O Concello inicia a instalación das novas ramplas en Gran Vía

0

Abel Caballero visitou a obra da Gran Vía Fase II, na que hoxe comezou a instalacións das ramplas mecánicas entre as rúas Bolivia e Nicaragua

O alcalde visitou as obras da Fase II da Gran Vía. Hoxe comezou a instalación das ramplas mecánicas entre a rúa Bolivia e Nicaragua, unha das dúas que ocuparán o bulevar da rúa no tramo entre Venezuela e Praza de España.

Abel Caballero explicou que a montaxe é un proceso “complexo” e que as obras poderían estar rematadas no mes de xaneiro: “Imos parar as obras durante o Nadal para o bo funcionamento do comercio na zona”, avanzou o rexedor.

A Fase II da Gran Vía é un dos proxectos presentados polo goberno local á convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos europeos Next Generation EU. O proxecto foi elixido polo ministerio de Transportes, para ser financiado ao 75%, aportando 3.200.000 millóns dos 4.235.000 do total.

Caballero cifrou a obra completa da Gran Vía en torno aos 10 millóns de euros y cualificou a súa utilización de “impresionante”: “Era un espazo que non tiña uso. Agora é masivo, con miles e miles de persoas cada día que toma café, charla nos bancos…”

O rexedor concluíu facendo un balance das obras do Vigo Vertical, cun valor desde o seu inicio de 75 millóns de euros: Gran Vía, elementos mecánicos en rúa Carral – Porta do Sol, ascensor praza da estación, HALO, escaleira mecánica en Talude, ascensor entre Travesía e Aragón na zona da Igrexa, rampla de acceso ao centro de saúde de Teis, rampla entre Travesía e Aragón no tramo alto, ramplas de Ramón Nieto ao CEIP Fonte Escura e o centro de saúde de Lavadores, acceso mecánico ao colexio Losada, entre Romil e Hispanidade, ramplas Escultor Gregorio Fernández, outra en Serafín Avendaño, accesos mecánicos entre Camelias e Hispanidade e Marqués de Valterra e Torrecedeira, ambos en Juan Ramón Jiménez, proxecto de Vigo Vertical entre o Berbés e o Paseo de Alfonso. A isto súmanse os elementos mecánicos xa en funcionamento como as escaleiras mecánicas de Praza Portugal, o ascensor de Pizarro ao barrio de Ribadavia, a humanización de Juan Ramón Jiménez, as escaleiras de II República e o ascensor de San Salvador.

Fernández-Tapias presenta la quinta edición del Festival Underfest en Vigo y destaca su consolidación como «referente del otoño musical» en Galicia

0

La delegada territorial de la Xunta avanzó el cartel del evento que en esta ocasión llevará a 18 artistas por el Auditorio Mar de Vigo, Museo MARCO, Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva y Masterclub

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentó este martes a quinta edición del Festival Underfest SON Estrella Galicia que llega de nuevo a las salas vigueses entre lo 22 y el 24 de septiembre como “referencia del otoño musical gallego”. La promotora Sweet Nocturna vuelve a contar con el patrocinio de la Xunta a través de la marca FEST Galicia, además de recibir ayuda por medio de la convocatoria de subvenciones de la Consellería de Cultura, Educación y Universidad a festivales profesionales de música.

“Estamos ante una cita que ya se consolidó en la ciudad y que se convirtió en el escenario perfecto para la música urbana, con un formato diferente y muy cuidado”, señaló la representante autonómica durante el acto de presentación del evento. Los escenarios escogidos en esta ocasión para este festival con un total de 18 artistas son el Auditorio Mar de Vigo, el Museo MARCO, la Sala Kominsky, La Iguana, Mogambo, Radar, Reserva y Masterclub.

El británico Michael Kiwanuka, reconocido cómo una de las mejores voces del soul actual y alabado por prensa y público, encabeza el cartel de esta edición. Segundo explicó David Lago, de Sweet Nocturna, se trata de un de los artistas más solicitados por los festivales más importantes de medio mundo y hará su estreno en Galicia dentro del festival vigués.

Además, existirán interesantes propuestas como la de los belgas Goose, el londinense PM Warson, la espectacular cantante americana Sarah McCoy o los suecos Diamond Dogs. En el cartel también figurarán artistas nacionales de referencia nos sus respectivos estilos como Hidrogenesse o Doctor Explosión.

Y como siempre dentro del festival habrá espacio para nuevos artistas en plena ebullición como Judeline y por supuesto propuestas que representarán el mejor talento gallego. Además, la oferta del festival se completa dando espacio y visibilidad a campos como la ilustración y el diseño gráfico musical.

