Caballero recibe ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal

O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal tras o seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina

Abel Caballero congratulouse polo ascenso da AD Balonmán Carballal á División de Honra Ouro Feminina. Na tarde de onte, o alcalde trasladoulle ás xogadoras a súa felicitación polo importante fito deportivo, resaltando a “extraordinaria tempada que realizaron”.

- Publicidad -
LETRAS GALEGAS 2024

O alcalde sinalou que ademais do apoio actual, “para o seu funcionamento e os desprazamentos”, lembrou que “imos construír un novo pavillón deportivo en Cabral”. Na actualidade, “xa está feito o proxecto, elevarase a preto dos 3 millóns de euros” e “hoxe iniciaremos as comunicacións coa comunidade de montes para gañar espazo”.