El TSXG descarta que las empresas puedan imponer la conversión de un trabajo fijo continuo en fijo discontinuo

0

El alto tribunal gallego advierte que la negativa de un empleado a la transferencia no es un motivo válido de despido

La Sala de lo Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) se ha pronunciado por primera vez en una sentencia sobre la conversión de un contrato fijo continuo en fijo discontinuo. Los magistrados aseguran que, “en la regulación de la contratación atípica -y el de trabajo fijo discontinuo es un contrato laboral atípico porque no garantiza trabajar durante la jornada anual completa-”, es habitual establecer “ciertas garantías asociadas al principio de voluntariedad, dirigidas a evitar que esa contratación sea impuesta por la empresa”. Sin embargo, advierte que, “ni antes ni después de la reforma laboral de 2021, se establecen en el artículo 16 del Estatuto de los Trabajadores, que es la sede normativa donde se regula la contratación fija discontinua, tales garantías”.

Sin embargo, explica que, desde la perspectiva del Derecho de la Unión europea, “un trabajador fijo discontinuo es un trabajador a tiempo parcial”. De este modo, concluye que la conversión de un contrato fijo continuo en un contrato fijo discontinuo “se somete al principio de voluntariedad” que se contempla en el Derecho de la Unión Europea para el trabajo a tiempo parcial, a cuyo tenor “el rechazo de un trabajador a ser transferido de un trabajo a tiempo completo a un trabajo a tiempo parcial, o viceversa, no debería por sí mismo constituir un motivo válido de despido”.

“En consecuencia, y a juicio de la Sala, la garantía de indemnidad vinculada al derecho fundamental a la tutela judicial efectiva del artículo 24 de la Constitución Española se vulnera cuando la empresa despide al trabajador por su resistencia a la propuesta de modificación de su estatuto laboral, pues ese despido cercena toda posibilidad de reclamación contra la eventual unilateral decisión empresarial (ilegítima) de modificación de dicho estatuto laboral, y elude la protección frente a represalias de la que sí gozaría esa reclamación”, destaca el TSXG.

En la sentencia, además, determina que la conversión de un contrato fijo continuo en fijo discontinuo “solo puede realizarse por acuerdo individual, sin que pueda imponerse por acuerdo colectivo, y menos aún por decisión unilateral de la empresa, ni siquiera a través de un procedimiento de modificación sustancial de condiciones de trabajo”. Además, afirma que la persona trabajadora “no puede ser despedida por consecuencia de su negativa a la conversión, con lo cual el despido sería ilegítimo (no procedente, en la terminología del derecho interno, aunque la norma comunitaria no dilucida si sería improcedente o nulo)”, así como que “sí puede ser despedida objetivamente cuando, subyacentes a la oferta empresarial de conversión, existan causas económicas, técnicas, organizativas o de producción”. Este último extremo es el que aprecia el TSXG en el caso concreto analizado en la sentencia, pues entiende que “estaría justificado el despido del recurrente por motivos ajenos a la negativa del trabajador a la propuesta empresarial de conversión del contrato de trabajo fijo continuo en fijo discontinuo”. Por ello, en la sentencia desestima el recurso de suplicación interpuesto por el trabajador contra el fallo del Juzgado de lo Social número 3 de Pontevedra.

La luz sigue subiendo

0

Hoy se superará la barrera de los 120 euros/MWh por primera vez desde el pasado 24 de agosto

Al mismo tiempo que el gobierno en funciones deja entrever el final de los incentivos al precio de la electricidad a finales de año, el coste de la factura de la luz sigue su ascenso una vez concluido el verano. En este sentido, el precio medio de la luz para los clientes de tarifa regulada vinculados al mercado mayorista alcanza hoy un nuevo máximo en lo que va de septiembre, registrando una subida del 3,35% con respecto al lunes y alcanznado los 123,05 euros por megavatio hora (MWh),

Por franjas horarias, el precio máximo, de 163,77 euros/MWh, se registrará entre las 20.00 y las 22.00 horas, mientras que el precio mínimo se dará entre las 12.00 y las 13.00 horas, con 98 euros/MWh, según los datos provisionales del Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE).

Así, se superará la cota de los 120 euros/MWh por primera vez desde el pasado 24 de agosto, cuando el ‘pool’ marcó los 132,91 euros/MWh de media para esa jornada.

