VH al tema: Hoy «G.O.A.T.» de Polyphia 

Desde Texas, uno de los lugares mágicos para el nacimiento de buenos grupos de música, surge en 2010 Polyphia. Una banda de rock progresivo instrumental que mezcla una amplia variedad de sonidos y líneas musicales con las que enriquecen sus temas. Su sonido y estilo son muy característicos y llamativos. Toda una experiencia y una delicia poder apreciar los detalles en su música.

Os orzamentos da Xunta para 2023 destinan máis de 900 m€ á Área Sanitaria de Vigo

0

A Área Sanitaria de Vigo disporá o próximo ano 2023 do orzamento máis alto da súa historia, acadando a cifra récord de 900.715.674 millóns de euros. Así, tal e como se recolle no proxecto de orzamentos, a Xunta de Galicia destinará un 7,3% máis que o pasado ano á atención sanitaria de Vigo e comarca, o que supón 62,5 millóns de euros máis.

Entre outros capítulos, cabe subliñar o Capítulo I, que se leva a maior parte do orzamento vigués, un 39% do total; isto é, 352,8 millóns de euros destinados ao pagamento das nóminas do persoal, máis de 6700 traballadores da área, tanto dos centros de sáude como dos hospitais.

 Ao Capitulo II, bens e servizos, dedícanse 337,4 millóns de euros, un 37% do total. Neste epígrafe contabilízanse os gastos de farmacia de dispensación hospitalaria, material e instrumental sanitario, implantes, laboratorios ou concertos con outros centros.

34  millóns de investimentos

Ademais, a Xunta de Galicia prevé realizar uns investimentos de 34 millóns de euros na sanidade pública viguesa. Destes, 17,8 millóns irán dirixidos ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e 16,2 millóns á Atención Primaria.

O investimento no Hospital Álvaro Cunqueiro ascenderá a 5,6 millóns de euros para executar as obras de reforma das diversas Unidades: a Unidade de Enfermidades Raras (xa licitada); a de Necropsias (xa licitada); a de Hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil (será licitada antes de finalizar o ano); así como as novas Áreas de Rehabilitación Cardíaca e de Hospitalización a Domicilio (ambos proxectos xa adxudicados).

Os orzamentos tamén contemplan unha partida de 351.680 euros para a liquidación das obras de climatización do hospital do Meixoeiro, que concluirán antes de rematar o ano.

A estas infraestruturas hai que engadirlle os recursos consignados para completar os pagos dos contratos licitados ao longo do 2022, a través dos fondos europeos Next Generation, e que supoñen un investimento de 12,2 millóns de euros para adquirir equipos de alta tecnoloxía.  Así, vanse  renovar 5 TACS, xa adxudicados por un importe de 3,2 M €; 2 Resonancias Magnéticas, adxudicadas por 2,6 M€; 1 equipo PET-TC, adxudicado por 2,5 M€; 1 equipo de Radioloxía Vascular, adxudicado por 592.900€; 3 gammacámaras, licitadas por 2 M€;  e 2 salas hemodinámica, licitadas por 1,6 M€.

16  millóns para  Atención Primaria

No referido á Atención Primaria, dos 16,2 M€ que se investirán nas obras de novos centros de saúde vigueses, a partida máis destacable son os 6 millóns de euros para iniciar a obra do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, xa licitada.

Ademais, dentro da partida do Plan de Atención Primaria FEDER 21-27 están reservados 5,9 millóns de euros para o inicio da obra do novo centro de saúde de Moaña, xa licitada.  Cabe subliñar tamén os 2,9 millóns destinados a rematar a obra de ampliación do centro de saúde de Porriño; 250.000 para o proxecto do novo centro de saúde de Mos (unha vez decidida a súa localización); 300.000 para a reforma do centro de saúde de Salvaterra, cuxo proxecto xa está adxudicado;  e 200.000 para  a reforma do centro  de Crecente , cuxo proxecto tamén esta adxudicado.

Asemade, os Orzamentos tamén recollen unha partida de 500.000 euros para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando os Concellos correspondentes acheguen ao Sergas unha parcela axeitada, como poderían ser os centros de Cangas de Morrazo ou o de A Garda.

