Un incendio destroza una vivienda en la calle Alfonso XIII

0

A las 23:59 horas del pasado día 30, el servicio de Emerxencias de Galicia 112, realizó una llamada a la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo.

En ella informaban que salían llamas del segundo piso de un inmueble situado en la C/Alfonso XIII. A la llegada de la Unidad, comprobaron que la información era correcta, dirigiéndose al mismo y encontrando la puerta abierta, por la que apresuradamente salían dos varones manifestando que no quedaba nadie en el interior de la vivienda.

Se localizó la estancia de procedencia de las llamas, por lo que procedieron al cierre de la puerta, para evitar que el fuego se extendiese al resto de habitaciones.

Al poco, llego una dotación de Bomberos, iniciando las labores de extinción de las llamas. Una vez en el exterior del edificio los agentes identificaron a los moradores del dormitorio incendiado, resultando ser F. N. P. de Vigo y 46 años de edad, y R. M. G. de Ponteareas y 45 años de edad, que resultaron ilesos.

Manifestaron haber abandonado la vivienda por la mañana y desconocer cómo se había podido originar el fuego. También se informó del hecho al propietario del inmueble, procediendo los bomberos una vez extinguidas las llamas a la ventilación del mismo.

Una vez finalizada esa labor, se informó que el resto de moradores podían retornar, excepto los de la estancia afectada por las llamas, que sufrió serios daños.

Marea de Vigo presenta emenda a totalidade a novo uso do remanente

0

Marea de Vigo presentou hoxe unha EMENDA Á TOTALIDADE á modificación orzamentaria que será levada a pleno proximamente e coa que o goberno local quere mobilizar 32 millóns de euros

Na súa proposta, Marea de Vigo reclama dar un uso alternativo aos recursos “toda vez que o Ministerio de Facenda habilitou o uso destes recursos para evitar as consecuencias da crise sanitaria, prorrogándoo ao 2023 coa conxuntura da situación de alza de prezos”

Marea de Vigo presentou hoxe unha emenda á totalidade á modificación orzamentaria aprobada na Xunta de Goberno local para o uso do remanente. Con esta modificación o Goberno local quere mobilizar 32 millóns de euros para o seu uso puntual en diferentes áreas funcionais do Concello, coma se se tratase de recursos orzamentarios normais. 

A Marea de Vigo denuncia que, unha vez máis, dende o goberno local se volven asignar recursos extraordinarios a usos habituais que non corresponden ás prioridades para as que se liberaron por primeira vez os aforros dos concellos do Estado. Así, o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, critica que se pretenda empregar esta dotación orzamentaria “para financiar gasto ordinario e dar cumprimento a sentenzas xudiciais, en vez de establecerse unha formulación global de uso dos recursos que se caracterice pola motivación que deu lugar á posibilidade de empregalos: a reconstrución económica e social tras dous anos de pandemia”. 

Marea de Vigo non comparte esta mobilización de recursos extraordinarios para cubrir necesidades de gasto de diferentes departamentos tales coma pagar reparacións na casa da Xuventude, ampliar o gasto do nadal, indemnizar a unha concesionaria como Dornier que sistematicamente incumpre o prego da súa concesión ou cumprir cunha sentenza que obriga a satisfacer un convenio económico co RC Celta. Baixo esta modificación queren destinarse tamén parte destes recursos a cuestións tan pouco transparentes coma a creación dunha rede de subvencións e gasto publicitario baixo a denominación “MARCA VIGO”. 

“Non compartimos estes usos”, sinala o voceiro do Grupo Municipal, “porque como xa dicíamos en anteriores modificacións orzamentarias propostas: a maior parte destas actuacións poden ser financiadas con recursos orzamentarios normais, procedentes do superávit non executado de anos anteriores, e especialmente porque nin teñen urxencia nin son propias dunha lectura social e de reconstrución económica ante a crise da COVID-19 e a situación de crise inflacionaria que está a provocar o conflito de Ucraína con consecuencias que producen cada día un incremento das alertas dunha posible recesión económica e de aumento dos problemas de integración socioeconómica de miles de familias Viguesas”

Marea de Vigo acompaña a emenda cunha proposta de liñas de actuación en materia económica que van dende a creación dun parque público de vivenda dotado de 5 millóns de euros, a concreción de aumentos significativos no gasto social, en políticas culturais ou a mellora de infraestruturas viarias no rural da cidade por un importe equivalente aos 32 millóns de euros propostos polo goberno local.

