A fantasía do espectáculo familiar ‘Inventio’, adianto de Reis en Vigo

0

Esta proposta escénica galega de gran formato brindará un total de tres funcións no Auditorio Mar de Vigo os días 3 e 4 de xaneiro

Comedia, ilusionismo e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos sobre o imaxinario Xacobeo

Os billetes para as funcións están á venda na web teuticket.com

Xa está todo a punto para o desembarco do espectáculo Inventio no Auditorio Mar de Vigo os días 3 e 4 de xaneiro. A maxia, o circo e a danza están garantidos con esta proposta escénica de gran formato concibida para público familiar e inspirada no universo xacobeo. Os billetes para as tres funcións previstas en na cidade olívica oscilan entre os 15 e os 25 euros máis gastos de xestión e están á venda na web www.teuticket.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove e os menores de dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca.

Inventio, un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.

Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.

A HISTORIA. Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe de doce artistas guiada por un ilusionista comproba que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.

Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.

Desde a súa estrea en Ferrol, o espectáculo está a desenvolver unha intensa xira que xa recalou en Santiago, Salamanca, Lugo, Pontevedra e Ourense e que vai chegar nas vindeiras semanas a Bilbao (29-30 decembro), Vigo (3-4 xaneiro 2023) e A Coruña (13-14 xaneiro). Toda a información actualizada sobre a xira e os billetes está dispoñible no espazo web www.inventio.gal.

Detienen a un ciudadano portugués por enfrentarse a los agentes que le multaban por caminar por la calzada en varias ocasiones

0

El pasado día 26, una patrulla de la Policía Local de Vigo se encontraba realizando labores de control y vigilancia en materia de Seguridad Vial. Atendiendo ese cometido, circulaban por la calle Gran Vía, en sentido ascendente, observando a las 12:45 horas a un varón que cruzaba la calzada con un perro, estando el semáforo en fase roja para peatones y transitando entre los vehículos.

Los agentes le indicaron que realizara tal acción respetando el semáforo y por el paso de peatones habilitado, dado que había accedido a la calzada a unos 20 metros de distancia del mismo.

Lejos de atender el requerimiento policial, comenzó a increpar a los funcionarios haciendo caso omiso a sus indicaciones, permaneciendo en la calzada, teniendo varios vehículos que realizar maniobras evasivas para evitar atropellarlo, con el riesgo que ello suponía para la circulación.

Acto seguido, el aludido se introdujo en un establecimiento de la zona, al que se dirigieron los agentes, realizando una espera en el exterior para proceder a su identificación y posterior propuesta de sanción.

El hombre, que se percató de la presencia de los actuantes, realizó gestos despectivos con la mano, manteniendo su actitud y realizando comentarios de menosprecio. Una vez en el exterior del local le solicitaron la documentación personal, negándose a facilitarla y tratando de evitar la acción policial, volviendo a intentar introducirse en la calzada, fuera del paso de peatones y con el grupo semafórico en rojo. Tal acción fue evitada por los funcionarios, al tiempo que le solicitaban nuevamente su identificación.

En un momento dado, el interpelado sacó una cartera pequeña con su documentación, arrojándola al suelo y saliendo a la carrera. El hombre cruzó por la calzada entre los vehículos, volviendo a producir la situación de riesgo para los demás usuarios de la vía. Huyó hasta la calle Isaac Díaz Pardo, donde fue alcanzado con la finalidad de hacerle entrega del boletín de denuncia, debido a que al ser identificado, se acortan los plazos para el pago o recurso de la misma.

En ese momento, se mostró más agresivo, tratando de empujar a los actuantes, que procedieron a su detención por la supuesta comisión de un delito de desobediencia y resistencia. Una vez identificado, resultó ser P. J. C. P. de S. de Portugal y 45 años de edad.

O BNG logra o apoio do Pleno para declarar a Vigo como cidade contraria do maltrato animal

0

A moción formulada pola fronte nacionalista para situar a cidade como referente en políticas en favor do benestar animal resulta aprobada malia a abstención de PSOE e PP

Xabier P. Igrexas: “O BNG queremos dar resposta á crecente sensibilidade ambiental da veciñanza de Vigo, que demanda avanzar no recoñecemento dos dereitos dos animais”

O Bloque Nacionalista Galego vén de lograr o apoio do Pleno municipal para declarar a Vigo como cidade contraria de todas as formas de maltrato animal e avanzar en políticas en favor do benestar animal. A moción formulada pola fronte nacionalista con 14 medidas para situar á cidade como referente nesta materia resultou aprobada co voto favorábel da Marea e malia a abstención dos grupos municipais do PSOE e do PP.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, celebrou esta aprobación que dá resposta “á crecente sensibilidade ambiental e da conciencia ecolóxica entre a veciñanza de Vigo, que demanda medidas para avanzar no recoñecemento dos dereitos dos animais”. Por este motivo, defendeu como necesarias estas propostas  para colocar a Vigo na “vangarda” do benestar animal e como unha das cidades máis avanzadas no Estado.

