Caballero recibe ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal

0

O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal tras o seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina

Abel Caballero congratulouse polo ascenso da AD Balonmán Carballal á División de Honra Ouro Feminina. Na tarde de onte, o alcalde trasladoulle ás xogadoras a súa felicitación polo importante fito deportivo, resaltando a “extraordinaria tempada que realizaron”.

O alcalde sinalou que ademais do apoio actual, “para o seu funcionamento e os desprazamentos”, lembrou que “imos construír un novo pavillón deportivo en Cabral”. Na actualidade, “xa está feito o proxecto, elevarase a preto dos 3 millóns de euros” e “hoxe iniciaremos as comunicacións coa comunidade de montes para gañar espazo”.

El humorista Miguel Lago abre un tercer pase en Vigo de su espectáculo ‘Lago Comedy Club’

0

El cómico gallego actuará el sábado 15 de junio a las 18:30 tras agotar prácticamente sus otras dos funciones en el Teatro Afundación y vender más de 1500 entradas

Miguel Lago abre un tercer pase de su show Lago – Comedy Club en el Teatro Afundación de Vigo el sábado 15 de junio a las 18:30. Esto sucede tras vender más de 1500 entradas en sus otras dos funciones ese mismo fin de semana, que ya están practicamente agotadas. Lago – Comedy Club es un espectáculo frontal y sin artificios que reivindica a los grandes nombres del stand up. Entradas ya a la venta en ataquilla.com.

Estas funciones forman parte de la gira gallega de Miguel Lago, producida por Etiqueta Negra. El 24 de mayo actuará en Pontevedra, mientras que el 31 de ese mismo mes hará lo propio en Santiago de Compostela, mientras que el 14 y el 15 de junio llegará a Vigo. Las entradas para todas las fechas ya están a la venta en Ataquilla.

Miguel Lago promete una experiencia única y cercana con el público en un show que carece de artificios. Así, el cómico gallego se sitúa frente al público sobre una alfombra, bajo un foco y con un micrófono, llevando la comedia de club y carretera a las tablas de los grandes escenarios.

O BNG de Mos denuncia que os extintores das instalacións municipais levan máis dun ano coa revisión caducada

0

«Os sistemas antiincendios deben revisarse anualmente, pero o Concello de Mos non ten ningunha empresa contratada para realizar ese traballo», sinalan

Gustavo Barcia: “O PP ten moita présa á hora de adquirir un coche oficial, pero esquece contratar os servizos de seguridade máis elementais”

O BNG de Mos esíxelle ao goberno municipal o cumprimento da normativa contra incendios nas dependencias do Concello. De acordo coas etiquetas de mantemento, sinalan que «os extintores e as bocas de incendios foron revisadas, por última vez, en xuño de 2022, cando a normativa vixente establece que os equipos de protección contra o lume deben ser revisados, como mínimo, unha vez ao ano».

O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, lamenta “o desinterese do goberno do PP ante a necesidade de garantir as mínimas condicións de seguridade, tanto para o persoal municipal como para as persoas usuarias dos equipamentos públicos” e pide explicacións sobre esta “inaceptable neglixencia”.

O problema, tal como indica Barcia, “non se limita a un simple descoido puntual”, xa que o goberno de Nidia Arévalo «aínda non sacou a licitación a contratación dunha empresa de mantemento de extintores e sistemas antiincendio». «Agora mesmo, ninguén se fai cargo do correcto funcionamento dos dispositivos instalados en edificios que usan diariamente centos de persoas, tales como a propia casa do Concello, o multiúsos das Pozas ou os pavillóns deportivos», lembran.

Gastos suntuarios

A “desidia” do goberno de Nidia Arévalo á hora de cumprir a normativa en materia de protección contra o lume contrasta, en opinión do portavoz do BNG, cun “interese desmesurado” por aprobar “gastos propagandísticos e suntuarios” e pon como exemplo a licitación do renting dun vehículo de alta gama para uso da alcaldía. Barcia denuncia que “o PP ten moita présa á hora de adquirir un coche oficial, pero esquece contratar os servizos de seguridade máis elementais”.