En lo que va de mes, la media del mercado eléctrico se sitúa en los 101,8 euros/MWh, frente a los 141,07 euros/MWh que registró de media en septiembre de 2022 el precio del ‘pool’.

A este precio medio del ‘pool’ se sumaría la compensación a las gasistas, que tiene que ser abonada por los consumidores beneficiarios de la medida, los consumidores de la tarifa regulada (PVPC) o los que, a pesar de estar en el mercado libre, tienen una tarifa indexada, pero que se sitúa nuevamente en 0 euros/MWh, situación que se repite desde el pasado 27 de febrero.

O BNG cualifica de “insultante” o silencio de Caballero no pleno extraordinario sobre o concerto de Guns N’ Roses

0

En relación ao pleno extraordinario sobre as irregularidades no frustrado patrocinio publicitario do concerto de Guns N’ Roses, celebrado a continuación da sesión ordinaria por decisión unilateral do alcalde, o portavoz municipal nacionalista cualificou de “insultante” o silencio do rexedor que, sorprendentemente, acudiu á sesión así como a falla de explicacións por parte do Goberno municipal.

“Por fin, despois de meses co alcalde fuxido e de intentos de impedir que puidésemos coñecer o que pasou, o Goberno municipal vai ter a oportunidade de explicar este escándalo”, afirmou Igrexas na súa intervención inicial.

No entanto, esas explicacións nunca chegaron. “Rematou o Pleno sen que Caballero aclarase se se reuniu ou non con directivos da promotora do concerto días antes da carta de interese na que o Concello lle prometía case 2 millóns de euros. Tampouco aclarou de que falaron nesa xuntanza privada. Pero o que é máis grave non lograron explicar porque convocaron un falso concurso público, cunhas bases ad hoc, para o patrocinio cando nunca utilizaran esa fórmula para ningún dos concertos realizados nos últimos 16 anos”, valorou Igrexas ao remate da sesión na que acusou directamente ao Goberno de “chalanear ao marxe dos procedementos de licitación para tentar meterlle case 2 millóns de euros de diñeiro público no peto dunha promotora privada”.

O BNG de Vigo lamenta que Caballero impoña unha suba de impostos “innecesaria e socialmente inxusta”

0

A fronte nacionalista critica que PSOE e PP rexeitaran as súas emendas para avanzar cara a unha fiscalidade municipal equidistributiva e socialmente xusta alargando o uso de bonificación e exencións para as familias traballadoras

Xabier P. Igrexas: “Ver ao PSOE e ao PP votar xuntos en contra das emendas coas que o BNG pretendíamos que paguen menos impostos municipais as persoas con menos recursos, ilustra o carácter progresista desta subida de impostos”

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o Goberno municipal de Abel Caballero decidise impoñer unha suba xeneralizada dos impostos e taxas municipais para o vindeiro ano 2024. Un aumento, do 4%, que as nacionalistas consideran “absolutamente innecesario” dado o estado das finanzas municipais, con case 200 millóns de euros en remanentes, e “inxusto socialmente” porque vai castigar especialmente as rendas máis baixas e os fogares con menores recursos.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu no Pleno ordinario celebrado esta mañá as 63 emendas que formularon ao proxecto de ordenanzas fiscais para o vindeiro exercicio. As do BNG foron as únicas emendas que se someteron, a través dun voto particular, a debate e ditame da Corporación, pero resultaron rexeitadas tanto co voto en contra do PSOE como do Partido Popular.

“Ver ao PSOE e ao PP votar xuntos en contra das emendas coas que o BNG pretendíamos que paguen menos impostos municipais as familias e persoas con menos recursos, ilustra o carácter progresista desta subida de impostos”, ironizou Igrexas.

Desde a fronte nacionalista denunciaron que a suba impositiva agravará o crecente empobrecemento da maioría social que representan as clases populares e traballadoras da cidade, ao se engadir á perda de poder adquisitivo de salarios e pensións. “Para vostedes, con salarios brutos de máis de 65 mil euros brutos ,pode parecerlles menor a subida que propoñen pero é un golpe duro para moitos fogares nos que, literalmente, cada día 15 xa é final de mes e que non son quen de enfrontar os gastos diarios”, reprochou Igrexas ao grupo de Goberno.

