O BNG de Vigo propón reformar o Regulamento de Honras e Distincións do Concello para recuperar o consenso

0

A fronte nacionalista chama a renovar este acordo vixente desde hai case 42 anos diante do “talante autoritario” e do “sectarismo partidista” do goberno de Abel Caballero na concesión dos recoñecementos da cidade

Xabier P. Igrexas: “Reclamamos ao alcalde que deixe de actuar como un monarca absoluto para garantir que as distincións do Concello respondan á pluralidade da cidade”

O Bloque Nacionalista Galego propón reformar o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Vigo, vixente desde hai case 42 anos. A fronte nacionalista chama a renovar a norma diante do “talante autoritario” do goberno de Abel Caballero, a quen acusan de “devaluar gravemente os recoñecementos da cidade impoñendo con sectarismo partidista” a concesión dos Vigueses/as Distinguidos/as, a Medalla de Ouro ou a nova Distinción “Cidade de Vigo”.

Así o expresou este luns o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante a celebración dun Pleno extraordinario para o outorgamento da distinción Cidade de Vigo, creada en 2018 sen o apoio de ningún grupo político da oposición. “O BNG non nos imos opoñer a este novo recoñecemento, pero tampouco podemos lexitimar co noso voto afirmativo a maneira en que o alcalde e o seu goberno teiman en xestionar este tipo de propostas”, explicou sobre a abstención das nacionalistas.

O edil nacionalista aclarou que son “evidentes” os motivos para recoñecer o papel e a traxectoria do grupo Radio Vigo, na figura do seu presidente Eugenio González de Haz e Vizcaíno, que xa motivaron o recoñecemento do Pleno ao seu pai como Vigués Distinguido en 1990 e do grupo como Medalla de Ouro da cidade en 1994. Porén, cuestionou a decisión “unilateral” do goberno do PSOE por usar esta distinción “como unha especie de gran colar da orde do Caballerismo” que impide, a xuízo das nacionalistas, o recoñecemento unánime do Pleno, como xa ocorreu en 2022 coa primeira distinción.

O candidato do BNG chamou por estes motivos a actualizar o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Vigo. “Para asegurar que os recoñecementos sexan de toda a cidade e non apenas dun grupo político”, subliñou Igrexas, que pediu ademais posibilitar a participación das entidades, dos colectivos e das institucións de Vigo no outorgamento e concesión destas distincións.

“Reclamamos ao alcalde que deixe de actuar como un monarca absoluto para garantir que as distincións do Concello de Vigo respondan tamén á pluralidade da cidade”, remachou.

Marea de Vigo esixe ao goberno local “non facer un Vigo de segunda no rural”

0

Marea de Vigo denuncia que os barrios rurais están a recibir peor trato que o centro da cidade, con accións como a reutilización dos colectores de RSU vellos retirados do centro ou as chamadas “humanizacións no rural” que apenas consisten en volver asfaltar e pintar algunhas vías

Marea de Vigo considera que as 18 parroquias do rural deben contar cun orzamento adaptado á súa realidade, que teña en conta criterios como a idade da poboación, a mobilidade e o tráfico. Por este motivo sigue defendendo que un de cada 3 euros do orzamento anual do Concello de Vigo debe ir ás parroquias do rural, algo que na actualidade non se está a cumprir.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo, denuncia que a día de hoxe aínda están sen executar partidas importantes do orzamento 2022 relacionadas co mantemento de vías e reparacións no rural e que o plan de asfaltado da Deputación acordado co concello sigue sen verse nas parroquias viguesas.

«Fronte aos grandes anuncios que se fan para a zona urbana da cidade, no rural tenta venderse como humanización botar unha capa de rodadura, limpar os elementos vexetais dos valados ou rotular unha liña de pintura branca a modo de beirrarúa, o que é un agravio evidente cos investimentos do centro da cidade», sinalan.

A última nova coñecida neste listado de «agravios» é a decisión de que centos de colectores de recollida selectiva de R.S.U. que se retiraron do uso no centro urbano da cidade sexan reacondicionados para utilizarse no rural. Esta decisión contrasta coas cifras: “estamos ante o maior contrato público da historia de Vigo, con máis de 400 millóns de investimentos por parte do Concello de Vigo e no que se consignaba a renovación de máis de 1.500 contedores destinados á recollida selectiva (envases, vidro e papel) e a consigación de 1.950 contedores para residuos orgánicos, algo absolutamente necesario no rural onde se produce de xeito máis abundante este residuo”. Marea lembra que a cota anual que as vivendas do rural pagan polo tratamento dos residuos é exactamente a mesma que as do centro, polo que ten que ter un nivel de servizo e de elementos que faciliten a recolla selectiva análogos.

