O Centro de Saúde de Lavadores acolle unha exposición de alumnos de belas artes e profesionais sanitarios

A exposición artística está composta por obras de 4 estudantes de Belas Artes, un médico de familia e un celador do centro

O centro de saúde de Lavadores acolle unha exposición artística con obras dun grupo de alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e de dous profesionais do centro.

Esta mostra enmárcase nun proxecto do estudante de 4º curso, Miguel Angel Gonda, como parte da materia “Xestión, ámbito artístico e mundo profesional”, que lles esixe desenvolver unha actividade cultural e artística.

A inauguración, que foi presidida polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente,  coutou coa asistencia de Xoan Anleo e Ignacio Pérez-Jofre como representantes do profesorado da Facultade de Belas Artes; a xefa do servizo do devandito centro de saúde, Carmén Durán; profesionais e usuarios do centro sanitario así como os artistas expositores.

A temática da exposición é “Coidarte”. Segundo o coordinador deste proxecto, Miguel A. Gonda, “a idea inicial era organizar esta mostra  solo con obras dos compañeiros da facultade pero decateime que neste centro traballaban un par de profesionais que son verdadeiros artistas, co que pareceume que xuntar esas sinerxias aportaría un valor engadido a esta exposición. Ademais, este centro en concreto é o lugar idóneo para o seu emprazamento xa conta cun espazo de estética similar ao dunha sala de exposicións contemporánea” .

Pintura e fotografía 

En canto as obras expostas, cóntase con 5 cadros en gran formato das estudantes Maria Martelo, Fabiola Quintela, Paula Pumares e  Andrea Pin.

Ademais, o médico de familia Jorge Quintana, participa cunha serie de fotografías, e o celador Xosé Manuel Reis con 50 acuarelas.

Participación da comunidade no centro de saúde

No transcurso do acto inaugural, o xerente Javier Puente, agradeceu esta iniciativa e dixo que “é un claro exemplo da participación da comunidade no centro de saúde, tal e como recolle o Plan de Saúde Local de Lavadores. É unha  oportunidade para, a través da  expresión artística, abrir unha nova canle de comunicación e un achegamento entre profesionais e cidadanía”. A Área Sanitaria de Vigo ven desenvolvendo distintos proxectos colaborativos coa facultade de Belas Artes e con artistas profesionais, “co obxecto de facer os centros sanitarios uns espazos máis humanizados e amigables xa que,  sen dubida, a arte é unha ferramenta terapéutica que contribúe ao benestar da poboación”-manifestou o xerente.