Esgotados tanto os abonos coma as entradas do sábado 27 e do domingo 28 de xullo para asistir á nova edición do Sinsal SON Estrella Galicia

0

O evento, un dos festivais máis singulares da tempada estival e cuxo cartel só de descubre ao desembarcar na illa de San Simón, activou este luns 13 a venda de entradas e, 24 horas despois, unicamente dispón de billetes para o venres 26

O público do Festival Sinsal SON Estrella Galicia cumpriu coa “tradición” e, un ano máis, esgotou rapidamente as entradas para asistir a San Simón. En tan só 24 horas, vendéronse  todos os billetes dispoñibles para viaxar en barco desde o litoral até o corazón das Rías Baixas, tanto o sábado 27 coma o domingo 28 de xullo, e gozar dun cartel secreto que conforman máis de 20 bandas e solistas de todo o mundo. 

Xa na fin de semana, o público tamén esgotara, en pouco máis de 24 horas, os abonos Sinsal 2024, e que dan acceso ás tres xornadas do festival, tanto desde o porto de Vigo coma desde o embarcadoiro de Meirande. Arestora unicamente é posible adquirir as últimas entradas para asistir á xornada do venres 26, saíndo tanto desde a Estación Marítima da Ría de Vigo coma do Centro de Interpretación de Rande, en Redondela. Os horarios dos barcos e os prezos dos tickets (reducidos para menores de 16 anos) pódense consultar na páxina web oficial https://festival.sins.al/.

El PP de Vigo muestra su “preocupación” por la privatización del refugio de A Madroa, que “prima descaradamente” los aspectos económicos

0

El grupo municipal popular, que este martes se ha reunido con la directiva de la protectora de animales, pide “extremar” el “celo” al adjudicar el contrato y recuerda que “estamos hablando de seres vivos”

Miguel Martín pide que el Gobierno local recomiende que la actual entidad siga vinculada al servicio para hacerse cargo de la vertiente social, tal y como se recoge en la Ley de bienestar animal

El Partido Popular de Vigo ha mostrado su “preocupación” por el proceso de elección de la empresa que se hará cargo del refugio de animales de A Madroa ante su “inminente” privatización. El grupo municipal del PP, que se ha reunido este martes con la directiva de la protectora, ha avisado de que la licitación “prima descaradamente los aspectos económicos”, con hasta 60 puntos, frente al proyecto, que se valora apenas con un máximo de 40. “Algo que nos parece muy preocupante cuando estamos hablando de seres vivos y de dar cumplimiento a la Ley de bienestar animal”, según ha señalado el portavoz popular en el Concello de Vigo, Miguel Martín.

Una sensación compartida con el personal de la protectora, que ha trasladado al PP su temor ante la posibilidad de que el cuidado y la protección de los animales quede supeditada a la rentabilidad económica de la adjudicataria, que saldrá de una de las cuatro compañías que se han presentado al concurso público licitado por más de 700.000 euros anuales hasta 2027.

En este sentido, el Partido Popular ha instado al Gobierno local a “extremar” el “celo” a la hora de otorgar la concesión de este servicio “tan sensible”. El PP de Vigo solicita que se promueva la recomendación de mantener vinculadas a las protectoras como entidades colaboradoras. Cabe recordar que, en el caso de la ciudad olívica, esta asociación lleva 70 años gestionando el refugio de animales y su experiencia y dedicación puede garantizar la vertiente social del servicio, como son las adopciones o los paseos caninos, entre otros. “La experiencia acumulada en todos estos años no debe ser despreciada. Nadie conoce mejor a los más de 400 animales que ahora mismo están acogidos en el refugio. Y es por ello que pedimos que el Gobierno municipal, en la medida de los posible, propicie ese acuerdo”, ha ahondado Miguel Martín. Además, prescindir de la protectora supondría la previsible disolución de una entidad histórica en Vigo, con más de 600 socios y seis empleados en nómina.

A delegada da Xunta en Vigo salienta o labor social que realiza a Asociación e Escola Xaruma de saúde mental

0

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha xuntanza cos responsables da Asociación e Escola Xaruma que atende a persoas con trastronos mentais. A representante autonómica destacou o labor social do colectivo tras facer un percorrido polas instalacións nas que presta asistencia a 76 persoas e desde onde máis de 1.000 persoas benefícianse anualmente dos proxectos de Xaruma.

Mos instalará trampas para capturas de mosquitos tigre

0

Vénse de adherir á campaña de prevención da Rede Galega de Vixilancia de Vectores da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informaron hoxe de que o Concello de Mos vén de adherirse á Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC), da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a prevención e loita contra o mosquito tigre.

Para elo nomeouse como persoa de contacto e coordinador da campaña preventiva ao Xefe do Servizo de Emerxencias de Mos, Rodrigo Iglesias.