O BNG rexeita a modificación orzamentaria “farsa” do goberno de Caballero por ser “imposíble” de executar en 2022

0

A fronte nacionalista emenda a totalidade da proposta “propagandística” para mobilizar 32 millóns de euros, que entrarían en vigor a só dúas semanas de rematar o exercicio.

Censura que o goberno do PSOE use esta “trampa” para dispoñer destes recursos “inxentes” a poucos meses das eleccións municipais, como fixera nos comicios de 2019

Xabier P. Igrexas: “Non podemos apoiar que se sigan enterrando recursos en gasto inauguráble e nun suplemento de 2,5 millóns para a dopaxe mediática de Abel Caballero”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo rexeita a modificación orzamentaria que pretende o goberno de Abel Caballero para mobilizar 32 millóns de euros adicionais por ser unha “farsa”. A fronte nacionalista vén de formular unha emenda á totalidade para a devolución da proposta por considerala un “acto propagandístico” ante a imposibilidade de que se poidan executar estes fondos, que entrarían en vigor o 16 de decembro, a só dúas semanas de rematar o exercicio.

“O propio Goberno municipal recoñece que non hai nin vontade nin condicións materiais que permitan levar a termo esta modificación orzamentaria”, censurou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que afeou que o goberno do PSOE use esta fórmula “trampa” para poder dispoñer desta “inxente” cantidade de recursos a poucos meses das vindeiras eleccións municipais, como xa acontecera nos anteriores comicios de 2019.

Igrexas criticou tamén o goberno de Caballero “insista en enterrar” a meirande parte deste 32 millóns en “gasto inauguráble e obras” mentres desiste de mobilizar “nin un só euro” para despregar algunha medida para enfrentar e paliar os efectos da grave situación de emerxencia social que atravesa a cidade.

Ademais, o concelleiro nacionalista cualificou de “escandaloso” que o Goberno local incorpore nesta modificación orzamentaria un suplemento de 2,5 millóns de euros para a “dopaxe mediática e publicitaria” do alcalde. “Unha partida destinada ao que chaman marca Vigo que, en realidade, é marca Abel Caballero”, lamentou, de vez que reprochou que se siga destinando diñeiro público “para actividades de autobombo electoralista”.

Fernández-Tapias defende a conservación do patrimonio natural a través de iniciativas culturais co apoio do programa “O Teu Xacobeo”

0

A delegada da Xunta en Vigo participou este luns na presentación dos resultados de “Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar”

O proxecto posto en marcha polo Colexio Oficial de Biólogos creou unha obra de arte cos refugallos recollidos no Camiño da Costa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este luns na presentación dos resultados de “Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar”, un proxecto impulsado polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e que forma parte do programa “O teu Xacobeo”.

O principal obxectivo da iniciativa consiste en fomentar a conservación do patrimonio natural a través dunha serie de xornadas de limpeza de lixo mariño desenvolvidas en diferentes praias e enclaves costeiros de varios dos concellos atravesados polo Camiño Portugués da Costa. “Temos a obriga de protexer os noso patrimonio e a colaboración é o camiño que debemos que seguir, porque as nosas riquezas naturais son tesouros a protexer sen ningún tipo de obxeccións”, sinalou a representante autonómica.

Fernández-Tapias defendeu a conciencia social sobre o problema que sofre o planeta debido aos refugallos mariños. “A nosa obriga é, tal e como explicades hoxe, que o lixo non chegue ao mar nesta marabillosa zona pola que transitan miles de peregrinos”, sinalou. Ademais, salientou o programa “O Teu Xacobeo”, iniciativa coa que a Xunta de Galicia diversificou, entre moitos colectivos e a través de moitos pequenos actos, a importancia do Camiño de Santiago.

A delegada da Xunta estivo acompañada na presentación polo decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, José A. Fernández Bouzas, e o seu xerente, Pablo Fernandes Alonso. Contou tamén coa participación de Saleta González Pimentel, xerente de Equilátero DSC, e Carme Hermo Sánchez e Antón Sobral Iglesias, artistas que participaron no proxecto.