2,2 millóns para Convenios con entidades locais

No proxecto de Orzamentos para 2023 tamén se reserva máis de 2,2 millóns de euros para transferencias a entidades da atención sociosanitaria, a saúde mental e de atención ás adiccións da Área sanitaria de Vigo. Neste senso, hai consignadas partidas específicas para convenios nominativos coa Asociación da Loita contra a Droga Alborada; Asvidal; Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete; ou a Asociación Avelaíña. Segundo asegura o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente “estos orzamentos  poñen de manifesto o esforzo realizado polo goberno galego para dotar á sanidade pública viguesa duns recursos financeiros axeitados. A efectos prácticos traduciranse en melloras significativas para a atención aos pacientes, xa que posibilitarán a dotación de novos recursos e tecnoloxía para seguir realizando importantes avances organizativos e asistenciais”.

A Praza da Estación xa está conectada con Urzáiz e Vía Norte a través dun ascensor

0

O Concello rematou as obras de implantación do novo ascensor que une a Praza da Estación co cruce de Urzáiz e Vía Norte ao que dedicou 386.914 euros

Este novo elemento do Vigo Vertical permite salvar 12 metros de altura, ten capacidade para 13 persoas e pode funcionar ata un máximo de 240 veces por hora

Abel Caballero participou esta mañá na inauguración do novo ascensor que conecta a Praza da Estación coa confluencia das rúas Urzáiz e Vía Norte, un proxecto que permite salvar 12 metros de altura e que custou 386.914 euros. Nesta zona, explicou o rexedor, había unha escaleira de 82 banzos para evitar un rodeo de 200 metros pola rúa Baixada á Estación. Ten capacidade para 13 persoas e pode funcionar ata un máximo de 240 veces por hora. Respecto do deseño, ten un vidro no fronte que dá á Praza da Estación, permitindo unha visión panorámica do contorno.

O proxecto incluíu a execución dunha lousa de 223 m2 a cota de ambas rúas o que permite o desembarco do ascensor e a ampliación das rúas coa conseguinte mellora do tránsito peonil ao desmontarse a varanda que existía sobre o muro de contención. A beirarrúa de Urzáiz amplíase en 5 metros, desde os 3,40 ata os 8,40 metros. Pola súa banda, a de Vía Norte, pasa de 1,80 a 3,40 metros. A humanización do contorno tamén incorporou a renovación de redes e iluminación, ademais dunha nova xardineira.

Acerga inaugura en Vigo la exposición “El cerco en Galicia”

0

La Asociación de Armadores de Cerco de Galicia OPP-82 presentará mañana viernes, día 21 de octubre, en el Museo del Mar de Vigo la exposición “El cerco en Galicia”, que cuenta con elementos nunca antes mostrados al público como una colección de agujas de coser redes en diferentes materiales o un cabo centenario. Al inicio del evento, que tendrá lugar a las 12:00 horas, se firmará un acuerdo de colaboración entre Acerga y el Museo del Mar para que los segundos tengan acceso, y puedan utilizarlo con fines de investigación, al archivo fotográfico histórico de los armadores del cerco de Galicia.

“El cerco en Galicia” permanecerá abierta al público hasta finales del mes de diciembre y contiene información de interés sobre este segmento de flota, los productos que captura, la historia de este arte de pesca y de la propia asociación.

Marea de Vigo afirma que o «triunfalismo» da Xunta e do Concello sobre os orzamentos para o 2023 agocha «unha inexecución denunciable dos anteriores exercicios»

0

Rubén Pérez: “Non vale de nada facer unha rolda de prensa anunciando grandes recursos económicos se logo estes non se executan. Anunciar a Bilioteca de Teis coma se algo novo cando xa capturaron recursos no ano 2020 e no 2021 para este tipo de actuacións é un exemplo desta praxe”

Marea de Vigo pídelle á Xunta e ao Concello que deixen de facer política electoral e se poñan a traballar en executar as actuacións prometidas aos vigueses e as viguesas

No día de onte, a Xunta de Galicia, a través da súa Delegada en Vigo, e o Concello, a través do Alcalde, fixeron as correspondentes presentacións das súas propostas orzamentarias para o vindeiro ano 2023, unha acción cualificada pola Marea de Vigo como un “alegato preelectoral” ante as vindeiras municipais e previsiblemente xerais que terán lugar no próximo ano.

En primeiro lugar, no caso do Concello de Vigo, O Grupo municipal da Marea de Vigo considera que o de onte “supón a enésima vez que o alcalde, utilizando todo tipo de adxectivos superlativos, define un proxecto orzamentario como o mellor e máis amplo”, algo “absolutamente certo” no tocante á cantidade orzamentada, xa que “aos 295 millóns de euros de orzamento súmase o remanente e o superávit, superando os 360 millóns, o que fai que este ano xa de partida o Concello de Vigo terá unha cantidade económica histórica- explica Rubén Pérez -, cousa diferente é que eses recursos sexan finalmente executados. Non vale de nada facer unha rolda de prensa anunciando grandes recursos económicos se logo estes non se executan”.

