O foro participativo do GALP Ría de Vigo-A Guarda para debater sobre a nova EDLP celebrouse con éxito

O encontro tivo lugar onte coa participación de máis de 20 persoas que achegaron as súas opinións sobre a nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda organizou na tarde de onte un foro no Edificio Virxe do Carme do Porto de Vigo, co obxectivo de revisar pola cidadanía a elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP).

Participaron 23 persoas en representación do sector pesqueiro, institucional, social e económico dos municipios da área de influencia do grupo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
O GALP Ría de Vigo-A Guarda solicitou 10 millóns de euros para contribuír ao impulso dos proxectos vencellados ao mar da zona e poñer en marcha a planificación estratéxica 20222027. O foro participativo celebrado hoxe é unha de múltiples accións realizadas polo grupo para recompilar a diversidade de opinións respecto á estratexia.

No encontro debateuse sobre o enfoque das diferentes liñas que constituirán a nova folla de ruta. Dende a organización, consideran moi completa a estratexia e os presentes valoraron positivamente que se recolleran as achegas das mesas participativas.

Ao rematar, as persoas asistentes gozaron dunha degustación de produtos pesqueiros. Tras o foro o GALP Ría de Vigo-A Guarda celebrou a súa Asemblea Xeral, na que foi aprobada a solicitude de presentar a estratexia á Consellería do Mar.