Case 200 voluntarios

Segundo relataron desde o Colexio de Biólogos, foron preto de 200 as persoas voluntarias que colaboraron nas diferentes actuacións de retirada de refugallos mariños nos concellos de A Guarda, o Rosal, Baiona e Nigrán.

Todo eles pertencen a asociacións do terceiro sector, entre as que están Alento, Avelaíña, Anabam, a Asociación San Xerome Emiliani, A Jalleria, o Consello Climático Xuvenil de A Guard e Cruz Roja Baixo Miño, así como estudantes e profesores do CEP Sabarís de Baiona e do IES Antón Losada Diéguez de A Estrada.

Polo que respecta aos residuos, en total, no conxunto das catro limpezas desenvolvidas, conseguíronse recoller máis de 310 quilos, tanto de orixe mariña como continental. Entre os primeiros destacaron moitos utensilios extraviados durante o exercicio das actividades económicas desenvolvidas no mar, como os tarugos plásticos das bateas, as boias (27), ou os restos de cabos (271) e sedelas enmarañadas (90), mentres que nos segundos non faltaron outra serie de obxectos típicos que adoitan a recollerse neste tipo de actividades, como poden ser os bastonciños de limpar os oídos (305), as cabichas (1645), os tapóns (245), os botes e botellas (120), así coma outra serie de envoltorios e plásticos indeterminados (1640), por citar tan só algúns.

“Mundo lixo”

A xornada completouse coa presentación dunha obra de arte dirixida por Carme Hermo en colaboración con Antón Sobral e realizada polas alumnas e alumnos de primeiro curso do Bacharelato de Artes do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Con parte dos residuos recollidos durante as diferentes actuacións de limpeza, crearon unha peza titulada “Mundo lixo”, que ficará exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, no edificio Cambón, coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas nefastas consecuencias sobre o medio ambiente. Ademais, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia anunciou que doará tamén ao Parque Nacional, un determinado número de pés de diferentes tipos de especies arbóreas autóctonas co fin de compensar todas as emisións de CO2 xeradas polos diversos desprazamentos realizados ao longo do proxecto.

Detenido en Vigo por agredir y robarle las pertenencias a un peatón en O Calvario

0

Los agentes localizaron a un hombre con lesiones en la cara que afirmaba que un varón había intentado quitarle su móvil y, al no conseguirlo, comenzó a agredirlo con violencia, tirándolo al suelo para golpearlo en la cabeza en varias ocasiones

La Policía Nacional de Vigo ha detenido a un hombre con domicilio en Vigo, y numerosos antecedentes policiales, por un robo con violencia e intimidación y un delito de hurto por agredir y robarle las pertenencias a un peatón en O Calvario.

Los hechos sucedieron el pasado día 18 de octubre, cuando la Sala Cimacc-091 recibió varias llamadas en las que se informaba de que se estaba produciendo una pelea en el barrio del Calvario. Al desplazarse al lugar, los agentes localizaron a un hombre que presentaba lesiones en la cara y manifestaba que un varón había intentado sustraerle su teléfono móvil y, al no conseguirlo, comenzó a agredirlo con violencia, tirándolo al suelo para golpearlo en la cabeza en varias ocasiones.

En ese momento, varios ciudadanos acudieron en su ayuda y, mientras, el presunto ladrón aprovechó para sustraerle varias pertenencias que se le habían caído al suelo y abandonar el lugar.

Así, se solicitó la presencia de una ambulancia en el punto, que trasladó al herido a un centro médico de la ciudad y se estableció un dispositivo de búsqueda del autor de los hechos con las características físicas facilitadas por la víctima y los testigos.

Días después, la Policía localizó al presunto autor de los hechos y procedió a su detención.

Además, los investigadores descubrieron que el detenido también habría estado implicado en un robo en un establecimiento de la ciudad olívica, donde sustrajo un teléfono móvil valorado en más de 500 euros, por lo que se le imputó un delito de hurto, y un delito leve de amenazas a un empleado de un establecimiento de alimentación de Vigo.