Marea de Vigo non entende, ademais, o feito de que estes contedores retirados no centro urbano estean amontoados dende o pasado mes de novembro en Samil, sen se limpados e hixienizados, emitindo un cheiro evidente. Ademais, denuncia que o Concello aínda non informou de como e cando van ser renovados e limpados, e pide urxencia para evitar que esta situación chegue aos meses de verán onde a afluencia de persoas ao entorno litoral de Samil aumenta exponencialmente.

COGAMI lanza campaña de sensibilización na que cada mes reivindicará a participación social das persoas con discapacidade

0

Esta campaña, que se difundirá a través dos medios de comunicación e redes sociais, pretende visibilizar realidades cotiás que vive o grupo social das persoas con discapacidade

«Estreamos ano 2023 con mensaxes alarmantes sobre a situación económica, os combustibles á alza, a calefacción á baixa pola subida do gas, con gastos básicos inasumibles para moitas familias e cunha situación política mundial convulsa da que nos chegan rabexadas. Se esta situación é complexa para todas as persoas, para as que teñen discapacidade, sendo máis vulnerables, vívena con máis perigo de converterse en excluídas socialmente». Dende COGAMI queren dar visibilidade durante todo este ano 2023 a unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que «tiñamos, temos e teremos de non darse o cambio social que necesitamos as persoas con discapacidade». Fan unha chamada á acción durante este ano 2023 para visibilizar un grupo social que en Galicia está constituído por 243.323 persoas, segundo datos xerais do censo de persoas con discapacidade facilitados pola Xunta de Galicia, o que supón o 9% do total da poboación. “Pese a ser un número moi importante de persoas con moito que aportar, somos un grupo social que, pola súa vulnerabilidade, vivimos en risco de exclusión social”, apunta Anxo Queiruga, presidente de COGAMI.

Esta chamada vai ir acompañada dunha reivindicación mensual que lanzarán a todos os medios de comunicación do país e tamén a través das redes sociais de COGAMI e do seu movemento asociativo, actualmente formado por 56 entidades membro representantes da discapacidade física e orgánica.

“Aínda que a situación mellorou coa aprobación de leis que amparan os nosos dereitos, certo é que aínda queda camiño por percorrer para poder ser consideradas e tratadas socialmente en igualdade de condicións que o resto da cidadanía”, subliña Anxo Queiruga, quen engade “por iso é necesaria lanzar esta campaña de sensibilización e denuncia, para que se visibilicen situacións que nos marxinan e nos impiden desenvolvernos en igualdade”.

Desde COGAMI van visibilizar mensualmente, coa inclusión de reportaxes e pezas audiovisuais en medios de comunicación e redes sociais, un ámbito de intervención no que «traballamos, co fin de promover a participación social das persoas con discapacidade en igualdade de oportunidades». “A realidade que vivimos as persoas con discapacidade moitas veces pasa desapercibida para a sociedade, e a distancia cara á nosa inclusión social faise moito máis lonxana”, sinala Queiruga.

O obxectivo final da campaña é sensibilizar á cidadanía sobre a discapacidade, para que a traten con normalidade, como unha condición máis da persoa, ademais de reivindicar que os poderes políticos tomen conciencia de que moitas mulleres, homes, nenas e nenos coas súas familias, viven unha vida marcada polo incumprimento dos seus dereitos. «Polo tanto, o poder político, debe implicarse en mudar esta realidade para poder construír unha sociedade inclusiva. Unha sociedade xusta e inclusiva é aquela que conta con todas as persoas, con accións e políticas dirixidas ás persoas con discapacidade cun enfoque transversal e cunha metodoloxía de atención integral centrada nas persoas e nos seus proxectos de vida”, expresa Queiruga.

Baixo a etiqueta #SomosCOGAMI, dende a Confederación vanse lanzar 12 vídeos, un por mes, que recollerán diferentes demandas de COGAMI necesarias para conseguir a inclusión do grupo social das persoas que representa. A primeira peza audiovisual, que podes ver neste enlace https://youtu.be/bSLQ7nWnwow, é un spot que recolle os diferentes servizos que desenvolve a Organización que se irán presentando deste xeito:

Xaneiro. SOMOS COGAMI: Presentación Campaña.