O candidato nacionalista asegurou que “Vigo ten dado pasos significativos pero insuficientes nesta materia”, como foi a decisión municipal de prohibir no ano 2013 a realización de circos e eventos con animais en cautividade. Por ese motivo, o Bloque aposta por destinar máis medios e recursos e actualizar o marco normativo do Concello nas súas propostas.

Importantes retenciones por el vuelvo de un camión de la basura en la A55

0

El conductor ha resultado herido de carácter leve

El vuelco de un camión de la basura en la A-55 ha generado esta mañana «importantes retenciones» a la altura de O Porriño.

Según informan fuentes de la Guardia Civil, el accidente tuvo lugar a las 08.15 horas en la A-55 sentido Tui. El conductor del camión de la basura ha resultado herido de carácter leve.

Al lugar del accidente se desplazaron efectivos de la Guardia Civil para retirar el vehículo de la vía.

O BNG de Vigo acusa ao alcalde de converter o tráfico da cidade nun “vía crucis” por falla de planificación

0

Xabier P. Igrexas: “Esta situación non é resultado da falla de previsión, xa que o Goberno de Caballero promoveu deliberadamente ateigar a cidade con millares de visitantes, o que non fixo foi planificar nin o tráfico nin o dispositivo de seguridade”

O Bloque Nacionalista Galego acusa ao alcalde, Abel Caballero, de converter o tráfico de Vigo nun “vía crucis” pola falla de planificación da mobilidade, causando un “perigosísimo caos” con retencións “insoportábeis” que colapsan a cidade. A fronte nacionalista insiste na urxencia de poñer solucións a esta situación “insostible”, tal como advertiu o propio Bloque o pasado 22 de novembro cando demandou rectificar o plan de tráfico para evitar “unha desgraza”.

“Esta situación non é resultado da falla de previsión, xa que se algo preveu e promoveu deliberadamente o Goberno municipal foi, precisamente, ateigar a cidade con millares de visitantes”, criticou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que “o que non fixo foi planificar nin a ordenación do tráfico nin tampouco o dispositivo de seguridade”.

Igrexas alertou de que este colapso non supón só un “claro prexuízo” para a veciñanza, senón que ademais supón un “grave risco en materia de seguridade”, con escenas de ambulancias, dotacións de policía ou vehículos de emerxencia que non son quen de avanzar en medio de retencións quilométricas.

O concelleiro do BNG reprochou a Caballero que siga “facendo prevalecer a súa necesidade patolóxica de grandes masas de xente sobre o benestar e a seguridade das viguesas e os vigueses”, e sinalou como responsable ao “deseño caprichoso do nadal, centralizado nun espazo reducido no centro da cidade e a falla de medidas para facilitar a mobilidade”.

Desde a fronte nacionalista reiteraron a demanda de medidas concretas como a instalación de aparcamentos disuasorios, o reforzo do transporte urbano (tanto taxi como bus) e o despregamento de lanzadeiras, e tamén con máis efectivos da Policía Local e de Protección Civil. “O que é claro é que insistir neste caos é unha temeridade”, remachou.

Recuperar a Panificadora para a cidade

En relación á inadmisión do recurso de casación do Concello de Vigo contra a sentenza do TSXG a respecto da Panificadora, o edil nacionalista trasladou ao Goberno municipal é a plena disposición do BNG a seguir a apoiar todas e cada unha das medidas que permitan recuperar para a cidade a Panificadora, para protexela e conservala como unha das “máis importantes pegadas patrimoniais na historia da nosa cidade”.

Igrexas solicitou á Xerencia Municipal de Urbanismo que elabore un informe para aclarar o alcance da decisión xudicial, que anula o acordo plenario unánime de decembro de 2020 para a modificación puntual do Pepri do Casco Vello neste ámbito, para aclarar se terá algún tipo de incidencia nas previsións urbanísticas recollidas no novo PXOM.

“A posición do BNG é a de que hai que blindar por todos os medios a Panificadora para evitar que sexa engulida pola cobiza especulativa”, explicou. 

Los bomberos excarcelan a una persona tras volcar con su vehículo en Vigo

0

El herido fue trasladado por los servicios sanitarios a Povisa

Una persona ha precisado de la intervención de los Bomberos de Vigo para poder ser liberada después de quedar atrapada tras volcar con su vehículo en la ciudad.

Una vez llevada a cabo la excarcelación, la persona herida fue trasladada por los servicios sanitarios a Povisa.

La alerta llegó de un particular que contactaba diez minutos antes de las once de la noche pasada con el 112 Galicia para informar que, desde la ventana de su vivienda, situada en la calle Vilagarcía de Arousa, veía un coche volcado con una persona en su interior. En ese instante, los gestores de emergencias también recibían la llamada de otros alertadores que informaban del mismo accidente, incluso, uno de ellos, indicaba que el turismo humeaba.

A partir de ahí, desde el 112 Galicia se pasó aviso al Servicio de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 y a los Bomberos de Vigo, que enseguida se desplazaron al punto. Igualmente, fueron informados los agentes de la Policía Local.

Así, una vez en el lugar de los hechos, los Bomberos confirmaron que la persona finalmente precisó de los medios de excarcelación para ser evacuada, tras quedar atrapada en el interior del vehículo.