Emendas

As emendas do BNG, que foron rexeitadas, apostaban en reducir a carga dos fogares con menos recursos con exencións e bonificacións das principais taxas municipais de como mínimo un 50% no recibo do IBI, no imposto de circulación, no recibo do lixo e nas escolas municipais e instalacións deportivas. Tamén urxían medidas fiscais, para solucionar o “grave problema” de acceso á vivenda en Vigo. Nese sentido, o BNG propón recargar nun 95% o IBI para as vivendas desocupadas (máis de 20 mil na cidade segundo os últimos datos do INE) e, por outro lado, aplicar unha bonificación do 95% para aquelas vivendas que se poñan a disposición de programas de vivenda social, co fin de mobilizar ese “inmenso” número de vivendas baleiras.

Outras das cuestións demandadas polo BNG era o mantemento da gratuídade do Servizo de Axuda no Fogar para persoas con ingresos inferiores ao IPREM, a gratuídade do uso das instalacións deportivas para os clubes de base ou a conxelación das tarifas do autobús e a creación dun bono gratuíto para persoas desempregadas e de baixos recursos.

Dende o BNG defenderon, tamén, como un dos aspectos centrais das súas emendas avanzar cara á fin da “estafa” da tarifa da auga cun novo modelo integral de xestión, que a considere como un ben público, e cun sistema de tarifas socialmente máis xusto. Nesa liña, propoñen un desconto do 20% para aqueles fogares con consumos inferiores aos 3 metros cúbicos por persoa e mes, ademais da exención para persoas perceptoras de axudas sociais como PNC, RAI, Risga ou IMV que permitan garantir o acceso universal á auga.

O reitor confirma no primeiro Consello de Goberno do curso que “a matrícula de grao ronda o 100%”

0

Superados os problemas de Dirección e Xestión Pública preocupa Enxeñaría de Telecomunicación

O acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU rotará polos sete campus galegos

As cuestións relativas ao inicio do curso protagonizaron o primeiro Consello de Goberno do ano académico 2023/2024. O reitor vigués, Manuel Reigosa, adiantou nesta sesión que, se ben aínda non son datos consolidados, “a matrícula de grao ronda o 100%”, ao compensarse as titulacións que teñen algún estudante de máis con aquelas nas que queda algún oco baleiro. Nesta liña, o máximo responsable da institución académica viguesa deu por solucionados os problemas de matrícula que viña habendo co Grao en Dirección e Xestión Pública, que xa alcanzou a cifra de 45 estudantes, “unha magnífica tendencia que agardamos confirmar en vindeiros anos” e, pola contra, admitiu que comeza a ser preocupante a falla de vocacións que se está a rexistrar a nivel nacional nos estudos de Enxeñaría de Telecomunicación, algo que tamén afecta á escola viguesa, “pese a tratarse dunha titulación moderna, con gran demanda empresarial e magníficos datos de emprego”, polo que, segundo adiantou, desde a UVigo se fará todo o posible por reverter este proceso.

Son algúns dos feitos máis salientables dunha sesión que se celebrou de xeito presencial no paraninfo do edifico Ernestina Otero e que, como é habitual, tamén puido seguirse en liña. A xuntanza arrancou cunha agarimosa lembranza para o “benquerido profesor” da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Fernando Isasi, falecido o pasado mes de agosto.

Un curso que arranca con novidades…

Como principais novidades deste curso Reigosa situou o Grao en Deseño, “longo tempo agardado”, que arranca andadura no edificio de Benito Corbal e que se agarda poida dispor de facultade propia nun par de anos, e o Máster en Enxeñaría Aeronáutica, “tamén longo tempo esperado e que, finalmente, é unha titulación exclusiva da Universidade de Vigo”. A eles súmanse tres novos mestrados partillados: Xestión Sostible da Auga, Tecnoloxías da Comunicación Cuántica é Fabricación Aditiva. 