Febreiro. SOMOS PARTICIPACIÓN: Promovemos a autonomía persoal

Marzo. SOMOS NENAS E MULLERES: Apoiamos ás nenas e mulleres con discapacidade.

Abril. SOMOS SAÚDE: Impulsamos a correcta intervención sociosanitaria.

Maio. SOMOS FORMACIÓN: Impartimos cursos orientados ao emprego.

Xuño. SOMOS EMPREGO: Xeramos oportunidades laborais.

Xullo. SOMOS LECER: Fomentamos actividades inclusivas.

Agosto. SOMOS PRESENTE, SOMOS FUTURO: Atendemos ás necesidades da infancia e a xuventude.

Setembro. SOMOS ACCESIBILIDADE: Deseñamos contornas espazos para todas as persoas.

Outubro. SOMOS UNIÓN: Traballamos en rede co movemento asociativo.

Novembro. SOMOS VOLUNTARIADO: Animamos á colaboración social. Decembro. SOMOS REIVINDICACIÓN: Contribuímos á participación social en igualdade.

Plataformas cidadás de Vigo convocan unha protesta conxunta co lema «Vigo Somos Todxs»

0

Será o 5 de febreiro, para reclamar unha cidade que “escoite e respecte” ao movemento asociativo

Colectivos vigueses como AVIBE (Afectados Vial de Beade), Vigo Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa do Parque García Picher impulsan conxuntamente unha convocatoria para esixir que o Concello os escoite. Procedentes de ámbitos diversos, decatáronse de que tiñan o punto en común de sentirse “ninguneados” polo goberno municipal, polo que decidiron unir forzas para transmitir as súas demandas. Esta convocatoria terá lugar ás 12:00 horas do domingo 5 de febreiro na Porta do Sol.

Varios destes colectivos, que representan a veciñanza de todas as partes da cidade, levan meses e mesmo anos visibilizando as súas reivindicacións. En base á súa experiencia, afirman que, co gallo da maioría absoluta do goberno municipal, este “non negocia e non atende as críticas dos veciños e veciñas da cidade”, impulsando “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”. Denuncian ademais que, no momento en que discrepan con estas actuacións, o Concello pasa a ir “na nosa contra” en vez de dialogar.

Baixo o lema conxunto de “Vigo somos todxs”, tamén demandan un “modelo novo de cidade” que piorice “a calidade de vida fronte a inversión privada”, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade que afronta a cidade. Este é o eixo central das reivindicacións de varias das asociacións impulsoras, como AVIBE e Bembrive en Pé, que protestan contra os proxectos do vial PO-010 e o novo tramo da A-52. Estes ameazan con “romper as parroquias” e «destruír un dos enclaves ecolóxicos máis importantes da cidade», sen contar con “con informes que avalen e xustifiquen ditas obras”.

A asociación Vigo Histórico tamén se formou cun obxectivo similar, para reclamar unha peonalización da zona vella que non incluíse o tunel, polos efectos no patrimonio que este está a ter. Tamén se denuncia a proliferación excesiva de gasoliñeiras xunto ás vivendas, ou a perda de zonas verdes e árbores na cidade, como ocorreu na Ronda Don Bosco, na Gran Vía ou no Castro, e como se pretende que ocorra tamén noutros espazos, como denuncia Defensa Parque García Picher.

Os problemas de tráfico, ruido, contaminación e mobilidade de Vigo víronse amplificados especialmente polo nadal , afectando totalmente á vida cotiá dos veciños, especialmente os do centro, que participan desta convocatoria esixindo que “se vele polo cumprimento dos seus dereitos fundamentais e pola protección de xardín histórico da Alameda” durante os dous meses de celebracións. Todo isto únese a problemáticas moi arraigadas na cidade como é a da pobreza, para a que asociacións como Os Ninguéns reclaman máis medios e actuacións.

O eido da cultura está representado nesta coordinadora Vigo Somos Todxs por Grupos en Loita, que agrupa a artistas musicais da cidade para reclamar mellores condicións nas salas de ensaio, a participación de bandas viguesas na programación municipal, e a fin das actuacións policiais inxustificadas contra concertos na cidade. Todas estas asociacións, de índole moi diversa, chaman á participación na protesta do 5 de febreiro na Porta do Sol por “unha cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e todas e non reduza a marxinalidade as multiples asociacións e colectivos, os cales temos moito que decir e aportar polo Vigo que queremos”.