La Xunta y las universidades de Vigo y A Coruña renuevan el convenio para que el alumnado de los masters en prevención de riesgos realicen las prácticas en el Issga

0

Las prácticas se llevarán a cabo entre febrero y junio del próximo año en las especialidades de seguridad en el trabajo, higiene industrial, ergonomía y medicina del trabajo

La Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través del Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), acaba de renovar con las universidades de Vigo y de A Coruña los convenios de colaboración para la formación práctica del alumnado de los masters universitarios en prevención de riesgos laborales. En concreto, las alumnas y alumnos podrán realizar la sus prácticas académicas en los centros del Issga de A Coruña, Redondela y Ourense.

La actuación se enmarca en las funciones del Issga relativas a la formación y acciones informativas con la seguridad y salud laboral, la colaboración y cooperación en materia de prevención de riesgos laborales con otras administraciones públicas, entidades públicas y privadas y corporaciones locales; y específicamente la colaboración con la autoridad educativa, la universidad y los centros de investigación para implantar en todos los ciclos y niveles formativos programas educativos de prevención de riesgos laborales.

El carácter técnico científico del Instituto hace que mantenga una constante y continua relación con el ámbito universitario, a través de distintas actuaciones, como son estos convenios de colaboración. Dados los buenos resultados obtenidos otros años, se acordó prorrogar la vigencia del convenio de cooperación educativa por un nuevo período de dos años, hasta el 28 de octubre de 2024.

Las prácticas se llevarán a cabo entre febrero y junio del próximo año en las especialidades de seguridad en el trabajo, higiene industrial, ergonomía y psicosociología aplicada, y medicina del trabajo.

El Issga nombrará una tutora o tutor que se encargará del seguimiento de las prácticas, supervisará su realización y emitirá un informe final sobre su contenido y evaluación. En caso de que la evaluación de la memoria y el informe de actuación del estudiante sean favorables, el Instituto le emitirá la cada uno de lo que participaran con regularidad en las prácticas una certificación en la que deben constar el tiempo de colaboración y las actividades, trabajos o investigaciones realizadas.

La selección del alumnado será competencia de la universidad, así como la organización del apoyo teórico y práctico para el desarrollo de las prácticas. Su evaluación la realizará la universidad a través de sus tutoras o tutores, teniendo en cuenta la memoria elaborada por el estudiante y el informe de prácticas del responsable en el Issga.

El carácter formativo de las prácticas tiene por objetivo permitir que el alumnado aplique y complemente los conocimientos adquiridos en su formación académica, favoreciendo la adquisición de competencias que les preparen para el ejercicio de actividades profesionales, faciliten su empleabilidad y fomenten su capacidad de emprendimiento.

El 061 de Galicia asistió 62 personas por 44 accidentes de tráfico durante el fin de semana

0

Desde las 15.00 horas del viernes, 28 de octubre hasta las 23.59 horas del domingo, 30 de octubre, la Central de Coordinación de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 recibió 57 llamadas por accidentes de tráfico

Urgencias Sanitarias de Galicia-061 asistió durante el fin de semana 62 personas debido a 44 accidentes de tráfico ocurridos en las carreteras gallegas. El período contabilizado comprende desde las 15,00 horas del viernes, 28 de octubre, hasta las 23,59 horas del domingo, 30 de octubre. El sábado y el domingo fueron los días que registraron más siniestros, con 17 accidentes de tráfico ambos.

La Central de Coordinación del 061, que gestiona y coordina los servicios prehospitalarios en casos de urgencia y emergencia en Galicia, recibió en estos días 57 llamadas en relación con los accidentes de tráfico. Estas alertas generaron 44 asistencias sanitarias por parte del personal del 061 que atendió un total de 62 personas. La proporción de hombres y mujeres atendidos fue del 61% y del 39% respectivamente. En las edades de los heridos, se observa que el 42% de los atendidos tenía entre 20 y 34 años.

Por provincias, A Coruña fue la que más siniestros registró con 20 accidentes de tráfico durante los desplazamientos de estas fechas.

