Un butanero vigués hace doblete en positivos por cocaína mientras repartía

0

En la mañana de ayer, en torno a las 12:00 horas, la Unidad SINTRA de la Policía Local de Vigo se encontraba realizando labores de control y vigilancia en materia de Seguridad Vial y Transportes, en la zona de Alcalde Lavadores.

En ese cometido, procedieron a dar el alto al conductor de un camión de transporte de mercancías peligrosas (distribución de Butano) que resultó ser V.M.C. natural de Vigo y de 48 años de edad. Se le solicitó la documentación pertinente para este tipo de transporte y además se le realizó una prueba de detección de drogas y sustancias estupefacientes. El test realizado resultó positivo en cocaína.

Tras esa comprobación se procedió a la inmovilización y posterior traslado del vehículo a dependencias municipales ya que no se personó ningún otro conductor alternativo. Los agentes locales, encargados de la seguridad del tráfico, volvieron a interceptar a este mismo conductor sobre las 11:00 horas de la mañana de hoy, circulando ésta vez por la Plaza Juan XIII, por lo que tras realizarle de nuevo la prueba de detección de drogas volvió una vez más a arrojar un resultado positivo en cocaína.

Esta vez sí se hace cargo del vehículo un conductor sustituto, el cual presenta a los agentes todos los permisos necesarios para continuar con el reparto del butano. El conductor fue propuesto para sanción, en atención a los resultados positivos en las pruebas de detección de drogas realizadas.

A diversidade xenómica do SARS-CoV-2 permite delimitar diferentes gromos dentro dunha cidade como Vigo

0

O estudo realizouse con 49 mostras de pacientes da cidade olívica

A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade. É por isto que un equipo de investigadores do proxecto Epicovigal, iniciativa que engloba 11 equipos de investigación dos sete centros hospitalarios de referencia de Galicia, dos tres institutos de investigación sanitaria, as tres universidades galegas e o Cesga, quixo comprobar se empregando unhas técnicas máis precisas, que permiten detectar mutacións raras do virus, eran quen de determinar a ruta de contaxios a pequena escala.

O investigador, que coordina o consorcio Epicovigal, explica que a comprensión detallada de como e cando se produce a transmisión da síndrome respiratoria aguda grave do SARS-CoV-2 é fundamental para deseñar medidas de prevención eficaces. Neste contexto, a secuenciación do xenoma ofrece información epidemiolóxica complementaria ás técnicas máis tradicionais como rastrexo de contactos.

Os resultados deste estudo acaban de ser publicados pola revista Virus Evolution e, como explica o catedrático e investigador do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da UVigo David Posada, constatan que a diversidade xenómica do SARS-CoV-2 é útil para delimitar diferentes gromos dentro dunha cidade como Vigo. 

Na procura das mutacións raras en 49 pacientes de Vigo

Neste estudo, o equipo formado por científicos do Cinbio, dos Servizos de Microbioloxía e  Medicina Preventiva do CHUVI e da Rice University, secuenciou corenta e nove mostras de pacientes con SARS-CoV-2 procedentes de residencias de anciáns, fogares familiares e festas de aniversario na cidade de Vigo. “Queríamos ver se con técnicas xenéticas un pouco diferentes, como se fose unha lupa de maior aumento, éramos capaces de detectar mutacións raras do virus e, a través delas, distinguir as rutas de contaxio a pequena escala”. Explica o catedrático da UVigo que “cando o SARS-CoV-2 infecta unha persoa, se multiplica nas células e pode sufrir mutacións que só aparecen nunhas poucas partículas virais dos miles de millóns que poden vir a ser no pico da infección”. Cando esa persoa infecta a outra, “esas mutacións máis raras, e que chamamos intrahóspede, poden transmitirse ou non, dependendo da súa  frecuencia, e do azar”. Neste estudo, tratouse de comprobar se, efectivamente, esas mutacións raras “pasan ou non dun individuo a outro e estudar a través delas se é posible determinar a ruta de infección a pequena escala e o colo de botella de transmisión, é dicir, cantas partículas virais son as que establecen a infección”.

Neste proceso, os científicos aplicaron técnicas xenómicas máis precisas a unha serie de casos sobre os que existía información de rastrexo, de modo que os resultados do estudo xenético puidesen ser contrastados coa información epidemiolóxica. É dicir, explica Posada, “traballamos de maneira agnóstica para coñecer como foi a ruta de contaxio e comparar os resultados co que deduciu o epidemiólogo, co obxectivo de ver se só con datos xenéticos seríamos capaces de entender quen infecta a quen”.