Así, el Underfest traerá hasta Vigo la exposición interactiva Error! Design, 20 years of music artwork, con más de 30 piezas del artista catalán Xavi Forné. La muestra reunirá una interesante colección de cartelismo musical, donde se repasan sus más de 20 años de carrera. La exposición se inaugurará este miércoles 21 de septiembre (20.00 h) y contará con música en directo.

En la presentación también participaron Cristina Canosa, representante de Estrella Galicia, y Pablo Estévez, por el Ayuntamiento de Vigo. Seleccionado dentro del conjunto de festivales estratégicos de la Xunta que componen Fest Galicia, el Underfest SON Estrella Galicia es un festival realizado en Vigo que forma parte de este grupo que aglutina a los principales festivales que se celebran en nuestra comunidad.

O alcalde visita o remodelado Pazo da Oliva

0

Coas obras practicamente finalizadas, Abel Caballero percorreu xunto á tenente de Alcalde, María José Caride, e aos promotores as instalacións do histórico edificio, situado no Casco Vello, que acaba de ser reconstruído e queda conformado por catro sotos, entreplanta, planta baixa e dúas alturas cunha superficie total superior aos 4.000 metros cadrados. Na visita participou tamén o cociñeiro Pepe Solla que se encargará dos dous restaurantes e da coctelería do Pazo da Oliva que amais disporá de espazos para acoller actos socioculturais.

O campus da Universidade de Vigo volverá acoller un hackatón ao servizo da innovación social

0

O Hack for Good desenvolverase no Teatro Vidal Bolaño entre o 20 e o 22 de outubro

O alumnado inscrito deseñará solucións tecnolóxicas innovadoras a retos e desafíos actuais

Os hackers “bos” do Hack For Good volverán ao campus o vindeiro mes, no que supón o regreso deste hackatón tras dous anos de parón pola pandemia. Este evento, organizado pola rede de cátedras Telefónica, desenvólvese simultaneamente en universidades de varias cidades de todo o Estado durante 48 horas, tempo no que o alumnado participante debe desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras que dean resposta a máis dun cento de retos sociais propostos por ONG, fundacións, institucións e universidades, con fin último de traballar por un mundo mellor.

A Universidade de Vigo volverá ser unha das sedes que acollan este evento, que terá lugar entre os días 20 e 22 de outubro, e para o cal o prazo de inscrición xa está aberto. Ao longo destes tres días, as e os participantes deberán enfrontarse, por equipos ou de xeito individual, a unha serie de retos ou desafíos de innovación social que requiran unha solución tecnolóxica innovadora. Como explica o director da Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, José Cidrás, “a temática dos retos é aberta, pero buscando sempre a innovación tecnolóxica, social, económica,…”. En concreto, os retos xiran arredor de tres liñas temáticas: smart cities, smart worlds e smart society; M2M e internet das cousas e impacto nas persoas e nos cidadáns. Con todo, o hackatón está aberto a calquera tema relacionado coa innovación social. Ademais, desta volta, os premios temáticos están centrados nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A finalidade é poñer a tecnoloxía ao servizo das necesidades sociais para desenvolver novas ideas, servizos ou aplicacións que axuden a resolver problemas, satisfacer necesidades e crear novas comunidades a través de colaboracións entre institucións públicas, privadas e do terceiro sector.

O encontro, que se celebrará no Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo, está promovido por Telefónica a través da rede de cátedras, entre elas a da UVigo, co apoio da Fundación Hazloposible, a Fundación Telefónica e MashmeTV. As e os alumnos interesados en participar poden facelo, como lembra Cidrás, “ata o vindeiro 18 de outubro, aínda que se recomenda non deixa a inscrición para o último momento”.

4000€ en premios na fase local 

O alumnado participante optará, ademais de a un premio de ámbito global, a tres premios de carácter local: o primeiro dotado de 1000€, o segundo de 600€ e o terceiro de 400€. A estes sumaranse tamén tres premios temáticos que se outorgan na sede de Vigo. O primeiro deles, de 500€, será para a mellor proposta no eido da innovación enerxética e sostibilidade. Coa mesta contía, tamén se entregará un premio relacionado coa innovación social e, finalmente, outros dous, de 500€ cada un, para as mellores achegas relacionadas cos 17 ODS da Axenda 2030.

Para seleccionar os gañadores, o xurado terá en conta a formación de equipos multidisciplinares que inclúan todos os perfís necesarios para o desenvolvemento das solucións aos retos. Estes servizos ou aplicacións valoraranse en función do impacto e importancia do problema solucionado, a creatividade, a innovación a facilidade e baixo custe do seu despregue, a adaptación a multi dispositivo ou o uso de software libre e estándares abertos.

