O alcalde visita o remodelado Pazo da Oliva

Coas obras practicamente finalizadas, Abel Caballero percorreu xunto á tenente de Alcalde, María José Caride, e aos promotores as instalacións do histórico edificio, situado no Casco Vello, que acaba de ser reconstruído e queda conformado por catro sotos, entreplanta, planta baixa e dúas alturas cunha superficie total superior aos 4.000 metros cadrados. Na visita participou tamén o cociñeiro Pepe Solla que se encargará dos dous restaurantes e da coctelería do Pazo da Oliva que amais disporá de espazos para acoller actos socioculturais.