Los recursos sanitarios movilizados por los médicos que atendieron las llamadas en la Central de Coordinación del 061 fueron 63. Así, las ambulancias asistenciales de soporte vital avanzado asistieron en cinco accidentes, las ambulancias asistenciales de soporte vital básico asistieron en 52 siniestros y los equipos sanitarios de Atención Primaria que completan la dotación de las ambulancias asistenciales de soporte vital básico del 061, en el caso de necesitarlo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 49 casos los heridos fueron trasladados a los centros sanitarios correspondientes, en 11 ocasiones se atendió en el propio lugar del incidente y dos personas fallecieron en el punto.

As residentes de cirurxía cardíaca do Álvaro Cunqueiro foron as únicas españolas seleccionadas para participar nun concurso internacional

0

Na fase final do concurso tan solo acadaron participar 6 hospitais europeos, sendo o Álvaro Cunqueiro o único hospital nacional elixido 

As dous residentes de Cirurxía cardíaca do Álvaro Cunqueiro, Consuelo Sisinni (R4) e Carolina Mayor (R2), foron seleccionadas para participar nun concurso internacional “Resident Showdown-Jeopardy”,  que ven de ser celebrado en Milán no seo do Congreso Europeo de Cirurxía Cardiotorácica.

Nesta fase final do concurso tan solo foron seleccionados 6 hospitais europeos, e de España unicamente o Álvaro Cunqueiro. Para acadar a súa participación, estas dous residentes tiveron que superar 2 exames on line nos que amosaron os seus coñecementos en temas relacionados coa súa especialidade, así como as súas capacidades e habilidades na xestión e toma de decisións.

O Certame simulou ao programa de televisión americano “Jeopardy”, que é un concurso de coñecementos cun formato de preguntas e respostas, aínda que neste caso non se apostaban cartos, soamente se buscaba un gañador.

O feito de que os facultativos que realizan a súa formación especializada nos centros do Sergas sexan elixidos para participar nestes encontros científicos, pon de manifesto a competitividade e capacidade docente da Área viguesa, ao mesmo nivel dos grandes centros hospitalarios europeos. Segundo explica a doutora Sisinni “para nós foi un orgullo ter sido seleccionadas e darlle así visibilidade ao Álvaro Cunqueiro. Aínda que tivemos que estudar moito para deixar alto o listón, esta competición serviunos para compararnos con outros residentes  de grandes centros hospitalarios e constatar que a nosa formación especializada está ao máximo nivel europeo”.

Localizado el cuerpo sin vida de una mujer en el puerto de Tragove, en Cambados 

0

Han sido movilizados Salvamento Marítimo, el Servizo de Garda Costas de Galicia, Guardia Civil, Policía Local y Protección Civil de Cambados para esclarecer lo ocurrido

El 112 Galicia ha informado este lunes de la aparición del cuerpo sin vida de una mujer en aguas del puerto de Tragove, en Cambados.

El hallazgo se ha producido a las 09.30 horas de hoy.

La central de emergencias indica que han sido movilizados Salvamento Marítimo, el Servizo de Garda Costas de Galicia, Guardia Civil, Policía Local y Protección Civil de Cambados.

Por el momento, se desconocen las causas de la muerte y las fuerzas del orden trabajan para esclarecer lo ocurrido.

Retoman la búsqueda del piragüista desaparecido el pasado viernes en Pontevedra

0

El área de búsqueda sigue centrada en la zona donde lo vieron por última vez y donde se encontraba la piragua, entre el Puente de las Corrientes y la gasolinera de O Burgo

Los servicios de emergencia han retomado hoy búsqueda de José Manuel Penas Balchada, piragüista desparecido el viernes en el tramo urbano del río Lérez, en Pontevedra.

Desde primera hora de la mañana el operativo de búsqueda continúan trabajando. Buzos del Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) de la Guardia Civil, Salvamento Marítimo y miembros de los bomberos y de la Policía Local se encuentran en el mismo.

El área de búsqueda sigue centrada en la zona donde lo vieron por última vez y donde se encontraba la piragua, entre el Puente de las Corrientes y la gasolinera de O Burgo.

Los hechos fueron denunciados la semana pasada por una persona que se encontraba corriendo por la Avenida de Domingo Fontán, quien alertó a los servicios de emergencia tras ver cómo el desaparecido caía de su embarcación, a la que en un primer instante logró agarrarse, pero no pudo mantenerse y acabó hundiéndose en el río.