Detienen a un hombre en Vigo por incumplir la orden de alejamiento de su pareja

0

Desplazada una patrulla, los agentes fueron recibidos por la mujer, natural de Francia y de 42 años, que manifestó que había discutido con el varón y que este se alteraba mucho, mostrando en ocasiones un comportamiento violento

Los hechos tuvieron lugar en la calle García Lorca el pasado día 22, en torno a las 18.42 horas, cuando un hombre se trasladó al domicilio de la su expareja para recoger al hijo en común de ambos.

Una vez en el domicilio, comprobó que allí estaba el actual compañero sentimental de la mujer, encontrándose ambos inmersos en una discusión que motivó la llamada a la Sala de Comunicaciones del 092 de esta Policía Local de Vigo.

Según parece, el hombre estaba muy alterado constándole episodios de violencia con anterioridad a la presente fecha. Desplazada una patrulla, los agentes fueron recibidos por la mujer, natural de Francia y de 42 años de edad. Esta manifestó que había discutido con el varón y que este se alteraba mucho, mostrando en ocasiones un comportamiento violento.

Los agentes procedieron a la identificación del aludido, varón de A Coruña de 36 años, que en el momento de realizar ese trámite, manifestó que tenía una orden de alejamiento en vigor sobre la mujer, siendo plenamente consciente de la medida dictada por la autoridad judicial.

Los funcionarios procedieron a la verificación de ese dato, averiguando que, efectivamente, tenía una orden de alejamiento dictada por el Juzgado de Instrucción número 6 de Vigo. Por este motivo, procedieron a su detención por la supuesta Comisión de un Delito de Quebrantamiento de Condena.

Rueda resalta el potencial de la Galicia que bate récords históricos en exportaciones para reforzar los lazos comerciales con América Latina

0

Destaca que más de 2.000 firmas gallegas ya exportan sus productos a América Latina y anima a seguir este camino de colaboración

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, resaltó esta mañana que los buenos indicadores económicos de Galicia, como el nuevo récord histórico de exportaciones en 2022 o la previsión de crecimiento de un 3,6 %, acreditan el potencial de la Comunidad para reforzar los lazos comerciales con Iberoamérica. Además, destacó que el Gobierno gallego apuesta por políticas que den “estabilidad y seguridad” al tejido empresarial, lo que redunda en una mayor internacionalización del sector.

Durante un desayuno organizado por el Consejo Empresarial Alianza por Iberoamérica (CEAPI) y el Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, Rueda subrayó que, desde la pandemia, la economía gallega está presentando un mejor comportamiento que la española en su conjunto. En esta línea, destacó la subida de un 2,5 % del PIB durante el último trimestre del 2022; los más de 27.400 millones de euros conseguidos en exportaciones hasta noviembre -y que ya superan el total de 2021-; o que Galicia sea la tercera Comunidad con menor ratio de deuda por habitante y la segunda que paga con más agilidad sus facturas.

Rueda subrayó que ya hay más de 2.000 empresas gallegas que exportan sus productos a Iberoamérica y agradeció el papel crucial que las asociaciones de empresarios de origen gallega o el propio CEAPI desempeñan en el impulso y mejora de las relaciones comerciales con la Comunidad. “Esto, sin duda, se debe al buen trabajo de los empresarios”, aseguró.

En este sentido, animó a seguir por el camino de la colaboración, que facilitó que América Latina destaque como un mercado fundamental para Galicia, sobre todo en sectores estratégicos como lo de la automoción, el textil, o el de la maquinaria y aparatos mecánicos, sin olvidar otros en los que Galicia es líder y en los que las relaciones comerciales con los países iberoamericanos son estrechas y estables en el tiempo, como son los combustibles, la pesca y la conserva.

De hecho, las relaciones con América Latina son claves para la reactivación de la economía gallega. Tal y como recoge el Instituto Galego de Estatística, las exportaciones a los países iberoamericanos suman en los primeros once meses del 2022 un total de 1.011 millones de euros, un 17,8% más que en el mismo período del 2021.