Os resultados obtidos constatan que “para unha cidade como Vigo, do seu tamaño e características, somo quen de distinguir entre diferentes gromos só con datos xenéticos”. Isto permitiría, por exemplo, determinar se dentro dunha residencia de anciáns con 50 persoas infectadas, todos os contaxios proceden da mesma fonte. “Lamentablemente”, engade Posada, “o que non seguirmos foi determinar dentro de cada un deses gromos a orde dos contaxios, xa que a taxa de mutación do virus non é tan rápida”, o que impediu na maioría dos casos a identificación inequívoca de eventos de transmisión directa. 

O colo de botella da transmisión é moi pequeno

Outro dos resultados máis destacables do estudo é que os científicos galegos foron quen de confirmar o tamaño do colo de botella da transmisión. Non estaba claro, como explica o catedrático David Posada, se no proceso de transmisión da covid a infección se produce a partir de miles de partículas virais que pasan dunha persoa a outra, ou se, polo contrario, son poucas as que pasan e se multiplican con éxito. Finalmente, os nosos datos permiten demostrar que “os colonizadores exitosos son moi poucos”. De feito, dos miles de millóns de partículas virais que pode ter unha persoa contaxiada, se esta contaxia a outra “só transmite con éxito, é dicir, que xeran infección, unha, dúas ou tres partículas virais”, o que se coñece como colo de botella da transmisión. “Isto é compatible, aínda que non é unha proba definitiva, co predominio do contaxio mediante aerosois”.

O alcalde asina a cesión do local para a Federación de Peñas do Celta

0

Caballero fixo entrega da sinatura e a entrega de chaves do local situado no Estadio Municipal de Balaídos

Abel Caballero asinou a cesión do local para a Federación de Peñas do Celta. Hoxe entregou as chaves do no emprazamento ao presidente, Pepe Méndez, no que a Federación poderá comezar a desenvolver a súa actividade.

O novo local, situado no Estadio Municipal de Balaídos, ten 120 metros cadrados e será cedido por 3 anos, prorrogable outro máis, segundo o documento o documento asinado por ambas partes.

O rexedor manifestou que o obxectivo “é que sexa un punto de encontro dos peñistas, que sexa a referencia das peñas”. Caballero cifrou en máis de 15.000 os peñistas do celta, con 123 peñas, das cales 33 atópanse en Vigo. “Estamos moi satisfeitos de cooperar para fomentar os valores do fútbol, o celtismo e o deporte en xeral”, concluíu.

Galicia avanza en la atención sanitaria y social con la creación en Mos de un complejo sociosanitario pionero, dotado con un centro de salud, una residencia, un centro de cuidados intermedios y una escuela infantil

0

“Mos se convertirá en referencia con el primer centro de cuidados intermedios. El antiguo edificio de O Rebullón será la plasmación física de la apuesta por un proyecto ambicioso y multidisciplinar”, afirma el presidente de la Xunta

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacó hoy el compromiso con la atención sanitaria y social, con la creación en Mos de un complejo sociosanitario pionero, dotado con un centro de salud, una residencia de mayores, un centro de cuidados intermedios y una escuela infantil.

Durante el acto de presentación del proyecto, Feijóo precisó que estas nuevas instalaciones, que estarán situadas en el antiguo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, contarán: con un nuevo centro de salud que incrementará en un 50% la superficie del actual y para el cual ya se elaboró el plan funcional; con una residencia de mayores, con el fin de prestar atención a 90 vecinos; con un centro de cuidados intermedios para atender a personas mayores que, por ejemplo, sufren un accidente doméstico y reciben el alta hospitalaria pero precisan de una atención transitoria antes de regresar a su casa; y una escuela infantil.

“Mos se convertirá en referencia con el primer centro de cuidados intermedios. El antiguo edificio de O Rebullón será la plasmación física de la apuesta por un proyecto ambicioso y multidisciplinar”, dijo, incidiendo en que el nuevo modelo contempla la protección de la salud y de la calidad de vida como un objetivo único.

Feijóo concluyó haciendo hincapié en que este complejo supondrá un punto de inflexión en el abordaje de las necesidades sociosanitarias de las personas mayores, en la que la tecnología se pondrá al servicio del bienestar de las personas dependientes; y en la que los profesionales sanitarios y los sociosanitarios trabajarán más unidos que nunca para garantizar la mejor calidad de vida.