Ante o recoñecemento por parte do propio Goberno local nos marcos orzamentarios presentados no pasado Pleno sobre a falla de execución de máis de 100 millóns de euros do exercicio deste ano 2022, Marea de Vigo pídelle que execute eses recursos de xeito inmediato, “nun ano tan difícil como este non poden quedar máis de 100 millóns de euros sen executar, nin importantes partidas de emprego ou mesmo o capítulo 1, referente ao persoal” matiza Rubén Pérez.

De xeito análogo, a Xunta de Galicia expresou onte, a través da súa Delegada en Vigo, os investimentos para a cidade de Vigo contidos no proxecto orzamentario para o vindeiro ano 2023, “volvendo, sen ningún tipo de rubor, a trasladar actuacións que xa foron anunciadas no seu día por Corina Porro sendo esta Delegada da Xunta na cidade”. Exemplos disto son a construción do Centro Olimpia Valencia “ou o sempiterno anuncio sobre a construción de vivendas e dun instituto en Navia” engade Pérez.

Marea de Vigo pídelle á cidadanía que sexa crítica con este xeito de proceder por parte de ambas administracións e incide en que “non é tan relevante a cantidade que se pon nun orzamento como a execución real do mesmo”. Segundo o Grupo, o feito de non executar durante moitos anos para ter ao final da lexislatura unha cantidade económica “que permite facer anuncios e encher páxinas de especiais sobre o futuro da cidade dicindo que o ano 2023 se vai facer todo o que non se fixo nos anos anteriores é unha mentira, e pasou no ano 2015 e no ano 2019 co gallo das eleccións municipais” conclúe o voceiro local.

Más de 700 personas siguieron en Zona Franca la jornada Experiencia Grow Up con Google España

0

Empresas y startups descubrieron las últimas tendencias del marketing digital de la mano de expertos como el gerente de desarrollo de Google o la estratega de cuentas de Google Ads. El delegado del Estado, David Regades, les dio la bienvenida

Más de 700 personas siguieron la jornada Experiencia Grow Up, organizada por Zona Franca de Vigo y ClickAge, en colaboración con Google España. Empresas y startups descubrieron en la sesión las últimas tendencias del marketing digital para internacionalizar un negocio en 2022, de mano de expertos como el gerente de desarrollo de Google España, Gonzalo Travesedo; o la estratega de cuenta de Google Ads, Rocío Beltrán.

El delegado del Estado, David Regades, les dio la bienvenida y explicó que “la jornada sirve para ponerse al día en marketing digital a cualquier tipo de empresa, tanto si es una startup, como si es una empresa que se quiere digitalizar o si está dando el paso a la internacionalización”. En este sentido señaló que “desde Zona Franca nos hemos volcado en ayudar a las empresas para avanzar en la digitalización y de hecho hemos organizado varias actividades con Red.es y el Gobierno de España para difundir las ayudas del Kit Digital”.

En Experiencia Grow Up, que se pudo seguir tanto de forma presencial como en streaming, han participado ponentes de empresas punteras, además de Google, también otras compañías como ClickAge, Opositatest, Metricool y también Oct8ne.

Los ejes de las ponencias giraron alrededor de la unión del negocio físico con el digital, la importancia de la omnicanalidad y la tendencia de ubicar al usuario en el centro de la actividad de marketing, cómo la inteligencia artificial recurre a sofisticados algoritmos prediciendo cuál es la acción correcta para cada caso en particular, el análisis de datos para una correcta toma de decisiones, qué comunicamos a nuestro público objetivo en las diferentes redes sociales, cómo atraer la atención del usuario hacia tu marca o transformar visitantes en clientes. Asimismo, pudieron verse algunos casos de éxito, como el de Casa Grande de Xanceda, y también la experiencia de Opositatest.

Para Emanuele Ricciotti, CEO de ClickAge y uno de los participantes en el evento, “ha sido un momento de crecimiento puro. La participación en el evento ha demostrado el acierto en el formato”. Además, Emanuele añadió que “ya tengo ganas de organizar el próximo. Las ponencias han sido muy enriquecedoras con casos de éxito de empresas punteras. Por un lado, los asistentes han podido aprender y llevarse a casa un bagaje de tips preciosos y, por otro lado, conocieron más de cerca actores que pueden ayudarle a sobresalir en sus acciones digitales”.