Programa do evento

O Hack for Good 2022 arrancará o día 20 ás 17.00 horas coa recepción e rexistro dos participantes, seguido dunha conferencia. O venres ás 09.30 horas arrancará a competición, que durará toda a xornada, coa presentación dos retos e cun acto oficial de inauguración. O sábado pola mañá continuará o hackatón e, xa pola tarde, os equipo deberán presentar os seus proxecto e, posteriormente, terá lugar a entrega de premios, prevista para as 17.00 horas.

La Xunta consolida su apuesta por los ayuntamientos emprendedores con su inclusión en la futura Ley de áreas empresariales

0

La conselleira de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, acompañada de la delegada territorial de la Xunta en Vigo, se reunió con representantes del tejido productivo provincial

Ángeles Vázquez destaca que en lo que va de año en la provincia de Pontevedra la Xunta lleva adjudicados sobre 157.000 m2 de suelo industrial y el 92% de esas adjudicaciones están en la Plisan

El Gobierno gallego consolida su apuesta por los ayuntamientos emprendedores con su inclusión en la futura Ley de áreas empresariales, tal y como avanzó la conselleira de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, Ángeles Vázquez, en una reunión con el tejido productivo de la provincia de Pontevedra, en la que estuvo acompañada de la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

La conselleira destacó que con esta noticia normativa el Gobierno gallego refuerza su compromiso de colaboración con las administraciones locales al darle rango de ley la esta iniciativa -puesta en marcha en 2017 y que cuenta ya con 152 municipios adheridos­- cuyo objetivo, segundo recordó la conselleira, es sumar esfuerzos a favor de la reactivación y dinamización de la economía y para contribuir a la captación y fijación de inversiones para nuestra comunidad.

En esa línea, la Xunta dará prioridad a los ayuntamientos emprendedores en órdenes de ayudas que se convoquen en régimen de concurrencia competitiva para impulsar el empleo, el comercio local o proyectos relacionados con la industria. Y, por su parte, los ayuntamientos acercarán al tejido productivo más simplificación administrativa, más facilidades de acceso a suelo industrial y más incentivos fiscales.

La mayores, Ángeles Vázquez incidió en que esta nueva ley complementa el esfuerzo que está haciendo la Xunta para impulsar la implantación de empresas. De hecho, en lo que va de año “en la provincia de Pontevedra lleva adjudicados sobre 157.000 m2 y el 92% de esas adjudicaciones están en la Plisan”, aseveró.

Ley pionera la nivel estatal

Durante la reunión, la conselleira puso en valor a nueva Ley de áreas empresariales de Galicia, pionera a nivel estatal y cuya aprobación definitiva se debatirá antes de que acabe este mes en el Parlamento, y que busca agilizar, simplificar y flexibilizar la planificación y creación de suelo garantizando el equilibrio entre el uso sostenible del territorio y la actividad económica. El objetivo es dotar a la Comunidad de espacios competitivos, funcionales y totalmente equipados.

La noticia normativa insiste en la necesidad de garantizar la conservación de estas áreas para lo cual se incluye la creación de entidades que velarán tanto por el mantenimiento de las infraestructuras y servicios de ámbito como por su actualización y modernización.

La conselleira también hizo hincapié en nuevas figuras como las reservas estratégicas de suelo o los planes estructurantes, que fijan los parámetros básicos de ordenación de un área empresarial y cuya tramitación más ágil permitirá reducir de 21 a 9 meses a aprobación de un proyecto de urbanización.

La Ley de áreas empresariales será una norma clave en un momento en el que, después de dos años de pandemia, es necesario reactivar la economía gallega, generar empleo estable y de calidad y hacer de la Comunidad un territorio atractivo para que las empresas se implanten.

Detenido por propinar un puñetazo en la boca y romperle varios dientes a la novia de su suegro

0

A las 01:05 horas del pasado día 19, una llamada a la Policía Local de Vigo alertaba de una fuerte discusión entre un hombre y una mujer en la calle Crisantemo. Al lugar se desplazó una unidad, que accedió al inmueble al encontrarse el portal de la calle abierto, llegando al piso donde se estaba produciendo la disputa.

Tras realizar varias llamadas a la puerta del domicilio les abrió el posteriormente detenido E. D. C. T. de Cuba y 44 años de edad. La disputa se produjo con la novia de su suegro, por una cuestión de carácter sentimental.

Acto seguido los agentes se entrevistaron con la supuesta víctima Y. F. M. también de Cuba y 37 años de edad, que sangraba abundantemente por la boca y tenía pérdida de equilibrio.