Vigo, cun 82% de ocupación hoteleira, propón converterse en referencia turística na Semana Santa

0

“Incorporaremos Vigo ao ámbito turístico da Semana Santa de España”, avanzou este luns Abel Caballero, quen anunciou que se traballa en “ideas que van transcender á celebración tradicional” de cara ao ano que vén

“Como no Nadal somos unha referencia, pois queremos selo tamén na Semana Santa”, manifestou o alcalde

Segundo os datos ofrecidos este luns polo alcalde, a cidade rexistrou nos festivos unha ocupación hoteleira do 82,4%, sendo o venres o mellor día con cifras que superaron o 90%. No total da semana, os aloxamentos vigueses aproximáronse ao 70%.

Abel Caballero valorou a “altísima” ocupación hoteleira en Vigo, “unha cidade na que a Semana Santa non tiña a máis mínima dimensión turística” e recordou que o Concello subvencionou os actos da festividade deste ano con 15.600 euros. Entre as actividades, o alcalde destacou o Encontro, acto recuperado logo de dúas décadas sen celebrarse.

Cos datos na man, o primeiro edil vigués considerou que “a Semana Santa ten recorrido na cidade”, polo que Vigo xa planifica a do próximo ano: “Xa estamos traballando nas ideas da Semana Santa do ano que vén cos organizadores, con ideas que van transcender á celebración tradicional”.

“Incorporaremos Vigo ao ámbito turístico da Semana Santa de España”, anunciou Caballero, quen fixou como exemplo o éxito acadado pola cidade noutra campaña. “Como en Nadal somos unha referencia, pois queremos selo tamén na Semana Santa”, mais “temos que ser unha referencia distinta”, matizou en relación á proposta doutras urbes do país.

Fernández-Tapias: «El apoyo de la Xunta fue determinante para que Galicia lidere la recuperación del turismo a nivel nacional»

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo inauguró hoy la jornada “Desafío y oportunidades para la empresa turística” organizada por la Federación  Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, hizo hoy hincapié en la enorme capacidad de reacción de la empresa turística en un contexto de incertidumbre marcado por la crisis sanitaria de la covid-19. Un complejo escenario en el que consideró determinantes las herramientas y líneas de ayuda activadas por la Xunta de Galicia y que supusieron cerca de 130 millones de euros.

“Son muchas las iniciativas que se están desplegando en Galicia para conseguir los objetivos que nos están permitiendo liderar la recuperación del turismo a nivel nacional”, señaló. En el mismo sentido, Fernández-Tapias destacó que “estamos poniendo Galicia de moda”.

La representante autonómica se pronunció en este términos coincidiendo con la inauguración este lunes de la jornada “Desafío y oportunidades para la empresa turística”, organizada por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos) en la Confederación de Empresarios de Pontevedra. 

Hizo así referencia a los planes de rescate y las ayudas específicas para equipación, infraestructuras y digitalización o para paliar los efectos del cierre del ocio nocturno. También nombró los programas de incentivo al consumo como el exitoso Bono Turístico, el Elige Galicia o el Verano Otoño Termal. 

“Desde Galicia apostamos por vosotros, y no fue una opción, fue un ejemplo del compromiso con el desarrollo socioeconómico de Galicia y del turismo como acicate de la recuperación en la etapa postcovid”, apuntó. 

Además, la delegada también agradeció la implicación del sector de la hostelería y el comercio de Vigo con la señalización del Camino de la Costa en los establecimientos para que los peregrinos puedan guiarse en el centro de la ciudad. “Gracias por vuestra valentía, la iniciativa fue un éxito y la vuestra implicación permitió paliar la falta de señales en las calles”, apuntó Marta Fernández-Tapias.

Marea de vigo esixe ao Goberno local que asuma a súa responsabilidade ante a concesionaria de limpeza de dependencias municipais, Urbaser, cuxo persoal esta en folga dende hoxe

0

Oriana Méndez: “Todo o noso apoio ao persoal da concesionaria de limpeza de dependencias municipais que comezaron hoxe unha folga indefinida ante os constantes incumprimentos do convenio e dos pregos por parte da empresa e o beneplácito do Goberno de Abel Caballero”

O Grupo municipal da Marea de Vigo afirma que o Concello de Vigo ten que actuar como administración licitante e polo tanto, responsable do contrato

No día de hoxe comezou a folga indefinida do persoal da contrata de limpeza nas dependencias municipais tralas reiteradas denuncias feitas polo Comité de Empresa; “denuncias que foron desatendidas tanto por parte da propia empresa coma do Concello, cuxo contido forma parte das demandas do persoal á hora de convocar a folga” sinala Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo.