Ao marxe destas cuestións, o reitor  informou tamén aos membros do Consello de Goberno que o acto de recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU, que tradicionalmente se celebraba na Universidade de Santiago de Compostela, pasou a ser un acto do Sistema Universitario Galego, no que participan as tres universidades públicas e a consellería e, polo tanto, a partires de agora a súa celebración irá rotando polos sete campus galegos. “Penso que é unha boa nova e cando nos toque en Vigo farémolo con ledicia”, recalcou o reitor, quen subliñou que, “polo momento non se sabe se o vindeiro ano lle corresponderá organizalo á Universidade de Vigo ou a da Coruña”. Por outra banda, tamén deu conta da contratación de Magoya Méndez Martínez como nova xerenta da Fundación Universidade de Vigo.

Luz verde a múltiples trámites académicos

O vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente Alfonso Lago foi o encargado de presentar en detalle o calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2025/2026, así como o proceso para a realización, tratamento e presentación de resultados das enquisas de avaliación docente do profesorado, aprobada por asentemento na reunión da mesa de negociación do PDI o pasado 6 de xullo. Este último someteuse a votación e o resultado foi de 34 votos a favor, 2 en contra e ningunha abstención.

Durante a sesión procedeuse tamén á aprobación da modificación do regulamento de réxime interno do CACTI -a anterior versión era do ano 1996-, así como dos centros de investigación atlanTTic, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, e CISPAC, Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais, así como das facultades de Relacións Internacionais, Bioloxía e Dirección e Xestión Pública.

Por outra banda, tamén se deu visto e prace á excedencia temporal solicitada polo catedrático de Dereito Administrativo Pablo Menéndez García para incorporarse á Universidad Rey Juan Carlos onde porá en marcha un proxecto de investigación sobre o servizo público de abastecemento de auga a poboacións, a sostenibilidade deste recurso e o réxime xurídico do vertido, depuración e reutilización de ditas augas.

A orde do día, incluíu ademais a modificación da denominación da empresa de base tecnolóxica Prismatrix, dirixida a explotar o coñecemento no ámbito da trazabilidade de materiais textiles e cuxa creación foi aprobada no Consello de Goberno do pasado mes de xuño. O cambio de denominación débese, segundo explicou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, a que durante o proceso de constitución detectouse que esta denominación non estaba dispoñible polo que se propuxo o cambio a Spectrum Grid, Sociedad Limitada.

Aprobouse tamén nesta sesión a extinción do título de Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA), situación que vén derivada do convenio asinado en decembro de 2021 no que se regulaba o cese de actividades do Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa e a súa desadscrición como centro adscrito á Univesidade de Vigo. Tras o seu paso por Consello de Goberno, queda pendente o informe do Consello Social e, posteriormente, elevarase tamén á Xunta de Galicia para que dea o visto e bo definitivo a esta cuestión.

A orde do día incluía tamén a elección dos integrantes  da Comisión de Convivencia e Bo Goberno e tamén dun representante do PDI na Comisión de Investigación e Transferencia delegada do Consello de Goberno. En ningún dos casos foron necesarias eleccións, incorporándose á Comisión de Convivencia os docentes Patricio Sánchez Fernández e María José Vázquez Figueiredo, en representación do sector PDI; e Nerea Ferreiro Fernández e Sandra María Martínez Gómez, polo sector estudantes. A falta de candidaturas do sector PAS, obrigou a que a elección dos representantes deste sector quede pendente para un vindeiro Consello de Goberno, ao igual que o membro do PDI na Comisión de Investigación e Transferencia.

Na quenda de rogos e preguntas interviñeron diferentes membros da comunidade universitaria e abordáronse, entre outros, temas como o pagamento da produción científica, a partida de equipamento docente dos centros, a implementación de SIGMA no período de matriculación e as listas de agarda no proceso de contratación do profesorado.

El proyecto Bluefishing Training celebra su evento de cierre para mejorar la profesionalización de la pesca extractiva en la región atlántica

0

Ha sido liderado por la Autoridad Portuaria de Vigo y respaldado por la Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, la Plataforma Oceánica de Canarias (PLOCAN), la Universidad de Vigo y el Instituto para el Crecimiento Sostenible de la Empresa (ICSEM)

Ha contribuido a reforzar las capacidades y el aprendizaje permanente en el sector pesquero extractivo, presentando un análisis del desajuste entre formación y mercado laboral que identificase las carencias formativas para los puestos de trabajo actuales y permitiera anticipar necesidades futuras.