La citada, manifestó que se encontraba durmiendo cuando el hombre entró en su habitación, la despertó y comenzó a insultarla mientras la sujetaba del cuello, propinándole un fuerte puñetazo en la mandíbula.

A consecuencia de la agresión, mostraba la rotura de dos piezas dentales, que aún le colgaban, y varias heridas en la boca. La mujer indicaba a los agentes que tenía un fuerte dolor en la mandíbula, manifestando su deseo de denunciar los hechos.

Por este motivo, los agentes procedieron a la detención del hombre anteriormente identificado, por la supuesta comisión de un delito de lesiones.

O foro participativo do GALP Ría de Vigo-A Guarda para debater sobre a nova EDLP celebrouse con éxito

0

O encontro tivo lugar onte coa participación de máis de 20 persoas que achegaron as súas opinións sobre a nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda organizou na tarde de onte un foro no Edificio Virxe do Carme do Porto de Vigo, co obxectivo de revisar pola cidadanía a elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP).

Participaron 23 persoas en representación do sector pesqueiro, institucional, social e económico dos municipios da área de influencia do grupo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
O GALP Ría de Vigo-A Guarda solicitou 10 millóns de euros para contribuír ao impulso dos proxectos vencellados ao mar da zona e poñer en marcha a planificación estratéxica 20222027. O foro participativo celebrado hoxe é unha de múltiples accións realizadas polo grupo para recompilar a diversidade de opinións respecto á estratexia.

No encontro debateuse sobre o enfoque das diferentes liñas que constituirán a nova folla de ruta. Dende a organización, consideran moi completa a estratexia e os presentes valoraron positivamente que se recolleran as achegas das mesas participativas.

Ao rematar, as persoas asistentes gozaron dunha degustación de produtos pesqueiros. Tras o foro o GALP Ría de Vigo-A Guarda celebrou a súa Asemblea Xeral, na que foi aprobada a solicitude de presentar a estratexia á Consellería do Mar.

O BNG pide ao Concello de Vigo que permita usar o pavillón de Romil ao alumnado do colexio Doutor Fleming

0

A fronte nacionalista lamenta que o goberno de Caballero siga sen cumprir dous anos despois esta promesa co centro, que mesmo habilitou un acceso directo ás instalacións

Xabier P. Igrexas: «O único que recibe a comunidade educativa son escusas por parte do Goberno municipal malia que o pavillón está agora mesmo infrautilizado»

O Bloque Nacionalista Galego pide ao Concello de Vigo que permita usar o pavillón de Romil ao alumnado do colexio público Doutor Fleming en horario de mañá. A fronte nacionalista lamenta as continuas «escusas» do Goberno municipal para cumprir con esta promesa realizada hai dous anos polo alcalde, Abel Caballero, á comunidade educativa.

«É unha débeda histórica coas 600 alumnas e alumnos deste colexio, un dos de maior matriculación de toda a cidade», defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras manter unha xuntanza con representantes da ANPA, que trasladaron o seu malestar polas continuas evasivas que reciben do Concello.

Igrexas asegurou que non existe xustificación para que o alumnado do Doutor Fleming siga sen dispoñer de espazos necesarios para a práctica deportiva mentres o pavillón de Romil, a carón do centro educativo, continúa «absolutamente infrautilizado». Desde o colexio mesmo habilitaron un acceso directo ao pavillón, porén o Concello só prevé autorizar o uso parcial, concretamente do seu andar superior, un espazo que non contaría coas condicións de seguridade axeitadas para a práctica deportiva que precisa o alumnado.

Nese sentido, o edil nacionalista reiterou o «completo apoio» do BNG ás reivindicacións das familias e do alumnado, que xa trasladara nos pasados meses tanto na Comisión Informativa de Deportes como no Pleno municipal «a pesar de que a propia concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández continúa a facer ouvidos xordos en lugar de buscar solucións».