Concluye con éxito la retirada del autobús accidentado del río Lérez

0

Los técnicos se descolgaron por una de las laderas para acceder al vehículo y lo aseguraron con cables y cadenas al pilar más próximo

El operativo desplegado en el puente de Cerdedo-Cotobade desde el que cayó el pasado sábado un autobús de pasajeros logró en la tarde de ayer sacar el vehículo del cauce del río e izarlo los 29 metros necesarios para alcanzar el viaducto.

Los medios estaban en la zona desde las 8.00 horas, cuando se cortó el tráfico en las inmediaciones del Puente de Pedre para hacer las pruebas de carga pertinentes y tratar después de recuperar el autobús.

Durante la mañana, los operarios y expertos vinculados al Ministerio de Transportes habían instalado planchas a lo largo del viaducto para repartir la carga.

Los técnicos se descolgaron por una de las laderas para acceder al vehículo y lo aseguraron con cables y cadenas al pilar más próximo. Posteriormente, le pasaron varios cabos por debajo y comenzaron a izarlo, inicialmente con la parte delantera más elevada y, posteriormente, de forma pareja.

Previamente, los servicios de emergencia habían facilitado el acceso al vehículo con el corte de varios árboles y ramas.

De este modo, tras ser estabilizado la grúa con unos contrapesos sobre el puente, la máquina sacó el autobús del río y lo depositó en la vía de circulación, la N-541.

Por estas labores, hubo que interrumpir el tráfico en la carretera. Así, está previsto que la circulación se restablezca cuando la estructura de la grúa sea retirada, según confirmaron al 112 Galicia los miembros de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

El Bono Activa Comercio de la Xunta ya movilizó 1,23 M€ en compras en los establecimientos de Vigo

0

El director general de Comercio y Consumo, Manuel Heredia, participó esta mañana en la presentación de la campaña de Nadal de Aetravi, que se mantendrá abierta hasta el 5 de enero

El director general de Comercio y Consumo, Manuel Heredia, participó esta mañana en Vigo en la presentación de la campaña de Navidad del centro comercial abierto de As Travesas (Aetravi). Allí destacó el papel de las asociaciones de comerciantes en el impulso de los negocios locales y su esfuerzo por acercar nuevos servicios a los consumidores.

La campaña, que se mantiene hasta el 5 de enero, prevé el sorteo de 6.000 euros en vales regalo entre los clientes de los establecimientos adheridos, dentro del programa de ayudas que la Xunta ofrece a los centros comerciales abiertos y que cuenta con una dotación de 2,25 M€.

De este modo, complementa otras acciones realizadas por el Gobierno gallego para impulsar el comercio local, como el Bono Activa Comercio que tiene en Vigo la ciudad con el mayor número de usuarios (19.276) y que ya movilizó 1,23 M€ en compras en establecimientos de cercanías de este ayuntamiento. En Galicia ya se superan los 13,7 M€ de movilización en este programa que estará vigente hasta el 31 de diciembre.

El comercio es un sector estratégico tanto para la economía como para la calidad de vida de las villas y ciudades gallegas. Por eso, los presupuestos para 2023 destinan 24 millones de euros de inversión para promover la modernización y la competitividad del comercio de cercanías, impulsando la digitalización y comercio en línea y la sostenibilidad, entre otros objetivos.

O alcalde valora a «confianza e seguridade» que ofrece o punto de atención cidadá da Policía Nacional en Vialia

0

Abel Caballero asistiu este martes á sinatura do protocolo de cesión dun local no Centro Comercial Vialia ao Corpo Nacional de Policía, que foi rubricado por Teresa Verdugo, directora xeral de Nhood España e por Ramón Gómez Nieto, xefe superior de Policía de Galicia. O rexedor destacou a «gran cooperación entre as forzas de seguridade», que contribúe a «cohesionar a cidade» e referiuse á nova oficina como un «símbolo da presenza permanente para ofrecer confianza e seguridade». No acto estiveron presentes tamén o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o comisario xefe provincial de Pontevedra, Juan José Díaz; e o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez.

Máis de 102.000 persoas visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes

0

O alcalde deu en rolda de prensa esta cifra récord de visitantes, “e aínda falta o groso do Nadal”, puntualizou

A Concatedral acollerá este mércores 28 de decembro o concerto de Nadal cia soprano Beatriz Arenas, acompañada de Leonardo Milanés ao órgano

Abel Caballero deu conta das persoas que visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes ata o momento. A cifra ascende ata as máis de 102.000 persoas, sendo esta un récord histórico. “Aínda falta o groso do Nadal”, expresou o rexedor.

O alcalde manifestou as boas impresións que están a ter as persoas que o visitan: “Non é solo a cantidade, importa a opinión e é extraordinaria. A opinión sobre o Nadal de Vigo é excepcional”, afirmou.

Concerto de Nadal na Concatedral

Este mércores 28 de decembro a Concatedral acollerá o concerto de Nadal da soprano Beatriz Arenas, acompañada ao órgano de Leonardo Milanés. Comezará ás 19:30 horas e a entrada é libre ata completar aforo.