Se han diseñado un total de 13 itinerarios formativos que han tenido una gran repercusión, capacitando a 238 personas, de las que 150 son profesionales del sector pesquero

El Edificio de Sesiones de la Autoridad Portuaria de Vigo ha acogido esta mañana una jornada sobre «Los ODS en la profesionalización de la Economía Azul«, enmarcado en el proyecto BlueFishing Training, que tiene como objetivo la profesionalización de la cadena de valor de la pesca extractiva de bajura y altura en la región atlántica.

Se trata de uno de los cinco proyectos en materia de crecimiento azul en el sector pesquero y de la acuicultura que se ha ejecutado bajo el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia financiado por la Unión Europea  -NextGenerationEU- a través de la Secretaría General de Pesca del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, , por un valor de 266.571,78€.

La jornada reunió a expertos y líderes en el campo de la economía azul para discutir cómo los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) pueden desempeñar un papel fundamental en la promoción de prácticas sostenibles en la industria pesquera y contó con la participación de destacados ponentes que presentaron casos prácticos relacionados con los ODS, como una educación de calidad, la igualdad de género, industria, innovación e infraestructura, vida submarina, y la búsqueda de alianzas para lograr objetivos.

En este contexto, los asistentes tuvieron la oportunidad de aprender sobre las iniciativas y proyectos que están contribuyendo al desarrollo sostenible de la economía azul en la región atlántica. Además, pudieron participar en discusiones enriquecedoras y establecer contactos con expertos en el campo.

En la clausura de esta jornada participó el presidente de la APV, Carlos Botana, quien estuvo acompañado, de forma telemática, por Nieves Salgado, de la Subdirección General de Sostenibilidad Económica y Asuntos Sociales de la Secretaría General de Pesca; así como por el máximo responsable de ARVI, Javier Touza; y por el director del Campus do Mar, Daniel Rey, quienes celebraron los logros alcanzados por el proyecto al haber brindado un espacio para compartir experiencias y lecciones aprendidas. “BlueFishing Training deja un legado de progreso y sostenibilidad en la pesca extractiva en la región atlántica”, destacó el máximo responsable portuario.

Resultados notables

Desde sus inicios, BlueFishing Training ha obtenido resultados notables en la profesionalización del sector de la pesca extractiva en la región atlántica. El proyecto, ha contribuido a reforzar las capacidades y el aprendizaje permanente en el sector pesquero extractivo, presentando un análisis del desajuste entre formación y mercado laboral que identificase las carencias formativas para los puestos de trabajo actuales y permitiera anticipar necesidades futuras en cuanto a cualificación para las ocupaciones vinculadas, mediante la elaboración de un informe diagnóstico.

Una vez establecidas las conclusiones del diagnóstico, se ha constituido un Comité Asesor de expertos sectoriales y celebrado un total de 3 mesas lideradas por cada uno de los socios representantes de los tres subsectores clave (pesca artesanal, pesca de altura y comercialización y logística), que han servido para el desarrollo del trabajo y el diseño de un total de 13 cursos especializados. Estos 13 itinerarios formativos han tenido una gran repercusión, capacitando a 238 personas, de las que 150 son profesionales del sector pesquero.

Estos itinerarios formativos se han aunado en el Plan de Cooperación Sectorial sobre las Capacidades en el Sector Pesquero, siendo uno de los principales resultados de este proyecto, actuando como un elemento de facilitación de enfoques estratégicos que fomenten la cooperación de todos los actores involucrados a la hora de diseñar soluciones formativas adecuadas para el desarrollo profesional en el ámbito pesquero.

BlueFishing Training ha abordado tanto modalidades virtuales como presenciales, combinando sesiones teóricas y prácticas para ofrecer una formación completa y adaptada a las demandas del sector. La innovación ha sido un pilar fundamental del proyecto, incorporando talleres y visitas a terrenos de experimentación para enriquecer la experiencia de aprendizaje de los participantes.

