A Praza de Abastos do Calvario acollerá, despois dun gran paron, por culpa da pandemia, a Séptima edición do Mercado da Arte, unha cita onde se combina a exposición e venda de obras artísticas. Será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, entre as 11h e as 21h, onde os bancais das peixeiras enchense un ano mais de obras artísticas de máis de 60 autores. Contamos con distintas disciplinas artísticas: ilustración, pintura, cerámica, fotografía e xoyeria son as que complentan os bancais das peixeiras, que un ano máis se converten en escaparate de arte.
Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Tirando da cercania dos mesmos apostamos por unha programación de calidade e de cercania sendo todos os participantes da programación da mesma cidade Olivica.
Haberá dous concertos. En horario de mañan, estara o Paolo Pascual, o proxecto do thereminista, teclista e guistarrista vigues. E pola tarde, o grupo encargado de facer o peche desta 7ª edición será Indy Tumbita & The Voodo Bandits, banda viguesa de músicos consagrados con influencia da chicha, da cumbia sicodélica sen deixar de lado o son surf.
Tamén cabe destacar a presenza de Aroa Berjon, co seu conto “Los poderosos animales que te acompañan”, coa intención de reconectarnos coa maxia dos animais que habitan dentro de nós. Toda a programación será feita na rúa, e acompañara a mesma distintos artistas Vigueses que estarán na entrada do mercado con algunha sorpresa máis.
A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado polos artistas participantes no Mercado. O cal subastárase o final da xornada, os cartos destinaranse a protectora de animais Os biosbardos. O evento este ano adicase a toda a humanidade, por un mundo mais cheo de apertas e menos bitcoins. Todo isto acompañado dun rico xantar, a cargo do Pasito a pasito.
Este mercado da a oportunidade de coñecer o arte emerxente a nivel galego xa que os artistas veñen de distintos lugares de Galicia. Unha cita interesante para as diferentes galerias de arte onde poden pasar a coñecer a obra de artistas con gañas de enseñar o seu traballo. O Mercado da arte nace coa ilusión de mostrar o traballo dos artistas e levar este traballo a pe de rúa, achegandoo a un público que doutro xeito non o coñeceria.