Marea de Vigo considera imprescindibles as axudas municipais para a compra de libros e material escolar pero tamén que estas deben ser proporcionais á renda

0

Rubén Pérez: “Dende a Marea de Vigo vimos demandando ano tras ano o incremento da partida orzamentaria para estas axudas, xa que non era razoable o aumento de gasto noutras partidas relacionadas con humanizacións e actuacións viarias mentres a partida de bolsas de comedor e de material escolar permanecían co mesmo importe, 1.200.000 euros”

Marea de Vigo afirma que o novo formato anunciado polo alcalde “é socialmente inxusto” ao consignar unha axuda lineal por fillo/a de 205 euros sen importar o nivel de renda e sen garantir que os recursos acaben na mellora das condicións de escolarización dos nenos e nenas da cidade

Marea de Vigo discrepa de consignar máis de 5 millóns de euros nun pago universal que se vai dilatar “a propósito” aos meses anteriores ao proceso electoral das municipais de 2023 e que significan que unha familia con dous fillos/as e ingresos por enriba dos 80.000 euros anuais ingresaría 410 euros dunha administración pública, “dinamitando de facto o concepto progresista na fiscalidade en canto a gasto público e axudas sociais” lembra Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

“Semella que o populismo propio de Ayuso chega a cidade da man de Abel Caballero – sinala Rubén Pérez -, instaurando unha medida que calquera grupo municipal do PSOE dende a oposición en calquera municipio do estado criticaría por socialmente inxusto, discriminador das familias con menos recursos e en risco de exclusión social e pouco garante da defensa dun ensino público e de calidade ao equiparar recursos e necesidades dos centros públicos aos privados ou concertados”, algo que no 2019 xa “quedara patente” cando se decidíu aumentar os elementos subvencionables das axudas municipais incluíndo a subvención do uniforme que emprega o ensino privado.

Marea de Vigo formulou no debate do orzamento para 2019, 2020, 2021 e 2022 que os importes como os das bolsas de comedor e de material escolar, mais tamén as axudas ás familias, “continuaban a moverse nos mesmos importes que en 2016, 2017 e 2018 e que o propio contexto económico obrigaba a reforzalas considerablemente” lembra o voceiro.

No ano 2018, «tamén un ano antes das eleccións municipais, apenas foron consignadas 1240 axudas para crianzas entre 3 e 5 anos e 3128 axudas de comedor entre setembro e xuño», o que supuxo segundo o voceiro, “unha pequena parte da poboación escolar de Vigo de esa franxa de idade”. Non obstante, o que chamou entón a atención foron algunhas das modificacións que se fixeron no prego, “non orientadas á educación pública senón á concertada, aumentando os criterios para as subvencións nese eido: eliminaron a obrigatoriedade de uso do comedor escolar todo o mes, e, o máis sorprendente, incluiron os uniformes como elemento subvencionable” engade.

Agora anúnciase un pago universal de 205 euros por escolar que non barema renta, patrimonio e que non ten que xustificar gasto, o que é, segundo a Marea de Vigo, “un tiro directo na política de gasto social organizado dende hai anos nos servizos sociais do Concello” sumado ao feito de dilatalo no tempo para facelo coincidir coa precampaña ou campaña das municipais, o que supón “un auténtico golpe do ‘ayusismo máis casposo’, nunha cidade onde a quebra social e a exclusión social campa diariamente en centros educativos, algo permanentemente anunciado polo personal docente educativo” lamenta o voceiro local.

Marea de Vigo considera prioritario aumentar os importes das bolsas, dotando ao programa consecuentemente dun maior orzamento así como ampliar supostos subvencionables como os importes de actividades extraescolares, reforzos educativos ou excursións que se realicen no mesmo centro.

Igualmente, Marea de Vigo afirma que o Goberno local debe ter en conta que estes gastos seguen sendo impropios dos concellos, aínda que estes os foran asumindo para mellorar as condicións da escolarización dos nenos e nenas, feito co que concorda.

El Simposium Urban Solutions que analiza en Vigo el futuro de las ciudades en torno a la energía, la movilidad y los servicios

0

La delegada territorial de la Xunta, Marta Fernández-Tapias, destaca las jornadas como “una oportunidad para redefinir un modelo productivo que ponga en el centro a la innovación, la sostenibilidad y el respeto al medio ambiente”

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistió este martes a apertura del Simposium Urban Solutions que se celebrará en Vigo desde el 20 al 22 de septiembre. Las jornadas analizarán el futuro de las ciudades en torno a la energía, la movilidad, la iluminación e infraestructuras y los servicios municipales.

“Vigo y Galicia están ante una gran oportunidad para redefinir un modelo productivo que ponga en el centro a la innovación, la sostenibilidad y el respeto al medio ambiente. Pero la transición energética solo será justa si es compatible con el desarrollo industrial y la garantía de empleo, así como con el bienestar de la ciudadanía”, señaló la representante autonómica durante la presentación del evento.

Fernández-Tapias estuvo acompañada durante el acto celebrado en el Círculo de Empresarios por Roberto Carlos González, director de el Simposium; Nonito Aneiros, secretario del Clúster de Energías Renovables de Galicia (Cluergal), y Maica Larriba, subdelegada del Gobierno en Pontevedra.