Desde agosto do pasado ano 2023 detectouse a presenza por primeira vez en Galicia do mosquito tigre (Aedes albopictus) en varios concellos da Ría de Vigo. O mosquito tigre é unha especie exótica invasora orixinaria do sureste asiático. A presenza deste mosquito é moi molesta polo número tan elevado de picadas que causan as exemplares femia e, ademais este mosquito ten a capacidade de actuar como transmisor dalgunhas enfermidades, como as producidas polos virus Chikungunya, dengue ou Zika.

O radio de voo e de acción do mosquito tigre adulto é dun máximo de 400 metros, polo que é moi probable atopalo preto do sitio de cría. Con todo, debido ao transporte pasivo polo vento ou no interior de vehículos pódese desprazar a maior distancia. Coa chegada da primavera, iniciase de novo o período de actividade no que as formas adultas do mosquito recomezan os ciclos de reprodución. Dada a evidencia científica do que xa aconteceu noutras comunidades é moi probable que o mosquito continúe a colonización dos territorios lindeiros, entre os que se atopa o seu concello.

A vixilancia sanitaria destes vectores realízase en Galicia a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC) á que vén de adherirse o Concello de Mos e que foi creada no ano 2017 mediante un convenio de colaboración entre as Consellerías de Sanidade e de Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, co obxectivo de identificar os principais mosquitos e carrachas vectores de enfermidades humanas e animais.

Dende agosto do 2023 os concellos nos que se detectou o mosquito tigre comezaron a colaborar coa REGAVIVEC, facilitando a recollida de mostras de mosquitos nos seus concellos.

Nesta nova etapa contará tamén coa colaboración dun novo Concello, o de Mos, solicitada pola propia REGAVIVEC ante a posibilidade de que poida chegar a establecerse o mosquito tigre na localidade mosense por proximidade aos municipios afectados.

Así a administración local mosense colaborará coa REGAVIVEC na colocación de trampas para capturas de mosquitos, contribuíndo a determinar a abundancia de vectores que poidan transmitir patóxenos que afecten a saúde humana, avaliar o risco de transmisión de patóxenos á poboación e determinar decisións para reducir as poboacións de vectores e evitar, así, a transmisión de patóxenos á poboación.

Gracias a esta colaboración poderase coñecer con premura a distribución dos mosquitos e adiantarse así á adopción de medidas de prevención e protección, co fin de evitar a súa reprodución, dispersión e instalación nos diferentes concellos de Galicia.

As representantes municipais, Arévalo e Méndez Senlle, declararon a este respecto que “desde o Concello de Mos apostamos por esta colaboración que vai redundar finalmente nunha mellora da saúde e o benestar da poboación e dos nosos veciños”.

Así mesmo informaron de que próximamente investigadores das universidades de Vigo e Santiago, antes citadas, dirixiranse ao concello para instruír ao responsable de colocar as trampas, Rodrigo Iglesias, sobre os aspectos máis relevantes, como pode ser o lugar idóneo para colocalas, ou a frecuencia, e para darlle as instrucións para a remisión das capturas. O material, sinalan, non suporá custe algún para a administración local.

Xabier P. Igrexas a Javier Pardo: “O problema do Goberno de Caballero é que a última vez que subiron a un autobús en Vigo inda non eran verdes”

0

O BNG cualifica de “ridículas” as declaracións do concelleiro de Fomento nas que tentou descualificar a campaña promovida polo Bloque para demandar un mellor servizo de bus na cidade

O portavoz municipal nacionalista lembra que foi un Goberno municipal liderado polo BNG (1999-2003) o que máis impulsou a mellora do transporte urbano coa posta en marcha da Tarxeta Verde con tarifas bonificadas, novas liñas e o transbordo gratuíto

Diante das declaracións remitidas aos medios de comunicación polo concelleiro de Fomento do Concello de Vigo, Javier Pardo, criticando a campaña iniciada polo BNG demandando a mellora do servizo de bus urbano, o portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, lamentou que “o problema do Goberno municipal de Abel Caballero é que a última vez que subiron a un autobús en Vigo inda non eran verdes”.