BlueFishing Training se ha convertido en un referente en la promoción de la sostenibilidad y la mejora de la profesionalización en la cadena de valor de la pesca extractiva de bajura y altura en la región atlántica. Los resultados del proyecto serán presentados mañana en Madrid en los espacios de conocimiento organizados por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

O BNG pídelle a Nidia Arévalo que renuncie ao soldo da alcaldía ante a situación crítica das arcas municipais

0

En 2022, os gastos do Concello de Mos superaron en 1.100.000 euros os fondos dispoñibles e o goberno terá que facer recortes no próximo orzamento

«A alcaldesa foi elixida senadora nas pasadas eleccións xerais e terá que decidir se prefire cobrar o soldo do Concello ou o da cámara alta», sinalan

Gustavo Barcia: “Preocúpanos ter unha alcaldesa ausente, máis pendente dos problemas do PP de Madrid que das necesidades da veciñanza de Mos”

O goberno municipal de Mos presentará no próximo pleno os resultados da conta xeral do ano 2022. Según sinala o BNG de Mos, as cifras revelan que o gasto superou en 1.100.000 euros o diñeiro dispoñible nas arcas do Concello e esta situación obrigará a recortar esa mesma cantidade nos orzamentos do próximo ano. O portavoz municipal do BNG, Gustavo Barcia, sinala que “a nefasta xestión do PP está a provocar serios prexuízos para a economía municipal” e reclama que se adopten medidas de maneira inmediata.

Destacan que «a alcaldesa xa coñecía estas cifras no mes de abril, antes das eleccións municipais». Por este motivo, Barcia considera “inadmisible” que se aprobara un incremento dos soldos do equipo de goberno en 22.000 euros con respecto ao mandato anterior. “As arcas municipais están nunha situación crítica”, advirte Barcia, “pero o PP segue actuando de maneira irresponsable e o Concello xa empeza a ter dificultades para afrontar os seus compromisos financeiros”.

A primeira medida que reclama o BNG para sanear as contas municipais é que a alcaldesa renuncie ao seu soldo. Nas pasadas eleccións xerais, Nidia Arévalo saíu elixida senadora e «agora deberá decidir se prefire cobrar o soldo da cámara alta ou o da administración municipal», recordan. “A alcaldesa ten a posibilidade de aforrarlle ao Concello os 50.000 euros anuais do seu soldo”, indica Barcia, “e deste modo pode empezar a tapar, dalgunha maneira, o buraco que ela mesma provocou co gasto desmesurado do ano preelectoral”.

Alcaldesa ausente

O portavoz do grupo municipal do BNG afirma que “agora temos unha alcaldesa a tempo parcial” e por iso cre que “o Concello non ten porque seguir asumindo o seu soldo”. Dende o BNG sinalan que «as obrigas ligadas ao cargo de Senadora levarán a Nidia Arévalo a pasar moito tempo en Madrid» e Gustavo Barcia cre que Mos corre o risco de ter “unha alcaldesa ausente, máis preocupada pola política estatal e as intrigas internas do Partido Popular que polas necesidades da veciñanza de Mos”.

Luis López inaugura a senda peonil do Foxo Vello, en Mos, na que a Deputación investiu preto de 410.000 euros

0

O presidente da Deputación completou parte dun itinerario que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e potenciar a mobilidade peonil na contorna do colexio de Atín, na parroquia de Pereiras

Esta nova senda peonil en Mos é a primeira obra que inaugura Luis López como presidente da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de inaugurar este luns a nova senda peonil do Foxo Vello, no municipio de Mos. Un proxecto no que a institución provincial achegou preto de 410.000 euros. “Esta obra é froito desa colaboración institucional que este goberno quere potenciar neste mandato”, dixo o presidente logo de completar o itinerario acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, membros da corporación e da dirección da obra.

Os traballos comezaron no pasado mes de novembro e consistiron na mellora da seguridade viaria mediante a construción dunha senda peonil desde a igrexa da parroquia de Pereiras ata Atín, na contorna da estrada autonómica PO-331 e do colexio desta localidade. Un proxecto que, como adiantou Luis López, terá continuidade nos próximos meses con novas actuacións nesta contorna.

Na súa intervención, o presidente da Deputación destacou que se trata dun proxecto que ten como obxectivo avanzar en materia de seguridade viaria, pero que tamén contribúe ao fomento de hábitos de vida saudable e á redución das emisións de gases contaminantes ao favorecer os desprazamentos a pé ou en bicicleta fronte ao uso de vehículos a motor.