Marea de Vigo leva anos denunciando o “deixar facer” do Goberno de Abel Caballero ás concesionarias sen levar a cabo ningún tipo de acción fiscalizadora, “o que sempre acaba desenvocando en incumprimentos en materia de dereitos laborais e estes en conflitos como a folga que comezou hoxe sobre a que reiteramos o noso apoio” engade a concelleira. “O que debería ter feito o Concello dende a primeira denuncia por parte do Comité – prosigue Oriana Méndez – é abrir un expediente á empresa e asegurarse do cumprimento dos pregos e do contrato, o que implica neste caso o cumprimento do convenio colectivo”.

Marea de Vigo tamén denuncia a “incongruencia” coa que se fixaron os servizos mínimos na folga e pide ao Goberno local que “deixe de mirar para outro lado” e cumpra a súa responsabilidade para que a empresa concesionaria asuma as demandas do persoal, cumprindo deste xeito cos pregos e coa propia Lei de Contratación Pública.

O BNG de Vigo acusa a Caballero de actuar como “mercenario” de Urbaser para rebentar a folga da limpeza municipal

0

A fronte nacionalista esixe ao Goberno municipal que retire o decreto de servizos mínimos por “ilegais e abusivos” e que reciba ao Comité de Empresa, após 15 solicitudes sen atender

Xabier P. Igrexas: “É a primeira vez que un Goberno municipal ten o atrevemento de se colocar como primeira liña de defensa dos intereses da empresa concesionaria e en contra dos dereitos das traballadoras e do interese xeral da cidade”

O Bloque Nacionalista Galego critica que o goberno de Abel Caballero actúe como “mercenario” ao servizo da empresa concesionaria Urbaser durante a folga do servizo de limpeza de dependencias municipais. A fronte nacionalista esixe a retirada do decreto “ilegal” de servizos mínimos imposto polo Concello por consideralos “abusivos” e que reciba de inmediato ao Comité de Empresa, após 15 solicitudes de xuntanza sen atender.

«O único que pretenden Abel Caballero e o PSOE con esta medida é vulnerar o dereito fundamental á folga, impedindo o desenvolvemento da protesta laboral”, denunciou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou de “comportamento abertamente antisindical e antiobreiro” esta decisión do Goberno municipal.

Igrexas afeou que o goberno de Abel Caballero se posicione neste conflito laboral do lado de Urbaser, a quen «leva meses consentindo de maneira cómplice incumprimentos como a prestación dun 15% menos do servizo concesionado». Ademais, criticou o bloqueo da empresa na negociación do novo convenio colectivo, negándose a actualizar os salarios, o que suporía empobrecer un 7% as nóminas do persoal deste servizo municipal.

“É absolutamente inaceptábel que un goberno que se di progresista e de esquerda, que leva nas súas siglas as palabras socialista e obreiro, se dedique a actuar como mercenario ao servizo das grandes contratas municipais, precisamente para impedir o desenvolvemento nada menos que dunha folga neste servizo”, subliñou.

O edil nacionalista salientou que se trata dunha decisión “sen precedentes” por parte do Concello de Vigo. “É a primeira vez que un Goberno municipal ten o atrevemento de se colocar como primeira liña de defensa dos intereses dunha empresa concesionaria e en contra dos dereitos das traballadoras e do interese xeral da cidade”.

Desde o BNG reiteraron o “total e completo apoio” ás demandas do persoal do servizo de limpeza de dependencias municipais, con quen mantiveron nas pasadas semanas unha xuntanza de traballo. Nese sentido, Igrexas criticou tamén que o Goberno local non teña recibido ao Comité de Empresa, malia ter presentado máis de 15 solicitudes de reunión. “Se Abel Caballero ten tempo abondo para pasearse por procesións, terá tempo na axenda para escoitar as reivindicacións das traballadoras e traballadores deste servizo municipal”, remachou.