La Xunta puso en marcha hace dos años la Estrategia de Internacionalización 2021-2025 para impulsar la presencia de las empresas gallegas en el exterior, con especial atención a América Latina. En este contexto, la Administración autonómica cuenta con las oficinas del Igape en el exterior para facilitar consultas u organizar ferias y misiones comerciales y diferentes líneas de ayudas a la exportación mediante Galicia Exporta y Galicia Exporta Organismos Intermedios.

Cumbre por las infraestructuras

El presidente aprovechó este encuentro con empresarios para recordar la cumbre que se va a celebrar este viernes en Santiago de Compostela para reivindicar las infraestructuras que el noroeste peninsular precisa para ser competitivo, y en el que Alfonso Rueda recibirá el presidente del Principado de Asturias, Adrián Barbón, y al de Castilla y León, Alfonso Fernández Mañueco. El mandatario gallego les agradeció a sus homólogos su talante negociador al margen de colores políticos y remarcó el mensaje que se quiere transmitir desde la Xunta: “Que ponemos los intereses de Galicia por encima de cualquier interese político”, subrayó. 

O Centro de Saúde de Lavadores acolle unha exposición de alumnos de belas artes e profesionais sanitarios

0

A exposición artística está composta por obras de 4 estudantes de Belas Artes, un médico de familia e un celador do centro

O centro de saúde de Lavadores acolle unha exposición artística con obras dun grupo de alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e de dous profesionais do centro.

Esta mostra enmárcase nun proxecto do estudante de 4º curso, Miguel Angel Gonda, como parte da materia “Xestión, ámbito artístico e mundo profesional”, que lles esixe desenvolver unha actividade cultural e artística.

A inauguración, que foi presidida polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente,  coutou coa asistencia de Xoan Anleo e Ignacio Pérez-Jofre como representantes do profesorado da Facultade de Belas Artes; a xefa do servizo do devandito centro de saúde, Carmén Durán; profesionais e usuarios do centro sanitario así como os artistas expositores.

A temática da exposición é “Coidarte”. Segundo o coordinador deste proxecto, Miguel A. Gonda, “a idea inicial era organizar esta mostra  solo con obras dos compañeiros da facultade pero decateime que neste centro traballaban un par de profesionais que son verdadeiros artistas, co que pareceume que xuntar esas sinerxias aportaría un valor engadido a esta exposición. Ademais, este centro en concreto é o lugar idóneo para o seu emprazamento xa conta cun espazo de estética similar ao dunha sala de exposicións contemporánea” .

Pintura e fotografía 

En canto as obras expostas, cóntase con 5 cadros en gran formato das estudantes Maria Martelo, Fabiola Quintela, Paula Pumares e  Andrea Pin.

Ademais, o médico de familia Jorge Quintana, participa cunha serie de fotografías, e o celador Xosé Manuel Reis con 50 acuarelas.

Participación da comunidade no centro de saúde

No transcurso do acto inaugural, o xerente Javier Puente, agradeceu esta iniciativa e dixo que “é un claro exemplo da participación da comunidade no centro de saúde, tal e como recolle o Plan de Saúde Local de Lavadores. É unha  oportunidade para, a través da  expresión artística, abrir unha nova canle de comunicación e un achegamento entre profesionais e cidadanía”. A Área Sanitaria de Vigo ven desenvolvendo distintos proxectos colaborativos coa facultade de Belas Artes e con artistas profesionais, “co obxecto de facer os centros sanitarios uns espazos máis humanizados e amigables xa que,  sen dubida, a arte é unha ferramenta terapéutica que contribúe ao benestar da poboación”-manifestou o xerente.

El 061 de Galicia asistió 46 personas por 41 accidentes de tráfico durante el fin de semana

0

Desde las 15.00 horas del viernes, 20 de enero, hasta las 23.59 horas del domingo, 22 de enero, la Central de Coordinación de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 recibió 52 llamadas por accidentes de tráfico

Urgencias Sanitarias de Galicia-061 asistió durante el fin de semana 46 personas debido a 41 accidentes de tráfico ocurridos en las carreteras gallegas. El período contabilizado comprende desde las 15,00 horas del viernes, 20 de enero, hasta las 23,59 horas del domingo, 22 de enero. El sábado fue el día que registró más siniestros, con 15 accidentes de tráfico.

La Central de Coordinación del 061, que gestiona y coordina los servicios prehospitalarios en casos de urgencia y emergencia en Galicia, recibió en estos días 52 llamadas en relación con los accidentes de tráfico. Estas alertas generaron 41 asistencias sanitarias por parte del personal del 061 que atendió un total de 46 personas. La proporción de hombres y mujeres atendidos fue del 59 % y del 41 %, respectivamente. En las edades de los heridos, se observa que el 35 % de los atendidos tenía entre 35 y 49 años.