Experiencia Grow Up es la red que reúne a profesionales de los negocios digitales, del marketing y la tecnología, con ganas de enseñar y aprender compartiendo sus experiencias profesionales.

Un fuego destroza un cuadro de contadores en la calle Tarragona

0

El día 18, se recibía un aviso por incendio a las 07:56 horas, desde la calle Tarragona. El 112 informaba que se veía salir abundante humo de un inmueble de esa calle.

El incidente resultó ser un fuego eléctrico en el cuadro de transformación compartido por varios inmuebles, incluido Povisa. La Dotación 1ª salida de Bomberos Vigo Teis fue la encargada de la extinción de las llamas, sin registrarse heridos.

Hasta el lugar también se desplazó una dotación de la Policía Local de Vigo para comunicarse con los vecinos del inmueble e indicarles que debían permanecer en sus viviendas hasta estar la situación controlada.

Arde un coche en la calle Amor Ruibal

0

El pasado domingo se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo en la que el servicio de Emergencias de Galicia 112, informaba que en la calle Amor Ruibal había un coche ardiendo.

A la llegada de la unidad policial, comprobaron que efectivamente había un vehículo en llamas, por lo que solicitaron la presencia de bomberos. Pese a su intervención, sofocando el fuego, el vehículo quedó totalmente calcinado.

Se dio la circunstancia de que también causó daños a otro turismo estacionado próximo, en su parte delantera. Los propietarios de los vehículos fueron informados de lo ocurrido a través de la central de comunicaciones de la Policía Local, personándose al poco tiempo en el lugar. Por el momento se desconocen las causas del incendio.

El Partido Popular pide una vez más a la Comisión Europea que suspenda ya el veto a la pesca de fondo y lo revise lo antes posible

0

Los eurodiputados del Partido Popular miembros de la Comisión de Pesca, Gabriel Mato y Francisco Millán Mon, han intervenido en el pleno del Parlamento Europeo (PE) en el marco del debate sobre el reglamento de ejecución que veta la pesca de fondo en 87 áreas del Océano Atlántico.

En presencia de la Comisaria Helena Dalli en sustitución del Comisario de Medio Ambiente, océanos y Pesca, Gabriel Mato y Francisco Millán Mon han pedido una vez más a la Comisión Europea (CE) que suspenda ya la aplicación del veto a la pesca de fondo y que lo revise lo antes posible.

Gabriel Mato ha criticado duramente que la Comisión adopte “todas las medidas con las más variadas excusas, la mayoría de ellas de tipo medioambiental, causando un grave perjuicio a los pescadores europeos”. El eurodiputado canario ha vuelto a cuestionar, tal y como ha hecho desde que se conoció esta decisión, que se ejecute el acto de ejecución de un Reglamento de 2016 seis años después, “en el peor momento posible y de la peor manera posible”.

“La Comisión Europea ha tomado una decisión sin consultar a los interesados, sin un informe científico actualizado, sin una evaluación de impacto socioeconómico y, además, en un periodo especialmente difícil, tras el Brexit, la Covid-19, la subida de los combustibles y la guerra en Ucrania”, ha destacado.

El portavoz del Grupo PPE en la Comisión de Pesca del PE ha planteado una serie de preguntas al Ejecutivo comunitario en relación con su decisión y le ha pedido que espere hasta conocer el nuevo estudio científico del ICES, que se publicará en las próximas semanas, para llevar a cabo un acto de ejecución que refleje la realidad del sector y evitar así este grave daño que se le está produciendo, bajo el “pretexto de proteger las áreas marítimas vulnerables”.

“¿De verdad piensan que desplazar una gran cantidad de barcos de una zona a otra no va a suponer una mayor sobrecarga y un sobreesfuerzo pesquero en esas áreas? ¿Es así como la CE va a proteger las áreas marítimas vulnerables?”, ha inquirido Mato, quien también ha tratado de que el Ejecutivo se pronuncie sobre si se va a establecer algún sistema de ayudas a los pescadores, quienes -ha destacado el eurodiputado popular- “merecen, al menos, respuestas”.

Por su parte, el eurodiputado gallego y miembro de la Comisión de Pesca, Francisco Millán Mon, denunció también el “uso indiscriminado” de datos científicos, la “ausencia de una evaluación de impacto socioeconómico”, la “falta de consultas suficientes” o a la “negativa, totalmente injustificada, a distinguir entre el arrastre y el palangre, en contra de lo que por ejemplo dice el ICES”. “En el fondo, la Comisión ha trabajado con brocha gorda en vez de con pincel fino”, dijo.