La Xunta pide a Sanidad que autorice incorporar 64 plazasde Medicina Familiar al MIR de este año para Galicia

0

Feijóo recuerda en O Porriño que hace sólo unas semanas el Gobierno gallego anunció una pionera oferta pública de empleo para cubrir 106 plazas vacantes de medicina de familia a través de un concurso de méritos

Ante la próxima elección de plazas por los MIR que aprobaron el examen hace unas semanas, el presidente del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo, destacó hoy que la Xunta remitió el pasado viernes una carta a la ministra de Sanidad para que, en el proceso de elección, los futuros residentes puedan escoger las 64 plazas de medicina familiar cuya acreditación fue solicitada por la Administración autonómica en noviembre.

“Esperamos que el Ejecutivo central no rechace contar con estas plazas que Galicia está dispuesta a financiar”, dijo, incidiendo en que sólo así se podrá paliar el problema de falta de profesionales.

En esta línea, durante una visita al centro de salud-PAC de O Porriño, con motivo de su ampliación, Feijóo recordó también que hace sólo unas semanas la Xunta anunció una pionera oferta pública de empleo para cubrir 106 plazas vacantes de medicina de familia a través de un concurso de méritos. “Y además, desde 2019, se crearon 331 nuevas plazas de distintas categorías”, añadió.

A lo largo de su intervención, Feijóo garantizó la firme apuesta del Gobierno gallego por la reforma de la Atención Primaria, tanto en la ampliación de personal como a nivel de equipación e infraestructuras. Al respeto, subrayó que la reforma del centro de Salud de O Porriño, que contará con un presupuesto de más de 4,5 millones de euros, permitirá que a mediados de 2023 los vecinos cuenten con unas instalaciones ampliadas, con más servicios, entre los que destacan: dos consultas nuevas de medicina familiar, una consulta de enfermería, un área de fisioterapia y una nueva consulta de pediatría.

El presidente de la Xunta concluyó recordando que el Plan de infraestructuras gallegas de Atención Primaria, aprobado a finales de 2021, consta de tres fases y en todas ellas se incluyen actuaciones en el área de Vigo. Así, en la fase 0 -obras en tramitaciones-, se incluye el Centro Integral de Salud Olimpia Valencia de Vigo, en el que se invertirán cerca de 13 millones, además de un nuevo centro de salud en Moaña, con el proyecto constructivo ya finalizado y a la espera de la cesión de la parcela por parte del ayuntamiento para licitar la obra, que contará con una inversión de 6 millones de euros.

En la fase 1 -actuaciones urgentes- se encuentra el Centro Integral de Salud de Cangas y el de A Guarda; y en la fase 2 -obras estratégicas que comenzarán en la segunda mitad de la legislatura- se incluye el nuevo centro de salud en Mos, el nuevo centro de salud de Ponteareas y la ampliación del ambulatorio de O Rosal.

Las dependencias de la Policía Local de Vigo suman cinco días sin limpieza

0

A los festivos de Semana Santa se suma el inicio de una huelga que, denuncian, condena a los funcionarios a soportar un «olor nauseabundo»

Las dependencias de la Policía Local de Vigo suman cinco jornadas consecutivas sin limpieza. Así lo han denunciado hoy fuentes policiales que prefieren mantener el anonimato, pero que han facilitado algunas fotografías del estado que mostraban las instalaciones este fin de semana. Una situación que viene de lejos y que, por lo menos este lunes, se mantiene al coincidir con el inicio de una huelga de limpieza en el Concello.

En este sentido, estos hechos se producen con regularidad al no estar contemplada la limpieza de las instalaciones durante estas fechas. Una situación que se agrava cuando se acumulan los festivos o en los períodos vacacionales, como ha sucedido en esta ocasión.

La llegada de la Semana Santa ha supuesto que, desde el pasado miércoles, no se limpien las dependencias policiales provocando, afirman las fuentes consultadas, un «olor nauseabundo». Estas mismas fuentes afirman que, durante las últimas dos jornadas, tanto los agentes que ocupan la central durante los días de fiesta, como los «de calle» que se acercan ocasionalmente a las instalaciones, han carecido de papel higiénico y de papel para secarse las manos.

Una situación que se repite desde hace años y que supone un nuevo foco de conflicto de los funcionarios con el gobierno local de Vigo. No en vano, como recuerdan, la Policía Local viene denunciando sistemáticamente falta de medios adecuados para el correcto ejercicio de sus funciones. La última, los agentes de fin de semana: en A Coruña suman 56 personas, y en Vigo, 10. «Yo me he visto sólo con un detenido inmovilizado y esperando a que viniesen refuerzos que no acababan de llegar», afirma uno de los agentes.