A inauguración da senda peonil do Foxo Vello é unha mostra dos froitos que pode dar a colaboración entre institucións. “Os investimentos nos concellos grandes, medianos e pequenos van ser o faro que guíe a nosa acción de goberno”, subliñou o dirixente provincial, quen recordou que ten a man tendida a reunirse cos alcaldes e alcaldesas de toda a provincia para abordar temas de interese mutuo e reforzar a cooperación entre as administracións, como deixou claro na carta enviada a semana pasada aos 61 concellos pontevedreses.

Trátase ademais da primeira obra que Luis López inaugura desde a súa toma de posesión como presidente da Deputación e, ademais de poñer en valor o traballo realizado polo equipo de goberno, deu tamén os parabéns aos propietarios dos terreos polos que transcorre estes 700 metros de senda pola cesión desinteresada das súas propiedades. “Veciñas e veciños de Pereiras, noraboa porque o que fixestes non é algo común”, agradeceu no seu discurso o mandatario destacando tamén a xestión da comunidade de montes. “Este goberno vai estar ao carón dos concellos durante, polo menos, os próximos catro anos”, remarcou o presidente despois de poñer ao Concello de Mos como exemplo de “bo funcionamento” e “de relacións baseadas nun espírito de lealdade institucional, cooperación e comunicación fluída para traballar sempre no beneficio da veciñanza”, concluíu o dirixente provincial.

Galicia comienza a inmunizar a los bebés contra el virus respiratorio sincitial

0

Desde la jornada hoy, Sanidade vacunará a todos los niños y niñas que nazcan en los hospitales gallegos, y comenzará a citar a los niños prematuros -nacidos desde el 1 de octubre-, así como los bebés con patología de alto riesgo -menores de 24 meses-

La Xunta adquirió un total de 15.500 dosis del anticuerpo monoclonal frente a una infección que causa hasta un millar de hospitalizaciones en nuestra comunidad

La campaña de vacunación contra la gripe y la covid-19 también comienza hoy con la inmunización de las personas usuarias de los centros sociosanitarios

El conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitó esta mañana el Hospital el Hospital Materno Infantil de A Coruña con motivo del inicio de la campaña de inmunización pediátrica contra el virus respiratorio sincitial (VRS).

La Xunta comenzará desde hoy a inmunizar a todos los niños y niñas que nazcan en los hospitales de nuestra comunidad, convirtiéndose en pionera en la protección contra este virus. El Virus Respiratorio Sincitial (VRS) es el causante de la bronquiolitis, una enfermedad que provoca hasta un millar de hospitalizaciones en Galicia. “Somos la primera comunidad del mundo en administrar el anticuerpo contra el VRS”, remarcó el titular de Sanidade, al tiempo que apuntó la adquisición de 15.500 dosis por parte de la Xunta.

Junto con los recien nacidos, también desde la jornada de hoy las áreas sanitarias convocarán a los niños prematuros (nacidos desde el 1 de octubre de 2021), y a los niños de alto riesgo (cardiopatías, displasia broncopulmonar, etc) con menos de 24 meses. Además, entre los días 2 y 15 de octubre Sanidade citará la aquellos niños/as que hayan nacido desde el pasado 1 de abril de 2023.

Con la compañía del delegado Territorial de la Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor; de la directora general de Salud Pública, Carmen Durán; y del gerente del área sanitaria de Coruña-Cee, Luis Verde; el responsable de Sanidade destacó la importancia que tiene la prevención “como herramienta para evitar enfermedades”, y remarcando el Calendario de inmunización a lo largo de la vida con el que cuenta Galicia.

“Tenemos claro nuestro compromiso con la salud de los gallegos y gallegas, y trabajamos en una estrategia por la prevención primaria”, remarcó el conselleiro, “lo que nos llevó a ir mejorando, cada año, en un calendario vacunal que hoy es de los mejores del mundo”.

Abel Caballero mostra os proxectos do Vigo Vertical a alcaldes e técnicos de Brasil e Italia

0

O rexedor saudou este luns nas ramplas mecánicas da Gran Vía a unha delegación de alcaldesas de Brasil (Pelotas, Novo Hamburgo e Juiz de Fora) e de equipos técnicos de tres municipios italianos (Bari, Xénova e Torino) que participan nun proxecto sobre mobilidade sostible e igualdade. Na súa visita a Vigo están coñecendo as ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas do programa Vigo Vertical que, tal e como lles explicou Caballero, “están transformando a mobilidade na cidade”.