“Quen usamos a diario o bus na cidade padecemos en carne propia a enorme precarización que sofre o servizo nos últimos anos”, remachou. Igrexas chamou ao Goberno local a “deixar de defender o indefendíbel e pasar do chalaneo permanente con Vitrasa a actuar para que as viguesas e vigueses teñan un transporte urbano á altura da primeira cidade de Galiza”

Para o portavoz nacionalista é “tan ridículo como preocupante escoitar a un responsábel municipal que non coñece nin as tarifas do bus de Vigo”, aludindo a que Pardo dixo que o “billete ordinario” (sic) ten un prezo de 53 céntimos de euros. “O prezo ordinario é 1,57 euros despois do tarifazo imposto este ano e que o converteu no máis caro de todo o Estado, e o bono ordinario [que é o de 53 céntimos] é tamén o máis caro das sete cidades galegas, moi lonxe dos 38 céntimos da Coruña ou dos 31 céntimos de Ourense”.

“En lugar de facer o ridículo tentando descualificar a demanda dun mellor transporte urbano na cidade, o que debería facer o Goberno de Caballero é actuar para que Vitrasa cumpra co prego concesional e restitúa as 154 frecuencias que seguen recortadas na fin de semana a pesar de que a folga concluíu en marzo”, reprochou.

Aliás, Igrexas lembroulle a Pardo que foi precisamente un Goberno liderado polo BNG que puxo en marcha a Tarxeta Verde (antecedente da actual Pass) con tarifas bonificadas e permitindo o transbordo gratuíto. “Foi precisamente o único mandato (1999-2003) no que o BNG tivemos responsabilidades de goberno na área de mobilidade do Concello cando máis se impulsou o servizo de bus urbano na cidade, mellorando as liñas, con novos circulares e frecuencias e abaratando o seu prezo”, retrucou.

O MARCO celebra o Día Internacional dos Museos con actividades de educación, cine e robótica

0

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo desenvolve, desde hoxe ata o vindeiro sábado 18, o programa deseñado para conmemorar o “Día Internacional dos Museos”, que este ano leva como lema “Museos pola educación e a investigación”

Abel Caballero presentou hoxe, co director do Museo MARCO, Miguel Fernández Cid, e co premiado músico e cineasta de Vigo Eduardo Soutullo, o calendario de actos destinados a conmemorar o Día Internacional dos Museos.

O alcalde destacou a importancia de poner en valor o traballo desenvolvido desde o museo, tanto para poñer en valor ao Marco no escenario cultural nacional o internacional,  como oas creadores de Vigo que se atopan ao nivel das cidades máis importantes de Europa. Ao tempo, animou a participar na programación especial con motivo do Día dos Museos e insistiu no reto de conseguir que todas as persoas que pasen diante o MARCO se deteñan a contemplar a oferta despregada no seu interior.

“De súpeto, Vigo ocupa espazos de opinión en toda España e en toda Europa con tantas cousas que están a pasar na cidade en todos os campos, como na cultura”, recalcou o rexedor.

Eduardo Soutullo congratulouse de que, despois de 30 anos como compositor de música sinfónica, os seus catro documentais en formato curtametraxe vaian ser proxectados por primeira vez nunha institución cultural española.

Programa

A partir de hoxe, coa III Xuntanza de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación de Vigo, o MARCO acolle a proxección, desde mañá ata o domingo 19, dos catro documentais de Soutullo. Tamén mañá terá lugar a iniciativa “Escola de Mestras”, sobre recursos e materiais para a educación infantil. O sábado 18 haberá unha xornada de robótica , educación dixital e Intelixencia Artificial.

El Gobierno local adjudica el plan para proteger más de 900 edificios del Ensanche

0

El Plan Especial de Protección del Ensanche para proteger el patrimonio arquitectónico e histórico de la ciudad garantizará la rehabilitación de casi 900 edificios del centro de la ciudad

El Gobierno local ha adjudicado la redacción del proyecto por un presupuesto de casi 400.000 euros

La Concejalía de Urbanismo adjudicó la redacción del Plan Especial de Protección del Conjunto Histórico de Vigo por un importe de casi 400.000 euros. La empresa adjudicataria, Oficina de planeamento SA, tendrá como objetivo fundamental promover la protección y rehabilitación de nuestro patrimonio construido, teniendo en cuenta, afirmó el alcalde, que el Ensanche de Vigo es el de mayor valor arquitectónico de todo Galicia. El plan, que es «indispensable», abarcará más de 900 inmuebles del centro de la ciudad lo que redundará en una mayor habitabilidad además de incrementar la oferta de vivienda manteniendo siempre el patrimonio arquitectónico de la ciudad.