso concreto del audiovisual, esta reactivación se refleja claramente en el regreso de los festivales audiovisuales a su formatos y fechas habituales, manteniendo e incluso reforzando su función como plataformas de promoción de la gran diversidad y del talento del cine y del resto de productos audiovisuales que se realizan en Galicia.

El conselleiro recordó también que la Xunta está respondiendo la este esfuerzo del sector por recuperar y, en muchos casos, intensificar su actividad tras los momentos más complicados de la pandemia con las diferentes medidas puestas en marcha a través del nuevo Hub Audiovisual de la Industria Cultural. Este programa extraordinario complementa el programa anual de subvenciones autonómicas con una inversión de 9,6 millones de euros hasta 2023 a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) dentro del Eje REACT-UE del Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte de la respuesta de la Unión Europea a la pandemia de la covid-19.

Secciones competitivas

Dentro de su amplia programación, el XIX Festival de Cans celebrará su día grande el sábado 21 de mayo con la sección oficial de cortometrajes, en la que se exhibirán 12 obras, de las que seis son estrenos absolutos y otras cuatro primeras proyecciones en un certamen gallego. Durante esa jornada podrán verse, entre otros, los nuevos trabajos de Lois Patiño, Eloy Domínguez, Ángel Santos, Guillermo de Oliveira o Lucía Estévez, entre otros.

Se trata del principal apartado del programa competitivo, que repartirá 10.200 euros en premios, y dentro del que también se desarrollan las sección Furacáns, Novas Camadas y Videoclips. Además de los galardones que se otorgarán en las diferentes categorías, Cans volverá a conceder sus reconocimientos honoríficos, que en esta ocasión recaerán en la cineasta Margarita Ledo, en el actor Federico Pérez, en el periodista y realizador Javier Tolentino y nos vecinos de Cans Marisol Troncoso y Alfonso González.

Fuera de competición, el primer capítulo de Rapa , serie filmada en la Serra da Capelada con el apoyo del fondo de rodajes del Hub Audiovisual de la Xunta, será la proyección inaugural el jueves 19. También se exhibirán en Cans as longas Malencolía, de Alfonso Zarauza; Valentina, de Chelo Loureiro, y Un blues para Teherán, de Javier Tolentino, además del corto documental Miedo al miedo sobre la gallega Eme DJ.

El intenso programa del festival incluye un foco internacional sobre el realizador portugués João Nicolau, una retrospectiva de las piezas cortas de Margarita Ledo, exposiciones, encuentros profesionales y coloquios con Javier Monzón, Tamar Novas o Chechu Salgado, entre otros, así como un amplio programa de conciertos con Dakidarría, Amparanoia, Juan Zelada, Sila Lua, Astrogirl, Caldo, The Incredible Peón Kurtz Dj, Los Vinagres y Eme Dj.

O Marisquiño competirá co Basket 3×3 na Praza de Vialia

0

Abel Caballero, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os organizadores de festival, acompañados tamén polo director do C.C. Vialia anunciaron que o Basket 3×3 do festival de deporte urbano desenvolverase na nova praza: “O Marisquiño ten que ter unha visión de conxunto da cidade”, declarou o rexedor

O Concello, a Deputación e O Marisquiño deron a coñecer que o Basket 3×3 desenvolverase na nova praza de Vía Norte. Dentro da expansión de O Marisquiño por toda a cidade e tras anunciar que o Skate volve á Praia de Samil, agora tócalle a quenda ao Basket 3×3, unha disciplina cada vez máis popular no evento.

Para o alcalde O Marisquiño é “o deporte urbano por excelencia e este ano imos impulsalo, para darlle unha visión de conxunto da cidade e por iso seleccionamos outros ambientes, como o Skate en Samil e agora o Basket 3×3 na Praza de Vialia”

Caballero quixo louvar ao Marisquiño: “É o certame máis importante de deporte urbano no verán en Europa e queremos que sexa o mellor do mundo, e niso estamos a traballar. É o noso obxectivo”, afirmou.

A nova estación de ferrocarril é un nó de transportes e de chegada do público máis novo a Vigo desde toda Galicia e do resto de España, polo que é un lugar estratéxico para o festival; ademais, fíxose un esforzo importante por dotar á cuberta de infraestruturas de deportes urbanos accesibles e gratuítos para toda a cidadanía, especialmente o máis novas, consolidando a Vigo como a capital dos deportes urbanos do noso país grazas ás súas numerosas infraestruturas públicas.

“Fai cinco anos isto era un buraco. Hoxe tempo un espazo tan importante para a cidade, cun gran centro comercial, unha gran estación de trens e esta praza chea de vida e posibilidades. Gañamos novos espazos para o ocio, o deporte, a vida saudable, para o paseo das familias…”, declarou no acto.

Esta nova localización de toda unha proba FIBA proxectará unha imaxe da cidade urbana, nova e moderna e favorecerá tamén a economía circular, levando o retorno económico que xera o evento a outros barrios da cidade conectados co público máis urbano, máis novo e máis dinámico.

Cabe lembrar que a proba será clasificadora para competir nun torneo Challenger 2022. Que terá categoría masculina e feminina e que serán 24 os equipos que competirán ao máis alto nivel e buscarán alzarse co premio final nun escenario único e cun público entregado que poderá gozalo desde unhas bancadas especiais (asistencia gratuíta) e con servizos de restauración.

O Concello abre a convocatoria das axudas á instalación de ascensores en edificios

0

A Xerencia de Urbanismo aprobou este martes a convocatoria para outorgar axudas para a mellora da accesibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos, que ten un importe de 100.000 euros en dous anos

“En Vigo hai un número importante de edificios que precisan deste tipo de habilitación, que precisan reformas para trazar a accesibilidade nas vivendas e para salvar estas dificultades seguimos facendo os nosos programas”, expuxo Abel Caballero, ao informar este martes da apertura da convocatoria das axudas para o período 2022-2023.

Tal e como explicou, o programa de axudas está pensado para aquelas vivendas que non dispoñen de ascensor e nas que residen persoas de idade. O Concello destinará 100.000 euros no período 2022-2023.

O importe máximo total a subvencionar por edificio residencial colectivo é de 3.000 euros para actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 15 de outubro de 2023. A estas axudas poden acollerse actuacións de primeira instalación de ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, varandas ou obras que teñan por finalidade salvar os desniveis existentes entre a beirarrúa e o portal ou entre o portal e o ascensor. Serán as comunidades de propietarios ou grupos de propietarios os que deben presentar as solicitudes tras a publicación no BOP da convocatoria.