Por provincias, Pontevedra fue la que más siniestros registró con 23 accidentes de tráfico durante los desplazamientos de estas fechas.

Los recursos sanitarios movilizados por los médicos que atendieron las llamadas en la Central de Coordinación del 061 fueron 45. Así, las ambulancias asistenciales de soporte vital avanzado asistieron en siete accidentes y las ambulancias asistenciales de soporte vital básico asistieron en 38 siniestros.

En 37 casos los heridos fueron trasladados a los centros sanitarios correspondientes y en nueve ocasiones se atendió en el propio lugar del incidente.

Eliminan un punto de vertido de aguas residuales al río Fondón, en el ayuntamiento de Redondela

0

Los muestreos confirmaron la contaminación, identificando el origen en la red de saneamiento municipal que discurría por el lugar de Angorén, en la parroquia de Chapela

La Xunta eliminó un punto de vertido de aguas residuales hacia el río Fondón, en el ayuntamiento de Redondela.

Este foco fue identificado en el marco de las inspecciones rutinarias de seguimiento llevadas a cabo por los técnicos del Programa de Control de Vertidos, dependiente de Augas de Galicia, en el ámbito territorial de la Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Los técnicos de la Xunta desplazados a la zona, localizaron el origen de la afición en el lugar de Angorén, en la parroquia de Chapela.

Los muestreos efectuados por el personal de Augas de Galicia en el foco permitieron confirmar la existencia de contaminación procedente de las filtraciones existentes en la infraestructura de saneamiento de esa zona.

Augas de Galicia le notificó la situación al Ayuntamiento de Redondela para que procediera a adoptar las medidas necesarias para emendar la aportación contaminante.

En una nueva inspección girada a la zona, los técnicos de la Xunta corroboraron la reparación de la infraestructura de saneamiento municipal, emendando así el vertido en condiciones inadecuadas hacia el dominio público hidráulico.

La Xunta inicia esta semana nuevos trabajos de desbroce y limpieza en los márgenes de dos carreteras autonómicas en las comarcas de la Mariña y de Vigo

0

Las tareas se desarrollarán, concretamente, en las carreteras LU-152, entre Foz y Ferreira de Valadouro; y en la PO-331, en el Porriño

La Xunta iniciará esta semana nuevos trabajos de desbroce y limpieza en las márgenes de dos carreteras autonómicas al paso por las comarcas de la Mariña y de Vigo.

Estas tareas se desarrollarán, concretamente, en las carreteras LU-152, entre Foz y Ferreira de Valadouro; y en la carretera PO-331, en el Porriño.

También continuará las actuaciones ya iniciadas en pasadas semanas en la vía de altas prestaciones VG-1.3 en su recorrido por los municipios coruñeses de Oleiros, Cambre y Sada.

Además, proseguirán los trabajos en la carretera LU-751, en Meira y Ribeira de Piquín; en la O-320, en Sandiás y en Allariz; o en la O-403, entre Ribadavia y Ponte Castrelo.

En la provincia de Pontevedra, seguirán las tareas de limpieza en las márgenes de la La-51, en Salvaterra de Miño; o en la vía de altas prestaciones VG-4.5, en Moaña y Cangas.

Control de biomasa

El Gobierno gallego acomete estas actuaciones en el marco del contrato con la empresa pública Seaga, por importe de más de 2,2 millones de euros, para el control de la biomasa de las márgenes de las carreteras de titularidad autonómica para prevenir fuegos y reforzar la seguridad viaria.

Estas nuevas acciones de conservación en las vías de titularidad de la Xunta permitirán, en este nuevo encargo, el desbroce mecánico de más de 2.600 kilómetros lineales y actuar en una superficie de más de 188.500 metros cuadrados de manera manual.

Como novedad en este nuevo encargo, se prevé la reposición de 7.500 metros de vallado en vías de alta capacidad que se pueda dañar en las labores de despeje o desbroce. La reposición se realizará con vallado reforzado para aumentar la protección de la carretera frente a la entrada de animales.

Con este nuevo encargo, desde el año 2018 se llevan invertidos 8,3 M€ en las actuaciones de control de la biomasa en las márgenes de las carreteras autonómicas.