“Este Parlamento ya censuró hace dos semanas el proceder de la Comisión en una enmienda presentada por el Grupo Popular. La Comisión también ha recibido la crítica unánime del Parlamento de Galicia, primera región pesquera de Europa, y de los cuatro Estados miembros afectados: España, Portugal, Irlanda y Francia”, destacó.

Millán Mon mostró su preocupación tras conocerse los primeros datos sobre el impacto de este veto, ya que “en Galicia las capturas de las especies afectadas han caído hasta un 60% y la facturación ha disminuido notablemente”.

El eurodiputado gallego recordó durante su intervención que “el pasado 15 de septiembre, el mismo día que se aprobaba el reglamento que hoy debatimos, este Parlamento adoptaba una resolución reclamando a la Comisión que se abstuviese de proponer más normas que pongan en riesgo nuestra seguridad alimentaria”. Millán Mon subrayó que no se puede seguir legislando en el sector alimentario como si nada pasase: “ahí están la guerra de Ucrania y sus terribles consecuencias. En un momento excepcional con el precio de la cesta de compra disparado, no se entiende que la Comisión esté limitando las capturas y la venta de pescado de la flota europea”, afirmó.

“Hay ecosistemas vulnerables, pero nuestra seguridad alimentaria, nuestros pescadores y sus familias también son vulnerables. Por las deficiencias jurídicas, científicas, procedimentales y también, evidentemente, deficiencias de esta decisión en materia de oportunidad; por todas estas razones, insisto en que lo más sensato sería la suspensión de la medida”, concluyó.

170 pediatras e enfermeiras de pediatría debaterán no Álvaro Cunqueiro sobre temas de actualidade da súa especialidade

0

Este ano a xornada presenta unha gran novidade, xa que por primeira vez participa o persoal de enfermaría pediátrica

O programa a desenvolver versará sobre dous grandes temas de máxima actualidade,  os coidados paliativos pediátricos e a patoloxía psiquiátrica infantil

Un total de 130 pediatras, de atención primaria e hospitalaria, e 40  enfermeiras de Pediatría se reunirán no hospital Álvaro Cunqueiro  no 72 congreso da Sociedad de Pediatría de Galicia (SOPEGA) os próximos días 21 e 22 de outubro.

Segundo a presidenta do comité organizador, a doutora Ana Concheiro, “o obxectivo deste encontro é actualizar e compartir coñecementos, e estreitar lazos de colaboración coa finalidade de mellorar a asistencia aos nosos pacientes e a súa calidade de vida”. 

Este ano, a xornada presenta unha gran novidade: por primeira vez participa o persoal de enfermaría pediátrica. “Trátase do primeiro congreso de SOPEGA no que participa a enfermaría, máis de 40 profesionais, e cremos que é algo moi interesante e enriquecedor xa que, sen dúbida o papel da enfermaría é incuestionable e fundamental en calquera procedementos pediátrico”.

Coidados paliativos e patoloxía psiquiátrica  

O programa a desenvolver versará sobre dous grandes temas, de máxima actualidade: os coidados paliativos pediátricos e a patoloxía psiquiátrica infantil. Precisamente, a  conferencia inaugural  será impartida polo xefe de sección da Atención Integral paliativa pediátrica do Hospital Infantil Niño Jesús de Madrid, Ricardo Martino, que versará sobre “Fotografía actual de los cuidados paliativos pediátricos”.

En relación coa saúde mental infanto xuvenil, tres especialistas en Psiquiatría Infanto-xuvenil e Pediatría falarán sobre os trastornos da alimentación e outras patoloxías prevalentes na infancia e adolescencia.

Outra mesa redonda tratará sobre o seguimento dos nenos prematuros e a transición a idade adulta dos pacientes pediátricos con enfermidades crónicas.

Ademais, vanse presentar 113 comunicacións científicas por parte dos profesionais dos servizos de Pediatría dos diferentes hospitais e centros de saúde da nosa comunidade.

Obradoiros prácticos

Nesta xornada desenvolverase 4 obradoiros especializados sobre diferentes temas: ecografía pediátrica; satura cirúrxica; ortopedia e traumatoloxía e procedementos en enfermaría pediátrica. Para impartir estas sesións prácticas contarase coa colaboración doutros especialistas do Chuvi, dos servizos de traumatoloxía, intensivos pediátricos, cirurxía pediátrica e enfermaría materno infantil . No transcurso do congreso farase un recoñecemento a ONG Ayuvi polo seu labor en prol das nais con fillos ata os 3 anos en risco de exclusión social.